"Cione" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial española fundada en Madrid no ano 1923 por Manuel Aguilar Núñez. Despois da Guerra Civil Española converteuse nunha das máis importantes en lingua castelá grazas ás coleccións de clásicos universais, nas que se inclúen tanto autores españois coma estranxeiros (Crisol e Obras eternas, etc). Publicou obras de todo tipo de xéneros, como antoloxías de teatro, libros de literatura infantil, unha enciclopedia lingüística, etc. Os atlas elaborados polo seu departamento de cartografía gozan de recoñecemento internacional. Editou tamén unha serie de discos literarios na colección La Palabra. En 1986 pasou a formar parte do grupo editorial Santillana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Ajuda.
-
PERSOEIRO
Estratega grego. No 251 a C liberou Sicione da tiranía de Nicocles e incorporouna á Liga Aquea, da cal foi nomeado estratega (245) e reelixido en anos alternos. Empeñado en converter a Liga nunha gran potencia, non conseguiu darlle a axeitada organización militar, tendo que recoñecer a hexemonía macedonia de feito (223). Morreu por orde de Filipo de Macedonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro de Baena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías dun ou de diversos autores dunha época determinada ou pertencentes a un mesmo xénero literario. Da súa existencia tense constancia desde a Antigüidade, pero é na Idade Media, sobre todo co florecemento da lírica trobadoresca, cando experimentaron unha gran proliferación. No tocante á temática son, sobre todo, de carácter lírico ou amoroso, pero tamén político, moral, relixioso ou satírico. Os cancioneiros medievais máis antigos débense a copistas profesionais, monxes ou segrares que estaban ao servizo de reis e de grandes señores. A ordenación das composicións nas compilacións antolóxicas seguiu criterios moi diversos, ben por autores (e máis ou menos cronoloxicamente), ben por xéneros e formas (ou polo lugar de procedencia dos poetas). Con posterioridade diminuíu o criterio unificador dun volume determinado. Pola relación entre canto e poesía, un bo número dos máis antigos eran musicados, pero con frecuencia a notación desatendíase porque dependía de especialistas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuscrito en pergamiño, designado normalmente coa letra A, datable entre finais do s XIII ou principios do XIV, e que contén a máis antiga mostra de poesía lírica en galego-portugués. Encóntrase na Biblioteca do Palácio da Ajuda, en Lisboa, e está constituído por oitenta e oito folios, agrupados en catorce cadernos, cunhas dimensións que oscilan entre os 438 e 443 mm de alto e os 334 e 340 de ancho. Está encadernado xunto cunha copia do Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Consta de trescentas dez cantigas que pertencen ao xénero de amor, compostas por trinta e oito autores. Está escrito por máis dun copista, con tinta negra e en letra gótica minúscula de procedencia francesa. O cancioneiro é unha obra incompleta: hai vestixios de folios mutilados, espacios baleiros que deberían estar ocupados por estrofas e folios en branco nos que seguramente deberían aparecer composicións de autores presentes na compilación ou doutros que se terían incorporado con posterioridade. Ademais, está inacabada...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copia do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana realizada entre 1592 e 1612, dirixida a Juan Fernández de Velasco, duque de Frias e conde de Haro, gobernador español de Milán e embaixador en Roma. Descubriuno en Madrid, en 1857, o crítico brasileiro Francisco A. de Varnhagen. No 1983 apareceu entre unha serie de códices, procedentes do arquivo dos duques de Fernán Núñez, que adquiriu a Bancroft Library da University of Berkeley, en California. Consta de 276 follas, as tres últimas en branco; as composicións están dispostas en dúas columnas en letra cursiva e foron copiadas por tres escribas diferentes. A transcrición é fiel ao orixinal, se ben non foron copiados 43 poemas da parte final da colección. Contén, incluso, como parte integrante do cancioneiro, as notas á marxe que realizara Angelo Colocci no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de cantigas da lírica galego-portuguesa identificada na tradición manuscrita coa sigla B e coñecida tamén como Cancioneiro Colocci-Brancuti. Ao igual que o Cancioneiro da Vaticana (V), B foi mandado copiar a principios do s XVI, entre 1525 e 1526, polo humanista Angelo Colocci a partir do Libro di portughesi que António Ribeiro, camareiro do Papa Clemente VII, lle prestara a un coñecido filólogo italiano, segundo amosan as investigacións de Elsa Gonçalves. O códice foi descuberto en 1875 por Costantino Corvisieri na biblioteca do conde Paolo Brancuti di Cagli. Adquirido despois polo filólogo italiano Ernesto Monaci, trala súa morte foi comprado polo goberno portugués (1934) que o depositou na Biblioteca Nacional de Lisboa, onde figura coa cota cod. 10991. Desde a súa descuberta foi obxecto de varias edicións, a diplomática de E. Molteni (1880) -que contén só os textos que non están presentes en V-, a semidiplomática de E. Paxeco Machado e J. P. Machado (1949-1964) e a facsímile...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de cantigas da lírica galego-portuguesa identificada na tradición manuscrita coa sigla V. Do mesmo xeito que o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), seguramente sexa unha copia do Livro das cantigas do Conde D. Pedro de Barcelos. Mandouno copiar Angelo Colocci entre os anos 1525 e 1526, como demostran as investigacións de A. Ferrari e E. Gonçalves. O códice entrou na Biblioteca Apostólica Vaticana pouco despois da morte de Colocci (1549) onde figura coa cota Vat. Lat. 4803. Deste manuscrito fíxose unha copia a finais do s XVI ou comezos do XVII, o Cancioneiro da Bancroft Library. Desde a súa descuberta foi obxecto de varias edicións, a descrición e edición diplomática de E. Monaci (1875) ou a facsímile editada en 1973 cunha introdución de L. F. Lindley Cintra. O apógrafo contén varias lagoas e está formado por 210 follas de papel de 300x200 mm, numeradas de 1 a 10, para logo pasar novamente de 1 a 200, ademais de dezaoito folios en branco sen numerar e os folios de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Bancroft Library.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro Geral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Bancroft Library.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno volume escolar, editado en 1972 polo Centro de Estudios Fingoy de Lugo, que recollía corenta e catro cantigas seleccionadas polo mestre Vicente Devesa Jul, a partir de numerosos cadernos escolares escritos polos nenos que participaban na recollida de material folclórico das escolas lucenses de orientación agropecuaria. Estas escolas, impulsadas polo empresario Antonio Fernández López e polo profesor Avelino Pousa Antelo, xurdiron a partir da primeira experiencia da Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Sarria. Anteriormente, en 1963, xa se procedera á edición do libro Contos populares da provincia de Lugo, unha escolma de 228 narracións realizada por Bernardino Graña, baixo a guía de Ricardo Carballo Calero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no ano 1902 polo erudito suízo-americano Henry R. Lang. Esta publicación -de título completo Cancioneiro gallego-castelhano. The extant galician poems of the Gallego-Castilian Lyric School (1350-1450)- constitúe un piar básico no estudo da denominada escola lírica galego-castelá, manifestación literaria encadrada entre a produción trobadoresca dos ss XIII-XIV e as escasas mostras dos Séculos Escuros (ss XVI-XVIII). Recóllense nesta obra 74 composicións escritas entre 1350 e 1450, en galego ou nunha lingua híbrida que mestura elementos e estruturas lingüísticas castelás con outras máis ou menos galeguizadas. Estes poemas atopábanse espallados por diferentes cancioneiros peninsulares dos ss XV e XVI, sendo o Cancionero de Baena o principal fornecedor de autores e poemas desta escola e desta obra de Lang. Exceptuando a Macías o Namorado e aquelas composicións de carácter anónimo, o resto dos autores son de fóra de Galicia (Alfonso Álvarez de Villasandino, o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de poesía portuguesa cortesá de mediados do s XV a 1516, publicada polo humanista portugués García de Resende en 1516. Foi composto por Almeirim e Lisboa na imprenta de Hermão de Campos, impresor de Manuel I. Dos 286 poetas que están representados, 29 compuxeron en castelán. Consta de 232 folios con tres columnas por páxina e caracteres góticos nunha edición de calidade con escasos erros. Desta edición existen de 11 a 16 exemplares. Considerado como réplica do Cancionero General (1511), de Hernando del Castillo, abrangue gran parte da actividade literaria das cortes de Afonso V, Xoán II e don Manuel. A temática amorosa complétase con exemplos das novas tendencias italianizantes dos poemas petrarquistas. Abondan as pezas didáctico-morais, as composicións case teatrais, e os poemas satíricos, relixiosos ou mesmo circunstanciais. A influencia alegórico-dantesca reflíctese nos poemas de Juan de Mena e do Marqués de Santillana. En canto á forma, contén cantigas, vilancetes,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada entre os anos 1984 e 1995, da autoría de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, que conforma un dos cancioneiros populares máis completos da tradición musical galega. Contén ao redor de 4.400 textos de cantigas e 900 melodías, coas súas variantes, recollidas directamente de informantes do territorio galego e concellos lindeiros con Galicia entre os anos 1979 e 1982. Estruturalmente, divídese en sete volumes titulados: Oficios e labores; Festas anuais; Romances tradicionais; Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais; Cantos dialogados; Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos e Táboas sinópticas, índices. Os comentarios que acompañan os textos aparecen en galego, castelán e alemán, e a obra vai acompañada dunha recompilación musical en casete.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías compiladas por Juan Alfonso de Baena arredor de 1430, dedicada ao rei de Castela Xoán II e á súa muller María. O manuscrito conservado gárdase na Bibliothèque Nationale de París. Contén 576 composicións de 56 autores, agrupadas por xéneros. O cancioneiro recolle a produción poética da corte de Xoán II de Castela e presenta desde pezas de louvanza e de baixo ton ata producións de gran categoría poética; escasea o xénero amoroso e domina a poesía teolóxica, moral, ascética e política. Foi editado por Pedro José Pidal (1851), H. R. Lang (1926) e José M. Azáceta. Nun principio, de acordo co índice, contiña a obra de Alfonso Álvarez de Villasandino (con máis de 200 poemas), Francisco Imperial, Fr. Diego de Valencia, Fernán Sánchez de Talavera, Fernando Pérez de Guzmán, Fernán Manuel de Lando, Ruy Páez de Ribera, Pero Ferrús, Macías o Namorado, Arcediago de Toro, Pero Vélez de Guevara, Diego Martínez de Medina, Gonzalo Martínez de Medina, Pero González de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolla poética realizada por Hernando del Castillo e publicada na súa primeira edición en València no 1511. É o máis importante no seu xénero e a impresión feita por Kofman non tiña precedentes en Europa. O autor, castelán residente en València, recolleu unha cantidade inxente de material poético dende a época de Juan de Mena ata o seu tempo. Os xéneros son moi diversos, os autores representados pasan de 150, e as poesías recollidas, de 1.050.