"Coria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • Calidade de alócoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de anemócoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisometría entre a pupila dun ollo e a do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne que acada os 100 cm, pubescente, de raíz engrosada, con talos erectos e ríxidos, e follas basais con pecíolo, lanceoladas e pinnatífidas. As follas do talo son enteiras e amplexicaules, con capítulos de ata 4 cm de diámetro de flores de cor azul intensa e froitos en aquenio de 3 mm de longo con pequenas escamiñas na parte superior. Presenta unha distribución eurosiberiana e constitúe unha especie ruderal que aparece en beiras de camiños e entullos. En Galicia é unha planta pouco común que aparece, as máis das veces, en posicións de solaina e por baixo dos 600 m de altitude. As follas consómense en ensaladas. A raíz presenta inulina, lactucina e lactopicrina; a auga da cocción ten propiedades laxantes e diuréticas, e torrefacta emprégase como sucedáneo do café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado no mosteiro de San Lorenzo de El Escorial (I. b. 2), que contén parte das Cantigas de Santa María. Da mesma extensión que T + F, é o manuscrito que contén case a totalidade das cantigas marianas de Afonso X (416 textos). Está copiado en pergamiño, con escritura gótica a dúas columnas e iniciais en cor azul e encarnada. Presenta notación musical pero non as páxinas miniadas de T e F; sen embargo, as 40 cantigas de loor e a primeira cantiga están adornadas cunha viñeta a ancho de columna que representa diferentes personaxes tocando variados instrumentos musicais, polo que se coñecen como miniaturas dos músicos, designación que se estende ao códice enteiro, coñecido como Códice dos músicos. Para levar a cabo este proxecto de recoller 400 cantigas, facían falta 359 das de milagre, pero ao rematar o códice aínda faltaban algunhas (quizais se estivese traballando simultaneamente neste códice e en F,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Real Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (T, I. 1), que contén parte das Cantigas de Santa María. Adoita ser coñecido co nome de “códice rico” debido ás exquisitas páxinas miniadas (212 con 1264 viñetas) que acompañan os textos. Copiado en follas de pergamiño de vitela de 486 por 332 mm, con escritura gótica francesa a dúas columnas, contén, ademais, a notación musical completa, ás veces para o texto enteiro. Ao comenzo de cada cantiga debuxouse unha letra capital, de entre tres a catro cm, con predominio das cores azuis. O texto está escrito en tinta negra, excepto os versos correspondentes ao refrán, que se copiaron con tinta encarnada. Ao decidirse a continuación do proxecto inicial e, polo tanto, comezar a luxosa confección de T, o material que contiña a primeira colección tivo que reordenarse (dispuxéronse as cantigas respectando a inicial sucesión de cantigas de milagre e a décima de loor, de xeito que as cantigas con ordinal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado no val do río Alagón (11.900 h [1996]). É un centro comercial de produtos agrícolas (algodón, tabaco, cereais e hortalizas) e gandeiros (bovino e porcino). A maior parte das industrias derivan do sector primario. Capital dos vetóns, recibiu o nome de Caurium durante a época romana. Foi sé episcopal visigoda e, trala dominación romana, reconquistouna Afonso VII. A cidade conserva as murallas romanas reconstruídas na Idade Media. A catedral, do s XII, reformouse no s XVI baixo a dirección de Pedro de Ibarra, a quen se lle atribúe a portada principal de estilo plateresco. Destaca, tamén, o castelo do s XV de planta pentagonal e o palacio episcopal do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (23.362 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, oliveiras e froiteiras) e a gandería (vacúa, porcina e touros de lida). O sector industrial está representado por pequenas fábricas de material de construción, conxelados e plásticos. Da época romana consérvanse numerosos restos, entre os que destaca un cipo da ermida de Vera-Cruz ou de San Bautista, de planta mudéxar. Cómpre salientar tamén a igrexa de Nuestra Señora de la Iglesia, mudéxar, reformada nos ss XVII e XVIII, a torre árabe de los Cerveros e o xacemento arqueolóxico de Cerro de San Juan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudos no conservatorio de Madrid e, posteriormente, foi discípulo de A. Arias, Juan Hidalgo e Marchetti. Delegado xeral da Orquestra e coro de RTVE, é autor das pezas Falla Revisited (1973), Ancora una volta (1973), Música de septiembre (1975) e Una modesta proposición (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao coiro.

    2. De textura semellante ao coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao verso no que se utilizan coriambos.

    2. Aplícase á composición poética escrita en coriambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé de catro sílabas, da métrica grecolatina, formado por un troqueo e un iambo; isto é, de dúas sílabas breves entre dúas longas. Era preferentemente un ritmo de danza. Empregárono sobre todo os tráxicos e os poetas da lírica coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da familia das coriariáceas. Ten como único representante en Europa a especie C. myrtifolia, un arbusto de ata 3 m de altura, glabro, con pólas tetrágonas, follas xeralmente opostas, ovadas enteiras, flores pequenas verdosas e dispostas en pólas axilares e terminais, e froito formado por cinco núculas negras e brillantes envoltas polos pétalos e os sépalos que se volven carnosos e de cor púrpura escura. É propia da rexión mediterránea oriental, onde, os froitos se empregaron como medicinais malia provocar intoxicacións por mor da presenza da coriamirtina. As follas, unha vez secas e moídas, utilízanse para curtir peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás coriariáceas.

    2. Herba ou arbusto da familia das coriariáceas.

    3. Familia de herbas ou arbustos da orde das ranunculais, integrada por media ducia de especies de follas simples, enteiras, opostas ou verticiladas, con flores actinomorfas, unisexuais ou hermafroditas, pentámeras e solitarias ou dispostas en acios, e froitos en drupa. Propia de zonas temperadas ou cálidas, comprende só o xénero Coriaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de zoocoria que acontece cando os propágulos das plantas se dispersan por un animal de xeito accidental e non intencionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten características semellantes ás da escoura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria próxima a Falanxe dirixida a partir de 1940 en Madrid por Pedro Laín Entralgo e Dionisio Ridruejo. Cesou a súa edición en 1950. Tentaba reconstruír a cultura española nunha nova situación política e substituír outras publicacións que influíran nos anos previos á Guerra Civil, como a Revista de Occidente, Cruz y Raya ou La Gaceta Literaria. A partir de 1943 e coa incorporación á dirección de José Mª Alfaro, abandonou os ideais falanxistas para darlle un ton máis católico. Nela colaboraron intelectuais da época e difundiu a obra dos membros das xeracións do 36 e do 27 que permanecían en España (V. Aleixandre, G. Diego e D. Alonso), xunto con poetas máis novos como Rafael Morales, Vicente Gaos, José Mª Valverde, Blas de Otero e Carlos Bousoño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na cabeceira do río Auliencia, ao pé da serra de Guadarrama (8.554 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura, na gandería e en certa actividade industrial (lácteos, estudios cibernéticos) e comercial. A vila foi orixinariamente un pequeno casarío e desenvolveuse despois de que Filipe II ordenase a construción do palacio real e mosteiro de San Lorenzo de El Escorial. En 1792 Carlos IV segregouno do municipio de San Lorenzo de El Escorial, ao que está practicamente unido, e onde se sitúa o palacio-mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que seguiu á conspiración dun sector da nobreza cortesá dirixida polo príncipe de Asturias, o futuro Fernando VII, contra Manuel Godoy e Carlos IV (1807). Descuberta a conspiración en El Escorial, onde estaba a corte, e arrestado o príncipe, este asinou unha petición de perdón que lle foi concedida en novembro do mesmo ano e delatou os seus colaboradores, absoltos no proceso de xaneiro de 1808, pero desterrados. Ante estes feitos, o pobo radicalizou aínda máis a hostilidade cara a Godoy, que se fixo patente pouco tempo despois no Motín de Aranjuez.

    VER O DETALLE DO TERMO