"Douglas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Foi profesor en Cambridge. Cómpre destacar entre as súas investigacións as que dedicou á fisioloxía dos sentidos, á electrofisioloxía e á actividade eléctrica do cerebro. En 1932 recibiu, xunto con Charles Scott Sherrington, o premio Nobel de Medicina polos seus traballos orientados ao coñecemento da función das neuronas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e estatístico británico. É coñecido polos seus múltiples manuais sobre economía matemática, entre os que destacan Mathematical Analysis for Economists (Análise matemática para economistas, 1938) e Macro-Economic Theory (Teoría macroeconómica, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico escocés. Describiu unha síndrome, chamada síndrome de Argyll-Robertson, caracterizada pola perda de reflexos fotomotores da pupila, coa conservación dos reflexos de acomodación e de converxencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista norteamericano de ciencia fición. As súas obras futuristas amosan unha crítica cultural, para evitar os perigos dunha futura organización tecnocrática da sociedade. Publicou The Illustrated Man (O home ilustrado, 1951 e Fahrenheit 451 (1953). Tamén destacan The Martian Chronicles (Crónicas de Marte, 1950), A Medicine for Melancholy (A medicina da saudade, 1959), The Machineries of Joy (As máquinarias de xogo, 1964), The Small Assassin (O pequeno asasino, 1973), e as obras teatrais The Wonderful Ice-Cream Suit (O marabilloso traxe de xeado, 1972), Death is a Lonely Business (A morte é un asunto solitario, 1986), A Great Yard fort Lunatics (Un gran patio para lunáticos, 1989) e The Toynbee Convector (O quentador Toynbee, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Cambridge University, a súa especialidade foron as sociedades pospaleolíticas do NO de Europa; así mesmo, achegou unha compoñente socioliberal á teoría arqueolóxica. Escribiu, entre outras obras, Archeology and Society (Arqueoloxía e sociedade, 1939), World Prehistory: an outline (Prehistoria, 1962) e The Identity of Man as seen by an Archeologist (A identidade do home vista por un arqueólogo, 1982). En 1990 recibiu o Erasmusprijs.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Cambridge. Traballou con E. T. S. Walton no campo da transmutación do núcleo atómico mediante partículas aceleradas. En 1932 construíu o primeiro acelerador de partículas e acadou, xunto con Walton, a transmutación artificial do litio e do boro. Ademais atopou novos núcleos atómicos descoñecidos ata ese momento. Profesor en Cambridge dende 1939 a 1946, participou no proxecto Manhattan durante a Segunda Guerra Mundial. Membro da Royal Society, recibiu o Premio Nobel de Física en 1951, compartido con Walton, e en 1961 o Premio Átomos para a Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés. Vinculado ao partido laborista, fundou o Guild Socialism, foi presidente da Sociedade Fabiana (1952) e profesor en Oxford (1944-1957). Da súa produción destaca A History of Socialist Thought (Historia do pensamento socialista, 1953-1960), enciclopedia histórica do movemento socialista internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coleccionista e historiador da arte. Reuniu unha serie de obras de pintores cubistas, entre outros Juan Gris e Braque. Promoveu a exposición The essential cubism (O cubismo esencial, 1984). Editou monografías e catálogos sobre pintores cubistas e impresionistas como The cubist epoch (A época cubista, 1970) e Henri de Toulousse-Lautrec (1864-1901). Publicou The Courtauld Collection. A catalogue and introdution (A colección Courtauld. Catálogo e introdución, 1954) e Letters of Juan Gris 1913-1927 (Cartas de Juan Gris 1913-1927, 1956). Pertenceu ao padroado do Museo del Prado, ao que doou algunhas obras da súa colección.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da illa de Man, Reino Unido (23.487 h [1996]). As industrias metalúrxica e farmacéutica son as bases principais da súa economía. Tamén é unha destacada estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo Mona (1804) e a torre do Refuge (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal escocesa orixinaria de Lanarkshire. Acadou importancia política ata o s XII. No s XIV a familia dividiuse en dúas ramas: os Douglas Negros, titulares da baronía e do condado de Douglas, e os Douglas Vermellos, titulares do condado de Angus. Entre outros membros da familia cómpre destacar a William Douglas (?-1298), primeiro señor de Douglas; ao seu fillo James Douglas (1286-1330), que morreu loitando contra os musulmáns en España e foi o primeiro en recibir o apelativo de Negro, e ao seu sobriño William Douglas (1327-1384), primeiro conde de Douglas (1358). Esta liña extinguiuse cando o Rei Xacobe II mandou asasinar a William Douglas (?-1440), oitavo conde de Douglas. O fillo ilexítimo do primeiro conde de Douglas, George Douglas (?-1402?), iniciou a rama dos Vermellos e recibiu do Rei Roberto III de Escocia o título de conde de Angus. Archibald...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía aeronáutica estadounidense creada en 1920 por Donald Wills Douglas, É coñecida non só polos seus avións militares, senón tamén polos avións de transporte de pasaxeiros, designados coas iniciais DC (Douglas Comercial). A produción comezou en 1933 co DC-1 por encargo da TWA, da que o modelo máis famoso foi o DC-3 (1935), coñecido como Dakota. A partir de 1957, coincidindo co lanzamento do Sputnik por parte da Unión Soviética, a Douglas Aircarft Co Missiles and Space Division desenvolveu unha serie de lanzadores Delta para poñer en órbita numerosos satélites. En 1967 a compañía foi absorbida pola McDonnell Company e creouse a McDonnell-Douglas Corporation.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. O seu interese pola arqueoloxía e as actividades subacuáticas levárono ao descubrimento da fotografía submarina. En 1938 emprendeu unha expedición a Chile e Perú onde exerceu como correspondente, fotógrafo e historiador da arte. Entre 1945 e 1956 foi reporteiro gráfico da revista Life en Corea, Indochina e Palestina. No período 1956-1959 realizou unha ampla reportaxe a cor sobre Moscova. A súa obra amósase no Los Angeles County Museum of Art, no Metropolitan Museum of Art, no Museum of Modern Art de Nova York e no Nelson-Atkins Museum of Art de Kansas City. Publicou: This is War (Isto é guerra, 1951), The Private World of Pablo Picasso (O mundo privado de Pablo Picasso, 1958) e The Kreml (O Kremlin, 1960), Self-Portrait U.S.A. (Autorretrato dos EE UU, 1969) e War Without Heroes (Guerra sen heroes, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico estadounidense. Formouse na Academia Naval de Annapolis (1909-1912). Traballou no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (1914-1915) e na Glenn Martin Company (1915-1920). En 1920 fundou a súa propia empresa, a Douglas Aircraft Company, que dirixiu ata 1957. En 1930 deseñou o primeiro avión metálico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Issur Danielovich Demsky.
-
PERSOEIRO
Antropóloga inglesa. Doutora en Antropoloxía Social (1951), realizou un traballo de campo entre os leles do Congo (1949-1950) e, dende 1951, traballou como profesora na University College of London. No 1977 trasladouse aos EEUU, onde foi investigadora da Russell Sage Fundation de Nova York (1977-1981), profesora de humanidades da Northwestern University (1981-1985) e profesora visitante da Princeton University (1985-1988). Estudiou os sistemas simbólicos e rituais e diversos temas de antropoloxía económica. Publicou, entre outras obras, Peoples of the Lake Nyasa Region (Xentes da rexión do lago Nyasa, 1950), The Lele of Kasai (Os leles de Kasai, 1963), Purity and Danger (Pureza e perigo, 1966), Natural Symbols (Símbolos naturais, 1970), Risk Acceptabily According to the Social Sciences (Risco aceptable segundo as ciencias sociais, 1985), How Institutions Think (Cómo pensan as institucións, 1986), Risk and Blame (Risco e cultura,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Protagonizou Ninotxcha (Ninoska, 1939), Angel (Anxo, 1937) e The Sea of Grass (O mar de herba, 1947). Gañou un Oscar por Being there (Estando alí, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e produtor cinematográfico. Fillo do actor e director Kirk Douglas, estudiou interpretación na California University e en Santa Bárbara. A finais dos anos sesenta debutou como actor de teatro na Neigborhood Playhouse de Nova York. Acadou certa sona co seu papel na serie de televisión The Streets of San Francisco (As rúas de San Francisco, 1972). En 1975 foi o produtor do filme One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco). Posteriormente protagonizou distintas películas, entre as que destacan: Romancing the Stone (Tralo corazón verde, 1984), The Jewel of the Nile (A xoia do Nilo, 1985), Fatal Attraction (Atracción fatal, 1987), Black Rain (1989), The War of the Roses (A guerra dos Roses, 1989), Basic Instinct (Instinto básico, 1992), An American President (O presidente e Miss Wade, 1995), The Game (1997), Traffic (2000) ou Don’t Say a Word (Nin unha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Elaborou, xunto con Charles Cobb, a función de produción de Cobb-Douglas (1934). Foi concelleiro en Chicago (1939-1942) e no 1949 senador polo Democratic Party. Líder do grupo demócrata liberal ata 1967, defendeu unha lexislación sobre a seguridade social. Entre as súas obras destacan Real Wages in the United States, 1890-1926 (Soldos reais nos EE UU, 1890-1926,1930) e The Theory of Wages (A teoría dos soldos, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Frederick Augustus Washington Barley.