"FERE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘condicionado a unha consulta’. Emprégase especialmente nos convenios diplomáticos para indicar que un convenio se acepta en principio, pero que queda condicionado á ulterior ratificación do goberno representado polo funcionario aceptante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que leva ou conduce cara a dentro.
-
-
Técnica empregada para separar do sangue diversos compoñentes, que logo poden ser procesados con distintas finalidades, como por exemplo a eliminación de substancias tóxicas ou indesexables.
-
Perda dun fonema ou dunha sílaba, ambos átonos, en posición inicial de palabra, a miúdo influída pola presenza habitual doutra palabra anterior, normalmente un artigo, ou pola impresión nos falantes, da existencia desta. Na fala viva vulgar é un fenómeno frecuente.
-
Figura de dición, usada como licencia poética, que consiste na supresión dunha ou máis sílabas ao comezo dunha palabra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
epilepsia.
-
-
-
Oficial dos exércitos de terra e aire do estado español co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar.
-
Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de Alférez de fragata e inferior aos de Tenente de navío e Alférez de navío; equivale ao grao de Alférez e de Tenente do exército de terra e do exército do aire.
-
-
-
Antigamente, o cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. No exército moderno pasou a denominarse subtenente.
-
Na Idade Media, oficial que levaba a bandeira na infantería ou o estandarte na cabalería. Na Coroa Aragonesa recibiu o nome de sinalador a partir do s XII. No Reino de Navarra foi substituído no s XIV polo de Mariscal. En Castela, na Alta Idade Media, o Alférez Real era o xefe da Garda Real; na Baixa Idade Media, encargábase de levar o estandarte (Alférez do Pendón Real). Durante a Guerra Civil Española, introduciuse un novo cargo no exército sublevado con este nome.
-
Alférez Maior O Alférez Maior dunha cidade personificábaa no acto de o Rei alzar os pendóns, adoito durante a proclama dun novo monarca. Acompañado por dous rexedores que o foran buscar á súa casa e que acostumaban ser os comisarios das festas, marchaban os tres a cabalo ata a casa consistorial, onde o Corrixidor daba ao Alférez o pendón, as armas reais e municipais, para llas amosar ao pobo dende o balcón do consistorio.
-
Alférez Maior da Cidade da Coruña Oficio instaurado polo Rei Filipe II no 1591 adxudicándollo a Tristán de Araujo, que pasou logo a Gómez Fernández Catoira, á súa muller, Antonia López Villardefrancos, ao seu fillo Simón Enríquez de Novoa e, finalmente, a Antonio Henríquez de Novoa. Durante o século XVIII o cargo estivo vencellado á familia Novoa, que non sempre o exerceu de maneira directa, xa que por matrimonio pasou aos Riazos e Aldao, e logo aos Torrado, señores da casa de Asados en Rianxo. Se ben desapareceron as funcións efectivas do cargo, mantívose a regalía ata a actualidade.
-
Alférez Maior de Betanzos Oficio outorgado polo Rei Filipe II a Xoán Rouco de Parga polo servizo de 500 ducados no 1591, a pesar da oposición da cidade de Betanzos ao nomeamento. O título ficou vencellado á familia Rivera, devanceiros da condesa de Pardo Bazán.
-
Alférez Maior de Lugo Título con voz e voto de rexedor, e facultade de nomear Tenente, concedido a perpetuidade e por xuro de herdade a Xoán Osorio de Escobar o 24 de marzo de 1652.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia celebrada na cidade de Algeciras, convocada polo Sultán de Marrocos a instancias de Francia e Alemaña, que denunciara as intencións monopolistas francesas sobre a economía marroquina. Estiveron representados Alemaña, Francia, Austria, Hungría, Bélxica, España, os EE UU, Italia, os Países Baixos, Portugal, Suecia e Marrocos. España deixou de lado a Gran Bretaña e Francia, conseguindo o recoñecemento dos seus dominios, o Rif, o control dos portos de Larraix, Tetuán e Tánxer (este compartido con Francia) e a participación na banca estatal marroquí. A ocupación de Casablanca por Francia no 1907 e o posterior establecemento do protectorado (1912) representou a fin dos acordos adoptados.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comunicación con intercambio de voz realizada cunha tecnoloxía específica a través dunha rede informática ou telemática como a Internet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada en abril de 1955 pola India, Paquistán, Indonesia, Sri Lanka e Myanmar, na que participaron 29 países de África e de Asia (entre outros China, Exipto, Etiopia, Xapón ou Vietnam do Norte). Significou a toma de conciencia destes pobos, moitos deles independentes dende había pouco, fronte aos países desenvolvidos. A conferencia remarcou a urxencia do desenvolvemento económico e dunha política anticolonialista e neutralista. Adheriuse á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Sostivo as reivindicacións de independencia de Marrocos, Tunes e Alxeria e a loita dos árabes contra o estado de Israel. Destacaron as intervencións de Nehru, Zhou Enlai, Nasser e Sukarno. Foi o lugar de nacemento do Movemento dos Países non Aliñados, baseado na non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos dun país, o respecto á soberanía nacional e á coexistencia pacífica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia dos países neutrais convocada por Iugoslavia e Exipto, celebrada do 1 ao 6 de setembro de 1961. Contou coa participación de Afganistán, Arabia Saudí, Alxeria, Birmania (hoxe Myanmar), Camboxa, Ceilán (Sri Lanka), Congo-Kinshasa (República Democrática do Congo), Cuba, Chipre, Etiopia, Ghana, Guinea, Iemen, India, Indonesia, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Mali, Marrocos, Nepal, República Árabe Unida (Exipto), Somalia, Sudán e Tunisia. Acordáronse resolucións anticolonialistas, criticouse o apartheid sudafricano, solicitouse o desarmamento e a prohibición de armas nucleares, demandouse o ingreso da China Popular na ONU e adoptáronse diversas resolucións sobre Berlín e Palestina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia política reunida en Berlín do 15 de novembro de 1884 ao 26 de febreiro de 1885 co obxecto de solucionar os conflitos xurdidos entre as grandes potencias no reparto de África. Chamada oficialmente Conferencia da África Occidental, participaron delegados das principais potencias europeas e dos EEUU. A conferencia dirimiu os conflitos territoriais, garantiu a liberdade de navegación polos grandes ríos africanos como o Níxer e o Congo, recoñeceu a existencia do estado libre do Congo baixo a soberanía de Leopoldo II de Bélxica, e fixou as novas normas do imperialismo colonial que establecían a necesidade de ocupación efectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, definida por Jakob Bernoulli, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n>1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novena sesión da Conferencia Panamericana, organismo da Unión Panamericana, celebrada en Bogotá (abril de 1948). Nela decidiuse a creación da Organización dos Estados Americanos (OEA).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión celebrada en Brazzaville en xaneiro de 1944 polos representantes das colonias de Francia, presidida polo xeneral De Gaulle e por René Pleven. Esta conferencia estableceu os principios das reformas diplomáticas, administrativas e sociais que levaron á creación da Union Française (1946).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia monetaria e financeira das Nacións Unidas que se celebrou entre o 1 e o 22 de xullo de 1944 en Bretton Woods, New Hampshire (EE UU), e na que participaron delegacións oficiais de 44 estados. Deu nacemento a dúas institucións de carácter internacional: o Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento (ou Banco Mundial) e o Fondo Monetario Internacional, para financiar a curto prazo os desequilibrios no comercio internacional. O obxecto esencial desta conferencia foi o de evitar os desaxustes monetarios que precederon á Segunda Guerra Mundial e favorecer a volta ao multilateralismo dos pagos. Presentáronse dous plans: un patrocinado pola delegación do Reino Unido, coñecido por plan Keynes, e outro norteamericano, o plan White, que finalmente foi o que se aprobou. O plan White proclamaba a volta indirecta ao patrón ouro e a constitución dun banco internacional que respectase a autonomía das políticas monetarias dos estados. A “orde de Bretton Woods” funcionou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia que tivo lugar na cidade de Casablanca entre o 14 e o 24 de xaneiro de 1943, e na que participaron Churchill, Roosevelt e De Gaulle, mentres se desenvolvía a Segunda Guerra Mundial. Co obxectivo de establecer futuras estratexias comúns, decidiuse a invasión de Italia despois de rematar as operacións en África, a intensificación dos bombardeos americanos en Alemaña e a esixencia dunha capitulación sen condicións de Italia, Xapón e Alemaña.
-
-
Liña curva e cerrada que une todos os puntos dun plano, situados á mesma distancia dun punto dado (centro). Esta distancia entre o centro e cada punto da circunferencia é constante e denomínase radio. Nunha referencia cartesiana normal, a ecuación da circunferencia de centro (a,b) e radio r é (x-a) 2 +(y-b) 2 -r 2 =0. A súa lonxitude vale 2πr.
-
Obxecto que ten forma de circunferencia.
-
-
-
-
Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.
-
conferencia eclesiástica /
Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudio.
-
conferencia episcopal /
Reunión do episcopado dun Estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación. É unha institución de carácter permanente, composta polos bispos dun Estado, na que se realizan conxuntamente tarefas pastorais e que, de forma moderada, tamén pode desenvolver funcións administrativas e normativas. O Concilio Vaticano II deulles consistencia e pulo ás conferencias nacionais, e o Código de Dereito Canónico de 1983 regulamentou o seu funcionamento. A súa creación, suspensión ou cambio pertencen en exclusiva á Sé Apostólica.
-
conferencia internacional
Reunión diplomática convocada por un Estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.
-
-
Discurso, especialmente de carácter didáctico, no que se tratan en público diferentes temas.
-
Comunicación telefónica interurbana ou internacional.
-
Reunión na que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.
-