"Fonseca" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
GALICIA
Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritora. Investiga sobre problemas e teorías filosóficas, das que fixo algúns traballos, especialmente referidos ás vidas de Karl Marx e Friedrich Engels. Traballa tamén no eido do cómic e da caricatura. As súas obras foron editadas en numerosos países. Publicou Embajada de Perú, análisis de una campaña propagandística; Moro, el gran aguafiestas, traducida ao galego co título de Mouro, o eterno rebelde (1996) e La vida en cuadritos, onde trata e analiza o mundo do cómic.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe discutida. Uns investigadores opinan que é orixinaria de Portugal; outros, que procede do Rei Ramiro II de León; hai algúns que a vinculan mesmo coa casa real de Hungría, pois dous príncipes deste país viñeran á Península en tempos de Afonso VI a loitar contra os mouros e, en recoñecemento, o rei deulles os lugares de Fuenteseca ou Fonseca e o couto de Coutiño, en Galicia; desde aquela os descendentes dos príncipes tomarían os apelidos de Fonseca e Coutiño. A opinión máis espallada é que desde antano esta familia se estableceu no lugar de Quintana da Fonseca, topónimo do que derivaría o apelido. Deste lugar era señor Men Rodríguez de Fonseca, que tomou parte na conquista de Toledo, e que pasou despois a Portugal. Unha das liñas da estirpe instalouse en Castela a finais do s XIV, cando Pedro Rodríguez de Fonseca (?-1419), señor de Olivença, se trasladou desde Portugal á corte castelá. Nesta liña destacaron, entre outros, Alonso I de Fonseca, Alonso II de Fonseca, Alonso III...
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e exerceu como arquitecto e xefe da sección de arquitectura da Deputación de Ourense. Das súas obras destacan a granxa-escola da Deputación de Ourense e os traballos de rehabilitación e restauración do Teatro Principal de Ourense, da Casa da Xuventude da Rúa de Petín, do mosteiro de San Pedro de Rochas e a restauración do claustro novo do mosteiro de San Salvador de Celanova, que recibiu a medalla Europa Nostra en 1983. Colaborou na revista Obradoiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participa na fundación de Viñedos do Rosal S A e Adegas das Eiras S A, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda S A, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum S L. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ávila (1445), arcebispo de Sevilla (1453) e arcebispo de Santiago de Compostela (1460-1463). Arcediano do Salnés, participou nas loitas civís castelás. En 1460 permutou a súa praza de arcebispo de Sevilla co seu sobriño, elixido arcebispo de Santiago. Na sé compostelá enfrontouse ao conde de Trastámara e tivo que someter a diocese, pola forza, á súa autoridade. No 1462 organizou a recepción de peregrinos nos mosteiros de San Francisco e San Domingos. Malia a resistencia do seu sobriño, volveu a Sevilla en 1463.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago de Compostela (1464-1506), sobriño de Alonso I Fonseca. Retido en Noia por Bernal Yáñez (1465), durante o seu cativerio a cidade e a sé de Santiago foron conquistadas. Trala súa liberación estableceuse en Redondela e volveu a Santiago a mediados de 1469, onde liberou boa parte das posesións do arcebispado que permanecían en mans dos Irmandiños, coa axuda de Xoán Pimentel e Pedro Álvarez de Soutomaior. Enfrontouse coa nobreza galega polas posesións das vilas de Pontevedra, Noia e Padrón e diversas fortalezas, pero foi derrotado e cercado en Santiago mentres P. Álvarez de Soutomaior despoxou o arcebispado dos señoríos de Padrón, Fisterra, Muxía e Malpica, e das vilas de Pontevedra, Vigo e Redondela. Partidario de Isabel de Castela, co apoio dos Reis Católicos recuperou boa parte das vilas que foran usurpadas polos nobres. Dende o comezo da conquista de Granada foi gobernador de Castela (1491). Acompañou á infanta Catalina a Inglaterra (1501) para a súa voda con Arturo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arcebispo de Santiago (1508-1524) e de Toledo (1524-1534), fillo de Alonso II Fonseca e de María de Ulloa, condesa de Monterrei. Estudiou en Salamanca e foi cóengo de Santiago e de Cornado. Fundou en 1519 o Colexio de Santiago en Salamanca para acoller, entre outros, a clérigos galegos que ían estudar á Universidade de Salamanca. En 1522 fundou un pequeno colexio de teoloxía en Santiago de Compostela, onde xa existía un Colexio de Gramática desde 1501; en 1525 solicitou do Papa Clemente VII a bula de fundación para un novo colexio en Santiago de Compostela, que puidera ter o alcance dos Colexios-Universidade, como o de Alcalá de Henares, sostido con todas as rendas reunidas dos dous colexios existentes en Santiago e outras novas que Fonseca propoñía. A autorización papal mediante bula de 15 de marzo de 1526 posibilitou a creación da Universidade de Santiago de Compostela. No seu testamento de 1531 estableceu todos os detalles da creación e construción do colexio Santiago Alfeo, tamén coñecido...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Foi un dos fundadores da revista Presença, inicio do vangardismo na literatura portuguesa. Entre as súas obras destacan Poemas (1925), Mar coalhaldo (1932), Caminhos magnéticos (1938), Rio turvo e outros contos (1945), onde se incluíu o conto O barâo, e Bandeira preta (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Compostela. Fundouno o arcebispo Alonso III de Fonseca para acoller os centros de estudo que deron orixe á universidade compostelá. Comezou a funcionar en 1527 co nome de colexio de Santiago Alfeo. Trazárono Juan de Ávila e Alonso de Covarrubias. Ten planta cuadrangular cun patio central. Na fachada, obra de Covarrubias, destaca a portada formada por dous corpos e cun programa iconográfico que alude á sabedoría cristiá. O corpo baixo concíbese como un arco triunfal; enmarcadas entre columnas xónicas sitúanse as figuras de Santiago Alfeo e a Virxe. No corpo superior sitúanse as imaxes de san Pedro e san Paulo, enmarcadas entre columnas corintias, e as de santa Catarina e san Ildefonso, ás beiras da ventá, que remata nun frontón triangular. No friso que separa os dous corpos represéntanse os Doutores da Igrexa. Trala porta de acceso hai un vestíbulo cuberto cunha bóveda de crucería ao que se abre a antiga capela. O patio ten dous corpos. O inferior está...
-
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (1471-1484). De orixe galega, para algúns descende dos condes de Monterrei mentres que para outros foi fillo de Alonso II de Fonseca. Durante o seu bispado restaurou a capela de San Xoán e incorporou nunha das portas da catedral o escudo dos Fonseca. Atribuéselle o traslado dos corpos de san Facundo e san Primitivo á catedral ourensá. Escribiu Constituciones Sinodales (1491) e mandou elaborar un libro tumbo para levar nota das rendas do bispado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo do Pacífico, situado na costa de América Central, entre as puntas de Amapala e de Cosigüina. Compárteno Honduras, El Salvador e Nicaragua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político brasileiro. Como ministro de Guerra (1906-1909) instaurou o servizo militar obrigatorio. Foi presidente da República entre 1910 e 1914 e houbo de enfrontarse a graves axitacións populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores do neorrealismo. Da súas producións destacan Aldeia nova (1942), O fogo e as cinzas (1953), Seara de vento (1958), Poemas completos (1958), Un anjo no trapézio (1968) Tempo de solidão (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Proclamou a República Federal en 1889 e asumiu o goberno provisional. Elixido presidente en 1891, renunciou ao cargo dez meses despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e teólogo portugués. Entrou na Compañía de Xesús en 1548 e foi profesor de filosofía na Universidade de Coimbra. Destacou pola súa teoría da ciencia media, na que admitía que Deus coñecía desde a eternidade os futuros continxentes. Entre as súas obra destacan Institutionum dialecticarum libri octo (1567), compendio da lóxica aristotélica, e Comentarii in libros metaphysicorum Aristotelis Stagiritae (1577-1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, quen estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara, o poemario de Herminia Fariña, empregando o procedemento da xilografía, ao igual que a novela Os Nenos (1925), de X. Filgueira Valverde. Nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo empregou unha nova técnica: a linoleografía, iniciada por Castelao. Desde 1926 foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica (Mariña 1928; Luz de lúa e efecto de sol, 1929; Trebón, 1931), onde plasmou as que se ían converter en características esenciais da súa obra, como a preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e político. Ordenado sacerdote en Barcelona (1493), foi bispo de Badajoz, Palencia, Burgos e Córdoba e conselleiro dos Reis Católicos. Foi presidente do Consello de Indias (1519-1524) e encargado dos asuntos comerciais da Casa de Contratación de Sevilla. Opúxose aos proxectos de C. Colón. O seu poder decaeu tras o ascenso ao trono de Carlos I.
VER O DETALLE DO TERMO