"Goi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 61.

  • Que ou quen anuncia ou predí algún suceso, xeralmente negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Predicir algo, normalmente negativo, que vai ocorrer.

    2. Atraer cara a unha persoa algo negativo de maneira que quede o seu ánimo abatido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que agoira, que anuncia ou predí algo que vai suceder.

    2. Aquel que presaxia un desastre ou acontecemento funesto no futuro por medio de indicios, intuición ou mesmo a través do voo das aves.

    3. O que cre en agoiros e desgracias ou pensa sempre nelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quen ou aquilo que presaxia desgracias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agoirar.

    2. Presaxio de acontecementos futuros, xeralmente catastróficos, a través de certos sinais e indicios, feito xeralmente por un augur.

    3. Persoa que fai ou di algo insistentemente e que pola súa maneira de ser resulta molesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Procedente dunha familia carlista do barrio de Abando, fundador do nacionalismo vasco moderno. Proporcionou os primeiros alicerces teóricos ao nacionalismo vasco, unindo a tese da independencia para Euskal Herria cunha ríxida relixiosidade e unha posición aburguesada fronte ás problemáticas sociais. Participou en diversas publicacións periódicas e escribiu traballos de revaloración da cultura autóctona, sobre todo lingüísticos: Etimologías euskéricas (1887), Gramática elemental del euzkera bizkaino (1888, incompleta), Lecciones de ortografía del euzkera bizkaino (1896), Orígenes de la raza vasca (1889) e Bizkaya por su independencia (1892). Foi preso por motivos políticos (1895-1896 e 1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Da súa obra, moi influenciada por Proust e Faulkner, cómpre salientar: Nunca llegarás a nada (1961), Volverás a Región (1968), Una meditación (1970), Una tumba (1971), La otra casa de Mazón (1973), El aire del crimen (1980), En penumbra (1989) e La construción de la torre de Babel (1990). No eido da literatura dramática é autor de diversos títulos, entre os que destacamos Agonía confutans (1966) ou Un caso de conciencia (1967). En 1979 o grupo Troula realizou un espectáculo a partir da súa obra Anastás ou a orixe da constitución (1958), con dirección de Antonio F. Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barón de Bourgoing. Escritor e diplómatico francés. Foi embaixador en Madrid (1792 e 1793) e negociou os acordos que levaron ao Tratado de Basilea (1795). Escribiu Nouveau voyage en Espagne (Nova viaxe a España, 1788), titulada en edicións posteriores Tableau de l’Espagne moderne (Cadro da España moderna), obra de grande utilidade para os estudiosos da Península Ibérica do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e historiador de arquitectura e de urbanismo. Estudiou arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1936) e socioloxía e urbanismo na University of Columbia (EE UU). Foi catedrático da Escola Superior de Arquitectura e director do Museo de Arte Contemporáneo en Madrid (1958). Foi senador (1977-1979) e conselleiro do reino (1978-1979). Entre as súas obras destacan La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura (1947), La catedral nueva de Salamanca: Historia documental de su construción (1951), Museo del Prado: Guiones de arquitectura (1952), Historia de la arquitectura española (1965), Breve historia del urbanismo (1968), La crisis del lenguaje arquitectónico (1972), Historia de la arquitectura occidental (1974), Liberalismo, ideas y recuerdos (1989), El Palacio Real de Madrid (1993) e Arquitectura de Madrid, siglo XX (1999). Participou tamén nas obras colectivas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de degoirar ou degoirarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desexar ardentemente unha cousa.

    2. Sentir degoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo forte dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ácaros, de ata 0,3 mm de lonxitude, que viven sobre a pel humana á que libran das peles mortas, bacterias e fungos que, de non ser eliminados, poderían provocar dermatites. Tamén proliferan entre o po, formado por anaquiños de fibras téxtiles, pelos, escamacións da pel, restos de alimentos, bacterias, fungos e poles, que se acumulan, especialmente, nas camas e alfombras. As condicións óptimas para estes animais son os ambientes escuros cun 80% de humidade e temperaturas de 25 °C. As exuvias e excrementos destes animais conteñen importantes axentes alérxenos que causan, no home, gran parte das asmas. As especies máis comúns son D. pteronyssinus, D. farinae e D. microceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excesivo amor a un mesmo que fai atender unicamente o interese propio, mesmo en prexuízo do dos demais.

    2. Teoría ética que considera o propio interese como o fin da acción moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao egoísmo.

    2. Que ou quen manifesta egoísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, á beira do río Deba (10.989 h [1996]). É un importante núcleo metalúrxico (maquinaria industrial, ferraxería, máquinas de coser) e siderúrxico (laminado, fundición). O seu desenvolvemento industrial comezou no s XVI coa fabricación de armas, e incrementouse cara ao 1857 coa creación de factorías de laminado. No s XIX acadou relevancia o balneario de Alzola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Bertomeu (s XVIII) e as casas do concello (s XVIII), de Olsao e Carquizano, declaradas Ben de Interese Cultural en 1964 xunto ao pórtico do cemiterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo editado pola Casa Cultural Galiza de Elgoibar. Trátase dunha publicación que incluíu artigos de carácter societario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de educación privado e laico que foi fundado no ano 1950 por Antonio Fernández López co obxectivo de desenvolver no medio urbano os principios educativos que viña mantendo na Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (Ortoá, 1948). A. Fernández aplicou no Colexio Fingoi un modelo integral para achegar os nenos ao cotián e á realidade máis próximas, así como achegarlles o desenvolvemento da cultura galega, afrontando o ensino primario e secundario no medio urbano. Na época do franquismo, converteuse nun dos espacios educativos onde se levaron a cabo prácticas pedagóxicas baixo a inspiración da escola nova. Daquela época foi un dos seus directores Ricardo Carballo Calero. O modelo educativo que se segue atende todos os aspectos da personalidade do alumno para conseguir o seu óptimo desenvolvemento; así, baséase na coeducación, en conexión directa co librepensamento, e no ensino científico, interdisciplinar e bilingüe coa finalidade de capacitar o alumnado para a vida a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Lugo no colexio Fingoi por Ricardo Carballo Calero e que entre 1950 e 1965 constituíu unha das primeiras experiencias de teatro escolar en galego nos anos que seguiron á posguerra, aínda que tamén se presentaban espectáculos en castelán, con textos de Lope de Rueda ou Lope de Vega. Amais de diversos textos da autoría do seu director, como a Farsa das zocas (1963), o colectivo estreou espectáculos creados con textos de Castelao, Rosalía de Castro, Plauto, Seami Motokiyo ou Ramón Cabanillas.

    VER O DETALLE DO TERMO