"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘doutrina’ ‘sistema’, ‘escola’, ‘movemento’ ou ‘práctica’.

    2. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘actitude’.

    3. Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de termos científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia dunha persoa ou dun grupo social a abandonar sen loita unha cousa que posúe ou que lle corresponde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina do nacionalismo vasco. Defende a existencia da nación vasca e reivindica o dereito á independencia dos territorios de Euskal Herria: Araba, Biskaia, Gipuskoa, (Comunidade Autónoma de Euskadi) e Nafarroa (Comunidade Foral de Navarra), baixo soberanía española, e Lapurdi, Be-Nafarroa e Zuberoa (que forman o Iparralde) baixo soberanía da República Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abismar.

    2. Característica aplicada a unha peza ou figura posta no abismo, sen que cargue ou toque noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao abismo.

    2. Que presenta unhas características de profundidade impresionantes e imposibles de medir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afundir nun abismo.

    2. Concentrarse profundamente nun pensamento, sentimento ou contemplación, abstraéndose do arredor.

    3. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘observar, ver’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade profunda na terra.

    2. Situación que ocasiona un gran sufrimento.

    3. Termo de heráldica, procedente da expresión francesa mise en abîme ou abyme, que designa o centro ou corazón do escudo que reproduce, en escala reducida, os contornos do propio escudo.

    4. Gran oposición.

    5. Designa a disposición da acción pola que se inclúe unha ou máis historias dentro da que actúa como marco, a xeito das matrioskhas rusas ou caixas chinesas. As historias reduplicadas no interior do relato marco reproducen este último como imaxe idéntica, invertida ou desmultiplicadora. Un exemplo deste recurso con encaixamento de actos narrativos aparece en Terra Brava (1955) de Ánxel Fole .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que propugna a abolición dunha lei ou semellante.

    2. Doutrina que propugnaba a abolición da escravitude. Ao termo do s XVIII, os británicos iniciaron campañas abolicionistas. Polo Tratado de Viena (1815) suprimiuse a escravitude. Os plantadores do Sur dos EE UU enfrontáronse á política abolicionista do Norte na Guerra de Secesión (1861-1865). En España foi defendida polos sectores máis demócratas que fundaron a Sociedad Abolicionista (1845). Durante a Primeira República Española, a escravitude aboliuse en Porto Rico (1873). En Cuba, o proceso será gradual (dende o 1880), a causa dos intereses económicos que estaban involucrados coa escravitude; durante as guerras da independencia a xente de cor loitou a favor dos insurrectos cubanos a raíz da supresión da escravitude contida no programa destes.

    3. En Galicia o concepto abolicionismo posúe un significado propio aplicado á loita contra o sistema foral. Representa a variante máis radical propugnada para a superación do réxime foral xa que non recoñece aos perceptores (dominio directo) o dereito a seren indemnizados polos pagadores (dominio útil), unificándose deste xeito ambos os dous dominios. Dentro do agrarismo galego, o abolicionismo vai ser unha opción minoritaria fronte ao redencionismo ata o fin da Primeira Guerra Mundial, cando se constitúe en tese predominante dentro do societarismo non confesional, trala frustración dos sucesivos proxectos de redención forzosa levados ao Parlamento español. O abolicionismo supuña unha lectura de clase do conflito foral e, para os medios máis conservadores, un ataque inadmisible contra o dereito de propiedade. Con todo, o abolicionismo desenvolvía tamén unha versión moderada, que propugnaba que os rendistas fosen indemnizados con cargo ao Estado, non ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Abandono sistemático das obrigacións propias dun traballo ou dunha responsabilidade.

      2. Ausencia dos traballadores nos establecementos produtivos, medida en forma de tempo laborable perdido por causas consideradas naturais, como a enfermidade, quedando excluído o tempo perdido por vacacións, folgas, peche patronal ou interrupcións inferiores a unha ou dúas horas. Normalmente, o absentismo laboral calcúlase como porcentaxe de horas perdidas verbo do total de días ou horas de traballo dun ano, ou ben do número de días por ano respecto ao número total de días laborables do ano.

    1. Práctica sociolaboral que consiste na explotación indirecta da terra e na delegación da dirección e control dos traballos agrícolas a un intermediario ou administrador, percibindo o propietario -que reside fóra ou lonxe da propiedade- uns ingresos, en función de parcería ou arrendamento. Ao longo da historia atópanse prácticas de absentismo nas sociedades agrarias latifundistas, chegando a constituírse nun dos seus trazos definitorios. O absentismo foi común entre os propietarios irlandeses dos ss XVIII e XIX, que residían no Reino Unido, o que tivo importantes efectos na evolución económica e social dese país. Na actualidade, o absentismo é unha práctica común en moitos países do Terceiro Mundo, sobre todo no Brasil, onde un terzo dos parlamentarios son latifundistas absentistas. En Galicia o absentismo foi o comportamento habitual das clases privilexiadas posmedievais, pricipalmente da alta aristocracia e dos altos cargos da administración, tanto civil como eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de gobernar no que predomina a vontade dunha soa persoa.

    2. Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente. O absolutismo prevaleceu como forma de goberno na Europa da Idade Moderna, entre os ss XVI e XIX. O monarca posuía todos os atributos da soberanía: promulgaba leis, administraba xustiza, mantiña un exército permanente, nomeaba os funcionarios e recadaba impostos no seu nome. A monarquía absoluta estaba teoricamente subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do estado. Para garantir a paz e a seguridade facíase preciso un acordo contractual entre o estado, que aparecía como a suma dos intereses particulares, e os súbditos, que lle transferían os seus dereitos. O absolutismo desenvolveu a unificación territorial e a centralización estatal dos estados modernos, ao tempo que tendeu a igualar a sociedade estamental nun mesmo réxime de obediencia. O absolutismo alicerzábase nunha doutrina teolóxica que parte do suposto de que hai dous poderes no mundo: o temporal,...

    3. Sistema filosófico que se basea naquilo que é por si mesmo, onde o absoluto é causa e efecto de todo. Dun modo ou doutro, autores como Platón, Aristóteles, Plotino, Spinoza, Kant ou Schopenhauer, trataron o tema do absoluto. De feito, á hora de concebir unha lei do Universo como lei natural, pártese do concepto do absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de abstención sistemática nalgún proceso electivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caíde (xuíz) da Taifa de Sevilla, primeiro membro da dinastía dos abbaditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Normativa propia dunha academia ou dun académico.

    2. Doutrina que propugna o seguimento do considerado academicamente correcto, cando menos dende o punto de vista formal.

    3. Aplicación ás obras de arte dun espírito formalista que substitúe a expresión espontánea pola corrección normativa, segundo as normas artísticas de carácter oficial que polo xeral propugnan as academias de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema médico baseado exclusivamente nos síntomas.

    2. Corrente política que non xulga esencial a forma de goberno, de aí que non a considere motivo de loita política. Para o accidentalismo o fundamental é o contido que se lle dá á forma de goberno; calquera contido é posible en calquera forma de goberno. No estado español adoptárono as forzas reformistas da Restauración (os posibilistas de Castelar ou o Partido Reformista de Melquíades Álvarez), parte da dereita na Segunda República (CEDA) e case todas as forzas democráticas no período 1975-1977, durante a transición política dende o franquismo, ao aceptaren a monarquía de Xoán Carlos I de Borbón coa condición de que adoitara un contido democrático e parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina sociolóxica que se interesa pola problemática da acción e do traballo. Contempla o traballo como unha actividade colectiva e considera que a acción non é só unha simple resposta a unha situación social, senón unha manifestación creativa e simbólica de dúas dimensións: o sistema de acción histórica e o sistema de relación de clase, que reflicten a capacidade da sociedade de actuar sobre si mesma co traballo. A. Touraine é un representante destacado desta doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. acefalia.

    2. Doutrina profesada polos chamados cristiáns acéfalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético ruso vangardista constituído a partir do 1911 oposto, no nome da concreción, ao simbolismo. Neste sentido, a orde, a claridade e o sentido pictórico sucederon á vaguidade e ao sentido musical. Nikolai Gumilov foi o seu incitador, sen embargo, os seus representantes máis sobranceiros foron Anna Akhmatova e Ossip Mandelstam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema monista que nega a realidade das cousas sensibles de xeito independente ao noso pensamento, e reduce o mundo ao divino. Oponse ao ateísmo na medida en que este reduce a Deus ao mundo. Hegel atribuíu o acosmismo a Spinoza. Fitche aceptou que o seu sistema fose calificado como acosmista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte ou exercicios de acróbata.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de acromático.

      2. Propiedade dun sistema óptico de evitar a aberración cromática.

    1. Resulta da mestura das cores primarias e das súas complementarias en cantidades iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO