"Irán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Santa Cruz de Retorta, en Guntín, no chamado “casal de Miño” que pertence tamén aos Prado. É unha das estirpes máis brillantes de Viveiro onde son abundantes os brasóns desta familia. Espalláronse por Ortigueira e por outros lugares do litoral setentrional e chegaron, mesmo, a Perú e Bolivia. Emparentaron con distinguidas familias galegas como os Bendañas ou os Pita. As armas desta familia levan, en campo de prata, un cervo con hastas da súa cor, sobre ondas de azur e prata; no xefe, tres ameas de sable e, arredor do cervo, unha rama de sinople saíndo das aguas. Algunha variante trae, en campo de ouro, unha cruz de goles; e partido de prata, cunha cabeza de mouro, de sabre. Outros levan, escudo partido: o primeiro, en campo de ouro, unha cruz de goles; e, o segundo, en campo de prata, unha cabeza de mouro de sabre; bordo de goles con oito aspas de ouro. Aínda se reseñan outras dúas variantes: unha leva, en campo de azur, unha aguia ao natural, en actitude...
-
-
Muller que exerce de almirante.
-
Muller do almirante.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cara’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.
-
-
-
Carreira, dignidade e atribución de almirante.
-
Territorio onde un almirante exerce as súas funcións.
-
-
Organismo ou consello superior que nalgúns estados exerce altas funcións consultivas, executivas e en ocasións de Alta Xustiza en tarefas relacionadas coa mariña. Algún, como o británico, chegou a acadar unha grande importancia. Na España borbónica, a primeira comisión ou órgano consultivo do almirantado foi creada o 21 de xuño do 1737, e durou ata o 1748 cando foi substituída pola Dirección Xeral da Armada. Dende 1908 as súas funcións correspóndenlle ao Estado Maior Central e á Xunta Superior da Armada. A súa misión xudicial é levada a cabo polo Consello Superior de Xustiza Militar.
-
convenio de almirantado
-
dereito de almirantado
-
-
ILLAS
Grupo de illas ao NL de Nova Guinea, que forma parte do arquipélago de Bismarck (2.072 km2). Manus é a illa máis grande e ten como principal centro de poboación Lorengau. Os habitantes son do grupo melanesio. Descubertas por Le Maire e por Willem Schouten en 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, xaponeses e norteamericanos (entre 1885 e 1944). No 1945 foron reintegradas na confederación australiana e actualmente forman parte do territorio de Nova Guinea, de fideicomiso australiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Oficial que ostenta o cargo supremo de toda a armada dunha nación. Oficial xeral da mariña de guerra. Actualmente, na Mariña de Guerra Española, o de Almirante é o grao de Oficial Xeneral, inferior ao de Capitán Xeneral da Armada e superior ao de Vicealmirante. É equivalente ao de Tenente Xeneral do Exército de Terra.
-
O título de Almirante encóntrase por primeira vez en Sicilia no s XI; usado polos xenoveses, foi xeneralizado na mariña europea durante o s XIII. Na Coroa de Aragón, o cargo de Almirante foi instituído no 1230 por Xaime I o Conquistador; nas de Castela e León, no 1248 ou 1254 por Fernando III, e tiña ao seu cargo a flota real castelá e era tamén chamado Adiantado Maior do Mar. O Almirante era o responsable da dirección da guerra marítima e estende a súa xurisdición sobre os barcos, portos e estaleiros dependentes da Armada Real. En Castela, controlaba tamén os concellos das vilas obrigados a prestar servizo militar naval.
-
Almirante do Mar
-
almirante de pesca
-
barco almirante
-
Na Idade Media, caudillo, capitán.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘faciana’.
-
-
CIDADES
Cidade do partido de Gran Buenos Aires, na provincia de Bos Aires, Arxentina, ao S da capital (449.105 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Altamiros (Ávila) dende onde pasou a Galicia e a outros lugares da península e de América. Moitos membros desta familia ingresaron nas Ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara, Carlos III e San Xoán de Xerusalén. Os de Allariz levan como armas, en campo de prata, dez roeles de azur, postos en tres paos, con catro roeles o do centro (armas dos de Lemos). Os de Andalucía e Extremadura engaden un bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Os de Aragón traen, en campo de ouro, dez roeis de azur colocados de dous en dous.
-
PERSOEIRO
Escritor e político mexicano. Na súa narrativa, coa que acadou sona, tentou achegarse aos temas indíxenas mexicanos. Evolucionou cara ao Realismo, do que a novela El Zarco (1901) é o seu mellor expoñente. Expuxo as súas ideas liberais en El Correo de México, publicación da que foi un dos fundadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. Realizou o estofado, pintado e dourado do retablo maior de San Xulián de Luaña (Brión) no ano 1604, no retablo maior da igrexa de San Francisco de Santiago en 1605 e a decoración das caixas dos órganos da catedral santiaguesa cara a 1607.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe da literatura xeorxiana. Amirani proporcionoulles aos homes o lume e foi castigado polos deuses a morrer encadeado a unha rocha. O tema está relacionado co mito de Prometeo.
-
ILLAS
Arquipélago coralino das Seicheles, no océano Índico, ao NL de Madagascar. As illas principais son Daros, Desneuf, Saint Joseph e Poivre. Foron descubertas no ano 1052 polo Almirante portugués Vasco da Gama. Desde o ano 1814 ata o ano 1976 pertenceron a Gran Bretaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía británica fundada en 1909 para a explotación dos xacementos petrolíferos en Irán. No ano 1951, foi estatalizada polo goberno iraní. Desapareceu definitivamente en 1954 dando paso á British Petroleum Co.
-
-
Que reduce a transpiración cutánea.
-
Produto que reduce a transpiración cutánea, xeralmente polas súas propiedades astrinxentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Madagascar (43.046 km2; 942.410 h [1993]). A capital é Antsiranana (100.000 h [1993]).
-
-
Que aspira.
-
Persoa que aspira a un cargo, un título, unha dignidade, etc.
-
Deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para intentar gañar o título que aquel posúe.
-
-
PERSOEIRO
Liberal e guerrilleiro e conspirador, célebre polas obras que lle dedicou Pío Baroja, parente afastado seu. Loitou do lado do cura Merino durante a guerra contra Napoleón e, na súa contra, durante o Trienio Constitucional, baixo as ordes do guerrilleiro Juan Martín Díaz, o Teimudo (el Empecinado). Interveu nos feitos do 1835 e nas guerras carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo integrante dunha bandeira.
-
GALICIA
Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO