"Landes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 22.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Alpes Meridionais Serra que constitúe a espiña dorsal de Nova Zelanda e ocupa maioritariamente a Illa do Sur. Culmina no pico de Cook (3.760 m de alt), o máis alto do país. Forma unha crista situada entre a gran fosa oceánica de Tonga-Kermadec e o escudo australiano occidental. É un arco con dúas inflexións ou convexidades: a do NL, cara ao Pacífico occidental, e a do SO, cara á Cunca Oriental Australiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guerras que tiveron lugar entre Inglaterra e Holanda na segunda metade do s XVIII, provocadas pola rivalidade comercial de ambos os dous países. A primeira guerra (1652-1654) foi provocada pola promulgación da Navigation Act (1651). Holanda foi derrotada e tivo que asinar un tratado en Westminster. A segunda guerra (1665-1667) tivo a súa orixe na ocupación (1664) de certas colonias da Compañía Holandesa das Indias Occidentais por parte da Compañía Inglesa. A paz de Breda (1667) comportou a derrogación da Navigation Act con respecto ás mercadorías alemanas. Na terceira guerra (1672-1674), Inglaterra loitou ao lado de Francia. A paz asinada en Westminster (1674) ratificou a de Breda e representou o inicio da decadencia das Provincias Unidas.
-
ILLAS
Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de clandestino.
-
-
Que se realiza ou se produce de forma oculta, sen permiso das autoridades ou á marxe da lei.
-
Aplícase ao escrito, impreso ou publicación que non cumpre os requisitos legais, especialmente por falla de pé de imprenta, ou que se distribúe ás agachadas das autoridades gobernativas.
-
Casamento celebrado sen a presenza de sacerdote nin de testemuñas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución pedagóxica fundada no ano 1598 a expensas reais e baixo o patrocinio de Diego Brocher (primado de Irlanda) e Daniel O’Sullivan Beare (conde de Birhaven), Beare e Bantry, exiliado na cidade da Coruña desde 1602. Neste centro estudiaban os fillos das familias nobres irlandesas exiliadas en Galicia como consecuencia da persecución que sufrían os católicos baixo o reinado de Enrique VIII (1509-1547). Este colexio, dirixido por Eugene Carty ata o 1613, foi o lugar de residencia dos irlandeses que asistían ás clases (normalmente estudiaban artes e canons) na Universidade de Santiago de Compostela. No 1613, por orde real, pasou a formar parte da Compañía de Xesús; a partir dese momento converteuse en seminario de nenos irlandeses de Santiago, dependente do seminario irlandés de Salamanca, centro encargado de formar sacerdotes irlandeses que, unha vez ordenados, volvían a Irlanda para loitar contra o anglicanismo. Os alumnos recibían instrución de filosofía durante tres anos e despois...
-
-
Relativo ou pertencente a Curlandia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Curlandia.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Finlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Finlandia.
-
Lingua do phylum urálico da familia finoúgria. Os primeiros textos escritos en finlandés proceden de mediados do s XVI e, en 1958, tradúcese a parte da Biblia que corresponde ao Novo Testamento. No s XVII, cando Finlandia pasou a formar parte de Suecia, o finlandés deixou de ser lingua nacional e o sueco pasou a ser a lingua da administración e da cultura. Co inicio da Revolución Rusa (1917), Finlandia independízase. É a lingua oficial de Finlandia, pero tamén se fala na República de Carelia, Rusia e Suecia. Escríbese en alfabeto latino. Entre os trazos máis característicos do finlandés, cómpre destacar un sitema de oito vocais /i e ä y ö u o a/ e coñece a harmonía vocálica e trece consoantes /k t p d m n n r l s h j v/, que se ven afectadas pola gradación, é dicir, que cando unha consoante forte inicia unha sílaba, debilítase noutra menos forte; non hai distinción de xénero nos nomes, pero si que se conxugan en quince casos; a estrutura morfolóxica achégase á...
-
Arte desenvolvida en Finlandia. Non se conservan construcións arquitectónicas anteriores ao s XII; os primeiros exemplos son igrexas rurais construídas en ladrillo que, xunto coa madeira, son os principais materiais construtivos, e dos que destaca a catedral de Tarku (S XIV). Empregáronse a bóveda estrelada, importada de Alemaña, e os campanarios illados de madeira, importados de Suecia. As formas góticas prevaleceron e ata o s XVII non se localizan elementos clásicos. Empregaron a planta cruciforme e a centralizada. En 1817 trazouse un novo plano para o centro de Helsinqui baseado nunha praza central rodeada de edificios, obra de Carl Ludwig Engel (1778-1840). Os escultores formados en París dende 1870 recibiron a influencia de F. Rude, J. B. Carpeaux, A. Rodin e E. A. Bourdelle. No eido da pintura, Estocolmo, lugar de formación na primeira metade do s XIX, foi substituído por Düsseldorf, e despois por París, onde Albert Edelfelt (1854-1905) recibiu a influencia do Manet preimpresionista....
-
Arte cinematográfica producida en Finlandia. Nyrki Tapiovaara foi a primeira figura dunha certa importancia, malia ter unha carreira curta. Erik Blomberg, operador e realizador, converteu a súa muller, Mirjami Kuosmanen, na grande estrela do cine finlandés: Valkoinen peura (O reno branco, 1952). En 1956 o filme Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido), de Edvin Laine, obtivo un premio no Festival Internacional de Cine de Cannes. Jörn Donner dirixiu e protagonizou Mustaa valkoisella (Negro sobre branco, 1967). Os mellores realizadores contemporáneos son Risto Jarva, autor de Työmiehen päiväkirja (Diario dun traballador, 1967), Rauni Mollberg, que dirixiu Maa on syntinen laulu (A terra é un canto de pecado, 1973) e o filme bélico Tuntematon sotilas (O soldado descoñecido, 1985), e Pekka Parikka, con Talvisota (A guerra de inverno, 1989). Nun terreo máis artístico cómpre destacar a Lauri Törhön con Palava Enkeli (O anxo...
-
Nos ss XIX e XX editáronse os Vellos poemas do pobo finlandés e Contos e fábulas do pobo finlandés, pertencentes á tradición oral, pero xa a partir do s XV se imprimiron obras en latín (Missale Aboense, 1488). Cando Finlandia se separou de Suecia, a lingua de cultura era o sueco, e nos ss XVIII e XIX algúns autores que tiñan como lingua materna esta lingua escribían en finés, e no s XIX o nacionalismo reivindicou a lingua autóctona. A loita pola independencia política e lingüística contra Rusia, dirixida polo filósofo e político J. V. Snellman (1806-1881), coincidiu coa democratización do ensino e Finlandia chegou ao s XX con personalidade cultural e política propias. Na segunda metade do s XIX, Kivi puxo os alicerces do teatro nacional con Lea (1869), pero foron máis populares autores como Erkko, Cajander e Jännes. A principios do XX, Kramsu e, sobre todo, E. Leino deron un forte impulso á poesía, que xunto coas obras de Koskenniemi, Manninen, Larin-Kyösti,...
-
A música primitiva finlandesa máis importante é a do ciclo do Kalevala, transmitida oralmente ata que se publicou entre 1908 e 1948. O instrumento autóctono máis difundido foi o kantele, parecido a un salterio. A música culta máis antiga (ss XI e XII) é de carácter relixioso. Os compositores nacionalistas inspiráronse na música popular, entre os que destaca J. Sibelius.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Groenlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Groenlandia.
-
Variante do inuit, que se fala en Groenlandia.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Holanda ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural de Holanda.
-
-
neerlandés.
-
Aplícase a diversas razas bovinas, orixinarias de Holanda, especializadas na produción de leite e, secundariamente, de carne.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de papel máis pequeno ca un folio, duns 22 x 28 cm.
-
-
Relativo ou pertencente a Irlanda.
-
Natural ou habitante de Irlanda.
-
Lingua do grupo gaélico das linguas celtas, que se fala principalmente na Irlanda occidental. Na segunda metade do s V xa se documenta o irlandés primitivo en inscricións funerarias escritas en alfabeto ogámico. Na primeira metade do s VI existe a etapa denominada irlandés arcaico, tamén recollida en inscricións ogámicas e nalgunha glosa. Despois de mediados deste século está o irlandés antigo, no que aínda se distinguían dúas etapas: o irlandés antigo inicial (ó redor do 550-700), documentado nunhas poucas inscricións ogámicas e glosas con arcaísmos fonéticos, e o irlandés antigo clásico (ó redor de 700-900) que se recolle nas glosas de Würzburg (sobre o 750), Milán (sobre o 800) e Sankt Gallen (sobre o 850). Entre o 900 e o 1200 pásase ao irlandés medio, con extensos e abundantes textos literarios. A partir do 1200 comeza o irlandés moderno. Entre os ss XIII-XVII, o chamado irlandés moderno clásico foi unha norma...
-
Arte desenvolvida en Irlanda. Da Idade do Bronce consérvanse lúnulas de ouro e machados, e do período de La Tène, o colar de Broighter. O desenvolvemento dunha cultura local cristiá e monástica, non suxeita ás invasións, deu lugar ao estilo irlandés dos ss VI-IX, baseado en elementos célticos e coptos, estes últimos introducidos por san Patricio e mantidos polos intercambios con Exipto e Siria. Desta época consérvanse piares, estelas con decoración xeométrica (Fahan Mura e de Carndonagh, s VII), cruces de pedra con escenas bíblicas (Monasterboice e Ruthwell), pezas de ourivería e manuscritos miniados, entre os que destacan os evanxeliarios de Durrow, Kells e Lindisfarne. De estilo gótico son a catedral de Dublín, totalmente reconstruída, e os castelos de Dangan e Luimneach, e do derradeiro cuarto do s XVII, o Royal Hospital, de W. Robinson, e a Duana, de J. Gandon, os dous en Dublín. A arquitectura do s XIX mesturou o neogótico e o neoclásico (catedrais de Cork e Killarney). No comezo do...
-
escritura insular.
-
Literatura cultivada en Irlanda en lingua irlandesa. Inicialmente desenvolvéronse tres ciclos épicos precristiáns: o mitolóxico, o dos fenianos (do s XI ao XVIII) e o dos ulates, heroes semimíticos do s I. Logo apareceron os filid, poetas doutos, desprazados no s XIII polos bardos, ao servicio das familias poderosas. Co cristianismo introduciuse en Irlanda a cultura clásica, que nunca tivo un papel decisivo; aínda así, ambas as dúas tendencias chegaron a fusionarse nalgúns xéneros. No s XII comezou a conquista da illa polos ingleses e prohibiuse o uso do irlandés. A partir do s XVII comezou a realizarse unha literatura reivindicativa da propia tradición. O renacemento literario do s XIX tivo lugar basicamente en inglés; fundouse unha sociedade para a defensa da lingua irlandesa (1876), o periódico Irisleabhar na Gaedhilge (1882-1909) e a Connradh na Gaedhilge ou Liga Gaélica (1894), ademáis das achegas dos eruditos John O’Donovan e E. O’Curry. No s XX xurdiron as reivindicacións...
-
Arte musical cultivada en Irlanda. A música tradicional irlandesa é moi rica en ritmos (reel, jig, hornpipe, air), instrumentos (arpa, tin wisthle, bodrhan, uillean pipe, etc) e música vocal. Os cantos dos bardos conserváronse ao longo dos anos, e así foi como se coñeceron as composicións de T. O’Carolan, destacado arpista do s XVI. As danzas máis típicas son o planxty e o reel, e requiren unha destreza rítmica e de movementos moi elevada. Moitas son as formacións musicais e intérpretes que contribuíron a recuperar o abundante folclore irlandés, entre os que cómpre mencionar solistas como Liam O’Flynn ou Sean Potts, e grupos como Boys of the Lough, The Dubliners ou The Chieftains, estes últimos con máis de corenta anos de traballo a prol da música tradicional do seu país.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Islandia.
-
Natural ou habitante de Islandia.
-
Lingua xermánica do subgrupo setentrional do phylum indoeuropeo que se fala en Islandia. As diferencias dialectais son escasas, principalmente de índole fonética, entre os falantes do sur e do norte. Lexicamente a lingua é moi pura, debido á reacción iniciada ao comezo do s XIX para eliminar os numerosos barbarismos que tiña. Desde o s XII emprégase o alfabeto latino, con adicción de dous signos (ð, ).
-
Arte desenvolvida en Islandia. Consérvanse poucos vestixios medievais e, con posterioridade á Reforma, só ilustracións de libros. No s XIX desenvolveuse a pintura de paisaxe, xénero influenciado polo impresionismo e no que destacaron Asgrímur Jónsson (1876-1958) e Johannes Krjaval (1885-1972). Na escultura destacou Asmudur Sveinsson (1893-1982) que creou unha escultura moderna oposta ao clasicismo de Sigoroûr Sigoroûr (1916). No s XX destacaron Hörôur Agustsson (1922), Karl Kvaran (1924) e Erró (1932), representantes da arte abstracta, do xeometrismo e do surrealismo, respectivamente. No eido da arquitectura cómpre destacar a G. Samúelsson, autor da Universidade de Islandia, do Teatro Nacional e da Hallgrimkirkja de Reykjavik.
-
Literatura escrita en islandés. Nos ss X e XI destacou unha poesía de argumento heroico inspirada na mitoloxía nórdica (cantos de Edda), as poesías dos escaldes (poetas cortesáns, dos que E. Skalagrimsson foi un dos máis coñecidos), e as sagas, narracións en prosa dos relatos tradicionais conservados oralmente, aos que se volverá durante o romanticismo (Thorarensen, Hallgrimsson e G. Thomsen). A Biblia traduciuna G. Thórláksson en 1584. No s XX, cómpre salientar a H. Kiljan Laxness, quen foi galardoado co Premio Nobel de Literatura (1955). A finais do s XX destacou Gudbergur Bergsson, autor da novela Tómas Jónsson, cualificada como a primeira obra realmente contemporánea da literatura islandesa. A partir de 2001 tivo unha gran transcendencia a obra de autores como Einar Már Gudmundsson, Hálgrium Helgason, Anna G. Jónasdóttir, Halldór Laxness, Olafur Olafsson, Snorri Sturlusson e Thorvaldur Thorsteinsson.
-
Arte musical cultivada en Islandia. O folclore islandés conserva sinais da colonización viquinga. Existe unha forma de canto épico popular, o tvisöngur; no s XVI difundiuse a danza nacional, vikivaki, e a música coral protestante. No s XIX destacaron compositores como S. Sveinbjörnsson (1847-1927) e Sigfús Einarsson (1877-1939). A vida musical céntrase en Reykjavik, onde está a Orquestra Sinfónica da cidade e o Teatro Nacional Islandés.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento francés de Aquitania, situado en Occitania (9.242 km2; 327.334 h [1999]). A capital é Mont de Marsan (29.489 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da costa atlántica de Aquitania, Occitania, que se estende desde o esteiro do Garonne ao N ata o río Ador no S. Forma unha ampla chaira duns 14.000 km2, atravesada no NO por vales encaixados, escavados polo río Leyre e polos tributarios do Ador. A drenaxe vese dificultada pola pendente débil e a existencia dunha capa impermeable e pouco profunda, que contribúe a converter a rexión nunha ampla área pantanosa, apta só para o pasto de ovellas. A desecación e posterior plantación de piñeiros durante o s XIX cambiou o aspecto e a economía da rexión, orientada na explotación forestal e cara ás industrias transformadoras da madeira. Ten explotacións de lignito en Arjuzanx e extraccións petrolíferas en Parentis-en-Born. Tamén posúe estacións termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).
-
Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.
-
Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...
-
Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...
-
Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...
-
Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
neozelandés.
-
-
Relativo ou pertencente a Nova Zelanda ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nova Zelanda.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Irlanda do Norte ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Irlanda do Norte.
-