"Mendoza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 30.

  • PERSOEIRO

    Aristócrata e estadista aragonés. Foi Capitán Xeneral de València (1763-1766) e Presidente do Consello de Castela, cargo dende o que dirixiu a política do reino. Impulsou as reformas ilustradas, o regalismo e a expulsión dos xesuítas; favoreceu a actuación dos golillas, que dirixía o conde de Floridablanca, aos que se enfrontou máis tarde como xefe do partido aragonés. Como embaixador en París (1773) desenvolveu unha política belicista contra Gran Bretaña, que dá os seus froitos na Guerra da Independencia Norteamericana e a consecuente Paz de Versalles (1783). De regreso á Península (1787), forzou a destitución de Floridablanca, a quen substituíu como Primeiro Secretario de Estado (1792). A súa actitude neutral, nun momento en que a oposición a Francia era moi forte, e ilustrada provocou a súa destitución (1792) e encadeamento (1794). Logo da súa liberación (1795), instalouse en Epila, onde desenvolveu unha serie de reformas locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Acadou o cargo de Arquitecto Municipal na cidade de Lugo, onde exerceu ata 1906. A esta etapa corresponden algunhas das súas construcións máis salientables, como a Sede Social da Central Eléctrica Lucense (1903) e a Casa de Constantino Velarde (1906). Nesa etapa lucense cómpre sinalar a súa concepción ecléctica da arquitectura moi achegada á estética de finais do século XIX. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde primeiro ocupou unha praza de docente na Escola de Artes e Industrias de Madrid e despois incorporouse ao Ministerio de Instrución Pública ata o final da súa carreira profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e crego ilustrado e liberal de tendencia afrancesada. Accedeu ao grao de doutor en Leis no 1782. Un ano máis tarde comezou a amosar a súa inclinación cara ao despotismo ilustrado de Carlos III. Durante a súa estancia en Madrid foi censor e fiscal da Audiencia de Dereito Público e Español. En 1801 accedeu á cátedra de Institucións Civís na Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o reinado de Carlos IV constituíu en Santiago un grupo de acción política con tendencias afrancesadas que tiñan como centro de reunión o Colexio San Xerome, o que lle supuxo inimizades e conflitos no ámbito universitario. No ano 1807 asumiu a cátedra de Historia e Elementos de Dereito Español, da que foi desprovisto en 1808 ao non adherirse ao Batallón Literario de Santiago de Compostela. Coa entrada das tropas francesas en Santiago de Compostela (17.1.1809) foi restituído na súa cátedra e asumiu diferentes cargos públicos no concello. Tivo que fuxir cos franceses cando as tropas de La Carrera entraron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción consérvase unha composición premiada nas Festas Minervais de Santiago en 1697, publicada en Fiestas minervales y aclamación perpetua de las musas a la inmortal memoria de D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo y de Santiago. Año de 1697.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Novelista romántica, da súa produción destaca El Avia y el Miño, Las once mil vírgenes, El antifaz de terciopelo e La víctima de su vanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia oriúnda de Pontevedra. Patróns da capela da Anunciación na igrexa conventual de San Francisco, como portadores do morgado de Raxoo por seren descendentes do fundador, Antonio García de Raxoo, e da capela das Candeas no templo de Santa María a Grande. Posuían numerosos bens inmobles en Pontevedra e os seus arredores, así como nas provincias de Ourense e da Coruña, e en Ponferrada e Astorga. A súa orixe remóntase ao s XVI con Sancho Gago e o seu neto Domingos Agulla Gago de Figueroa que, por matrimonio, posuíu o morgado dos Raxoo, e fundou o morgado dos Gago en 1581. Entre os seus membros destacaron Xoana Gago Figueroa, Antonio Gago de Cervela e Novoa, Antonio Bieito Gago de Mendoza e Soutomaior, Mariana Xosefa Gago Mendoza de Oca, Bieito Gago Tavares e Telmo Gago Agulla Montenegro. Unha das súas ramas emparentou cos Caamaño e no s XVIII acadaron por sucesivos matrimonios o marquesado de Leis. Na Guerra da Independencia destacou un dos seus membros, Xoán Gago. Xosé María Montenegro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político, fillo de Íñigo López de Mendoza. Formado en leis nas universidades de Toledo e Salamanca (1446-1452), foi bispo de Calahorra (1454), Sigüenza (1467) e Sevilla (1473). Conselleiro de Enrique IV de Castela, procurou o achegamento con Portugal, a alianza cos ingleses fronte a Francia e o recoñecemento da lexitimidade de Xoana a Beltranexa como herdeira fronte á princesa Isabel. Tralo casamento de Fernando e Isabel (1469) e a obtención do capelo cardenalicio (1472) abandonou o partido da Beltranexa. Nomeado chanceler maior do selo (1473-1495), iniciou o saneamento da facenda real, apoiou as propostas de C. Colón e negociou o Tratado de Tordesillas (1494). Arcebispo de Toledo desde 1492, fundou en Valladolid o colexio de Santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido utilizado por algúns membros da liñaxe dos Mendoza, aínda que sen chegar a formar unha rama. Entre os seus membros destacaron Andrés Hurtado de Mendoza (?-1561), administrador colonial español e vicerrei de Perú (1555-1561), o seu fillo   García Hurtado de Mendoza (1535-1609), militar e administrador colonial, vicerrei de Perú (1589-1596) e gobernador de Chile (1556-1558) e Diego Hurtado de Mendoza (1503-1575) diplomático, humanista, poeta e militar, posible autor de Lazarillo de Tormes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Alex de la Iglesia, foi director artístico de Todo por la pasta (1991) de Enrique Urbizu. Realizou Mirindas Asesinas (1991), o seu primeiro corto e co que acaparou diversos premios en numerosos festivais, e os filmes Acción Mutante (1992), galardoada no Festival de Cine Fantástico de Montréal e gañadora de tres Premios Goya, El día de la Bestia (1995), que obtivo seis premios Goya e foi galardoada nos festivais de Géradmar e Bruxelas, La Comunidad (2000), que recibiu tres premios Goya, 800 Balas (2002), pola que tamén obtivo un Premio Goya, e Crimen Ferpecto (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo e arcebispo de Santiago de Compostela (1400-1445). Financiou a construción da igrexa de San Martiño de Noia (1434) e promoveu as obras na capela funeraria da catedral de Santiago de Compostela, coñecida como a Nosa Señora do Perdón ou de don Lope, que deu lugar, no s XVIII, á capela da Comuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e estadista, marqués de Santillana e conde del Real de Manzanares, fillo de Diego Hurtado de Mendoza. Combateu a privanza de Álvaro de Luna e mantivo sempre fidelidade a Xoán II. A súa produción poética comprende poemas alegóricos, eruditos e cunha clara influencia italiana, como Comedieta de Ponça e Infierno de enamorados; poemas didáctico-morais, como Diálogo de Bías contra Fortuna, Doctrinal de privados e Proverbios, e tamén os 42 Sonetos fechos al itálico modo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Mendoza, Arxentina (119.681 h [1999]). É un nó de comunicación entre a Pampa e os vales andinos e é tamén a primeira cidade vinícola do país. Fundada en 1561 por Pedro del Castillo, pertenceu ao territorio de Chile ata a creación do vicerreinado do Río de La Plata (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Andina, facendo fronteira con Chile (148.827 km2; 1.573.671 h [2001]). A súa capital é Mendoza. Nesta provincia localízanse as cimas (Aconcagua, 7.032 m de altitude) e os pasos (Paso de la Cumbre, 4.064 m de altitude) máis elevados dos Andes. A agricultura baséase no cultivo de vide, que representa a produción máis elevada do total de América Latina. É importante a gandaría de porcos, cabalos e vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe da nobreza castelá que se consolidou económica e politicamente no s XIV, coa subida dos Trastámara ao poder. Durante os ss XV e XVI, acumularon importantes dominios en Castela e prestáronlle servizos á monarquía. O tronco da liñaxe foron os Mendoza, señores de Llodio (Araba), que a mediados do s XI pasaron ao servizo da casa real de Castela e se extinguiron no s XIII. A primoxenitura da liñaxe tivo unha liña colateral que se identificou coa dos duques do Infantado e que prosperou desde que Pedro González de Mendoza colaborou coa entronización dos Trastámara. Desta liña troncal xurdiron diversas liñas colaterais. Os que pertencen á póla galega traen escudo acuartelado en aspa: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de sinople, cunha banda de ouro cargada dunha cotiza de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de ouro, coas letras de azul Ave Maria no cuartel segundo e Gratia plena no terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi prior de Santa María de Castrelo de Miño e fundou e presidiu a Academia Compostelana. Publicou Theatro Moral y Político de la Noble Academia Compostelana (1731) e Epítome de la portentosa vida y milagros de la gran virgen y proto-martyr Sta. Tecla y descripción de las magníficas sumptuosas fiestas a la colocación de esta imagen en su nueva maravillosa capilla, inclusa de la Santa Metropolitana Iglesia de Burgos (1737).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. A súa obra caracterízase por unha hábil construción do relato, ao que lle imprime certas doses de humor, e onde a cidade figura como lugar natural escollido polo autor para profundizar nas formas de vida doutras épocas e doutras sociedades. A urbe, como personaxe literaria, é o marco do seu propio desenvolvemento, marcado polos conflitos sociais. En catalán é autor das pezas teatrais Restauració (1990) e Els llims o la visitació de la felicitat (1997). Da súa produción destacan as novelas La verdad sobre el caso Savolta (1975, Premio de la Crítica), El misterio de la cripta embrujada (1978), El laberinto de las aceitunas (1982), La ciudad de los prodigios (1986, Premio Ciutat de Barcelona), La isla inaudita (1989), Sin noticias de Gurb (1990), El año del diluvio (1992), Una comedia ligera (1996), La aventura del tocador de señoras (2001) e El último trayecto de Horacio Dos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Montesclaros, grande de España e comendador da orde de San Xaime. Vicerrei de Nueva España (1603-1607) e de Perú (1607-1615), fomentou as obras públicas e conseguiu aumentar a produción das minas de ouro. Membro do Consello de Estado do conde-duque de Olivares, cando este reorganizou o Consello de Aragón nomeouno presidente do Consello de Facenda (1628).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO