"PCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 73.

    1. Figura consistente na supresión violenta da transición entre dúas ou máis ideas con obxecto de imprimirlle máis viveza ao diálogo.

    2. Fractura transversal dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada sentido ou significado que pode tomar unha palabra tanto na fala coma na escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adoptar.

    2. Aceptación dunha moda ou corrente que, xeralmente, vén de fóra.

    3. Institución xurídica que consiste en tomar como fillo a quen non o é por xeración, e que establece relacións idénticas ás da filiación por natureza. A adopción baséase nos principios de integración familiar e de beneficio do adoptado, supoñendo polo tanto unha ruptura completa do vínculo xurídico que o adoptado mantiña coa familia anterior. De acordo cos consellos do Convenio Europeo en materia de adopción (1967), esíxese en case todos os casos un período de proba (acollemento preadoptivo). Para poder adoptar requírese estar en pleno exercicio dos dereitos civís e, polo menos un dos adoptantes, ser maior de vinte e cinco anos e exceder como mínimo en catorce anos a idade do adoptado. Só poden ser adoptados os menores non emancipados que se encontren en situación de acollemento preadoptivo, con excepción de casos concretos enumerados pola lei. A adopción constitúese por resolución xudicial. Deben dar o seu consentimento diante do xuíz, ou os adoptantes e o adoptado maior de doce anos, co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que ensina que Xesucristo, en tanto que home, é fillo de Deus só por adopción. Os precedentes da doutrina encóntranse xa en Teodoto en Roma contra o 190 e nos monarquianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao adopcionismo.

    2. Seguidor do adopcionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten lugar inmediatamente antes do casamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contracepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraceptivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto consciente de recoñecer o obxecto percibido. A distinción entre apercepción e percepción foi establecida por Leibniz, quen afirmou que existen percepcións vagas que non eran obxecto de reflexión; recollendo esta diferencia, introduciu a denominación apercepción para designar as percepcións acompañadas de consciencia.

    2. Proceso polo que son actualizadas as lembranzas desencadeadas por unha percepción, completándoa e mesmo deformándoa. A esaxeración patolóxica da apercepción toma o nome de alucinación aperceptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Socióloga, pedagoga, ensaísta e activista social. Aínda que de formación autodidacta, é probable que a súa ansia de saber e a súa condición de muller a levaran a asistir, disfrazada de home, a clases na universidade correspontes á carreira de Dereito (1842-1845), de forma esporádica e sen carácter oficial. Antes de introducirse na elaboración de artigos xornalísticos e ensaios escribiu unha novela que quedou inédita, Historia de un corazón (1850), e Fábulas en verso, libro do que se fixeron dúas edicións (1851 e 1854) e que foi declarado libro de texto no ensino primario. Tamén escribiu unha zarzuela, Los hijos de Pelayo, e unha obra de teatro, Un poeta, que non chegaron a representarse, mentres que, La medalla de oro, si chegaría aos escenarios. Dende 1854 a 1857 colaborou no xornal liberal La Iberia. No 1857, Concepción Arenal trasladouse a Asturias, primeiro a La Isla, despois a Colloto e, en 1858, a Oviedo, onde escribiu dous libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto catalán falado no Capcir, nos Pireneos orientais (Francia). Mantén moitas afinidades léxicas coas falas occitanas veciñas (tampar ‘pechar’) e morfolóxicas (miu, miva ‘meu’, ‘miña’). Tamén destaca a conservación do artigo (lo, los ‘o’, ‘os’) e con respecto á fonética, a vocalización do -l- intervocálico + consoante (autre ‘outro’) e os cambios de QUA-, GUA- a ca-, ga- (gardar ‘gardar’) e do -s- sonoro procedente do -d- e -c- intervocálicos diante das vocais palatais e ou i (tesa ‘facho’, rasú ‘razón’). Ademais presenta algún fenómeno de seu, como o cambio de Ū a oe (oell, ‘ollo’), que se recolle nas zonas de transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos argumentos, razoamentos ou preguntas falsos pero con aparencia de verdade, que se din para enganar o interlocutor ou suscitar nel algún comentario que o comprometa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo, colaborou en periódicos e revistas como La Noche, Informaciones, Blanco y Negro, La Vanguardia, Ínsula, Revista de Occidente, Grial ou Galicia Emigrante. Da súa produción destacan as obras Los que se fueron (1957), Víspera del odio (Premio Elisenda de Montcada, 1958), El jardín de las siete puertas (Premio Doncel, 1961), Galicia: Rías Bajas (1965), El zopilote presumido (1964) e Los días de Lina (1971). Foi membro da Assotiation Internationale des Critiques Litteraires.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.

    2. Acción e efecto de formar unha idea na mente.

    3. Representación non perceptiva.

    4. Corrente sociolóxica identificada cos positivistas lóxicos e cos neopositivistas dos círculos de Viena e Berlín. Por mor do auxe do nazismo alemán tiveron que exiliarse a países anglosaxóns. Os seus principais membros foron Carnap, Hempel, Reichenbach e Nagel. Entre os seus trazos definitorios destacan a idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia, é dicir, a existencia dunha única ciencia sobre a realidade. Esta teoría comezou a discutirse a finais da década de 1950, pero en 1969, coa difusión da obra de Kuhn sobre o paradigma e a revolución científica, minguou o seu papel predominante na socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Bio Bío, Chile, na marxe dereita do esteiro do río Bio Bío (362.589 h [1997]). Situada nunha rica área agrícola e mineira, experimentou un notable crecemento demográfico no s XX. Forma unha conurbación con Talcahuano. Fundouna en 1550 Pedro de Valdivia co nome de Concepción del Nuevo Extremo. Destruída polos araucanos e afectada por diversos terremotos, en 1751 trasladouse á localización actual e en 1764 recibiu o nome de Concepción de la Madre Santísima de la Luz. Trala súa conquista polos independentistas en 1813, converteuse na sede da proclamación da independencia de Chile o 1 de xaneiro de 1818. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Mercado, obra de Müller e Weiner, e o santuario de La Candelaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Paraguay (18.051 km2; 183.280 h [estim 1998]). A súa capital é Concepción (22.866 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín conceptiōne(m) ‘concepción’, voz derivada do verbo concipio ‘conter’ a través de concepire semina ‘concibir, quedar preñada’. Presenta as variantes populares Conceizón e Conceución, e os hipocorísticos Conseiza, Concha, Conchiña, Chicha, Choncha, Nenuca e Lala. A doutrina da Inmaculada Concepción afirma que María, en virtude da graza preventiva de Cristo, foi preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Esta crenza, sen testemuño explícito na Biblia, foi aprobada por Sisto IV (1476) e definiuna como dogma de fe Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recinto fortificado situado á beira do río Miño en Goián (Tomiño). Construíuse tralas invasións portuguesas de mediados do s XVII baixo o patrocinio do conde de Prado. En 1673 erixiuse no seu recinto o castelo de San Lourenzo. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Santo Antonio de Cedeira Recinto fortificado situado na punta Sarridal. Erixiuse coa finalidade de mellorar o sistema defensivo dun enclave portuario acostumado a sufrir incursións marítimas. O seu proxecto foi obra do director de pilotos Domingo Pérez, que no ano 1747 aproveitou a colaboración da poboación de Cedeira e os 9.000 reais de presuposto para construír un recinto de planta hexagonal, ameado e dotado de patios interiores con dependencias residenciais para a tropa e polvoreira. Malia os intentos de reconstrución deseñados polo enxeñeiro militar Miguel de Hermosilla, e posteriormente por Antonio López no último terzo do s XVIII, non se acometeron obras de ampliación e mellora. Ata finais do s XX non comezaron as obras de acondicionamento do recinto para albergar un museo etnográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO