"Prusia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • PERSOEIRO

    Primeiro Duque de Prusia (1525-1568) e último Gran Mestre da Orde dos Cabaleiros Teutónicos (1511-1525). Converteuse ao protestantismo, secularizou Prusia e fíxoa un ducado herdeiro baixo a soberanía de Polonia (1525). No 1544 fundou a Universidade de Königsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico motivado pola rivalidade entre Austria e Prusia pola hexemonía dentro do conxunto de estados alemáns, provocado por mor da administración conxunta dos ducados de Schleswig e Holstein, que foran cedidos por Dinamarca como consecuencia da guerra de 1864.Ó remate do conflito, Austria quedou completamente apartada de Alemaña, foi disolta a Confederación Xermánica, e Prusia incorporou Hannover, Hessen, Nassau, Frankfurt, Schleswig e Holstein. Austria perdeu o Véneto, que pasou a Italia, aliada de Prusia durante a guerra. A derrota influíu na nova forma de organización do Imperio de Austria, que se converteu na monarquía austrohúngara (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1786-1797), fillo do príncipe Augusto Guillerme. Sucedeu o seu tío Federico II. Membro da primeira coalición contra Francia (1793), as vitorias francesas e os seus intereses en Polonia inducírono a firmar a paz por separado polo Tratado de Basilea (1795). En 1793 anexionouse Danzig e Thorn, e en 1795 Varsovia. Reduciu as liberdades e á súa morte deixou o exército e a economía debilitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1797-1840), fillo e sucesor de Federico Guillerme II. Coaligado con Rusia, atacou Francia (1806) e, tralas derrotas de Jena, Auerstedt e Friedland, asinou a Paz de Tilsit (1807), que deixaba o reino reducido á metade. En 1813 uniuse á coalición contra Napoleón e o Congreso de Viena (1815) restituíulle aumentados os territorios perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1840-1861), fillo e sucesor de Federico Guillerme III. Reprimiu a Revolución de 1848, pero tivo que outorgar unha Constitución. Enlouqueceu en 1857 e asumiu a rexencia o seu irmán Guillerme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Brandenburgo (Federico III, 1688-1713) e rei de Prusia (1701-1713). Proclamouse herdeiro único en contra do testamento do seu pai, o elector Federico Guillerme I, e apoiou o Emperador Leopoldo I na Guerra de Sucesión pola coroa española a cambio do título de rei de Prusia. Practicou unha política de asimilación de protestantes europeos e fundou a Universidade de Halle (1694) e a Academia das Ciencias de Berlín (1707). Foi tamén mecenas do filósofo e matemático G. W. Leibniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1740-1786), fillo de Federico Guillerme I. Rebelouse contra a educación imposta polo seu pai e tentou fuxir a Inglaterra en 1730, pero foi descuberto e fixérono prisioneiro. En 1740 accedeu ao trono prusiano e iniciou unha política militar de carácter expansivo. Durante a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) ocupou a rexión de Silesia, ao tempo que lle ofrecía a súa axuda a María Tareixa de Austria a cambio da propia Silesia. Na Guerra dos Sete Anos (1756-1763), malia as derrotas fronte aos exércitos austrorrusos, conseguiu asegurarse Silesia. En 1772 repartiuse Polonia con Catarina II de Rusia, polo que engadiu aos seus territorios a Prusia polaca, Gdańsk e Thorn, e en 1779 obtivo os principados franconios de Baviera. Durante a Guerra de Sucesión de Baviera constituíu o Fürstenbund, unha alianza cos principes alemáns co fin de frear os intentos de Austria por reconstituír o Sacro Imperio Romano Xermánico. Expoñente do despotismo ilustrado europeo, reorganizou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador alemán e rei de Prusia (1888), fillo de Guillerme I. Opúxose a Bismarck, pero distinguiuse na Guerra Franco-Prusiana (1870-1871). En 1888 foi coroado emperador pero morreu ao cabo de tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado entre Francia e Prusia que durou desde xullo de 1870 ata maio de 1871. A rivalidade entre os dous estados foi agravada pola temeraria diplomacia francesa e o imperialismo de Bismark. O 19 de xullo de 1870 Francia declarou a guerra. En agosto, o exército prusiano, ao mando de Moltke, derrotou a Napoleón III en Froeschwiller e cercouno en Estrasburgo e Metz. O 1 de setembro o exército francés capitulou trala Batalla de Sedan. O 10 de maio de 1871 o goberno de Thiers asinou a Paz de Frankfurt, pola que Francia perdeu Alsacia e Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1861-1888) e emperador de Alemaña (1871-1888), segundo fillo de Federico Guillerme III. En 1858 accedeu ao trono, tras ser declarado mentalmente incapacitado o seu irmán Federico Guillerme IV. En 1862 nomeou primeiro ministro a O. von Bismarck e coa axuda deste conseguiu que o Parlamento votase a reforma do exército. Ambos deseñaron un plan destinado á unificación de todos os estados alemáns baixo o liderado de Prusia, que os levou a iniciar a Guerra dos Ducados contra Dinamarca (1864) e a Guerra Austro-prusiana (1866). Trala derrota de Austria foi declarado presidente da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e, tralo triunfo na Guerra Franco-prusiana (1870), foi coroado en Versailles emperador alemán. Non estivo sempre de acordo coa política do seu primeiro ministro Bismarck, sobre todo no referente á kulturkampf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia e emperador de Alemaña (1888-1918), fillo e sucesor de Federico III. Obrigou a dimitir ao chanceler O. von Bismarck a causa das desavinzas respecto ao tratamento do movemento obreiro (1890) e tentou distanciar o proletariado do partido socialista cunha política paternalista. Practicou unha política expansionista e colonial baseada no desenvolvemento económico e na industria bélica e dominou os territorios de Kian-Chow (1897) e a parte occidental de Samoa (1889), Togo e Camerún. Proclamou, tamén, a soberanía de Alemaña sobre os territorios de África Oriental (1891) e de África do SO (1892) e ordenou o desembarco en Tánxer (1905) para impedir a penetración francesa naquel territorio. As crises internacionais e as Guerras Balcánicas fixeron difíciles as súas relacións coa Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907). Despois da crise de Sarajevo (1914), seguro da superioridade alemana, declarou a guerra a Rusia e a Francia. Ao acabar o conflito bélico (1918) foi obrigado a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cianocomplexo de ferro cuxo sal sódico ten actividade como fármaco vasodilatador. En medicina emprégase por vía intravenosa nas crises hipertensivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado alemán, situado entre o centro e o N da antiga Alemaña unificada, desde as montañas de Alemaña central ata o mar do Norte, e do Rin ao Nemunas (292.800 km2). Como estado libre incluía Prusia Oriental, situada ao L do corredor polaco, que cortou o territorio prusiano despois da Primeira Guerra Mundial, Brandenburgo, Pomerania, Silesia, gran parte da Saxonia, Slesvig-Holstein, Hannover, Westfalia, Hessen-Nassau, as provincias do Rin e os países de Hohenzollern ao SO de Alemaña, enclavados dentro do territorio de Baviera. O seu territorio está atravesado pola maioría dos grandes ríos alemáns; Rin, Ems, Weser, Elba e Oder. A súa economía baséase na agricultura, con predominio do cultivo de patacas, centeo, orxo e avea. Nas rexións occidentais, hai un predominio da industria, sobre todo no Rhur prusiano que se beneficiou dos depósitos de carbón. Os sectores industriais máis desenvolvidos son os da siderurxia e metalurxia, a química, o téxtil, a electrotecnia, a mecánica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do antigo Reino de Prusia, que comprendía o litoral báltico entre o Vístula e o Nemunas, con capital en Königsberg. Aproximadamente correspondía aos dominios da orde Teutónica, que en 1525, ao secularizarse, constituíron un ducado hereditario a favor do gran mestre Alberte de Hohenzollern (Alberte I de Prusia). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) a maior parte da poboación, de etnia e cultura xermánicas, foi evacuada. A Conferencia de Potsdam (1945) atribuíu a parte norte á URSS e o sector meridional a Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter do exército prusiano, baseado na despersonalización, a obediencia cega e a instrución inflexible, que caracterizou as tropas alemanas ata 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Prusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Prusia.

    3. Lingua báltica do phylum indoeuropeo que se falaba antigamente en Prusia Oriental. Extinguiuse a finais do s XVII pola penetración do alemán. A principal fonte de coñecemento do antigo prusiano procede de tres catecismos da Reforma do s XVI, traducidos do alemán: o primeiro baseouse no Catecismo Menor de M. Lutero e o segundo é unha revisión do primeiro. O terceiro, o Encheiridion, foi traducido en 1561 por Abel Will. Tamén se conservan algúns restos en topónimos e antropónimos. Os textos en prusiano antigo, e en calquera outra lingua báltica, máis antigos estaban escritos nun vocabulario xermano-prusiano, o vocabulario Elbing, que se conserva nunha copia de 1400, escrito no dialecto prusiano meridional, en Pomerania. Outro vocabulario, aínda que máis pobre, é o compilado por Simon Grunau (1517 e 1526).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bitinia (230? a C). Participou na Primeira Guerra Macedonia e, máis tarde, instigado por Aníbal, atacou a Eumenes II de Pérgamo e foi derrotado, aínda que a mediación dos romanos permitiulle salvar a integridade do seu estado.

    VER O DETALLE DO TERMO