"RAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Aargau, Suíza, á beira do Aare e ao pé do Jura (15.700 h [1988]). No 1020 ergueuse alí o castelo dos condes de Habsburgo. Centro industrial (instrumentos de precisión, coitelería, tecidos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Portuguesa, Venezuela, ao sur de Barquisimeto (130.627 h [1990]). Nace da fusión das antigas cidades de Acarigua e Araure. A súa economía baséase nas actividades industriais derivadas da súa produción agrícola, fundamentalmente caña de azucre e algodón, e gandeiras, gando vacún. É un importante centro comercial e de comunicacións dese estado venezolano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do timbre dunha voz ou instrumento que recorda ao da frauta.

    2. Aplícase á persoa ou obxecto con certa fineza e esvelteza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino, fillo de pai galego. Avogado e membro da Unión Cívica Radical, foi hostil ao peronismo e aos réximes militares consecutivos. No 1982 converteuse en líder máximo do seu partido. Tras a caída da ditadura militar e a celebración de eleccións libres en outubro de 1983 chegou a Presidente da República. No seu mandato tivo que afrontar unha grave crise económica, en que a inflación se disparou ata límites insostibles. A desvalorización da moeda oficial, o peso, obrigou o seu goberno a establecer unha nova moeda, o austral, e a adoptar unha serie de medidas de austeridade en 1985. A outra gran tarefa que debeu emprender foi a reorganización democrática do seu país, que incluía a difícil cuestión dos xuízos contra os oficiais do período da ditadura: os xenerais e almirantes, máximos reponsables das xuntas militares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista brasileiro. Foi un dos iniciadores do Modernismo no Brasil e, posteriormente, evolucionou cara a formas vangardistas. Ademais de novelas como Macunaíma (1928), deixou estudios e recompilacións de cancións e danzas brasileiras como Ensaio sobre a música brasilera (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en farmacia e un dos precursores da industria farmacéutica en España. A súa Pasta pectoral, moi exportada a América do Sur, foi un dos primeiros específicos preparados en España. Organizou o laboratorio farmacéutico que leva o seu nome, Doctor Andreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Traballou tanto en México como nos EE UU. Como actor participou nunha película dirixida por Robert Zemeckis. Como director triunfou coa adaptación ao cine da obra escrita por Laura Esquivel Como agua para chocolate (1991). Dirixira xa outras obras entre as que destacan The barefoot eagle (1969), Calzonzin inspector (1976) e Mojado power (1981). En 1995 dirixiu o filme A Walk in the clouds (Camiñando polas nubes), producida polos irmáns Zucker e distribuída pola Fox en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arauacos ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo de pobos de lingua arauaca, amplamente distribuídos por América do Sur e as Grandes Antillas. Son considerados orixinarios das vertentes do Orinoco e do río Negro. De economía agrícola, elaboran cerámica de cores con decoracións antropomórficas, zoomórficas e xeométricas. Organízanse socialmente en poboados, dirixidos por cabezas territoriais.

    3. Familia de linguas das Antillas e de América do Sur. As diversas falas esténdense polo sur de Florida, a Güiana, o Alto Orinoco, a conca norte do Amazonas (onde se constitúe o grupo máis compacto e probablemente orixinario), altos vales do Purus e do Madeira (Amazonas), norte de Paraguai e ribeiras do lago Titicaca ( uru).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Venezuela e Colombia, afluente do Orinoco pola marxe esquerda (1.300 km). Nace na serra Oriental, en Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intendencia de Colombia (23.818 km2; 96.972 h [1992]). A capital é Arauca (15.813h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico composto por Alonso de Ercilla. Dividido en tres partes (1569, 1578 e 1589), está composto por 37 cantos e escrito en octavas reais. Nel cántanse a valentía, a forza, a destreza física e o ideal de independencia dos indíxenas araucanos nos seus enfrontamentos cos españois. Aparecen personaxes como Caupolicán, toqui ou xefe máximo, Lautaro, segundo guía, e Tucapel e Galvarino, axudantes destes. Todos eles posúen o tratamento de heroes, ao contrario dos españois que non alcanzan ese nivel. Para lograr todos os seus obxectivos, o autor axúdase de comparacións ao xeito clásico (Ilíada), e imitacións de procedementos descritivos antes empregados por Virxilio e Ariosto. Esta composición foi incorporada por diversos cronistas á historia de Chile a partir do s XVII. Na terceira parte reprodúcese un soneto composto pola condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade, unha das poucas obras en galego dos Séculos Escuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (31.858 km2; 774.959 h [1992]). A capital é Te-muco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos araucanos ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente ao grupo de pobos de lingua araucana que habitan no centro de Chile, entre os 30° e os 43° de latitude sur. A poboación actual é duns 250.000 individuos. Distínguese entre araucanos setentrionais e meridionais. Tamén hai araucanos na Arxentina, desde a serra andina ata o río Salado. A ocupación española do territorio araucano principiouna no 1541 Pedro de Valdivia, pero non foi totalmente sometido ata 1881. A súa economía baséase na agricultura. Ademais, practican a recolleita de vexetais, a pesca e a caza. As industrias traballan a cerámica, a metalurxia, a madeira, a pedra, o fiado e os tecidos. A familia, dirixida polo pai, é a unidade social básica.

    3. Lingua falada por unhas 250.000 persoas en Chile polos contornos de Valdivia e Concepción e por unhas 10.000 persoas na Arxentina, sobre todo na rexión de Neuquén. Esta lingua recibe a miúdo o nome de mapuche. Presenta como características unha forte influencia do quechua no vocabulario; na morfoloxía, a existencia do número dual; sintacticamente, a posición do suxeito no final da frase e a posposición do adxectivo ao nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as árbores do xénero Araucaria, da familia das araucariáceas, presentes en América do Sur e Oceanía. Poden acadar os 50 m de altura e presentan pólas verticiladas, ramificación radial, follas persistentes de sección plana ou trígona, picantes e imbricadas, e piñas de gran tamaño. En Galicia pódense atopar como ornamentais as especies: A. angustifolia, de pólas secundarias só no extremo das primarias; A. araucana, de follas imbricadas e piñas de ata 18 cm de longo; A. bidwinlii, de follas lanceoladas e bicudas, e piñas de ata 30 cm de longo e A. heterophylla de pólas en verticilos pentámeros e piñas de ata 10 cm de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das araucariáceas.

    2. Árbore da familia das araucariáceas.

    3. Familia de árbores da clase das coníferas á que pertence o xénero Araucaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia lingüística destacada dentro do grupo andino-ecuatorial, que inclúe un gran número de linguas cunha ampla distribución: atravesa o norte de Sudamérica desde a Güiana Francesa ata Colombia e cara ao sur vai máis alá do Paraguai. Antigamente, as linguas araucas tamén se falaban en Centroamérica e nas illas do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de abandonar a carreira eclesiástica, marchou a Madrid para ocupar un posto do ministerio da Gobernación e logo a Salamanca. Máis tarde emigraría a Cuba, onde colaborou nos xornais El Noticioso e Lucero para logo fundar El Diario de la Marina; tamén colaborou, entre outros, no Diario Español e Faro de Vigo. Publicou tamén a novela curta Ana Mir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1906) e catedrático de Teoloxía do Seminario de Santiago de Compostela. Publicou: Discurso sobre el adorable Misterio de la Santísima Trinidad (1881) e Programma pro alumnis cuarti, tertii et secundi curriculi Sacrae Stientiae studio vacantibus. Tractatus de Deo Creatore (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO