"Rover" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Lugo situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castro de Rei (Terra Chá) e Pol (Meira), ao S con Baralla (Os Ancares) e O Corgo (Lugo), ao L co de Baleira (A Fonsagrada) e ao O cos do Corgo e Lugo. Abrangue unha superficie de 174,2 km 2 cunha poboación de 3.148 h (2007) distribuída entre as parroquias de Agustín, Arcos, Barredo (San Xoán e Santo André), Barreiros, Bolaño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Covelas, Espasande, A Frairía, Furís, Goi, Masoucos, A Meda, Miranda, Mirandela, Monte, Montecubeiro, Moreira, Paderne, Páramo, Pena, Pereiramá, A Pumarega, Rebordaos, Recesende, Riomol, San Miguel do Camiño, Serés, Souto de Torres, Tórdea, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño; a organización territorial do concello complétase coa parroquia de Soutomerille, malia que quedou deshabitada na década de 1970. A capital municipal é o lugar de Castroverde, na parroquia de Vilariño, situada a 43°...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente do concello lugués homónimo. As súas armas levan, en campo de prata, unha aguia da súa cor natural e bordo azul, con oito estrelas de prata. Outra variante trae, en campo de prata, unha aguia de sable, e bordo de azul con oito estrelas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Castroverde, pertenceu á familia dos Castro ata que no s XVI pasou a mans dos condes de Altamira, que deixaron a súa pegada no escudo situado no tímpano da porta. Só se conservan algúns restos dos paramentos dunha muralla de planta poligonal e a torre da homenaxe. De planta rectangular, ten cinco pisos construídos con perpiaños; no segundo consérvanse dúas portas, a S comunica co patio de armas e a N, co patio de honra. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mecenas italiana orixinaria de Siena. Localizada en Alemmano (1277), o nome provén dun neto deste, Chigio. En 1377 adquiriron o grao de nobreza sienesa e en 1509 engadiron o apelido de Della Rovere. Agostino Chigi o Magnífico (Siena 1465 - Roma 1520) banqueiro da corte dos papas, instalouse en Roma en 1485. Baixo a súa protección, Baldassare Peruzzi construíu a Villa Farnesina. Fabio Chigi (Siena 1599 - Roma 1667) accedeu ao solio pontificio co nome de Alexandre VII e formou a Biblioteca Chigiana, incluída na Vaticana. Fabio Chigi (Siena 1631-1693) e Segismondo Chigi (? 1649 - 1677) mandaron construír o palacio Chigi en Roma, no que traballaron Giacomo della Porta, Carlo Maderno e Felice della Greca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Discusión prolongada e intensa entre dúas ou máis persoas sobre calquera tema a causa de diferentes interpretacións ou opinóns.

    2. Método teolóxico empregado na polémica dos temas que se debaten, tanto se se trata de verdades básicas non compartidas polas diversas confesións cristiás, coma de puntos secundarios nos que non se poñen de acordo as escolas teolóxicas. Neste senso, foron famosas durante os ss XVI e XVII as controversias entre dominicos e xesuítas sobre o problema da gracia de Deus e a liberdade humana.

    3. Nivel de complexidade ou dificultade que pode acadar o discurso no ámbito da retórica. As primeiras tipoloxías propuxéronas Cicerón e Quintiliano. Distínguense tres graos: a controversia simplex, articulada a partir dunha única causa xudicial; a controversia coniuncta, que reúne nun mesmo proceso varias acusacións de parecida ou distinta gravidade; e a controversia comparativa, que se produce cando se establece unha confrontación entre dous ou máis membros dun debate que defenden posicións opostas. Consérvase unha colección de Controversiae, compilada por Lucio Anneo Séneca, que instrúe na arte da oratoria forense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que trata sobre puntos de controversia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestar desacordo con algún argumento, algunha razón ou algunha idea mediante unha argumentación oposta.

    2. Intercambiar ideas ou argumentos varias persoas entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode discutir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de controverter.

    2. Que se discute con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar ou deixar a alguén ou algo sen aquilo que precisa ou que ten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non admite dúbida nin discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude absorbente cara ao mundo interior, con abstracción respecto do exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • introvertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen tende a retirarse en si mesmo, rexeitando entregarse ao mundo exterior.

    2. Aplícase á persoa introvertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posición anómala do útero na que o corpo é desviado cara a unha das súas marxes laterais e o pescozo cara á outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor italiano. Dunha grande actividade política, traballou nas universidades de Turín e Roma. Fundou a revista Filosofia delle scuole italiane e escribiu poesías de ton clasicista, como Inni Sacri (1832) e Nuove poesie (1835), e traballos filosóficos, como Confessioni di un metafisico (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén dispoña do que necesita.

      1. Tramitar ou resolver un asunto.

      2. Ditar un xuíz ou tribunal unha decisión, un acto resolutivo ou un aprovisionamento que non sexa a sentenza definitiva.

    2. Dar ou asignar un emprego, cargo ou posto.

    3. Abastecerse do que se necesita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao proverbio.

    2. Que é coñecido ou sabido desde sempre por todos.

    VER O DETALLE DO TERMO