"San Paio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación monástica situada en Amoeiro. Foi o primeiro mosteiro de monxas cistercienses creado en España no s XII, grazas á iniciativa dos condes don Arias Fernández e a súa dona Gudina Oduariz. A disolución da orde feminina no ano 1471, converteuno nun priorado masculino dependente do mosteiro de San Clodio. Actualmente o edificio é unha vivenda particular, aínda que conserva restos do edificio románico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Ordes, construída a finais do s XII e de estilo románico, aínda que o interior foi moi modificado. A ábsida é de planta rectangular e o arco triunfal é de medio punto. No exterior do testeiro hai unha fiestra, con dúas columnas de capiteis vexetais aínda que nun deles se representa unha cara humana, que remata nun festón de sete arquiños de ferradura dispostos arredor dun bocel. No oco da xanela consérvase unha curiosa imaxe pétrea de San Paio, dos primeiros anos do s XVIII, vestido ao xeito da época, coa palma do martirio e co coitelo co que foi degolado. Na fachada principal ábrese unha porta con estilizadas columnas e arquivolta lixeiramente apuntada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. Pertenceu ao antigo mosteiro fundado por Odoario baixo a advocación de santo Estevo e que doou ao mosteiro de Santo Adrián de Montederramo, pero baixo a xurisdición do bispo de Lugo. No 954, o bispo lucense Hermenexildo, concedeu ao seu tío o abade Randino, o establecemento dunha comunidade relixiosa dúplice coa condición de seguir baixo a autoridade lucense. No 976, Senior, sobriña do bispo de Tui Ermoxio, doou varias igrexas ao bispo de Lugo entre as que estaba o mosteiro propiedade do seu tío. Posteriormente, pertenceu ao cabido lucense e foi dominio real. En 1164, Fernando II cedeullo a Fernando Odoáriz e a súa dona xa baixo a advocación de san Paio. Afonso IX confirmou á Igrexa de Lugo o coto e a igrexa de Diomondi e en 1231 Fernando III reafirmou esta confirmación. A igrexa é románica e, segundo as súas características arquitectónicas e ornamentais, construíuse cara ao 1200. Ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas e dividida en cinco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A súa orixe está na igrexa da Praza, que se erixiu en 1859 tralo incendio da igrexa de Figueiroa (1855) e que se dedicou a san Paio. O templo que se conserva construíuse a comezos do s XX e despois dunha longa interrupción reanudáronse as obras en 1936. Trátase dun exemplo da arquitectura neomedieval que conxuga elementos románicos e góticos coas técnicas construtivas contemporáneas. No seu exterior destacan os contrafortes e a fachada principal, cun corpo central rematado nunha torre de planta cadrada aberta polos catro lados por un dobre arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de carácter familiar que puido estar localizado en Mosteiro (Bóveda). Está documentado en 1005 e 1043.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. De estilo barroco, seguramente foi construída a finais do s XVII. Ten nave rectangular. No seu interior destaca o retablo barroco, cunha inscrición que o data en 1701. No presbiterio atópase unha lápida sepulcral, na que se mostra o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Construíuse en estilo románico durante o século XII. Consta dunha única nave, con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas, e dunha ábsida cuadrangular. No lado sur, leva anexada unha capela. Durante o s XVIII reedificouse, de xeito que se construíu unha nova ábsida e a capela, que se comunica interiormente coa nave. Da factura románica só se conserva o muro frontal, rematado en espadana con dous vans e dúas portadas: a principal, con arco de medio punto con arquivoltas e tímpano historiado, e a portada norte, da que sobresae o dintel pentagonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Rabal (Celanova), fundado a comenzos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Allariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 713 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 580 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cangas e Següín (Pantón). O seu cumio acada os 688 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Paio de Fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Estrada. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal atópase un portón arquitrabado sobre o que se sitúa un escudo que alude os Figueroa e Puga, Sotomayor e Aldao.

    VER O DETALLE DO TERMO