"San Pedro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Pequena capela rural que debeu ser construída nos primeiros anos do s XIII. O arco triunfal responde a unha tipoloxía que é bastante abundante na zona interior de Galicia (comarcas do Deza e da Ulloa), coas columnas dispostas ante o arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Templo románico tardío ben conservado que consta dunha nave e dunha ábsida rectangular, situado no concello de Friol. O arco triunfal é apuntado, dobrado e de sección rectangular; está sostido por columnas de bases áticas e capiteis vexetais de follas moi estilizadas, cuns trazos estilísticos que reflicten datas avanzadas e influencias de igrexas cistercienses, como Santa María de Oseira e Santa María de Meira. As portas son moi sinxelas, practicamente sen decoración, e os canzorros presentan adornos xeométricos. Foi construída arredor do 1225 ou 1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica do concello de Ponteareas. En orixe, pertencía a unha fundación monástica bieita instalada alí no s XII. Trátase da única testemuña en Galicia de planta cruciforme románica con nave única e capela rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no concello de Silleda que formaba parte dun antigo mosteiro fundado polo bispo Sisnando e outros particulares no ano 919. Outras hipóteses propoñen unha fundación máis tardía (ss IX-X) como mosteiro dúplice. A mediados do s XII consta que en San Pedro de Ansemil houbo unha comunidade bieita, que o continuou habitando ata a súa anexión ao de San Paio de Antealtares. O edificio primitivo presenta importantes reformas que non alteraron plenamente o seu aspecto prerrománico: cabeceira dunha única capela rectangular de grandes proporcións e pechamento recto nos extremos das naves laterais. A reforma románica consistiu na adición de columnas, capiteis, arcos, modificación dalgunhas ringleiras dos muros e reutilización como perpiaños de determinadas pezas, en especial no muro norte e no testeiro; esta reforma pode datarse cara ao 1171, segundo se deduce das semellanzas que presenta con outros templos da zona como o de San Martiño de Dornelas. As capelas laterais presentan unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ávila, Castela e León, no val do Tiétar (6.609 h [1996]). Castelo de Rodrigo López de Ávalos. Palacio do infante Luís e mosteiro de San Pedro de Alcántara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio feminino situado no concello de Agolada. Unha vez restablecida a vida monacal no mosteiro compostelán de Antealtares, no ano 1499, o mosteiro de San Pedro da Baíña foi agregado ao devandito cenobio feminino de San Paio xunto con outros 16 mosteiros de varios séculos de antigüidade entre os que se encontran Piloño, Brandariz, Camanzo, Dozón, Ansemil ou Albeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Bande, foi un dos tres priorados beneditinos que xa en data moi temperá pasaron a formar parte do mosteiro de Celanova, pois foi obxecto de doazón polo Rei Ramiro II ao cenobio ourensán o día 18 de marzo do 949. Dende ese momento, o abade de Celanova adquiriu o título de conde de Bande. A actual igrexa parroquial é de estilo barroco e terminou de edificarse en 1795. Consta dunha nave con cruceiro marcado en planta e dunha capela maior. No exterior semella unha fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Boiro. Construída no último terzo do s XII, conserva a súa ábsida románica. De planta rectangular, está delimitada por un arco triunfal de medio punto e, no interior da capela, conta cun arco faxón. Ambos descansan sobre catro columnas. Tres delas presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas lisas rematadas en bólas e volutas. No cuarto capitel aparecen dúas parellas de aves dirixidas cara aos vértices da cesta que semellan peteirar as follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Taboada. Do s XVI e posteriores, está feito en pedra de cantería, ten planta en forma de U con tres ás abertas a un patio interior estruturado amodo de claustro, cunha planta baixa con arcadas e unha planta alta con columnas; as tres ás están situadas ao longo dun corredor. Conserva a torre e tivo capela propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Trazo. Románica dos primeiros anos do s XIII, conserva da primitiva fábrica a ábsida, de planta rectangular. Consta dunha única nave. No interior, o arco triunfal, dobrado e apuntado, descansa sobre un par de columnas, unha delas cun capitel de longas follas que semellan bastóns. O outro presenta unha decoración humana pouco frecuente no románico galego: sobre un fondo vexetal aparece un home con longa vestidura talar que abre os seus brazos en forma de cruz; podería tratarse do tema da crucifixión. No muro do testeiro ábrese unha fiestra rematada en arco de medio punto, sostido por dúas columniñas con capiteis de follas rematadas en espirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa da freguesía anexa á parroquia de Mogarde, no concello de Xinzo de Limia. De traza románica, a súa portada presenta unha arquivolta apuntada de inicios do gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio que posiblemente estivo situado na actual parroquia de San Pedro de Brates (Boimorto). Sábese da súa existencia a partir da noticia referida nun documento, datado arredor do ano 995, no que aparece incluído na parte final dos asinantes Arxesindo, prepósito de Brates, entre os nomes dos abades dos mosteiros de Sobrado, San Martiño Pinario e Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Construída a finais do s XIII, conserva do primitivo templo románico o arco triunfal de medio punto, dobrado e lixeiramente apuntado, que descansa sobre dúas columnas que presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas e que rematan en bólas e en pequenas volutas. No exterior, no cumio do tellado, consérvase unha cruz de entrelazos xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontevedra. A igrexa primitiva era románica con planta de salón e ábsida rectangular. En 1720 o abade do mosteiro de Poio, ao que pertencía a parroquia, mandou construír a capela maior, que realizou o mestre de obra Bieito Gosende. De planta cadrada, está cuberta por unha bóveda rebaixada que se divide en casetóns. A torre barroca ten tres corpos, construídos os dous primeiros por Mateo López e o último por Melchor de la Torre en 1782. O primeiro é liso cun fornelo que acolle unha imaxe gótica do s XIV da Virxe do O, mentres que os outros dous están decorados. No interior sobresae o altar maior, obra de Benito Rey Rodríguez e Xosé de Malvárez, coa figura sedente de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. Construída en estilo románico, ten nave única con cuberta de madeira e ábsida cadrada. No interior conserva unha pía bautismal do s XVI e un retablo barroco do 1796. O exterior é austero e a fachada principal remata cunha espadana central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ares. Construíuse nun coto propiedade da igrexa de Santiago de Compostela. Ten planta rectangular de nave única e unha ábsida románica (1180?) semicircular precedida dun tramo recto con cuberta de bóveda de cuarto de esfera e de canón semicircular, respectivamente. A nave reconstruíuse en 1784, data na que se engadiu unha espadana á fachada principal. O arco triunfal é de medio punto e dobrado, a rosca menor descansa sobre un par de columnas pegadas que se apoian sobre bases áticas e sosteñen capiteis cubertos de follas nervadas de perfís recortados e rematadas en bólas. No exterior a ábsida elévase sobre unha base escalonada e o muro semicircular divídese en tres panos por medio de dous contrafortes prismáticos que chegan ata o beiril. En cada un deles ábrese unha estreita ventá abucinada ao interior. O beiril está sostido por canzorros, algún deles con decoración figurada como os que presentan unha cabeza de porco coa boca aberta ou uns cuadrúpedes tumbados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Ourense. Ingresou de neno no mosteiro bernardo de Sobrado dos Monxes, onde tomou os hábitos; despois trasladouse ao colexio de San Bernardo de Salamanca. Licenciouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou o grao de mestre (1692). Entre 1667 e 1670 exerceu como catedrático de Física nesta Universidade, en 1710 conseguiu a cátedra de san Anselmo e máis tarde a cátedra de Prima da universidade salmantina (1722). Foi, ademais, abade do colexio de San Bernardo de Salamanca e xeneral da súa congregación en Castela desde o ano 1724. En 1728 foi elixido bispo de Ourense, posto que desempeñou ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilamartín de Valdeorras. Construída en estilo románico, foi un convento da orde dos trinitarios descalzos, dependente de Samos, e centro cultural onde se impartiron clases de filosofía, gramática e moral. No seu interior destaca o retablo barroco (s XVIII) coa figura de Deus pai bendicindo. O exterior está organizado a varias alturas. A orde franciscana e os veciños da localidade manifestaron o seu desacordo coa construción do templo, motivo que atrasou a súa consagración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Abadín. Construída no s XVIII, consta dunha nave con cuberta de madeira a dúas augas e ábsida separada da nave por un lintel. Na fachada principal engadiuse unha espadana de época posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Crecente. Trátase dunha construción románica de transición ao gótico erixida a mediados do s XIII. A planta orixinal tiña unha nave e unha ábsida rectangular, despois engadiuse un cruceiro gótico. O arco triunfal é apuntado e dobrado, coa mesma directriz que o arco faixón do interior do presbiterio. Os dous arcos apóianse sobre columnas entregadas con bases áticas e capiteis vexetais moi estilizados. No muro sur hai unha porta gótica que dá paso a unha sancristía. No exterior, a ábsida conserva columnas entregadas nos muros laterais, que coinciden coas que sosteñen o arco faixón do interior. No testeiro ábrese unha fiestra de estrutura completa por dentro e por fóra, composta por un arco apuntado apoiado en columnas con bases áticas e capiteis que no interior foron picados, mentres que no exterior representan unha ave peteirando na cabeza dunha serpe e un home sentado de crequenas cun obxecto non identificable sobre os xeonllos. A nave conserva canzorros de...

    VER O DETALLE DO TERMO