"sido" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada que se emprega na sistemática vexetal para formular os nomes de clase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada que se emprega na nomenclatura química para indicar os acetais cíclicos obtidos da reacción dos hidratos de carbono cos alcois en medio ácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isidoro Rodríguez Acevedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amigdalina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun grupo de antibióticos naturais e semisintéticos illados de cepas de Streptomyces ou Micromonospora. Quimicamente están constituídos por un ou máis aminoazucres unidos por un enlace glicosídico ou unha hexosa. Estes produtos presentan ototoxicidade e nefrotoxicidade, e están contraindicados no primeiro trimestre da xestación. Os máis importantes son: a estreptomicina, a xentamicina, a tobramicina, a kanamicina, a amikacina e a neomicina.
-
-
Que pertence á clase dos anápsidos.
-
Réptil da subclase dos anápsidos.
-
Subclase de réptiles caracterizados pola ausencia de fosas temporais. Comprende os quelónidos e dúas ordes extinguidas: cotilosauros e mesosauros.
-
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e político aragonés. Estudiou en Zaragoza e València, para trasladarse a Madrid no 1799 coa intención de ensinar Xeografía e Historia no Seminario de Nobres. A raíz da invasión napoleónica fuxiu a Sevilla (1809) e logo a Palma de Mallorca (1810-1813), onde exerceu como maxistrado da Audiencia e foi vogal das cortes pola Coroa de Aragón, contribuíndo ao desenvolvemento das ideas liberais en Mallorca. Publicou traballos como a Carta sobre la necesidad de asegurar con leyes eficaces la libertad del ciudadano contra los atropellos de la fuerza armada (1811) ou Noticias históricas de don Gaspar Melchor de Jovellanos (1812), xunto a obras de carácter xeográfico como Lecciones de geografía astronómica, natural y política (1804-1806). Máis tarde foi deputado nas Cortes de Cádiz. Morreu asasinado ao se proclamar o réxime absolutista en 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertence os aplísidos.
-
Gasterópodo da familia dos aplísidos.
-
Familia de gasterópodos opistobranquios da orde pleurocelos á que pertence o xénero Aplysia.
-
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de abandonar a carreira eclesiástica, marchou a Madrid para ocupar un posto do ministerio da Gobernación e logo a Salamanca. Máis tarde emigraría a Cuba, onde colaborou nos xornais El Noticioso e Lucero para logo fundar El Diario de la Marina; tamén colaborou, entre outros, no Diario Español e Faro de Vigo. Publicou tamén a novela curta Ana Mir.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de brasas moi vivas.
-
-
Relativo ou pertencente ás briópsidas.
-
Planta da clase das briópsidas.
-
Clase de briófitas á que pertencen os mofos.
-
-
GALICIA
Escultor. Iniciou os seus estudios na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, da que foi profesor auxiliar en 1862, e despois na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1867), onde foi discípulo de Andrés Gómez. En 1873 viaxou a Roma para ampliar os seus estudios na Academia Española de Bellas Artes e, en 1875, a París. En 1879 obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedade Económica de Santiago e ao ano seguinte trasladouse á Coruña para ocupar o posto de profesor auxiliar da escola de Artes e Industria, da que obtivo en 1891 a cátedra. Foi mestre de Pablo Picasso. Nunha liña poética realista, introduciu na escultura galega as escenas de costumes. A súa obra ten como referente a tradición escultórica galega, principalmente do barroco compostelán e do neoclasicismo. Cun marcado carácter realista estas obras amosan a representación do descritivo e o anecdótico consonte coas innovacións feitas en París por Meunier e Rodin. A isto hai que engadir o coñecemento...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e eclesiástico. Promoveu o desenvolvemento dos estudios históricos sicilianos e foi prefecto da biblioteca Vaticana. En 1872 fundou o Archivio storico siciliano e en 1873 a Società Siciliana di Storia Patria. Entre as súas obras destacan De rebus Regni Siciliae (Sobre o reino de Sicilia, 1882) e Gli archivi e le biblioteche di Spagna in rapporto alla storia d’Italia in generale e di Sicilia in particolare (Os arquivos e as bibliotecas de España en relación coa historia de Italia en xeral e de Sicilia en particular, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ceratópsidos.
-
Dinosauro da familia dos ceratópsidos.
-
Familia de dinosauros cuadrúpedes da suborde dos ceratopsios, relegados ao oeste da actual América do Norte, á que pertencen os xéneros Anchiceratops, Arrhinoceratops, Centrosaurus, Chasmosaurus, Pachyrhinosaurus, Pentaceratops, Styracosaurus, Torosaurus e Triceratops.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galactolípido que contén unha molécula de esfingosina unida en posición 1 cun azucre, a galactosa, e tamén unida cun enlace amídico a un ácido graxo de peso molecular elevado. Os cerebrósidos non conteñen fósforo. Están no cerebro e noutras partes do sistema nervioso en cantidades considerables, especialmente na mielina. Suponse que a súa función está relacionada coa transmisión dos impulsos nerviosos.
-
-
Relativo ou pertencente aos cinoglósidos.
-
Peixe da familia dos cinoglósidos.
-
Familia de peixes da orde dos pleuronectiformes á que pertencen algúns linguados.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos císidos.
-
Insecto da familia dos císidos.
-
Familia de coleópteros que no estado adulto, a maior parte das especies, son menores aos 2 mm de lonxitude, de cor castaña ou negra e con forma de bocoi. Aliméntanse de cogomelos, especialmente os da subclase das afiloforomicetídeas, ou de materiais en descomposición.
-