artigo

artigo

(

    1. s m [DER]

      Cada unha das disposicións que forman parte dun estatuto, un regulamento, un tratado, un contrato, etc.

      Ex: Artigo primeiro da constitución.

      Confrontacións: sección.
    2. s m [DER]

      Cada unha das cláusulas dun contrato.

    3. s m [LIT]

      Cada unha das partes dunha publicación colectiva.

      Ex: Ese artigo está publicado nas actas do último congreso de normalización lingüística.

    4. s m [LING]

      Cada unha das divisións dun dicionario correspondentes a unha palabra.

      Ex: O novo dicionario ten trinta mil artigos.

      Sinónimos: entrada, voz.
    5. s m [COMUN]

      Escrito asinado onde se expoñen ideas e xuízos valorativos sobre un feito que é noticia.

      Ex: Sempre leo o artigo que publica Méndez Ferrín no xornal porque estou de acordo coas súas ideas.

    6. s m [COMUN]

      Calquera escrito de certa extensión e importancia inserido nunha publicación periódica.

      Ex: O artigo que estou a ler informa do último tremor en San Francisco.

      Confrontacións: crónica, noticia.
    7. artigo de fondo [COMUN]

      Artigo xornalístico, xeralmente sen sinatura, sobre un tema de actualidade, ideolóxico, político ou simplemente polémico, que os periódicos publican en lugar preferente e que ilustra o punto de vista da redacción.

  1. [COM]
    1. s m

      Cousa coa que se comercia.

      Ex: Neste establecemento teñen rebaixa en todos os artigos.

      Sinónimos: mercadoría. Confrontacións: xénero.
    2. artigo de primeira necesidade

      Aquel que é preciso para a propia subsistencia.

  2. s m [DER]
    1. Cuestión incidental nun proceso.

    2. Cada unha das probas dun xuízo ou das preguntas dos escritos de interrogación das testemuñas.

  3. s m [INFORM]

    Documento sobre un tema concreto que se distribúe a través dunha rede de telecomunicacións, en particular refírese aos que se envían aos grupos de debate.

  4. s m [LING]

    Elemento gramatical que presenta ao substantivo indicando o seu xénero e número, ou dá carácter substantivo a expresións que non son propiamente un substantivo. No aspecto funcional, o artigo individualiza e concreta (de tal maneira que a ausencia de artigo confire un valor indefinido ou partitivo ao substantivo). O artigo ten tamén unha función determinante e de referencia a algo xa coñecido, pero que non é tan xeral. No galego distinguimos dous tipos de artigo: o determinado ou definido (o, a, os, as) que introduce substantivos que designan persoas ou cousas identificables ou consideradas coñecidas polos interlocutores (

    Ex: o sol, a bicicleta de Xan) e indeterminado ou indefinido, que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas descoñecidas ou non identificables polos interlocutores (Ex: Escoitaron a voz dunha muller), de carácter xenérico (Ex: Colle un autobús), etc. Como nas outras linguas románicas, no galego o artigo deriva de ille, aínda que nalgunhas rexións (Sardeña, Gascuña) deriva de ipse. A escolla no uso entre as primeiras ou segundas formas do artigo -isto é, entre o, a, os, as ou lo, la, los, las- vén determinada polo fonema final da palabra precedente. A segunda forma emprégase nestes contextos: tras unha forma verbal rematada en -r ou -s (Cómpre que cóma-lo caldo), tralos pronomes nós, vós, nos, vos e lles (Nó-los dous viaxamos sempre en iate; Contóulle-la verdade dende o comezo), tralo adverbio u (U-lo libro vermello?), tralas preposicións rematadas en -r ou -s (Tralo estoupido, esvarou polo chan), trala conxunción copulativa mais (Ti e mailo teu curmán sodes o demo), logo do adverbio presentativo eis (Ei-los teus amigos) e tras ambos, entrambos e todos (Collérono entrámbolos dous e levárono nos ombreiros). A primeira forma do artigo emprégase nos restantes casos, incluso nestes que acabamos de citar. Os alomorfos do pronome -o, a, os, as / lo, la, los, las / no, na, nos, nas- están condicionados polo son final do verbo ou do pronome que o antecede na frase. Utilízase a variante lo tralas formas rematadas en -r ou -s (Esquecéchelo ben cedo); tralos pronomes nos, vos e lles (Non nolo quixo, éche un soberbio de seu; Devolvéronllelo sen aceptar recompensa) e tralo adverbio u (E ulo?). A forma no tralos verbos rematados en ditongo (Fiteino de esguello para ver o que facía); e a forma o nos outros casos (Se o fai ou non o fai éche un misterio).

  5. artigo de fe [RELIX]
    1. No Cristianismo, verdade indiscutible que se debe crer porque foi revelada por Deus.

    2. Aquilo que debe ser crido.

  6. artigo de previo e especial pronunciamento [DER]

    No proceso penal, cuestións especificamente establecidas (falta de xurisdición, cousa xulgada, prescrición, etc), que a defensa dunha das partes pode propoñer antes de ser celebrado o xuízo oral para que sexan obxecto dun pronunciamento previo do tribunal.