"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • Xénero de plantas herbáceas da familia das gramíneas, de follas enroladas en tubo e inflorescencia pouco densa, de espiguiñas e flores aplanadas, menor de 5 mm. En Galicia atópanse as especies A. caryophyllea e A. praecox, propias de lugares secos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou o poema “Os meus lurciños” (1908), onde se ve a influencia de Curros, o poemario Frangullas (1910), conxunto de fábulas e poemas onde mestura a poesía de circunstancia e os seus sentimentos de saudade pola terra e pola mocidade perdida, con versións galegas de poemas de autores clásicos como Cervantes, Calderón ou Manrique. En 1910 en Acción Gallega e na Ilustración Gallega no 1912, publica o relato Cáneba fallida. Tamén en 1912 publicou Amar y sufrir, obra en prosa e verso prologada por Ramiro Vieira Durán. O seu libro Bágoas conxeladas (1916), reúne un conxunto de poemas en lembranza da morte da súa muller. No 1927 sacou do prelo o poemario Facetas, versos en galego e castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das capas de herba ou trigo que se tenden na aira para ser trillada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de posible orixe galega activo no segundo terzo do s XIII. A pesar das dúbidas que aínda suscita o seu apelido -pode aparecer como Carpancho ou Corpancho- a tendencia máis xeneralizada entre os estudiosos é a considerar como máis fiable a forma Carpancho que sería empregado a xeito de alcume co significado de ‘persoa de corpo ancho ou obesa’. Tamén hai dúbidas sobre a súa condición: para os que collen como base o alcuño Corpancho, sería un xograr que frecuentaría a Corte afonsina; sen embargo, a súa colocación nos cancioneiros a carón dos irmáns Pai Soarez de Taveirós e Pero Velho de Taveirós, Martin Soarez, Vasco Gil e Johan Perez d’ Aboim, engadido á súa presenza no Cancioneiro da Ajuda, fai supoñer unha actividade poética centrada no segundo terzo do século XIII e unha posible condición social de cabaleiro e, xa que logo, de trobador. Os tres grandes cancioneiros da lírica profana galego-portuguesa atribúenlle trece cantigas, todas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr posiblemente portugués. A pesar da escasa información biográfica, parece que a súa actividade literaria se desenvolveu na segunda metade do século XIII ou mesmo a comezos do século seguinte. Só se conservan tres cantigas de amor, transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Unha cuarta composición, tamén de amor, “A gram dereyto lazerey”, xera problemas de autoría, pois mentres nun dos cancioneiros aparece atribuída a este xograr, no outro figura baixo a autoría de Afons’Eanes do Coton. Esta última atribución, avalada pola Tavola Colocciana, é a que conta con maior aprobación por parte da crítica especializada. A súa produción enmárcase na temática do servizo amoroso e a coita ou sufrimento do amante ao non ser correspondido. Salienta a cantiga “Nunca tam gram coyta sofri”, unha canción de despedida na que lamenta terse separado da súa dona. Así mesmo, resulta orixinal a composición “A rem que mh-a mi mays...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego, activo a fins do s XIII, no decenio 1280-1290 posiblemente. Poucos son os seus datos biográficos. O seu nome aparece acompañado nos cancioneiros italianos e na Tavola Colocciana do substantivo clérigo, o que fai pensar nunha persoa de certa cultura, xa que ese termo designaba na Idade Media os homes de letras. Por outro lado, podería identificarse co personaxe ao que Sancho IV -segundo confirma o Registro de Chancelería deste monarca-, concedeu unha certa cantidade de diñeiro no ano 1284, aspecto referido na composición “O meu señor, o bispo, na Redondela ~uu dia”. As súas cantigas de escarnio corroboran a relación do trobador co fillo de Afonso X, pois nelas trata asuntos que aluden a episodios e personaxes do reinado de Sancho IV, de quen Airas Nunez se converte en portavoz, ata o punto de que na cantiga “Desfiar enviaron ora de Tudela” arremete contra as pretensións dinásticas dos infantes De la Cerda. Así mesmo, a fragmentaria cantiga...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr, quizais de orixe galega, activo a finais do século XIII e comezos do seguinte. A referencia nas súas cantigas de amigo ao santuario de Santa María de Reza e a súa suposta presenza nun documento de 1284, onde constaba a compra da renda de dúas casas do centro de Ourense, por parte del e da súa muller Urraca Anes, confirman a súa probable orixe ourensá. Era un dos xograres que estaba ao servizo do Rei Sancho IV de Castela e León. Seica foi tamén un dos beneficiados nas súas Cuentas no mes de xuño de 1293. Parece que despois dunha estadía, non determinada, nesta corte castelá, se asentou en Navarra e frecuentou, en 1303 e 1304, a Corte de Xaime II de Aragón. A súa produción poética, formada por dúas cantigas de amor e dúas de amigo, clasificadas como de santuario, foi copiada tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. As dúas cantigas de amor encádranse na temática predominante do xénero amoroso: a coita, a perda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego de mediados do século XIII. Membro da pequena nobreza, participou na conquista de Sevilla (1248) e estivo vencellado á Corte de Fernando III o Santo e ao seu ambiente literario, contactando con outros trobadores galego-portugueses como Bernal de Bonaval, Estevan Faian, Johan Garcia de Guilhade, Johan Soarez Coelho, Pero da Ponte, Pero Garcia Burgalês e Vasco Perez Pardal. Da súa produción poética chegaron ata nós trece composicións, todas elas transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional e polo Cancioneiro da Vaticana. Considerando a información que proporcionan as rúbricas atributivas dos cancioneiros e mais a Tavola Colocciana, cabería a posibilidade de que unha desas cantigas, “Don Estêvão, eu eiri comi”, fose da autoría de Men Rodriguez Tenoiro. A decimocuarta composición, “Don Estêvão achei noutro dia”, debe adxudicarse máis ben a este último trobador. Todas as cantigas de Vuitoron pertencen ao xénero escarnino: oito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador do que non se conservaron as súas cantigas. Sábese da súa existencia grazas á Tavola Colocciana, índice de autores probablemente elaborado sobre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, que nos achega a valiosa información de que Airas Soarez figura no cancioneiro con tres cantigas. Non obstante , este mesmo cancioneiro, no seu inicio, rexistra a presenza dunha lagoa visible non só na propia constitución do fascículo que a contén -hoxe en día un bifolio e antes da mutilación un quinión-, senón tamén no salto numérico que se dá entre as cantigas anterior e posterior á lagoa. Segundo o testemuño da Tavola Colocciana a lagoa afecta a oito autores e a vinte e sete cantigas que, por seren da primeira sección do cancioneiro, serían cantigas de amor. Todos os datos apuntan a que desenvolveu a súa actividade poético-musical entre finais do s XII e a primeira metade do s XIV. Certas hipóteses privilexian a súa identificación co Airas Soarez laicus que testemuña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués do que non posuímos ningún documento que testemuñe a súa orixe ou condición. Para uns críticos sería un burgués ou un vilán, mentres que para outros formaría parte da nobreza. A súa actividade poética céntrase na segunda metade do século XIII ou nos comezos do XIV. A súa posible relación con Vasco Perez Pardal apunta a unha estadía de Airas Veaz na corte de Afonso X na década de 1260. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e a Tavola Colocciana atribúenlle catro cantigas: tres de amor e unha de escarnio. Pola súa banda, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana só recolle baixo a rúbrica atributiva do trobador as tres composicións de amor, (transmitidas tamén polo anterior cancioneiro). Unha das cantigas de amor recollidas nos apógrafos italianos, “A dona que eu vi por meu”, aparece tamén no Cancioneiro da Ajuda, xunto con outras once composicións, formando un conxunto homoxéneo que a crítica atribúe a Fernan Gonçalves de Seavra. No escarnio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento de seguridade que se incorpora nos automóbiles, consistente nunha bolsa de aire que se incha ao sufrir o vehículo un impacto dunha intensidade determinada, protexendo deste xeito os ocupantes de posibles traumatismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consorcio de fabricantes aeronáuticos europeos fundado por Francia e a República Federal de Alemaña en 1969, dedicado á construción dos diversos modelos de avión comercial de gran capacidade Airbus, inaugurando con el unha nova época do transporte aeronáutico, baseada en aparellos cun grande espazo útil para a pasaxe e un motor especial que permite o aforro de carburante e a ruptura coa hexemonía das compañías norteamericanas no campo da aviación civil. Este consorcio foi escriturado como grupo de interese económico en decembro de 1970 baixo o nome de Airbus Industrie. Formaban o núcleo inicial a Société Nationale de l’Industrie Aérospatiale (SNIAS, máis tarde Sud Aviation), en representación de Francia, e a sociedade Deutsches Airbus, en representación de Alemaña. Posteriormente o Goberno español incorporouse ao consorcio a través de Construciones Aeronáuticas SA (CASA) e, máis tarde, uníronse a compañía holandesa VFW-Fokker (como socio non integrado no consorcio), a...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten, a 0°C e a 760 mm de presión, con variacións mínimas, a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Os coñecementos esenciais sobre a natureza do aire son debidos a Lavoisier, quen demostrou cos seus experimentos (1774) que está formado por nitróxeno e osíxeno. A primeira determinación cuantitativa correcta da proporción de osíxeno no aire foi efectuada a finais do s XVIII por un químico catalán, Antoni Martí i Franquès, que atopou que a composición volumétrica do aire atmosférico era de 79 partes de nitróxeno e 21 de osíxeno (aire vital, na época), rectificando así os valores aceptados por outros investigadores: Lavoisier, Priestley, Scheele, Senebier e Cavendish. A presencia, no aire, de substancias inertes distintas do nitróxeno fora indicada por unha experiencia de Cavendish (1785) e...

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases. Así, o aire desfloxisticado ou aire vital era o osíxeno; o aire fixo, o dióxido de carbono; o aire inflamable, o hidróxeno; o aire floxisticado, o nitróxeno; o aire inflamable das marismas, o metano.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. Aire en movemento, vento, especialmente de pouca intensidade.

      1. Apariencia, aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Enfermidade que se contrae polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e mesmo lugares como os cemiterios, segundo a medicina popular galega. A debilidade, adelgazamento, inapetencia e raquitismo son algúns dos seus síntomas, que se manifestan especialmente nos nenos. A terapia adoita ser un ritual cheo de simbolismos onde o curandeiro desempeña o papel máis importante.

    4. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten, a 0°C e a 760 mm de presión, con variacións mínimas, a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Os coñecementos esenciais sobre a natureza do aire son debidos a Lavoisier, quen demostrou cos seus experimentos (1774) que está formado por nitróxeno e osíxeno. A primeira determinación cuantitativa correcta da proporción de osíxeno no aire foi efectuada a finais do s XVIII por un químico catalán, Antoni Martí i Franquès, que atopou que a composición volumétrica do aire atmosférico era de 79 partes de nitróxeno e 21 de osíxeno (aire vital, na época), rectificando así os valores aceptados por outros investigadores: Lavoisier, Priestley, Scheele, Senebier e Cavendish. A presencia, no aire, de substancias inertes distintas do nitróxeno fora indicada por unha experiencia de Cavendish (1785) e...

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases. Así, o aire desfloxisticado ou aire vital era o osíxeno; o aire fixo, o dióxido de carbono; o aire inflamable, o hidróxeno; o aire floxisticado, o nitróxeno; o aire inflamable das marismas, o metano.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. Aire en movemento, vento, especialmente de pouca intensidade.

      1. Apariencia, aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Enfermidade que se contrae polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e mesmo lugares como os cemiterios, segundo a medicina popular galega. A debilidade, adelgazamento, inapetencia e raquitismo son algúns dos seus síntomas, que se manifestan especialmente nos nenos. A terapia adoita ser un ritual cheo de simbolismos onde o curandeiro desempeña o papel máis importante.

    4. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario deportivo publicado en Pontevedra no ano 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Situada na beira oriental da Ría de Aldán, entre as puntas de San Martiño ao N e Niño do Corvo ao S, na parroquia de Aldán, concello de Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise de calquera tipo de mísil lanzado ou disparado dende un avión contra un obxectivo aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise de calquera tipo de mísil lanzado ou disparado dende un avión contra obxectivos terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición dun medio á acción física ou química do aire. É unha práctica común nas plantas potabilizadoras de auga.

      1. Exposición á acción química do aire.

      2. Impregnación de aire.

      3. Saturación dun líquido con aire.

    2. Acción e efecto de facer penetrar nos poros do solo o aire preciso para a súa fertilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO