"Alón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 299.
-
PERSOEIRO
Cabaleiro galego que xunto con Diego de Lemos e Pedro Osorio dirixiu a campaña dos irmandiños durante a Segunda Guerra Irmandiña. Segundo Amor Meilán na súa obra Biografías gallegas, pertencía á familia dos Lanzós de Vilalba. Semella que Alonso de Lanzós tiña xurada a destrución da Casa de Andrade; Vasco de Aponte mantén que recibía, como outros cabaleiros do tempo, soldo dela. Segundo Martínez Sueiro, o mesmo Rei Enrique IV deulle azos ao principio da loita irmandiña, cando o movemento recibía apoio rexio. Loitou dende Lugo ata Ferrol e Pontedeume, sobre todo nos estados dos Andrade, tomando a capital, Pontedeume, onde conseguiu alistar moitos dos vasalos de Andrade nas súas hostes. Sorprendido pola chegada dos exércitos señoriais, encabezados por Fernán Pérez de Andrade e Gómez Pérez das Mariñas, fortificouse no Castro de Gundián e enviou emisarios a Diego de Lemos contando co seu auxilio para resistir. Cando á mañá seguinte os sitiadores se dispoñían novamente a asaltar o castro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e dramaturgo, ligado a grupos independentes da escena madrileña como Tábano ou Teatro Español Independente. En Galicia realizáronse diversos espectáculos a partir do seus textos, entre os que cómpre salientar Viva o duque, noso amo, estreado por Mua en 1984 con dirección de Xosé Manuel Pazos Varela ou Guillados, estreado en 1999 por Máscara Producións con dirección de Xerome Calero e Antón Casal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e investigador. Catedrático de Prehistoria e Etnoloxía da Facultade de Filosofía e Letras, logo da de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais dos seus estudios sobre prehistoria e protohistoria, investigou unha ampla diversidade de temas, acadando sona de erudito en moitas disciplinas, dende a historia das relixións ata a etnoloxía. Froito destas investigacións son os seus escritos Realidad y leyenda de las amazonas (1967) ou Esperando a los bárbaros (1972). Unha constante na súa obra foi o intento de comprensión da prehistoria dende unha perspectiva sociolóxica, situándose na tradición que Gordon Childe e Leroi-Gourhan principiaran. As súas obras máis influentes foron Sociología Prehistórica y Protohistórica (1961) e Nueva Sociología de la Prehistoria (1976). Realizou diversos traballos sobre a cultura galega e de investigación arqueolóxica en diversos lugares de Galicia, dirixindo as escavacións do castro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Participou nas trazas do retablo da capela maior da igrexa de San Bertomeu do Couto de Rouzas (A Cañiza).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto de Fórmula 1. Comezou pilotando karts aos tres anos, e ese mesmo ano gañou a súa primeira carreira. Aos oito anos (1988) acadou o trunfo na súa primeira competición oficial, o Campionato infantil de karts de Asturias, que volveu gañar ao ano seguinte, xunto co de Galicia. En 1991 gaña os de Asturias e País Vasco en categoría cadetes, e en 1993, 1994 e 1996 o de España categoría junior. No 1998 gaña o campionato de España, o París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford. En 1999 entra na Fórmula Nissan, no que gaña o campionato Euro Open Movistar. Daí pasou á Fórmula 3000, chegando a quedar cuarto na clasificación xeral dese ano. No 2001 debutou na Fórmula 1 coa escudería Renault, aínda que cedido a Minardi. No 2002 volveu a Renault, e no 2003 acadou a primeira victoria no Gran Premio de Malasia, á que se unen ese mesmo ano o de Hungría e o de Italia. No 2005, tras o GP de Brasil, acada o título de Campión mundial de Fórmula 1. Ese mesmo ano recibe o Premio Príncipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e profesor. Prolífico estudoso da cultura e lingua galega. Realizou estudos eclesiásticos no mosteiro de Oseira, que abandonou en 1960 ao ser expulsado xunto a outros compañeiros acusados de galeguismo e de querer fundar unha congregación independente. Como consecuencia, saíu de Galicia e viaxou por Francia, Alemaña e residiu en Navarra, Madrid e Lisboa. A finais de 1984 volve definitivamente a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (1973), Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (1975), Filoloxía Románica (1978), obtivo o grao de Diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa (1976). Traballou na Universidade de Vigo (1990-1994) como profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. No 1998 presentou e súa tese de doutoramento A fala dos Concelhos de Trasmirás e Qualedro.
Exerceu como... -
GALICIA
Escultor e mestre canteiro. Realizou a fachada da capela da Misericordia de Tui (1575). En 1594 contratou, xunto ao tudense Gregorio Fernández, o apeo da igrexa do mosteiro de San Salvador de Barrantes (Tomiño). Co sepulcro do Bispo Diego de Torquemada (1598) e co monumento funerario do chantre Lope García Sarmiento (1610), ambos os dous na catedral de Tui, incorporou a tradición da escultura funeraria renacentista na diócese tudense. Como mestre de obras realizou a sancristía e os corredores do Pazo episcopal no conxunto da catedral tudense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Representa nos seus cadros escenas e tipos populares cargados cunha mirada amable. Exhibe desde mediados dos anos setenta e tamén traballa como ilustradora de libros (Apuntes para una historia). Dirixe a Agrupación Arco Iris de pintores mozos da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presidente e fundador do grupo empresarial galego JEALSA RIANXEIRA. Primeiro fillo dunha familia de catro irmáns. Aos 13 anos, os seus pais, que poseían unha pequena tenda de ultramarinos, envíano a estudiar a Vilagarcía de Arousa. Coa formación adquirida, ingresa na sucursal do Banco Hijos de Olimpio Pérez na cidade arousana. Con 18, abandona o seu emprego e retorna a Boiro para facerse cargo dunha pequena tenda familiar de tecidos e paquetería. En 1954, con tan só 25 anos, compra una máquina tricotosa manual, e crea a súa primeira empresa: JEALFER. En 1969, inaugura unha moderna fábrica de punto, en Vimieiro - Boiro, unha das poucas industrias textiles que sobreviven actualmente en Galicia. En 1957, casa con Purificación Escurís Batalla, membro dunha histórica estirpe conserveira galega, coa que terá cinco fillos. En 1958, aluga unha pequeña fábrica de conservas en Vilaxoán (Pontevedra), xerme da actual JEALSA, primeira empresa do sector de Europa e segunda do mundo, e propietaria da...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor coñecido sobre todo como acuarelista, e sen dúbida un dos artistas españois máis recoñecidos neste campo. Inicia os seus estudios de arquitectura en 1946 na escola de Arquitectura de Madrid, carreira que abandona ao pouco tempo para dedicarse á pintura, volvendo á súa vila natal. De feito, ao ano de deixar os seus estudios realiza a súa primeira exposición como artista en Vigo e Pontevedra simultaneamente. Nestes anos, xunto con xente como Cuña Novás, forma parte dun grupo que edita a colección clandestina de poesía Benito Soto, na que Rafael Alonso realizaba o deseño das súas portadas. En 1952 produciuse un feito clave na carreira artística do pintor ao ser pensionado durante dous anos en París. O encontro coas novas tendencias pitóricas que se desenvolveron e se están a desenvolver na cidade da luz van marcalo profundamente. En París, Rafael Alonso empápase de todo o postimpresionismo, pero tamén do fauvismo, así como dunha refinada técnica que segue moito a Duby, para logo reinterpretar...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido popularmente como o poeta de Meder, cursou estudos primarios na escola da súa parroquia e completou a súa formación estudando Artes e Oficios no colexio de Tortoreos (As Neves), alternándoa co traballo no campo. Aos vinte anos trasládase a Vigo onde rexenta varios negocios.
VER O DETALLE DO TERMO
Conferenciante e colaborador de diversos xornais e revistas. É coautor de varios libros de poesía e homenaxes. Foi un dos fundadores do Partido Galego do Proletariado e de Galicia Ceibe, e promoveu a creación do periódico bimensual A Voz do Condado, dende 1976 ata a súa desaparición en 1978.
Así mesmo, foi o creador, en 1980, do Festival de Poesía do Condado e obtivo varios premios coas súas composicións poéticas, non recollidas en libros. Publicou en 1977 o traballo Apocalipse en Galicia. Sete celulosas, sete e Hai unha terra loubada. -
GALICIA
Gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras, e foi profesor da Escola Normal e do Instituto de Pontevedra. Colaborador da Revista Spes, forxadora da Escola Lineográfica de Pontevedra, que se dividiría en dúas etapas; na primeira que abrangue dende a súa formación -etapa na que traballa o artista- o 15 de xuño de 1934, ata a Exposición de Gravado en Linóleo da Revista, que tivo lugar na asociación de Escritores e Artistas Españois do ano 1944, e que deu a coñecer o seu labor. Realizou gravados de liña simplificada e conceptista, en linóleos que semellan tallas de imaxineiros, de tema relixioso, como El mensaje de la Virgen, Rosa mística ou San Bruno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre director de orfeóns. Comezou a súa traxectoria profesional como profesor no orfeón vigués La Oliva ata que no 1900 ocupou a súa dirección. No 1909 encargouse tamén da dirección do orfeón Sociedad de Agricultura de Teis. Despois de numerosas actuacións en Galicia, Madrid e Portugal, trasladouse a Bos Aires (1911) onde pasou a dirixir o Orfeón Gallego, a Agrupación Artística Gallega e o Orfeón Hispano-Argentino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e biólogo. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa formación académica de pintor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago, partipando con posterioridade nos Talleres de Arte Actual con Josep Guinovart e Bruce Melean no Círculo de Belas Artes de Madrid, sendo ademais bolseiro da Deputación de Pontevedra e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada. Comeza a súa andaina no mundo da pintura nos anos oitenta, obtendo innumerables premios, entre outros o premio Adquisición para o Centro de Arte Contemporánea de Galicia. A súa pintura hai que clasificala dentro dun certo expresionismo, que se move un pouco a cabalo entre a ordenación xeométrica e o xesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968) e Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, alterna a docencia coa crítica literaria. Foi secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde traballou na Sección de Literatura Galega. No xornalismo literario foi un dos fundadores do suplemento “El Correo Cultural” de El Correo Gallego e ten publicado artigos en numeros medios (La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Boletín Galego de Literatura, etc).
VER O DETALLE DO TERMO
Realizou diferentes estudos e edicións entre os que destacan Antre dous séculos (1990), de Xerardo Álvarez Limeses; Teatro galego (1993), de Ramón González Alegre; Á lus do candil (1993), de Ánxel Fole; Poesía... -
PERSOEIRO
Traballou como liquidador de Utilidades. En colaboración co funcionario de Facenda Luis Castañón Suárez publicou Legislación del Nuevo Estado Español. La contribución excepcional sobre beneficios extraordinarios de guerra (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Formouse en Santiago de Compostela, Madrid e París. Os resultados das súas investigacións, relacionados coa medicina social, deunos a coñecer en Ensayo sobre los jardines de la infancia: esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo, La tuberculosis en la escuela e Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia (1933). Así mesmo, publicou o estudo Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II e algunhas poesías na prensa lucense. Foi o responsable da elaboración da catalogación dos fondos da Biblioteca Pública de Lugo en 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano que viaxou a Terra Santa, onde foi Viceprocurador dos Santos Lugares. No 1929 publicou Misiones franciscanas de Oriente (Tierra Santa).
VER O DETALLE DO TERMO