"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia, drenado polo río Cauca (29.308 km2; 979.231 h [1997]). As súas costas abarcan o Océano Atlántico e o Pacífico, cos portos máis importantes localizados no primeiro (Buenaventura (266.988 h[1995]) e Nuquí). Posúe xacementos de ouro, prata e platino, principalmente en Chocó e Supia. Son importantes os cultivos tropicais e o aproveitamento da gran riqueza madeireira. No sector industrial destacan as refinerías de azucre. A súa capital é Popayán (218.057 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión que se estende entre o Mar Negro e o Mar Caspio. Ten como límite setentrional as concas do río Kuban’ e Terek, e como límite meridional a meseta de Anatolia e Irán. Constitúe o núcleo central da cordilleira do Gran Cáucaso, que divide a rexión en dúas grandes áreas: a Ciscaucasia no N e a Transcaucasia no S. Entre os recursos económicos máis importantes destacan a agricultura, especialmente no val do Kuban’, e a gandería. Tamén é importante o cultivo de algodón, especialmente no val do Kura (Kür), e os cultivos mediterráneos. A pesca está ben organizada, fundamentalmente na beira do Mar Caspio. Os recursos mineiros e as explotacións petrolíferas son abundantes. Administrativamente comprende Xeorxia, Acerbaixán, Armenia e as seguintes divisións administrativas da República de Rusia: República de Daguestán, República da Ossetia Setentrional, República dos Chechenos e dos Inguxos (Čečnja-Ingušetija), República dos Kabardinos e dos Balkares (Kabardino-Balkarija), Républica...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Caucasia ou ao Cáucaso, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Caucasia ou do Cáucaso.
-
-
-
Aplícase aos representantes do grupo leucodermo.
-
Familia de linguas faladas na rexión do Cáucaso por uns catro millóns de persoas. Entre os diversos intentos de clasificación, Bopp relacionouna co indoeuropeo; N. Marr agrupouna nunha familia chamada iafética, e atopou trazos comúns entre o caucásico do sur e o semítico; Dumézil, Vogt, Bouda e outros, atoparon semellanzas co éuscaro, pero Michelena recoñeceu que as súas relacións non están claras. Modernamente, aceptouse a clasificación en linguas caucásicas do norte e linguas caucásicas do sur. As do sur, co xeorxiano como lingua máis importante, compoñen o grupo de linguas kartvelianas ou ibéricas. Son trazos comúns do grupo a perda de elementos de clase e do xénero gramatical, unha gran riqueza de sufixos e prefixos, un sistema verbal moi complexo e un sistema de numeración vixesimal. O grupo de linguas do norte presenta máis dificultades de agrupamento. Acéptase subdividilas en linguas do grupo occidental ou noroccidental, chamadas linguas abkhazo-adigueo, grupo homoxéneo...
-
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira do dobramento terciario que forma parte do sistema alpino europeo e que se estende desde o Mar Negro e o Mar de Azov ata o Mar Caspio, nunha dirección xeral L-O. Ocupa uns 450.000 km2 da parte sudoriental da Rusia europea, Xeorxia e Acerbaixán. A cadea principal comeza na península de Crimea, cunha lonxitude de máis de 1.500 km, e aparece de novo no outro lado do Mar Caspio, ao N de Irán, onde recibe o nome de cordilleira de Kopetdāg. Constitúe o eixe principal da Caucasia e comprende dúas aliñacións fundamentais: o Pequeno e o Gran Cáucaso. O Gran Cáucaso, que é a cadea propiamente dita, é unha auténtica barreira a máis de 4.000 m de altitude (culmina a 5.642 m do macizo volcánico do Elbrus), formada por rochas cristalinas e metamórficas. As fontes termais, os continuos tremores de terra e a abundancia de lavas, son testemuño da forte actividade volcánica que houbo no pasado. As rochas intrusivas teñen mineralizacións de onde se extrae ouro, prata, cobre e tungsteno....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elastómero extraído do látex de diversas plantas (árbores, lianas ou herbas), normalmente propias da zona intertropical, das que a máis empregada industrialmente é a especie Hevea brasiliensis. O látex está formado por unha suspensión coloidal de caucho en medio acuoso que coagula en medio ácido. O caucho é un polímero de isopreno ou 2-metilbutadieno, con longas moléculas filiformes, que presenta as reaccións de adición propias dos dobres enlaces. A reacción máis importante é a de vulcanización, que lle dá ao caucho a insolubilidade en disolventes orgánicos, unha gran resistencia á tracción e á abrasión, e a conservación da súa elasticidade mesmo en quente. As aplicacións do caucho vulcanizado son, entre outras, a fabricación de pneumáticos e outras pezas do automóbil, de coiro artificial, de mangueiras, de bandas transportadoras, de amortecedores de vibracións e de illantes eléctricos. O caucho sintético propiamente dito é o cis-1,4-poliisopreno, que...
-
PERSOEIRO
Eclesiástico francés. Rector da Université de París (1403), conselleiro do duque de Borgoña (1414) e de Enrique VI de Inglaterra (1422), exerceu tamén como bispo de Beauvais (1420) e de Lisieux (1432-1442). Presidiu o tribunal que condenou a morte a Xoana de Arco (1430).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e barón de Cauchy. Foi un dos máis destacados do s XIX na súa materia e un dos renovadores da análise. Fundou a teoría da converxencia e impulsou o desenvolvemento da teoría de funcións de variable complexa. Son notables as súas contribucións aos campos da mecánica, da astronomía e da óptica, especialmente as súas achegas á teoría da elasticidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Criterio de converxencia ou diverxencia dunha serie infinita. Afirma que a serie é converxente se, a partir dun certo termo, o límite do valor absoluto da raíz enésima do termo xeral, cando n tende a infinito, é menor ca a unidade. Se este límite é maior ca a unidade, a serie é diverxente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sucesión {Xn} na que a distancia entre dous termos, d(xm,xn), tende a cero cando m e n tenden a infinito. No espazo métrico completo dos números reais, toda sucesión de Cauchy é converxente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema relativo á integración no campo complexo que afirma que para toda función f(z), de variable z complexa, holomorfa nun recinto simplemente conexo D, e para calquera traxectoria pechada C contida en D, se verifica: ?cf(z)dz=0. Este teorema tamén se pode enunciar dicindo que, nas condicións anteriores, a integral de f(z) entre dous puntos de D é independente do camiño da integración elixida, sempre que este camiño estea contido en D. Este teorema dá lugar á teoría da integración por residuos.
-
-
Actitude de cautela ante algún temor ou risco.
-
Confirmación ou garantía do cumprimento dunha obriga mediante xuramento, peñor de bens propios ou fianzas dun terceiro.
-
Pena que obriga a unha persoa sometida a un proceso, a presentar un fiador que se faga responsable de que non se levará a cabo o mal que se pretende evitar e que entregue, no caso de que se leve a cabo ese mal, a cantidade esixida na sentencia.
-
-
-
Afianzar ou garantir algunha cousa dándolle caución a unha persoa.
-
Precaver un dano que poida suceder para que non haxa prexuízos nunha actividade.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos caucos.
-
Individuo do pobo cauco.
-
Pobo da Xermania establecido no actual territorio de Bremen. Aliados dos romanos, rebeláronse e foron sometidos e derrotados. Posteriormente, dedicáronse á piratería, invadiron o territorio dos bátavos e saquearon as rexións costeiras. No s III, despois de atacar as costas da Galia, fundíronse con outros pobos.
-
-
-
Que ten cola.
-
Aplícase a un órgano vexetal calquera que ten apéndices ou prolongacións semellantes a unha cola.
-
Aplícase a un cometa, estrela, peixe ou serea que presenta unha cola ou punta máis longa ca as outras e un esmalte diferente ao do corpo.
-
urodelo.
-
-
-
Cantidade de auga dun manancial, dun rego, dun río ou doutra corrente.
-
Magnitude que expresa a cantidade de fluído que, por unidade de tempo, atravesa unha sección do conduto polo que circula. Mídese en m 3 /s e en kg/s e nos seus derivados. O caudal Q é o produto da velocidade v do fluído pola sección de paso s: Q=vs.
-
Volume de sangue impulsado por un ventrículo durante un minuto.
-
Cantidade de materiais sólidos que atravesan a sección dun curso de auga durante unha unidade de tempo.
-
olume de ouriños excretados nun tempo determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir o caudal e a velocidade de descarga dun fluído que circula por un cano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moito caudal.
-
-
Persoa que nas cerimonias leva alzada a cola do manto dun rei, dos hábitos papais, da capa magna dos prelados, etc.
-
Persoa que segue servilmente a outra.
-