"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de metamorfose que converte o carbón bituminoso en antracita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda da mucosa e do sistema linfático do apéndice vermiforme, causada por unha infección bacteriana. Adoita comportar unha contracción localizada dos músculos da parede abdominal e, en casos de perforación, peritonite. A presión manual e a descomprensión sobre a zona apendicular, provocan unha dor forte (hiperestesia localizada). O cadro clínico (dor abdominal, náuseas, vómitos, febre) acostuma ser bastante típico no adulto; non é así nos nenos, onde é frecuente a confusión con outras afeccións, e nos vellos, nos que segue unha evolución, ás veces, sen síntomas abdominais denominada apendicite fría. A chamada erroneamente apendicite crónica non é outra cousa que recidivas, é dicir, ataques de apendicite liviáns e repetidos. O tratamento consiste na extirpación cirúrxica do apéndice (apendicectomía).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao apocito, que ten a calidade de apocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula non animal con diversos núcleos que proceden da división dun núcleo inicial único. Cada núcleo centra a actividade dunha porción do citoplasma.
-
-
Acumulación de líquido na cavidade peritoneal que, se é suficientemente abundante, determina unha inchazón do abdome. Xeralmente, o líquido provén dos vasos sanguíneos e prodúcese por un ou por máis dos tres mecanismos seguintes: aumento da permeabilidade dos capilares do peritoneo, aumento da presión hidrostática dos capilares do fígado e diminución da presión coloidosmótica do plasma. A análise da composición do líquido é importante con vistas ao diagnóstico do mecanismo de produción das doenzas causais.
-
Presencia de bile no peritoneo por lesión das vías biliares.
-
Presencia de sangue na ascite.
-
Infección da ascite; o líquido é rico en leucocitos polimorfonucleares.
-
Ascite debida a doenzas pancreáticas. Caracterízase polo seu elevado contido de amilasas.
-
Ascite formada por líquido quiloso, abundante en lípidos.
-
Presencia de ouriños na cavidade peritoneal, por determinadas lesións do ril ou das vías urinarias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación encargada de organizar, anualmente, os premios AMPE de publicidade. Está formada pola maioría dos medios de comunicación españois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída polas empresas publicitarias máis importantes do mundo co fin de dar a coñecer os seus traballos e promover iniciativas que contribúan a desenvolver novas técnicas no cine publicitario. Entre as súas actividades destaca a organización do Festival Publicitario de Cannes, que se celebra anualmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula da neuroglía que se caracteriza pola posesión dun gran número de prolongacións ramificadas. Hai dous tipos: os astrocitos de radiacións curtas, especialmente abundantes na substancia gris, e os astrocitos de radiacións longas, abundantes na substancia branca dos órganos nerviosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor cerebral formado por astrocitos.
-
CIDADES
Cidade de Nova Jersey, EE UU, na chaira litoral Atlántica (37.986 h [1990]). É un centro turístico moi concorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido por EE UU, Francia e Canadá en 1981 e dirixido por Louis Malle e interpretado por Burt Lancaster, Susan Sarandon, Hollis McLaren, Kate Reid e Michel Picoli. Un conxunto de seres solitarios viven unha monótona existencia na vella Atlantic City. As vidas de Sally (Susan Sarandon), unha muller nova que desexa ser croupier en Montecarlo, e o vello gángster Lou (Burt Lancaster), entrecrúzanse, xurdindo unha tenra e imposible historia de amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de cobre e zinc, de fórmula (Zn, Cu)5(OH)6(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, facendo agregados de cristais aciculares. É de cor verde ou azul claro, translúcido e de brillo nacarado. Ten exfoliación perfecta, dureza 2 e peso específico 4,2. Encóntrase en incrustacións sobre minerais de zinc e de cobre oxidados.
-
-
Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.
-
Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao xerador eléctrico que se fornece el mesmo da corrente de excitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico de molécula polipeptídica producido por algunhas cepas de Bacillus licheniformes, e de B. subtilis. Preséntase en forma de pos brancos, amargos, higroscópicos, moi solubles en auga e alcohol de 96°. Presenta un amplo espectro microbiano, pero non se pode empregar vía parenteral xa que produce lesións renais, nin por vía oral, porque se destrúe no aparato dixestivo. Non obstante é moi empregada en aplicacións tópicas sobre feridas, afeccións da pel, ollos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de calcio e bario, de fórmula BaCa(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico; os cristais son pequenos, prismáticos, a miúdo reunidos en drusas ou en agregados bacilares. É translúcida, de cor branca ou amarela, de boa exfoliación e brillo vítreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pregaria dita sobre todo nos conventos antes das comidas e que comeza con esta palabra latina.
-
-
Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).
-
Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.
-
Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.
-
Aprobación reservada ao Rei.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Edo, Nixeria (212.900 h [1996]). Foi a capital do antigo Reino de Benin. Situada nunha encrucillada de camiños, é un centro comercial e de investigación agronómica, sede do West African Institute for Oil Palm Research. Posúe aeroporto internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Factor de crecemento que se atopa no lévedo. Está constituída por biotina ligada ao grupo amina, na posición ε da lisina.