"Dión" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
PERSOEIRO
Escritora e guionista estadounidense. Estudiou na Universidade de Berkeley e foi cronista de Vogue Magazine e columnista en diversas publicacións como Saturday Evening Post, Life ou Esquire. A súa obra explora a psicoloxía feminina, as formas de vida na costa oeste e a xeración hippy dos anos sesenta. É membro da American Academy of Arts and Letters e da American Academy of Arts and Sciences. Da súa produción destacan Run River (O río corre, 1963), Slouching towards Bethlehem (Camiñando cara a Belén, 1968), Play as it Lays (1970), A Book of Common Prayer (Libro de oracións comúns, 1977), The White Album (O álbum branco, 1979), Salvador (1983), Democracy (Democracia, 1984), After Henry (Despois de Henry, 1992) e The Last Thing He Wanted (O último que el quería, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do grego Dίων ‘divino, de Deus’. Leva este nome un mártir que se celebra o 6 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei lendario de Laconia. Casou con Anfítea, filla de Prónax, coa que tivo tres fillas: Orfe, Lico e Caria. Acolleu a Apolo nas súas viaxes por Laconia. En recompensa polos seus servicios, concedeulles o don profético ás tres fillas coa condición de que non revelasen os secretos dos deuses. Pero un día, Orfe e Lico, esquecendo a promesa, espreitaron a súa irmá Caria cando estaba co seu namorado Dionisio e foron transformadas en rochas e Caria nunha nogueira.
-
PERSOEIRO
Cónsul e historiador de orixe grega. Chegou a Roma logo do ascenso ao trono do Emperador Comodo (180) e accedeu ao Senado romano. Nomeado pretor durante o goberno de Pértinax, foi cónsul con Septimio Severo e máis tarde acompañou a Caracalla na súa expedición a Oriente (216). Durante o goberno do Emperador Severo Alexandre (222-235), administrou o proconsulado de África, as provincias imperiais de Dalmacia e Panonia Superior, e foi cónsul (229). Despois abandonou a vida pública e retirouse a Bitinia. Escribiu unha Historia Romana en oitenta volumes, dos que se conservan vintecinco, que abranguen o período comprendido entre o 69 a C e o 47 d C, e entre o 216 e o 219. Empregou, entre outras fontes, os antigos anais romanos, e dende o libro 36 en adiante, as obras de Tito Livio e Tácito. Destacan os capítulos que adica á súa época e nos que analiza a clase senatorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orador, escritor e sofista grego. Foi mestre de retórica en Prusa e desempeñou diversas maxistraturas. Despois dunha viaxe por Exipto, estableceuse en Roma, onde contou coa amizade de Vespasiano. A liberdade das súas ensinanzas e a súa linguaxe, xunto coa súa amizade con Flavio Sabino, que caeu en desgracia, provocou que fose desterrado por Domiciano (82). Viaxou polas pequenas comunidades do Imperio romano, entre outras, Borístenes, Getia, Cícico, Mesia e Eubea difundindo as súas ensinazas. Retornou a Roma despois da morte de Domiciano e foi tratado con consideración por Nerva e Traxano. Os seus escritos filosóficos, Se o mundo é corruptible, Encomio de Heracles e Platón, En defensa de Homero contra Platón, Sobre as virtudes de Alexandre e Feitos dos getas, perdéronse. Consérvanse oitenta discursos, que comprenden diatribas, alocucions ás cidades e consolacións. Destacan, entre outros, Discursos do rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Siracusa 409? a C - 354 a C) Tirano de Siracusa (357-354 a C). Discípulo de Platón, contou coa confianza de Dionisio I o Vello, pero foi desterrado ao Peloponeso por Dionisio II o Novo, quen estableceu un réxime autocrático. Regresou, e coa axuda de mercenarios gregos ocupou Siracusa (357 a C) e destronou a Dionisio II o Novo. Tropezou coa hostilidade dos poderosos e do pobo a causa dos impostos. Morreu asasinado por Calipo, xefe do partido popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas insectívoras americanas, da familia das droseráceas, que presenta unha roseta de follas, de ata 15 cm de diámetro, con valvas ciliadas, cun interior no que atrapa e dixire pequenos invertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega con culto no santuario de Dodona. Pertencente á primeira xeración divina, é filla de Urano e Xea de Atlante, ou é unha das Oceánidas, segundo as diferentes tradicións. Tamén se di que é nai de Níobe e Pélope ou de Afrodita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Saturno, descuberto por Gian Doménico Cassini o 21 de marzo de 1684. Ten un diámetro de 1.120 km, unha densidade de 1’4 g/cm3, polo que é o satélite máis denso, e presenta unha magnitude visual máxima de 10,7. Gravita a unha distancia media do planeta de 378.000 Km, cun período de 2 días, 17 horas e 36 segundos. As fotografías tomadas pola sonda norteamericana Voyager I amosaron a existencia dunha grande asimetría entre os hemisferios anterior e posterior, ambos os dous cubertos de cráteres meteoríticos semellantes aos da Lúa e, ademais, observouse a existencia de terreos semellantes aos planos e ás terras altas da Lúa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convención de levar ou empregar dous antropónimos como constituíntes da cadea onomástica, e que adoitan ser un nome de pía e un apelido. Esta tradición foi moi frecuente na Galicia da Idade Media.
-
-
Relativo ou pertencente ao deus Dionisio.
-
Relativo ao consumo excesivo de viño.
-
Concepto retomado pola filosofía de Schelling que F. Nietzsche propuxo en A orixe da traxedia (1872) para se referir a unha das dúas actitudes que recoñece o enfrontamento do home ao mundo. Asóciase ao deus grego Dióniso e representa o paixonal, o desenfreo, o caos, a violencia e a indolencia. Preséntase como o oposto a apolíneo, termo derivado do deus Apolo, que defende o ideal de orde, medida e harmonía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración relixiosa que os atenienses dedicaban a Dioniso. Tiña lugar a finais de marzo e comezaba cunha procesión na que se ofrecían sacrificios ao deus, ao tempo que se levaba a súa estatua ao teatro, onde permanecía durante o tempo que duraba o festival. As celebracións centrais das festas, nas que participaban as dez tribos que conformaban a cidadanía ateniense, consistían nun concurso de ditirambos, ou himnos dionisíacos interpretados por coros, e nun concurso teatral no que un grupo de autores elixidos previamente, segundo as propostas presentadas, ofrecían a representación de tres traxedias, un drama satírico e unha comedia. Os gastos derivados da escenificación sufragábanos cidadáns ricos designados polo Arconte, e un grupo representativo de cidadáns da clase política ateniense decidía o vencedor do concurso. En xaneiro tamén se celebraban as Leneas, festas nas que o xénero teatral preferido era a comedia, e en decembro as Dionisias rurais que tiñan lugar de forma independente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denís.
-
PERSOEIRO
Teólogo, eséxeta e místico. Coñecido como Doctor Extático, buscou a vigorización da vida contemplativa a través do traballo intelectual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e retórico grego. Desenvolveu a súa actividade docente e literaria en Roma, onde se instalou entre os anos 29 e 30 a C. Escribiu unha Historia primitiva de Roma, desde as orixes ata o 264 a C, que foi o complemento da obra de Polibio. Formada por vinte libros escritos en grego, que comezaron a aparecer no 7 d C, só se conservan completos os dez primeiros e parte do once. Empregou como fontes do seu relato os analistas romanos, polo que a súa obra xustifica a actuación política e militar dos romanos fronte a outros pobos, incluído o grego. Entre as súas obras destacan Carta a Ameo, Sobre os retóricos antigos, Sobre a mímese, O estilo de Demóstenes e Sobre a unión das palabras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático grego. Foi discípulo de Aristarco, ensinou retórica en Roma e rexentou unha escola en Rodas. Escribiu varios tratados sobre gramática e crítica (sobre Homero), entre os que destaca Tékhne grammatiké (Arte da gramática), primeiro estudo sistemático da estrutura da linguaxe. Divide a gramática en seis partes: lectura correcta dun texto en voz alta, eséxese dos textos, eséxese das palabras, etimoloxía, paradigmas da flexión e crítica textual. En canto á evolución da linguaxe, defendeu o analoxismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo escultórico atopado no xacemento de Muradella en Mourazos (Verín) e conservado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Datado no s III é, probablemente, unha obra de importación. Feito en mármore, interpretouse como a representación de Dióniso acompañado do seu sátiro Ampelos. O deus represéntase de pé nunha postura de tipo praxiteliano, non conserva a cabeza nin o brazo dereito e co esquerdo apóiase no pescozo do sátiro. A figura deste é de menor tamaño e está sentada sobre un tronco de árbore. Está moi deteriorado.
-
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa (405 a C-367 a C). Coñecido como Dionisio o Vello, foi membro do estado maior nunha campaña contra os cartaxineses e, nomeado xeneral, estableceu a tiranía. Gobernou de xeito autocrático e centralista, liberou a numerosos escravos e reorganizou o exército e a flota. Impulsou as obras urbanas e de fortificación da cidade. Integrou no seu exército a mercenarios de diversas orixes (galos, cámpanos e iberos) e derrotou os cartaxineses no 397 a C e no 393 a C. Conquistou e destruíu as cidades gregas da Liga Italiota, agás Tarento, e fundou colonias no Adriático. Derrotado polos cartaxineses no 370 a C, perdeu boa parte dos seus territorios. Protexeu tamén a vida cultural e escribiu traxedias. Probablemente morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa, fillo de Dionisio I o Vello. Coñecido como Dioniso o Novo, deixou o goberno en mans do seu cuñado Dión de Siracusa, pero máis tarde enfrontouse con el e obrigouno a exiliarse (360 a C). Dión conquistou Siracusa (357 a C) pero foi asasinado e Dionisio recuperou o poder ata que foi destronado por Timoleón, que tiña a axuda das cidades gregas de Sicilia. Retirouse a Corinto. Escribiu poemas e obras filosóficas e foi un mecenas das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor eclesiástico. Viviu en Roma como monxe e traduciu do grego ao latín numerosas obras teolóxicas. Malia a falta de recursos documentais na súa época, foi o primeiro en fixar a data de nacemento de Cristo. Aínda que se equivocou nuns cinco anos, a xulgar por algúns detalles reflectidos nos Evanxeos, a súa proposta foi admitida pola Curia Romana.
VER O DETALLE DO TERMO