"ECA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 560.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘confesión’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘confesar’.
-
-
-
Na casa grega e romana vila, cuarto con función de despensa para ánforas vinarias que adoitaba acharse no piso superior. Non debe confundirse coa cella vinaria, xa que a apoteca non só servía para gardar o viño, senón tamén como lugar para a súa maduración ao aproveitar o paso de calor e fumes proveintes da cociña, polo que ás veces tamén recibía o nome de fumarium.
-
Despensa ou depósito de xéneros alimenticios, principalmente viño.
-
-
botica.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida (2.313 h [1996]). Ten cultivos de trigo, cebada, améndoas e aceite. Antigo castelo destruído durante a segunda metade do s XIX. Igrexa parroquial de Sant Jaume (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das compostas. En Galicia está representado pola especie A. calendula, de capítulos solitarios de lígulas amarelentas por riba e púrpuras por baixo, que, orixinaria de Sudáfrica, colonizou os areais costeiros da maior parte da Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena palmeira orixinaria de Indonesia, de tronco delgado, coroado cunha roseta de follas grandes. Os froitos en drupa conteñen unha soa semente alongada, a noz de areca, rica en taninos e graxas, que se emprega como condimento. As xemas son comestibles e a cortiza aprovéitase para elaborar cordas.
-
-
Relativo ou pertencente ás arecáceas.
-
Planta da familia das arecáceas.
-
Única familia da orde das arecais constituída por árbores perennifolias de tronco longo, esvelto e columnar, xeralmente simple e de follas robustas pinnatisectas ou palmatisectas, cun longo pecíolo, agrupadas nunha roseta terminal. As flores son polo xeral unisexuais e actinomorfas, de xineceo súpero tricarpelar, ordinariamente anemófilas, e os froitos son baias ou en drupas, con sementes de endosperma abundante. A ela pertencen as palmeiras, o coco, a datileira e a areca, orixinarias das rexións cálidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide da areca que se presenta en forma de sólido soluble na auga, e que se funde, anhidro, a 232°C. O seu éster metílico é a arecolina.
-
-
Árbore da orde das arecais.
-
Orde de árbores da subclase das arécidas á que pertence a familia das arecáceas.
-
-
-
Árbore ou arbusto da superorde das arecanais.
-
Superorde de árbores e arbustos da subclase das arécidas á que pertencen as ordes das arecais e das pandanais.
-
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritora. Investiga sobre problemas e teorías filosóficas, das que fixo algúns traballos, especialmente referidos ás vidas de Karl Marx e Friedrich Engels. Traballa tamén no eido do cómic e da caricatura. As súas obras foron editadas en numerosos países. Publicou Embajada de Perú, análisis de una campaña propagandística; Moro, el gran aguafiestas, traducida ao galego co título de Mouro, o eterno rebelde (1996) e La vida en cuadritos, onde trata e analiza o mundo do cómic.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
recadar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Argola que suxeita a vela ao pau e que permite que esta quede solta para que poida correr ao longo do pao, permitindo ademais embicalas.
-
-
Colocar algo ou alguén nun recanto ou nun lugar afastado.
-
Deter o paso dunha persoa ou animal impedindo a súa fuxida.
-
Desatender a alguén sen facer caso del ou privalo da confianza de que gozaba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novo grupo farmacéutico internacional que xorde da unión da empresa sueca Astra e da británica Zéneca. Traballa en distintos eidos da química como a gastrointestinal, a oncoloxía, a anestesia, o respiratorio e o cardiovascular. Cuns recursos en I+D que a sitúan no 2º lugar do ránking mundial, dispón actualmente de 55 novas entidades químicas en desenvolvemento e o acceso ás tecnoloxías máis avanzadas, como as bibliotecas de compostos químicos, sistemas de selección e obtención de produtos de alto rendimento, bioinformática, etc. En España conta con dous importantes centros de produción farmacéutica en Porriño (Pontevedra) e Esplugues de Llobregat (Barcelona), que posúen as máis avanzadas técnicas investigadoras, e oficinas centrais en Madrid, sendo o seu presidente Carlos Trias.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, drenado polos ríos Jalón, Manubles e Piedra (2.059 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura e as industrias derivadas dela, fundamentalmente as alimentarias. O principal elemento do seu patrimonio monumental son as ruínas da muralla romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao azteca.
-
Individuo dun pobo de fala náhuatl que habitaba no altiplano central de México. Os aztecas, chamados tamén tenochcas ou mexicanos, apareceron no val de Anáhuac ao redor da segunda metade do s XII. Por mor da súa extraordinaria organización militar dominaron en pouco tempo todas as outras poboacións do país e estableceron un imperio que se estendeu desde o límite sur do actual Michoacán ata máis alá do istmo de Tehuantepec. Cara ao 1325 os aztecas fundaron Tenochtitlán, erixida nunha illa do lago de Texcoco, que converteron en capital do imperio (actual Cidade de México). En pouco tempo convertéronse en excelentes agricultores, aproveitaron as tradicións culturais dos toltecas, adoptaron a vida urbana e desenvolveron unha importante civilización. En 1376 escolleron o seu primeiro monarca, Acamapichtli. Os primeiros reis foron tributarios das cidades de Atzcapotzalco, dos tepanecas e de Texcoco, o Emperador Itzcoatl (1428-1440) que derrotou as cidades rivais e estableceu unha alianza cos...
-
As linguas faladas no s XVI no territorio que abranguía do denominado Imperio azteca foron moi numerosas. Entre elas destacan o macro-iuma, macro-mixe (totonaca, mixe, etc), mangueño (tlapaneco, chiapaneco, etc), macro-mixteca (mixteca, zapoteca e otomí), chinanteco, tarasco, etc. A lingua do Imperio Azteca era o náhuatl, pertencente ao grupo macro-azteca, que se pensa debeu chegar ao de México a comezos da era, procedente talvez do suroeste dos EE UU. Este grupo de linguas abrangue dende esa rexión ata Centroamérica, entre elas destacamos o shoshon, o iute, o papago, o pima, tarahumara, o tepehua, o huichol, o náhuatl dos toltecas e pipiles, etc. Do náhuatl consérvanse documentos escritos en caracteres latinos, polo tanto pódese trazar a súa historia dende a chegada dos españois ata a actualidade na que aínda conta con un millón de falantes aproximadamente.
-
Arte desenvolvida e difundida polos aztecas. Estes asimilaron as tradicións e estilos dos pobos veciños, especialmente dos toltecas e os mixtecas, e despois de marcalos cunha impronta propia, difundíronos grazas ás súas expedicións guerreiras e comerciais. Consérvanse poucos restos da súa arquitectura. Xa que os palacios e os templos foron destruídos polos conquistadores. Os templos, teocallis, estaban formados por pirámides truncadas e con chanzos, de base cuadrangular; na plataforma das pirámides había un pequeno habitáculo para o deus, ante o que se celebraban as cerimonias relixiosas principais e as públicas con sacrificios de víctimas. O templo principal de Tecnochtitlán, de 30 m de alzado estaba formado por dous templos xemelgos dedicados a Tlaloc e a Huitzilopochtli. Contaba tamén con outras dependencias como unha cerca de caveiras, un xogo de pelota, dependencias sacerdotais ou un templo ao Sol. Na mesma praza alzábanse outros templos e edificios, todos eles destruídos....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias do Norte e de Centroamérica, unhas trinta aproximadamente, que contan cun reducido número de falantes na actualidade. Este grupo inclúe linguas de tribos tan coñecidas como o comanche, o paiuté, o chochonés e tamén o hopí. Tres linguas mexicanas teñen aínda un número considerable de falantes, o azteca ou nahua cun millón de falantes aproximadamente, o tarahumara, con ao redor de 50.000 e o pima-papago con case 20.000. Consta de dúas familias: o grupo tanoano (ou kiowa-tanoano) e o uto-azteca. A primeira inclúe algunhas linguas faladas no suroeste dos EE UU e o kiowa na zona das Grandes Chairas. A familia uto-azteca é máis extensa e confórmana unha liña de linguas que se falan desde meseta do Colorado ata California, en Centroamérica e en pequenas extensións nas Grandes Chairas. Algunhas delas son: o cahuilla e o luiseño en California, o paiute e o sashoni na Gran Conca, os dialectos ute e comanche nas Grandes Chairas, o hopí e o pina-papago no SO ou...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital (16.013 h [1996]). Drenado polo Henares, é un centro agrícola, gandeiro (ovino) industrial e de servicios, que experimentou un incremento demográfico na década de 1990 de máis do 45%, debido á expansión residencial da cidade de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO