"Gallego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 106.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro centro galego creado en América que se fundou o 27 de abril de 1879, presidido polo xornalista Manuel Vázquez Castro, os seus estatutos foron redactados por César Cisneros Luces, propietario do xornal El Gallego e presidente da directiva provincial. Tiña como obxectivo agrupar os galegos residentes en Bos Aires e mellorar as súas condicións de vida; entre os seus propósitos iniciais estaba a creación dunha caixa de aforros, bibliotecas e escolas, e a potenciación do desenvolvemento de actividades culturais. Desaparecido en 1892, volveu reabrirse o 2 de maio de 1907 coa presidencia de Antonio Varela Gómez. Converteuse no centro de referencia para outras institucións e asociacións nacidas en América, como A Terra (1917), a Irmandade Nazionalista Galega (1923), a Sociedade Nazionalista Galega Pondal (1925), a Institución Cultura Galega (1930) e a Organización Nacionalista Republicana Galega (ORGA). Despois da Guerra Civil converteuse nun lugar de refuxio dos políticos e intelectuais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi fundado en novembro de 1879 por un grupo de galegos interesados en unir os orixinarios de Galicia en Cuba co nome de Centro Gallego. Sociedad de Instrución y Recreo. Durante os primeiros vinte anos de existencia puxo en marcha varias seccións: a de instrución, que incluía unha escola, na que ademais da formación xeral había cursos de idiomas para os socios e unha pequena biblioteca cos primeiros libros en galego do Centro; a de recreo, que organizaba bailes e veladas literarias; as de lírica e filharmonía; e a de saúde, que daba servicios sanitarios aos socios. A independencia de Cuba provocou unha serie de melloras, como a compra dos terreos nos que se construíu o novo Palacio Social (1915) e a creación, en 1906, a instancias do Centro, da Caja de Ahorros y Banco Gallego. Nestes anos tamén se levou a cabo unha importante reforma dos estatutos da institución, coa creación de novas seccións e a reforma doutras xa existentes. A sección de sanidade creou o seu propio hospital na quinta,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico informativo mensual que publicou o Centro Gallego de Toronto dende xaneiro de 1975. O director, Manuel Janeiro, tiña como colaboradores a Xavier Fernández, Estrella Janeiro e Roberto X. Fernández. Aínda que nun principio só recollía información relativa á institución, co tempo foi incorporando novos temas. Así, inseriu nas súas páxinas novas de Galicia, España ou América Latina artigos de economía, cultura, política, sociedade e deporte; seccións de ocio e anécdotas; e fotos de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición especial desta publicación dedicada á colonia galega da cidade de Madrid que só sacou un número, o do 21 de febreiro de 1901. Colaboraron nela diversos escritores que achegaron artigos e poemas en castelán, como Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Alfredo Vicenti, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, o Marqués de Figueroa, Manuel Portela Valladares, Javier Valcarce Ocampo ou Enrique Labarta Pose. Os autores que publicaron textos poéticos en galego foron Xosé Pérez Ballesteros, Xesús Muruais e Filomena Dato.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación do sector turístico que saíu por primeira vez na Coruña en agosto de 1991, subtitulado “Boletín Social”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que saíu por primeira vez na Coruña no ano 1875 e que deixou de editarse arrededor do 1882. R. Faginas Armaz imprimiu este semanario de tendencia liberal e demócrata que fundara Juan Cuenca e que dirixiron J. Castro Arias e J. Mª Montes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que se publicou en novembro de 1811 na Coruña. A imprenta de Cándido Pérez Prieto editou os únicos catro números que saíron. Organizado nas seccións “Artículos”, “Noticias de la Guerra”, “Noticias del Extranjero” ou “Poemas”, era antifrancés, informaba sobre a guerra, e insería palabras ou frases en galego entre a redacción en castelán. Pretendía imitar unha publicación editada en Cádiz, un dos primeiros periódicos liberais de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado o 1 de agosto de 1878 en Ferrol, e, xunto con O Correo Galego, ambos pertencentes á empresa Editorial Compostela SA, son os únicos diarios que se editan en Santiago de Compostela. Fundado por José María Abizanda y San Martín, o seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal. O 18 de xuño de 1938 constituíuse en Santiago de Compostela a sociedade anónima Editorial Compostela, impulsada por Juan Sáenz-Díez García e Juan de la Riva Barba. En outubro dese ano, Rafael Barcón Orta traspasoulle o xornal á editorial e pasou a imprimirse en Santiago de Compostela co título de El Correo Gallego y El Eco de Santiago, cunha cabeceira que correspondía a outro xornal fundado nesa cidade en 1896. O 15 de outubro de 1945, a editorial Compostela adquiriu tamén o diario El Compostelano, que se editaba na capital galega dende 1920. Continuaron saíndo conxuntamente, El Correo Gallego...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego, castelán e portugués editada en Rio de Janeiro a partir de 1903 e subtitulada “Semanario independiente de intereses generales”. Dirixida por Antonio de la Cuesta e coordinada por E. Rodríguez Hervella, participaban como redactores Carmelo Seoane e Julio Mirelis. Entre os seus colaboradores literarios figuraban Fortunato Cruces, Pérez del Jugerto, N. Díaz de Escobar, Mario Seoane de Drunmond e Antonio Fernández Arreo. Na súa primeira páxina reprodúcense retratos de distintas personalidades da colonia galega, á parte dun gravado da baía de Rio de Janeiro e da estatua ecuestre de D. Pedro I. Incluíron tamén diversas traducións en castelán de artigos da prensa brasileira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia carlista que se editou en Pontevedra en abril de 1893 e que cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Dirixido por Codesido Sánchez, quen coordinara a edición de Galicia Recreativa, trataba temas políticos. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada “Hoja Literaria”, dedicada a Rosalía de Castro no seu oitavo cabodano, na que apareceron diversos traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia poetisa. Posiblemente viviu unha segunda época de edición a partir de 1896.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de periodicidade irregular aparecida en Santiago de Compostela en 1944 e subtitulada “Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto Padre Sarmiento”. Dirixírona Sánchez Cantón e Filgueira Valverde ata que en 1981 se escolleu a Francisco Río Barja como director e a Carlos Baliñas como vicedirector. Contou coa colaboración de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Ramón Cabanillas, Bouza-Brey, Taboada Chivite, Menéndez Pidal, Dámaso Alonso, Rodrigues Lapa e outros intelectuais. Contén artigos en galego, castelán, portugués, inglés, francés, italiano e catalán. Dividiuse inicialmente nas seccións “Artículos”, “Textos y Documentos”, “Miscelánea” e “Bibliografía de Galicia”, nas que inclúe información sobre prehistoria, arte, crítica literaria, lingüística, historia e etnografía. Os apartados especializáronse co tempo: “Arqueoloxía, prehistoria e antropoloxía física”, “Historia da arte”, “Etnografía” e “Lingua e Literatura”. Inseriu diversos traballos relacionados...
-
DIARIOS
Diario en castelán aparecido en Ourense a principios de 1918 e que cesou probablemente no mesmo ano. Subtitulouse “Diario de la mañana” e contou coa colaboración de Vicente Risco e doutros intelectuais galegos. Incluíu información de carácter xeral, un “servicio telegráfico” e novas do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario en castelán de carácter independente aparecido en Bos Aires o 8 de setembro de 1905. Dirixido por C. Rey e J. B. Fernández, contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Guguerella. Trataba problemas da colectividade galega emigrada e realizaba un labor crítico coas asociacións galegas. No último número indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano, que non chegou a publicarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo aparecido en xaneiro de 1922 en Bos Aires que cesou a súa edición ao redor de 1930. Subtitulouse “Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina”. Dirixido por Antón Alonso Ríos, exerceu como voceiro da Federación de Sociedades Gallegas. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Vanguardia. Contou coa colaboración de Xulio Sigüenza, E. Blanco Amor, Xesús Calviño, Luis Araquistain, Ramón Villar Ponte, Miguel Revestido, Lois Peña Novo, Waldo Álvarez Insúa e outros. Mantivo unha relación moi directa co xornal ourensán La Zarpa. Incluía novas referidas a cuestións económicas, políticas e sociais, ademais de debates políticos que xurdían entre as diferentes sociedades, información interna da Federación, algunhas colaboracións literarias e artigos de carácter anticaciquil, agrarista e liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en La Habana a partir do ano 1966.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1842 e subtitulada “Produciones económicas-administrativas dedicadas a la juventud escolar”. De periodicidade irregular, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Núñez Castaño. No seu equipo de redacción figuraba Bieito Amor Losada. Tratábase dunha publicación de carácter científico, partidaria da liberdade de ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Madrid o 15 de febreiro de 1915. Cesou probablemente en decembro de 1916 (nº22). Dirixiuna Aurelio Ribalta e subtitulouse “Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo. Publicada por Aurelio Ribalta”. Inicialmente, tiña unha periodicidade mensual, pero a partir do nº15, quincenal. A súa aparición provocou a toma de conciencia da intelectualidade galeguista da Coruña de cara a configurar as futuras Irmandades da Fala. Contiña informacións da actualidade galega na sección “Crónica Gallega” e artigos sobre cuestións lingüísticas, as seccións literarias “Poetas de hoxe” e “Poetas de onte”, e prosas divertidas no apartado “Repinicos de gaita”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico semanal da emisora FM Radio Cosmos de Sierra Grande, en Río Negro (Arxentina). Presentábao Xerminal Filgueira todos os domingos á mañá e ofrecía informacións tratadas cun agudo acento crítico.