"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Representa nos seus cadros escenas e tipos populares cargados cunha mirada amable. Exhibe desde mediados dos anos setenta e tamén traballa como ilustradora de libros (Apuntes para una historia). Dirixe a Agrupación Arco Iris de   pintores   mozos da Guarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alicia Martínez del Hoyo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Amalrico de Bène e ás súas doutrinas.

    2. Partidario das doutrinas de Amalrico de Bène.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario dominical aparecido en Ourense o 14 de xuño de 1866 e que cesou a súa edición a finais de abril de 1867. Foi editado na imprenta de Agustín Moldes. Fundado e dirixido por Alexandre Quereizaeta, tiña como seccións: “Editorial”, “Noticias”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetilla” e “Anuncios”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago en 1866 e subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales y materiales del país”. As seccións “Sueltos con noticias de interés general”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetillas” e “Anuncios”, incluían sobre todo novas referidas a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra en dous tomos publicados respectivamente nos anos 1733 e 1736 en Santiago de Compostela. Constitúen unha serie de relatos baseados en lendas e antigos cronicóns sen aval de rigor científico. O seu autor foi Francisco Manuel de la Huerta (1697-1752). Froito das súas viaxes son os Anales, nos que recompilou cantos datos puido sobre xeografía, historia e arqueoloxía de Galicia. O seu carácter barroco revélase na súa inclinación polo fantástico. Pese a ser un home estudoso da historia, a súa obra foi cualificada polos ilustrados da época como moi pouco acertada e fiable, chea de tópicos xa desterrados. O Padre Sarmiento afirmaría do seu autor que semellaba escribir sobre Galicia dende a Patagonia ou California. A obra foille dedicada ao Apostolo Santiago, o que valeu ao seu autor a gratificación e recoñecemento do Cabido catedralicio de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo bilingüe de carácter sindicalista aparecido en outubro de 1987 na Coruña. Incluía informacións referidas ao sindicato, aos mestres, ás eleccións sindicais e demais temas do mundo do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Barros Silvelo, editada en 1875 na Coruña, na que interpreta os restos arqueolóxicos de Galicia -tanto os megalíticos como os castrexos- como “recordo das primitivas razas célticas”. Trátase dunha obra modélica para a súa época, tanto polo contido (declaradamente celtista) como polas ilustracións (elaboradas segundo a súa visión romántica). Historiograficamente, cómpre salientar que abriu un camiño, que o tempo demostrou errado, na investigación arqueolóxica xa que consideraba que as semellanzas formais entre os monumentos, mesmo se estaban moi distantes no espazo e no tempo, eran o resultado dunha unidade xenética e dun parentesco entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Xosé Verea y Aguiar publicada en 1836. Encádrase dentro da corrente historiográfica romántica, iniciada por el mesmo na Historia de Galicia que escribiu, onde introduce por vez primeira o celtismo como modelo de explicación dos restos arqueolóxicos e dos feitos prehistóricos, co fin de subliñar o carácter diferencial da historia de Galicia, reivindicándoa como nación fronte a outros territorios da Península Ibérica. Principia así unha longa escola que guiará a moitos historiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano aparecido na Coruña en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter anual editada polo Grupo Voz iniciada no ano 1984. Coordinada por Luci Garcés, conta con seccións mensuais dedicadas a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo acontecidos ao longo do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de Mendoza (Arxentina) aparecida en 1960, órgano da “Peña Cultural Rosalía de Castro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral gratuíta aparecida en xaneiro de 1979 e subtitulada “Revista de Información de las Artes Plásticas en Galicia”. Fundada e dirixida por Carlos Barcón Collazo, colaboraron nela: Fernando Mon, Carlos G. Bayón, Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo Torrente Ballester, Xavier Costa Clavell, Siro López, Mario Costa Clavell, Pilar Corredoira, Remixio Nieto e Laureano Álvarez. Editada pola SAF (Asociación Artistas de Ferrol), contén entrevistas, comentarios sobre exposicións, concursos amais numerosas fotografías. A propia revista participou en 1982 na I Feria Internacional de Arte Contemporáneo (ARCO) e organizou en 1986 a I Exposición Internacional de Revistas de Arte. Xa en 1994, outorgóuselle a copa de honra á mellor promoción de arte Ránking Internacional de Prestigio en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito pola man do home, sen ser obra da natureza.

    2. Que non é natural ou espontáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na psicoloxía de Piaget, estado mental do neno que cre que todos os obxectos e fenómenos exteriores son obra do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...

    VER O DETALLE DO TERMO