"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PRAIAS

    Praia da enseada de Rianxo, na parte oriental do concello de Boiro, situada entre a praia Supicho, ao L, e a praia e punta Budión, ao NO.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aglutina.

    2. Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.

    3. Material que serve para trabar os morteiros. Tamén pode facer referencia ao material que nun muro serve como elemento de unión entre as pezas que o forman como argamasa, terra ou barro.

    4. Na fundición, substancia empregada para evitar que a area que compón os moldes se disgregue. Empréganse como aglutinantes a arxila, a fariña, a dextrina, o aceite de liñaza, a melaza, o vidro soluble e, cada vez máis, as resinas fenólicas e de furfural.

    5. Substancias líquidas (viscosas) que solidifican co paso do tempo e nas que se dilúen os pigmentos pitóricos unindo e amalgamando as súas partículas.

    6. Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

    7. Por oposición ás linguas monosilábicas (chinés) e ás linguas flexivas (latín), termo da lingüística do s XIX co que adoitaban caracterizar certo tipo de linguas. É pouco usado porque se basea nunha teoría xenética indemostrable segundo a cal toda forma flexiva xurdiu pola aglutinación de dúas palabras, sendo a segunda reducida a un elemento formal (desinencia ou similar). As linguas aglutinantes serían as que se atopan nun primeiro período deste proceso, as palabras fórmanse ao xuntar a unha raíz afixos dotados dunha soa función gramatical, aínda discernible (éuscaro, xaponés, finés).

    8. Característica que mide a calidade da hulla para a obtención do coque empregado na siderurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome finlandés das illas Åland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cartógrafo estremeño. Foi o primeiro que explorou as costas da California e o val do Colorado, onde recolleu materiais para a confección dun mapa, así como da costa occidental de México (1541).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Albariño histórico, elaborado e comercializado por Bodegas do Palacio de Fefiñáns pioneiro no etiquetado. Entrou no mercado no 1928, sendo premiado xa na Exposición Internacional de Barcelona de 1929-1930. Elaborado exclusivamente con uva Albariño, responde ás características dos viños da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega está dirixida por Juan Gil González Coreaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Ao ser proclamada a Segunda República, organizou un grupo paramilitar de dereitas, os Legionarios de Albiñana. En 1932 fundou o Partido Nacionalista Español e participou na revolta do Xeneral Sanjurjo. Foi detido en Madrid en 1936 e fusilado pouco tempo despois de comezar a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid. É autor de La prensa vallisoletana durante el siglo XIX: 1808-1894 (1977); coordinou diferentes obras colectivas, entre as que cómpre salientar, Historia del Mundo Contemporáneo (1981), Valladolid en el siglo XIX (1985), Historia de Castilla y León. Liberalismo y caciquismo (s XIX) (1986), Castilla y León: Geografía. Historia. Arte. Lengua. Literatura. Cultura. Tradiciones (1987); participou en numerosos congresos, tanto de temática galega -“Rosalía e Castela/Castela e Rosalía (1986), “El pensamiento de Castelao por contraste (1986)- como de política europea actual. É director da Revista de Investigaciones Históricas e membro da Real Academia de la Historia, da Fundación Internacional Rei Alfonso Enriques, do Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española e do Instituto Universitario Ortega y Gasset. Así mesmo, é vogal da Sección Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Foi inspector técnico-fiscal do Estado en Vigo. Tamén foi presidente do Real Club Naútico de Vigo, vicepresidente do Cine-Club Vigo e delegado do Estado na Zona Franca. Obtivo a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo o 27 de marzo do 1987. Publicou as novelas Iris y el viento (1954) e La boca tapada con agua (1956). Ademais destas dúas obras coas que chegaría a finalista do premio Fastenrath da Real Academia Española na súa edición do 1958, escribiu moitos traballos e deu numerosas conferencias sobre temas literarios, cinematográficos e fiscais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de Fórmula 1. Comezou pilotando karts aos tres anos, e ese mesmo ano gañou a súa primeira carreira. Aos oito anos (1988) acadou o trunfo na súa primeira competición oficial, o Campionato infantil de karts de Asturias, que volveu gañar ao ano seguinte, xunto co de Galicia. En 1991 gaña os de Asturias e País Vasco en categoría cadetes, e en 1993, 1994 e 1996 o de España categoría junior. No 1998 gaña o campionato de España, o París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford. En 1999 entra na Fórmula Nissan, no que gaña o campionato Euro Open Movistar. Daí pasou á Fórmula 3000, chegando a quedar cuarto na clasificación xeral dese ano. No 2001 debutou na Fórmula 1 coa escudería Renault, aínda que cedido a Minardi. No 2002 volveu a Renault, e no 2003 acadou a primeira victoria no Gran Premio de Malasia, á que se unen ese mesmo ano o de Hungría e o de Italia. No 2005, tras o GP de Brasil, acada o título de Campión mundial de Fórmula 1. Ese mesmo ano recibe o Premio Príncipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Representa nos seus cadros escenas e tipos populares cargados cunha mirada amable. Exhibe desde mediados dos anos setenta e tamén traballa como ilustradora de libros (Apuntes para una historia). Dirixe a Agrupación Arco Iris de   pintores   mozos da Guarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presidente e fundador do grupo empresarial galego JEALSA RIANXEIRA. Primeiro fillo dunha familia de catro irmáns. Aos 13 anos, os seus pais, que poseían unha pequena tenda de ultramarinos, envíano a estudiar a Vilagarcía de Arousa. Coa formación adquirida, ingresa na sucursal do Banco Hijos de Olimpio Pérez na cidade arousana. Con 18, abandona o seu emprego e retorna a Boiro para facerse cargo dunha pequena tenda familiar de tecidos e paquetería. En 1954, con tan só 25 anos, compra una máquina tricotosa manual, e crea a súa primeira empresa: JEALFER. En 1969, inaugura unha moderna fábrica de punto, en Vimieiro - Boiro, unha das poucas industrias textiles que sobreviven actualmente en Galicia. En 1957, casa con Purificación Escurís Batalla, membro dunha histórica estirpe conserveira galega, coa que terá cinco fillos. En 1958, aluga unha pequeña fábrica de conservas en Vilaxoán (Pontevedra), xerme da actual JEALSA, primeira empresa do sector de Europa e segunda do mundo, e propietaria da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor coñecido sobre todo como acuarelista, e sen dúbida un dos artistas españois máis recoñecidos neste campo. Inicia os seus estudios de arquitectura en 1946 na escola de Arquitectura de Madrid, carreira que abandona ao pouco tempo para dedicarse á pintura, volvendo á súa vila natal. De feito, ao ano de deixar os seus estudios realiza a súa primeira exposición como artista en Vigo e Pontevedra simultaneamente. Nestes anos, xunto con xente como Cuña Novás, forma parte dun grupo que edita a colección clandestina de poesía Benito Soto, na que Rafael Alonso realizaba o deseño das súas portadas. En 1952 produciuse un feito clave na carreira artística do pintor ao ser pensionado durante dous anos en París. O encontro coas novas tendencias pitóricas que se desenvolveron e se están a desenvolver na cidade da luz van marcalo profundamente. En París, Rafael Alonso empápase de todo o postimpresionismo, pero tamén do fauvismo, así como dunha refinada técnica que segue moito a Duby, para logo reinterpretar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. Profesor de Historia da Música, Historia da Arte, Estética Musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid (1987-1988). Como compositor estreou as obras Monodias mélicas, para viola e piano (1993); El sueño de una noche de verano, obra para orquestra (1996); Suite para piano (1996) e a musicalización do conto infantil Os paxaros cantores (1997). Outras obras da súa autoría son La leyenda de Azalequia y Nirostán, para piano (1981); Tres canciones sobre poemas de F.G. Lorca y una canción popular, para soprano e piano (1985); Nocturnos para once instrumentos (1987); Danza báquica y sentimental, para piano (1991); El cuerpo y el alma, para barítono e piano (1993); Sinfonietta en fa, para orquestra (1998). Pertence á Asociación Galega de Compositores dende 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa Tese de Doutoramento, lida en 1974, investigou as Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las Islas Británicas y medios de navegación baseándose principalmente no estudo do petroglifo de Borna e nas investigacións sobre as antigas embarcacións de coiro empregadas durante a Prehistoria para navegar polas costas atlánticas europeas. Realizou unha xira por Francia e Suíza en compañía do circo da Ciudad de los muchachos, experiencia á que dedicou un libro. É autor dos estudios Santos e barcos de pedra. Para unha interpretación da Galicia atlántica (1991), O camiño de Fisterra (1993), Creencias y tradiciones de los pescadores gallegos, británicos y bretones (1996), Navegantes, monjes y piratas de las costas atlánticas en la Alta Edad Media (1997). Foi colaborador de Zephyrus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia, Boletín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado isómero xeométrico do pregnano. Íllase principalmente da zona cortical das glándulas suprarrenais, da placenta ou dos ouriños de mamíferos preñados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi profesor de Montpellier e da Sorbona. Publica Le désir d´eternité (O desexo de eternidade, 1943), La découverte métaphysique de l´homme chez Descartes (A descuberta da metafísica do home en Descartes, 1950) e La philosophie du surréalisme (A filosofía do surrealismo, 1955), obras nas que propugna unha metafísica espiritualista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, tema da súa tese de doutoramento (1904). Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO