"OCU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

    1. Acción de desocupar ou desocuparse.

    2. Situación na que se encontra o que non ten traballo.

    3. olume da diferenza entre o número de horas traballadas e as que poderían traballar as persoas con capacidade para facelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desocupar ou desocuparse.

    2. Que está libre ou que deixou de ser utilizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar baleiro un lugar as persoas ou cousas que vivían ou estaban nel.

      2. Deixar libre un territorio ocupado militarmente.

    1. Sacar o que hai dentro dun recinto ou dun recipiente.

    2. Deixar alguén un traballo ou actividade na que estaba ocupado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de despreocupado.

    2. Falta de coidado ou de atención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de despreocupar ou despreocuparse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liberar a alguén de preocupacións.

    2. Liberarse dunha preocupación.

    3. Non prestar atención ou non coidar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de ata 30 m de lonxitude -dos que máis de 7 correspondían ao pescozo e 14 á cola-. A cabeza nos adultos medía uns 60 cm e pesaba de 10 a 11 toneladas. A etimoloxía do nome (gr διπλόος ‘dobre’ + δοκός ‘viga’) fai referencia a unha característica especial da columna vertebral; tiña pequenos ósos detrás da columna vertebral, cunha peza que ía cara a adiante, e outra que ía cara a atrás. As extremidades posteriores eran máis longas ca as anteriores. Posuían uns músculos poderosos que unían os ósos da pelve e as vértebras axudaban a manter en suspensión unha longa cola que terminaba nunha punta flexible coma un látigo. Malia a gran lonxitude deste animal, as enormes cavidades nas súas vértebras apuntan a que pesaba arredor dos 18.000 quilos. Alimentábase de fentos, ginkos, coníferas e do resto da vexetación que crecía nas pradeiras nese período. Tamén podía acceder ás copas das árbores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición artística que se celebra en Kassel (Alemaña) con carácter non comercial, e que se configurou como a gran plataforma de proxección das correntes máis novas da arte contemporánea. Naceu en 1955 no momento de recuperación e integración cultural de Alemaña baixo a iniciativa de Arnold Bold, pintor e profesor na academia de Kassel, e Werner Haftmann, historiador e teórico da arte. Ademais da mostra de 1955, Bode dirixiu as de 1959 e 1964, e en 1968 encargou a dirección da sección de pintura a Jan Lemming. Os directores posteriores foron Harald Szeemann (1972), Manfred Schneckenburger (1977 e 1987), Rudi Fuchs (1982), Jan Hoet (1992), Catherine David (1997) e Okwui Enwezor (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser documentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de documentar ou documentarse.

      1. Conxunto de documentos referidos a algo ou a alguén, reunidos ou presentados para un fin.

      2. Documento ou conxunto de documentos, procedente dunha autoridade competente que prové, entre outras cousas, a identidade dunha persoa, a súa filiación e o seu estado social e xurídico. Serven para a identificación persoal ou para acreditar algunha condición.

      1. Conxunto de técnicas e disciplinas informativas que se ocupan da recuperación e do estudo do documento, emitido nun proceso anterior, como fonte de información. Mediante a análise e o tratamento técnico das mensaxes, prepáranse para que a información sirva de fonte para acadar novos coñecementos ou para tomar decisións nas empresas, organizacións e institucións. O incremento da produción de información científica, técnica e divulgativa, entre outras, deu orixe a novos recursos e técnicas documentais. Entre outros, destacan as bases de datos ou as redes documentais e os novos soportes de datos que poden ser: fotográficos, como a fotografía, a fotocopia ou a telecopia; microformas, como o microfilme e a microficha; magnéticos, como as cintas magnetofónicas, as de vídeo e os discos magnéticos; ópticos, como o disco óptico; e magneto-ópticos.

      2. documentación automatizada

        Sistemas ou servicios de información nos que os datos se almacenan e se distribúen a través dun soporte magnético ou óptico, que permite a súa lectura polos ordenadores. Pódese consultar a través dunha rede documental. Presenta, segundo diferentes autores, catro grandes ámbitos de traballo: a teledocumentación, na que se integran as bases de datos en liña e o videotex; as tecnoloxías ópticas, nas que se integran os discos ópticos e os CD-ROM; os sistemas de xestión electrónica; e Internet.

      3. documentación bibliográfica

        Conxunto de informacións procedentes de libros, monografías ou revistas, que se lles ofrecen dun xeito organizado aos estudiosos ou ao persoal interesado nesas materias.

      4. documentación comercial

        Conxunto de documentos producidos por unha empresa, de orixe interna ou externa, como os catálogos de produtos ou os carteis, e susceptibles de ser conservados nos arquivos.

      5. documentación teatral

        Proceso de catalogación de todo tipo de materiais relacionados coas artes escénicas e, particularmente, co teatro. Adoitan ser libros, revistas, vídeos, fotografías, carteis, programas de man, cadernos de dirección, partituras de música para teatro, deseños escenográficos, máscaras, vestiario, elementos de escenografía, panos e todo tipo de materiais que poden dar conta dun determinado feito teatral. Amais das bibliotecas teatrais, entre as que destaca polo seu fondo a existente no Lincoln Center for the Performing Arts de Nova York, ou a do Institut del Teatre de Barcelona, tamén hai que salientar museos do teatro, como os que existen en Madrid, Barcelona ou Almagro, e o Centro Nacional de Documentación Teatral creado en Madrid polo ministerio de Cultura e o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música. En Galicia existe o Centro de Documentación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais; o Centro de Documentación María Casares, situado na biblioteca pública de Cangas; e...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de documentar ou documentarse.

    2. Que está fundado en documentos.

    3. Que está ben informado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos documentos ou á documentación.

      2. Que se fundamenta en documentos.

    1. Aplícase ao xénero cinematográfico desligado do cine de ficción que presenta a realidade cunha finalidade basicamente informativa. Malia que o documental naceu co cine, o auténtico apareceu con Nanook of the North (1922), de Robert J. Flaherty. Buñuel e os documentalistas norteamericanos dos anos trinta cultivaron o documental de denuncia social. Despois da Segunda Guerra Mundial adquiriu un grande auxe o documental de arte e viaxes, sobre todo en Italia. Posteriormente, desenvolvéronse o “cinema veritat” en Francia e o “free cinema” en Gran Bretaña. Nos anos sesenta e setenta, o documental tivo un papel decisivo no cine político e militante. Con posterioridade, o incremento de demanda televisiva absorbeuno con contidos históricos, científicos ou turísticos. Destacaron como documentalistas os norteamericanos Emile De Antonio e Frederick Wiseman, os franceses Marcel Ophulos e Claude Lanzmann ou o suízo Richard Dindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cinematográfica que presta un especial interese polo xénero documental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao documentalismo.

    2. Persoa que se dedica a facer documentais para cine ou televisión.

    3. Profesional ou estudoso que se dedica á preparación e elaboración de información científica para a súa difusión en diversas formas. Diferenciouse tradicionalmente do bibliotecario, porque trata cun material máis amplo e está á fronte dun establecemento informador, que pode carecer da presenza real de fondos. A presenza de numerosas bibliotecas especializadas, nas que a documentación e as técnicas documentais teñen moita importancia, permiten unha aproximación entre ambas as tarefas. Entre as súas funcións inclúense a recollida e organización da información, a conservación das obras de referencia, a resposta das consultas puntuais, a identificación das referencias, a orientación do usuario cara a fontes externas e a colaboración na difusión dos novos documentos que vaian chegando ao centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Probar ou xustificar algo con documentos.

    2. Proporcionarlle a alguén coñecementos ou informacións sobre algo.

    3. Recoller ou adquirir información sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fonte de datos, de calquera tipo, recuperables no tempo e no espacio. Na diplomática clásica, a noción de documento coincidía coa do termo diploma, que tiña un contido fundamentalmente xurídico. Na arquivística, son fontes de información que constitúen o fondo dun arquivo. Na súa orixe, o termo limitábase ás fontes escritas, pero ampliouse ata englobar diferentes tipoloxías documentais, dende os diplomas carolinxios, pasando polos libros e as cintas de vídeo, ata os CD-ROM. Nos centros de documentación e bibliotecas, compoñen a información rexistrada que se considera unha unidade nun proceso de documentación. A súa clasificación ten en conta diversos criterios: segundo a natureza do soporte, distínguese entre documentos en papel, en soportes magnéticos e ópticos; segundo o código empregado na mensaxe, diferénciase entre textuais, gráficos, iconográficos, sonoros, audiovisuais, tridimensionais, informáticos e multimedia; segundo o seu rigor científico, divídense en científicos, técnicos...

      2. documento primario

        Fonte de datos que contén información orixinal e reflicte os resultados directos da investigación. Poden presentarse baixo diversas formas: libros, publicacións periódicas, informes, actas de congresos, patentes, traducións, normas, teses e outros traballos académicos.

      3. documento secundario

        Fonte de datos que resulta do procesamento lóxico e analítico-sintético dos documentos primarios, sobre os que informa. Aparece en forma de boletíns, de resumos, de sumarios e de índices, bibliografías, catálogos de bibliotecas e catálogos colectivos.

      1. Escritura que expresa declaracións de vontade positivas ou negativas, ou ben, feitos e dereitos. Os documentos poden ser públicos, que son os que foron autorizados por un notario, un xuíz ou un funcionario público competente, coas solemnidades requiridas pola lei; ou privados, cando soamente foron asinados polos interesados, con ou sen testemuñas. Os documentos públicos poden ser notariais, nos que se inclúen as actas e testemuños, xudiciais, que se integran polas sentencias, autos, providencias e mandamentos, e administrativos, que comprenden os decretos, acordos, ordes e resolucións de calquera autoridade pública. Os documentos privados téñense por eficaces cando a parte a quen prexudique os recoñeza como lexítimos ou deixe transcorrer o prazo establecido de impugnación. Os documentos poden ser expresados en linguaxe natural, convencional ou en calquera outra expresión gráfica, sonora ou en imaxe recollida en calquera tipo de soporte material, incluídos os informáticos.

      2. documento auténtico

        Documento expedido pola autoridade ou funcionario competente no exercicio das súas funcións e que dá fe por el mesmo.

      3. documento constitutivo

        Documento que recoñece, reproduce ou renova un negocio xurídico.

      4. documento declarativo

        Documento que constata a situación á que se refire o mesmo documento.

      5. documento de crédito

        Documento que lle outorga ao posuidor lexítimo o dereito de obter a prestación que vai contida nel.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento acreditativo da personalidade individual do seu portador e titular. É obrigatorio para todos os cidadáns españois desde que cumpren catorce anos e voluntario para os menores. Expídeo o Ministerio do Interior a través dos equipos do DNI das comisarías do Cuerpo Nacional de Policía ou nas comandancias da Guardia Civil. Contén os datos persoais (nome e apelidos, sexo, data e lugar de nacemento, domicilio e filiación), unha fotografía, a sinatura do seu titular, os datos relativos á autoridade que o expide e un número, que é inmutable, permanente e intransferible. O documento debe renovarse periodicamente cada cinco ou dez anos, en función da idade do titular. A partir dos setenta anos é perpetuo. O DNI estableceuse polo Decreto de 2 de marzo de 1944. Ata a década de 1980 incluíanse entre os datos que recollía a profesión e o estado civil; as pegadas dixitais e o grupo sanguíneo permaneceron entre os datos que se incluían no documento ata 1990, cando se remodelou o seu formato, de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo que designa un documento histórico, como un tratado, un acordo, un pacto, unha paz, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ‘curro’ e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XV: “frey Johan de Curro” (doc ano 1407 en Clarinda de A. Maia, História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, nº 133, p 236); e no s XVI: “Juao do Curo” (doc ano 1589 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1433-1438), fillo de Xoán I. Coñecido como don Duarte, casou con Leonor de Aragón en Coimbra (4.11. 1428). Participou na conquista de Ceuta. Celebrou cortes en Leiria e Évora (1433, 1436 e 1438) e reformou a administración pública. Ademais lexislou sobre os señoríos e as terras da coroa, e prohibiu as cartas de privilexios señoriais (1434). Emprendeu o saneamento da moeda e cuñou escudos de ouro e reais de prata. Retomou a política de expansión en África e, trala resolución do conflito entre casteláns e portugueses da expansión atlántica no Concilio de Basilea (1435-1436), armou unha flota contra Tánxer dirixida polo infante don Enrique. A expedición fracasou e o infante don Fernando, mestre de Avis, quedou en poder dos musulmáns como refén da entrega de Ceuta (1437). Morreu a causa dun andazo de peste que afectou a Portugal (1437-1441). Escribiu o Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela e Leal conselheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO