"Perez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • GALICIA

    Escritor. É Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de bacharelato de Lingua e Literatura Española dende 1974. Dende 1986 vén traballando no eido da literatura oral tradicional de Galicia, especialmente dos ss XVIII, XIX e XX, tema sobre o que escribiu numerosos artigos nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e publicou varios libros, destacando entre eles: A poesía popular en Galicia 1745-1885 (1992), Historia da literatura popular galega (1994) e Escolma de literatura popular galega (1996). En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo “Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. En 1923 emigrou a Bos Aires onde colaborou en diversos medios xornalísticos como Caras y Caretas ou La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Destacado conferenciante, entre as súas publicacións salientan: El madrigal de las hermosas (1916), Los poemas de los pinos (1922), De los pazos gallegos (1922), Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio (1923), Penumbras (1923), Galicia madre (1944) e El perfecto optimista (1945). En 1970 deuse a coñecer en Bos Aires o volume Antología poética de Xavier Bóveda, nunha edición de Néstor Astur Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela e subdirector do Museo Nacional de Escultura de Valladolid, do que publicou unha guía en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Estudiou dereito na Universidad de San Bernardo de Madrid, cidade na que fundou a Federación de Abogados Laboralistas no ano 1958. Membro do PSOE desde 1954, obtivo acta de senador por Ávila nas eleccións de 1977 e foi elixido presidente do Senado tralos sufraxios de 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz, filla de Santiago Casares Quiroga. En 1939 exiliouse a Francia onde comezou a súa carreira de actriz. Foi considerada como un dos modelos máis destacados do mundo intelectual francés dos anos cincuenta e sesenta, sobre todo pola súa vinculación cos autores máis representativos do momento, en especial a súa relación con Albert Camus. Protagonizou, entre outros, os espectáculos teatrais Seis personaxes en busca de autor, de Pirandello; Yerma, de Federico G. Lorca, baixo a dirección de Margarita Xirgu; Os biombos, de Jean Genet; e Le diable et le bon Dieu (O diaño e o bo Deus, 1951), de J. P. Sartre. Colaborou con Albert Camus na tradución ao francés de pezas do teatro clásico español e estreou varias das súas obras. Traballou na Comédie Française (1952-1954) e posteriormente no Théâtre National Populaire. Despois de 1975 interpretou ocasionalmente algúns papeis en España. Participou tamén en diversos filmes, como Les enfants du paradis (Os nenos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense (1987), profesor de historia contemporánea de España na Universidade de Rennes II (1987-1988) e profesor de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do Colectivo de Historia Xerminal e impulsor en 1983 das Xornadas de Historia de Galicia de Ourense. As súas investigacións xiran ao redor do galeguismo, do movemento obreiro e da emigración. Colaborou en numerosos xornais e revistas, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario 16, e foi membro do consello de redacción da revista Grial. Participou na edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao (premio de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Entre as súas obras destacan O nacionalismo galego na Segunda República (1982), O galeguismo na encrucillada republicana (1985), Crise...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987), ampliou estudios no Archaeology Institut de Londres e foi profesor de prehistoria na Universidade de Vigo. Especializouse no estudo da ourivería castrexa e prehistórica en xeral. Colaborou, entre outros, nos libros Arqueoloxía e arte na Galicia prehistórica e romana (1995), Historia de Ourense (1996) e Nociones de tecnología y tipología en Prehistoria (1999). É autor de Os torques prehistóricos (1990), Los torques de los dioses y de los hombres (1992), The Sacred Torcs: Prehistory and Archaelogy of a Symbol (Os torques sagrados: prehistoria e arqueoloxía dun símbolo, 1998) e Trocado de Bande: arqueología de la religión en Galicia y norte de Portugal. É membro da Society of Jewellery Historians.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. En 1889 ingresou no convento dos padres escolapios, onde tomou tres anos máis tarde os seus votos simples. Deste lugar trasladouse aos conventos de Irache e San Pedro de Cardeña, onde ademais de rematar os seus estudios de ensino, profesou os votos perpetuos en 1886. Unha vez ordenado, foi enviado ao colexio de San Fernando de Madrid e despois ao de Granada, cidade na que comezou a estudar a carreira de Filosofía e Letras, que rematou na Universidad Central de Madrid. Foi reitor do colexio dos escolapios en Úbeda (1914-1915), do de Alcalá de Henares (1919-1922) e do de Sevilla (1922-1925). Despois foi trasladado ao colexio de San Antonio de Madrid, onde tamén exerceu como consultor provincial ata o seu asasinato no mes de agosto de 1936. Colaborou en varias publicacións como Revista Calasancia, Páginas Calasancias ou o semanario de Verín Nuevo Támega. Escribiu unha biografía do padre escolapio Faustino Míguez e elaborou varias composicións poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador profesional de fútbol. Coñecido como Carriega, principiou a súa carreira deportiva no 1947 como xogador no equipo da súa vila natal, o Arnoya. Logo ingresou na Unión Deportiva Orensana (Segunda División, 1949-1950), club no que permaneceu ata a tempada 1951-1952. Seguidamente, pasou ao Rácing de Ferrol, equipo que o traspasou ao Real Oviedo dous anos despois e no que se mantivo ata a tempada 1954-1956. Nos anos 1956-1957 xogou no Burgos CF, e logo marchou ao Cartagena (Terceira División), equipo no que rematou a súa etapa de xogador en 1961; a partir de 1962-1963 fíxose cargo da dirección técnica do club murciano. Entre 1963 e 1966 traballou como adestrador en Catalunya, primeiro no CD Tarrasa (Terceira División) e despois en Barcelona, no CD Europa (Segunda División, 1965-1966). Con posterioridade, dirixiu á Unión Popular de Langreo (Segunda División,1966-1968) e o Real Spórting de Gijón (Segunda División, 1968-1969) ata 1973, equipo que logrou ascender á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en Galicia en 1959. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Ávila e no Museo de Reproduciones Artísticas no Museo del Prado. Comezou a expoñer en 1969 e realizou, fundamentalmente, paisaxes estruturadas cunha xeometría case perfecta e cunha aparencia ríxida, pero solventada cunha paleta moi agresiva. Fundou con Falcón e Ferreiro o Grupo Eixo. Entre os premios que recibiu destacan a Medalla de Ouro da II Trienal Nacional de Arte de Santiago de Compostela de 1974 e a Medalla de Bronce da Bienal de Pontevedra de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante, bisneto dun dos fundadores da fábrica de lenzos e manteis creada na Coruña en 1686. Dirixiu esta empresa dende 1769 a 1791, período no que estableceu unha manufactura de indianas e lenzos pintados. Foi membro do Consulado da Coruña en representación dos fabricantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou Filosofía e Letras en Madrid. Foi letrado sindical por oposición (1965-1967), director xeral técnico do Goberno Civil de Pontevedra (1977-1979), coordinador (1979-1981) e director (1986-1996) de relacións laborais en Citröen Hispania SA, coordinador da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en Galicia (1980-1982) e presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (1996-1999). Iniciou a súa vida política como concelleiro de Vigo (1971-1973). Xa como membro do Partido Popular (PP), exerceu como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración (1982-1986), baixo a presidencia de Xerardo Fernández Albor. Foi deputado do Parlamento galego (1985-1989) e voceiro do grupo municipal do PP no concello de Vigo (1999-2001). No 2000 foi nomeado senador autonómico e ocupou a vicepresidencia primeira da comisión de Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xurxo Martiño, a súa obra caracterizouse polo emprego de temas relacionados coa cidade e a paisaxe urbana, sen integrar a figura animal e humana, para crear así un ambiente de absoluta soidade. Artista conceptualista, aproximouse ao surrealismo pero nalgunha das súas formas é herdeiro da tradición grecolatina. Entre as súas obras destacan a serie Campus Stellae, Far West (Val de Soneria, s/n) (1995), Finis Terrae (1994-1995) e Azul II (1994-1995). En 1985 participou nunha mostra colectiva organizada no Círculo Mercantil de Santiago de Compostela e dende entón realizou exposicións individuais e colectivas. Entre as primeiras destacan a do Modus Vivendi (Santiago de Compostela, 1986), a do Club Financiero Atlántico-Galería Trinta (A Coruña, 1992) e a da Galería Minotauro (Santiago de Compostela, 1992). Participou, entre outras mostras colectivas, en Arco 1992 e 1993, na Bienal de Pontevedra de 1988, onde obtivo un accésit, no Festival Interceltique de Lorient...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Docente na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Letras polas universidades de Navarra e Santiago de Compostela e doutorouse en 1973 (El habla de Feás -anexo 15 de Verba-, 1976). Membro do Instituto da Lingua Galega desde 1971, colaborou con esta institución na elaboración dos métodos Galego I, Galego II e Galego III. Comezou a súa investigación no ámbito da lingua galega con traballos como “Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)” (1974) ou “As vocáis e, o en rima na obra de Curros” (1977). Posteriormente, orientou a súa produción científica cara á literatura galega medieval: “Historia de la literatura gallega medieval” (Galicia Eterna, 1988); “Lírica medieval” (Galicia Eterna, 1978); “Un uomo non volgare” (1984), no que destaca o labor desempeñado polo humanista Angelo Colocci na conservación da lírica profana galego-portuguesa; “Cita na illa” (1998), que analiza o motivo poético do encontro dos namorados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixiosa. Pertenceu á orde da Compañía da Nosa Señora. En 1923 foi elixida provincial de México e, tralas persecucións ás que foi sometida, a orde á que pertencía fundou unha serie de conventos en Cuba e nos EE UU. En 1936 foi elixida xenerala da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade teatral no terreo do teatro escolar, e continuou co grupo Sarabela participando en case todas as súas montaxes, entre as que destacan Xacobe ou a submisión (1989); Madame de Sade (1991), polo que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Actor; As sillas (1992); Cama dous por dous para dous (1994); A Esmorga (1995); O lapis do carpinteiro (2000), traballo polo que obtivo o Premio María Casares ao Mellor Actor Protagonista no ano 2001; ou Sexismunda (2001), adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca. No Centro Dramático Galego interpretou o papel protagonista de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991). Participou ademais como actor noutras montaxes desta compañía, como A lagarada (1992), de Otero Pedrayo; Historia dun soldado (1993), de Charles-Ferdinand...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. A súa actividade teatral comezou a principios da década dos oitenta na compañía de teatro afeccionado Aurín, grupo co que colaborou en diversas montaxes ata 1990. No ano 1991 comezou os seus traballos profesionais con Teatro de Ningures e participou en Elektra (1992), O Polbo (1993), Tic-Tac (1995) que ten como fonte textos de Suso de Toro, Lugar común (1998) ou Fausto (2001). En 1991 traballou co Centro Dramático Galego nos espectáculos Así é, se vos parece e O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca. No ano 1996 entrou a formar parte do elenco estable desta compañía, para a que interpretou diversos papeis en O peregrino errante que cansou ao demo (1997), O bufón de El Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998). En 2001, volveu traballar co CDG no espectáculo A cacatúa verde. De forma ocasional colaborou con outras compañías como con Producións Teatrais do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Director de El Eco Franciscano, colaborou en distintas publicacións da época e destacou como orador. Publicou as obras Método breve y manual de canto litúrgico (1910) e La orden de las monjas clarisas en sus diferentes ramificaciones (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO