"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 24 de agosto de 1983 por Xosé Filgueira Valverde, Manuel Fraga, Felipe Fernández Armesto, Luís Moure Mariño, Manuel Chamoso Lamas e Manuel Varela Rey, entre outros. Foron os seus presidentes, Filgueira Valverde (1983-1985), Carlos Otero Díaz (1985-1990) e Francisco Puy Muñoz (1990). Entre as súas finalidades destacan a promoción e desenvolvemento de estudios e investigacións sobre temas sociais, especialmente, aqueles que teñen relación con Galicia e que se publican en diferentes coleccións. Estas coleccións divídense en Administración, Antropoloxía, Arte, Ciencia, Comunicación, Dereito, Economía, Educación, Europa, Historia, Igrexa, Informática e Letras, entre outras. Amais diso, organizan cursos de verán, encontros, xuntanzas e conferencias con fins didácticos. Para a súa realización colaboran con entidades de aforro e coas distintas administracións públicas.
-
PERSOEIRO
Rei de Wessex (871-899). Fillo de Etelwulf e de Osburga. Foi adoptado polo Papa León IV (853), quen se encargou da súa educación. Subiu ao trono á morte do seu irmán Etelred I (871). Loitou contra os dinamarqueses (893) e logrou ser recoñecido polos anglosaxóns; a partir dese momento restableceu a autoridade real e a unidade inglesa. Reformou a administración e o exército, redactou un código de leis, fundou unha escola palatina, e fomentou a cultura facendo traducir ao saxón as obras latinas máis importantes. A súa festa celébrase o 28 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo no que confluíron dous nomes de orixe anglosaxona Aelfraed formado por aelf ‘elfo’ e read ‘consello’ e Ealdfrith, formado por eald ‘vello’ e frith ‘paz’. Os elfos, procedentes na mitoloxía escandinava, eran os espíritos asociados ás forzas naturais que residían na auga, nas fragas ou nos montes. Moitos homes importantes da historia inglesa chamáronse Alfrid/Alfridus coma Alfredo o Grande (s IX), pero a difusión en Europa deste nome procede de Francia onde se fixo frecuente no XVII na forma Alfred. A festa de santo Alfredo (s IX), monxe bieito e Bispo de Hildesheim, celébrase o 15 de agosto. Este nome presenta como hipocorístico a forma Firuco.
-
PERSOEIRO
Trompetista americano de música de jazz. Creou unha orquestra no ano 1940. Autor da gravación Meets Kid Ory para trombón e trompeta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
É propietario e maître de Casa Alfredo (Mos), e o primeiro e actual presidente-fundador da Asociación Galega de Sumilleres. Paralelamente desenvolve un importante labor docente, impartindo dende 1997 cursos de sumiller.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor suízo de lingua francesa. Foi profesor de estética (1849) e filosofía (1854) na Academia de Xenebra. É coñecido, sobre todo, polos fragmentos extraídos do seu Diario íntimo. Os seus fragmentos de crítica literaria teñen un interese especial; expón un plan pedagóxico influído por Hegel. Escribiu tamén Theorie de l’education.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán nacionalizado suízo e un dos fundadores do Grupo 47. Escribiu novelas e narracións de moito éxito, sobre todo a autobiografía Die Kirschen der Freiheit (‘As cereixas da liberdade’) e a novela Sansibar oder der letze Grund (‘Zanzíbar ou o último fundamento’), que constitúe unha crítica do totalitarismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar poboado de árbores.
-
Plantación de árbores feita con finalidade ornamental, en parques e xardíns, ou destinada á produción de madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Girona na que se localizou un estrato de ocupación Chatelperronense, considerado como continuación do Musterense, ao que cobre. Superponse ao primeiro un Auriñacense arcaico, o de datación máis antiga das de Europa Occidental xunto co da cova de El Castillo. O xacemento arqueolóxico contén unha secuencia cronolóxica que, ademais dos anteriores niveis, conserva ocupacións do Auriñacense antigo, Solutrense superior, Perigordense superior e Epipaleolítico.
-
PERSOEIRO
Xornalista, fillo de emigrantes vascos e moi identificado con Galicia, foi presentador do programa Recordando a Galicia, que se viña emitindo dende 1939. Foi premiado o seu labor informativo en numerosas ocasións pola colonia galega da emigración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de arredar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de arredar ou arredarse.
-
-
Desprazar ou facer ir cara atrás.
-
Separar ou poñer lonxe algo ou alguén dun sitio.
-
Separar algo ou alguén dun posible perigo.
-
Botar para atrás a causa dun temor.
-
Separar a alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles.
-
Facer renunciar a seguir adiante con algo que acaba de iniciarse ou que se vai iniciar nun futuro.
-
Moverse cara atrás.
-
Pórse alguén a unha certa distancia dalgún sitio.
-
Abandonar alguén un proxecto ou idea por temor.
-
Separarse alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles. OBS: Acostuma ir seguido da preposición de.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto aos compromisos políticos internacionais. As súas orixes atópanse nos EEUU. Washington foi o primeiro en recomendar unha neutralidade absoluta respecto ás cuestións non americanas (1797). Esta doutrina foi reafirmada na declaración de Monroe (1823) e aplicada sistematicamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865). Se ben os norteamericanos participaron nas conferencias de Algeciras (1906) e da Haia (1907) e na Primeira Guerra Mundial, ao remate da mesma o senado opúxose ao ingreso na Sociedade de Nacións e volveuse ao illamento. Esta tendencia endureceuse progresivamente ata chegar á aprobación da leis de neutralidade (1935-1939) polas que se prohibía facer préstamos e enviar axudas a países en conflito. Trala Segunda Guerra Mundial a política estadounidense baseouse nun activo intervencionismo. Gran Bretaña seguiu esta tendencia no s XIX. Joseph Chamberlain mantiña que o seu país e as súas colonias debían formar un bloque...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partidario do arredismo.
-
-
de arredondar.
-
Con forma de esfera.
-
Dise do fonema no que ao pronunciarse se produce unha cavidade de resonancia anterior mediante a prominencia dos beizos. As vocais velares, /o/, /O/ e /u/ defínense, dese xeito, como arredondadas.
-
-
-
Acción e efecto de arredondar.
-
-
Fenómeno particular, da chamada labialización, que consiste nunha prominencia activa dos beizos na realización de certos fonemas, propiamente arredondados, ou doutros non arredondados por influencia inmediata dun que si o é.
-
arredondamento dos beizos
Proxección cara a fóra dos beizos que determina a formación dunha cavidade particular de resonancia diante dos incisivos e o peche do orificio de saída da emisión do aire, que modifica o efecto acústico de determinados fonemas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar forma redonda a unha cousa.