"beni" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que se utiliza para desexarlle ben a algunha persoa ou a algunha cousa.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Baix Maestrat, na chaira de Vinaròs (19.229 h [1996]). O 86% da superficie do concello dedícase á agricultura (árbores froiteiras e oliveiras). Destaca tamén a cría das aves de curral e a actividade pesqueira. A industria, moi desenvolvida e diversificada, converteuse no primeiro sector de actividade, destacando as ramas téxtil, química, conserveira e da construción. O sector comercial e de servicios tamén é moi relevante, favorecido pola explotación dos seus recursos turísticos, contando cunha gran cantidade de establecementos de hostalería. O Rei Xaime I outorgoulle carta de poboamento en 1236. Dende 1316 formou parte da encomenda da Orde de Montesa. En 1522 Carlos I concedeulle o título de vila. Durante a guerra das Xermanías resistiu un sitio de vinte días dos insurrectos, permanecendo leal á coroa. Os carlistas incendiárona en 1837, no transcurso da Primeira Guerra Carlista. Entre o seu patrimonio...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Plana (9.913 h [1996]). A súa costa ten dous sectores diferenciados: un areoso, ao S, e outro rochoso, ao N. O interior é un sector montañoso que culmina no pico Bartolo, de 736 m de altitude. O 50% da superficie do concello dedícase á explotación forestal. En canto á agricultura, os principais cultivos son hortalizas, cítricos, vide e oliveiras. As actividades industriais céntranse nos sectores téxtil, alimentario, madeireiro e papeleiro. As praias do seu litoral convertérono nun núcleo turístico no que proliferaron sobre todo as segundas residencias. Situado nun eixo natural de comunicación (a estrada de València a Barcelona pasa por alí), atopáronse restos romanos e dun casarío dos tempos da dominación islámica. En 1603 outorgóuselle a carta de poboamento. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de Sant Tomàs de Villanueva (s XVIII) e as ruínas do castelo de Montornès.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Marina Baixa, ao fondo dun sinclinal entre a gorxa do Llamp e a serra Gelada (50.040 h [1996]). O seu litoral, resolto en longas praias, converteuno nun dos principais centros turísticos do estado español. Dispón de 34.275 prazas hostaleiras en 145 establecementos (1998), 18.947 apartamentos dedicados ao aloxamento turístico e 4.562 prazas en 9 cámpings. O sector desenvolveuse a partir da década de 1960. En 1997 recibiu 1.022.768 turistas que pasaron un total de 9.450.847 noites en hoteis. A eles hai que engadirlles os que se aloxaron en cámpings (4.019 noites) e en apartamentos (36.340.935 noites), do que resulta un total de visitantes estimado en 5.184.169 persoas. O 56% dos turistas procedían do estranxeiro, máis da metade deles do Reino Unido. A ocupación hostaleira supera o 99% nos meses de xullo, agosto e setembro. O mes máis frouxo para o sector é xaneiro, no que o grao de ocupación descende ata o 82%....
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, situado ao NL da cidade de Murcia (7.862 h [1996]). Está bañado polo río Segura. A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan os cultivos de regadío, especialmente cítricos e hortalizas. As actividades industriais céntranse na elaboración de produtos alimentarios cos froitos do agro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Ribera Alta (12.178 h [1996]). Cultívase a maior parte da superficie do termo (1 332 ha). O regadío, onde se dan laranxeiras e hortalizas, é maioritario, mentres que o secaño, en retroceso, produce ervellos da Ceratonia, oliveiras e amendoeiras. Ten industrias alimentarias, de materiais de construción e de mobles, xunto coa tradicional industria do vimbio (cestos e cadeiras). O señorío pertenceu aos Jofré e despois aos Falcó. Dentro do termo está a torre de Mussa e as urbanizacións da colonia de Santa Ana e do Plan de Clotxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Safor, drenado polo río Xeraco (1.669 h [1996]). A laranxeira adquiriu o carácter de monocultivo. O sector primario ocupa o 50% da poboación activa. A actividade industrial redúcese á fabricación de envases para as laranxas. Foi un antigo casarío islámico. A igrexa parroquial, churrigueresca, é do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Camp de Morvedre, no val de Segó (1.978 h [1996]). Produce sobre todo laranxas, cultivos de horta e uvas moscatel. En 1394, o dominio da vila foi adquirido por Bernat Vives de Canyamars e os seus descendentes recibiron o título de condes de Faura.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Vall d´Albaida, nun terreo chan, accidentado ao NL pola serra de Solana (5.437 h [1996]). O termo está drenado polo río Albaida. O cultivo máis estendido é a vide, seguido en importancia polas árbores froiteiras e os produtos da horta. As actividades industriais comprenden os derivados da agricultura, establecementos téxtiles e fabricación de calzado e de garrafas. De orixe islámica, en 1240 foi repoboado por Xaime I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico.Recibiu dun Oscar pola súa interpretación no papel principal de La vitta é bella (A vida é fermosa, 1997), filme que obtivo un grande éxito a nivel internacional, con tres Oscars das cinco nominacións que tivo no ano 1999. Comezou no teatro en 1972 en Roma, nunha comedia titulada I Burosauri. Dirixiu e interpretou Tu mi turbi (1983) e participou como actor nas películas Berlinguer ti voglio bene (1977), Coffee and Cigarettes (Café e cigarros, 1986), The secret son of the Pink Panther (O fillo secreto da Pantera Rosa, 1993) e na produción francesa Asterix e Obelix versus Caesar (Astérix e Obélix contra César, 1999), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de benigno.
-
-
Que ten ou que mostra boa disposición cara a outra persoa ou cara a algunha cousa.
-
-
Non rigoroso ou severo. OBS: Xeralmente vai acompañado da preposión con.
-
Aplicado ao clima ou ás temperaturas, de acción suave, moderada ou saudable.
-
Aplicado a unha doenza, un tumor, etc, que non é grave ou maligno.
-
-
-
PERSOEIRO
Patrón da cidade francesa de Dijon. Sendo sacerdote de Esmirna (Asia Menor), foi enviado polo seu mentor, san Policarpo, a evanxelizar Galia. Desembarcou en Marsella e dirixiuse a Autun conducido por un anxo. Ao chegar a Dijon, negouse a participar nun sacrificio a Xúpiter que ofrecía o gobernador Aureliano, desobediencia que sería a causa dun longo martirio. Primeiro foi azoutado cunhas correas pero un anxo curouno. Logo obrigárono a comer as carnes dos sacrificios e metéronlle entre as uñas dos dedos ferros quentes. Encerránono, seguidamente, xunto con doce cans famentos, pero seis días despois atopárono deitado no seu leito tranquilamente. Os verdugos, buscando un suplicio ao que fose vulnerable, metérono nunha artesa de pedra con chumbo fundido, partíronlle o colo cunha barra de ferro e traspasáronlle o peito con dúas lanzas entrecruzadas. A lenda remata relatando que cando a súa alma saíu do corpo, os cristiáns de Dijon viron unha pomba branca voar cara ao ceo. É patrón da cidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Benignus e este de benigenus, composto por benus (forma antiga de ‘bo’) e genus (forma derivada de gen ‘xerar, producir’); xa que logo, ‘benévolo, amigable, bo’. Este era un nome de familia habitual na antiga Roma. San Benigno de Dijon (s II?) foi o lendario apóstolo da Borgoña francesa e patrón da cidade de Dijon, onde sufriu martirio. A forma hipocorística deste nome é Beni.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Baixo Segura, na horta de Orihuela (1.592 h [1996]). O Segura delimita o termo polo N. A economía baséase na agricultura de regadío, sobre todo no cultivo de cítricos. En menor medida hai cereais, viñas, oliveiras e hortalizas. De orixe islámica, foi propiedade dos baróns de Benijòfar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente do xermánico Bernhildis, composto por berin ‘oso’ e hild ‘batalla, combate’: ‘o combate do oso’; ou ben de Ben-hildis, de Ben, derivado de Band ‘bandeira’, e hild ‘guerreiro’, isto é, ‘a bandeira do guerreiro’. Houbo unha santa de orixe cordobesa con este nome, que foi martirizada no s IX. A súa festa celébrase o 15 de xuño.
-
-
Relativo ou pertencente aos benimeríns.
-
Individuo pertencente á dinastía benimerín.
-
Dinastía bérber do grupo Zenāta, chamado tamén marínida, que substituíu os almohades no dominio do norte de África (1269-1465). A época de máximo esplendor foi a dos reinados de Albūl-Hassan (1338-1348) e de Abū’ Inaān (1349-1358), despois da que comezou a decadencia. Realizaron numerosas incursións na Península enfrontándose aos cristiáns, como na Batalla del Salado (1340) fronte aos exércitos de Afonso XI. Os benimeríns fixeron moitas edificacións, especialmente en Fez, a capital. A madrasa de Qarawiyyīn, en Fez, foi un foco de cultura no occidente islámico.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Ribera Alta (1.757 h [1996]). Na agricultura predominan os cultivos de regadío, especialmente laranxeiras e hortalizas. Destaca o gando bovino, de orientación dupla, cárnica e leiteira. Lugar poboado de mouriscos, foi o señorío dos condes de Carlet.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino situado ao O do delta do Níxer, na actual Nixeria. Os seus creadores foron os binis. Acadou unha avanzada civilización de carácter urbano baixo a autoridade dun Rei sagrado, o oba. Este reino foi descuberto en 1485 polos portugueses, aínda que mantivo a súa independencia durante os catro séculos seguintes e tivo relacións constantes cos europeos. Arruinado no s XVIII polas constantes guerras, o imperio de Benin converteuse nese momento nun protectorado británico; en 1896, un pequeno grupo de británicos penetrou na cidade provocando un incidente que rematou cando os militares británicos derribaron as murallas da cidade, queimaron o pazo do oba e dispersaron a poboación. En 1914 incorporouse á colonia de Nixeria. Durante a época de apoxeo da cidade estado (ss XIII-XVII), xurdiu a célebre arte de Benin. No eido artístico desenvolveuse un tipo de escultura entroncada coa dos iorubas de Ife; trátase de cabezas, bustos e figuras humanas e de animais, feitos de bronce...
-
ENTRADA LARGA
Estado da África Occidental, situado entre os 12° e os 7° de latitude N e os 4° e 1° de lonxitude L. Limita ao L con Nixeria, con Togo ao O, con Burkina Faso e Níxer ao N e co golfo de Guinea ao S (112.622 km2; 5.781.000 h [estim 1998]). A capital é Porto-Novo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A chaira costeira resólvese cunha serie de barras litorais que pechan os esteiros dos ríos Ouémé e Couffo, deixando no interior lagoas. Cara ao interior, máis ao N, o terreo vaise elevando polo altiplano cristalino que ocupa a maior parte do territorio. Érguense relevos residuais formados por cuarcitas ou batolitos de granito. No NO, a serra de Atakora baixa en curutos paralelos cara ao Níxer, onde forma pequenos outeiros. O clima é ecuatorial no S e tropical no N. De S a N, as precipitacións diminúen. Os ríos do baixo Benin (Ouémé e Mono) desembocan no Atlántico. No alto Benin, os ríos Soka, Meke e Alibory son tributarios do Níxer, e o Pendjari, do Volta. No interior predomina...