"CIC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  •   Relativo ou pertencente ao epiciclo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunferencia descrita, segundo as teorías xeocéntricas, polo centro dun planeta. Ao mesmo tempo, o centro do epiciclo xira arredor doutro corpo celeste seguindo unha circunferencia de maior tamaño, chamada deferente. Na antiga teoría planetaria de Hiparco e Ptolomeo, a circunferencia deferente estaba centrada na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epicicloide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Curva descrita por un punto dunha circunferencia que xira sen esvarar sobre outra, de xeito que se manteñen tanxentes exteriormente. A súa ecuación é
    GRAFICO
    onde r é o radio da circunferencia fixa e a, o radio da circunferencia móbil. Se r=na, a epicicloide ten n cúspides (n, número natural). Se r=a, a curva dexenera nunha cardioide. Se r=2a, faino unha nefroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido graxo monoinsaturado que se localiza na graxa das sementes de diversas especies de plantas do xénero Brassica, nalgúns casos en proporcións bastante importantes como na colza. Pode producir certos trastornos cando se inxire en grandes cantidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos estreptococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estroncio.

    2. Que contén estroncio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exercer.

      1. Traballo ou práctica que ten por obxectivo a adquisición, o desenvolvemento ou a conservación dunha determinada facultade ou actitude.

      2. Cada unha das probas que se fan en certos exames.

      3. Traballo intelectual que serve de práctica das regras ou dos coñecementos dados nunha lección ou nunha clase.

    2. Conxunto organizado de movementos corporais racionalmente concibidos e dispostos para conseguir un desenvolvemento muscular ou un bo estado físico.

      1. Período legal dun presuposto de ingresos e gastos.

      2. Período de tempo, que xeralmente coincide cun ano natural, en que se fracciona a actividade económica dunha empresa coa intención de valorala a efectos económicos e contables e de medir os resultados.

    3. Conxunto de actividades relixiosas encamiñadas a obter unha mellora espiritual. O nome procede do libro de santo Ignacio de Loiola, Ejercicios Espirituales (1548). A sexta Congregación Xeral da Compañía de Xesús (1608) fíxoos obrigatorios para todos os xesuítas. Os exercicios ignacianos prolónganse durante un mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición en fascículos.

    2. Contracción involuntaria de diversas fibras musculares que son innervadas por un único filamento nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou está disposto en fascículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos feixes ou fascículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos cadernos formados por un curto número de pregos impresos dunha obra, que se publican e venden por partes de forma periódica.

    2. Conxunto de follas, fibras, flores, etc, que forman un grupo compacto en forma de feixe.

    3. Conxunto de fibras nerviosas ou musculares que xeralmente teñen a mesma función. No músculo, os fascículos están separados mediante vaíñas aponeuróticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicofármaco cunha potente acción anestésica e analxésica. É un po branco cristalino, soluble en auga e alcohol, cun sabor amargo. Empezouse a fabricar arredor de 1950 como anestésico intravenoso, pero deixouse de utilizar con este fin a partir de 1965 polos seus efectos secundarios, aínda que se seguiu empregando como droga. Nun rexistro coloquial coñécese coa expresión po de anxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vasos procedentes da Magna Grecia que representaban escenas das comedias populares dos ss IV e III a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que só se coñece en disolución, onde se comporta como un electrólito forte. Cos metais forma fluorosilicatos. Emprégase como axente estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fráncico.

    2. Lingua do xermánico occidental, falada polos francos. Os seus dialectos antigos eran o ripuario, o do Mosela, o renano, o meridional e o do leste. No dominio galorrománico influíu, segundo algúns romanistas, sobre a diferenciación do francés respecto ao occitano, na ditongación en sílaba libre, na aspiración do h- ou en certas palabras, entre outros trazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se obtén da glicosa. Tamén se denomina ácido glícico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor croata. Coñecido como Giulio Clovio, traballou en Italia. Cultivou a miniatura e inspirouse en modelos de Michelangelo Buonarroti e Rafaello Sanzio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción interna do cordón posterior da medula espiñal. Está constituído por fibras ascendentes longas que proveñen dos segmentos dorsais inferiores e sacro-lumbares.

    VER O DETALLE DO TERMO