"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Sociedade recreativa e cultural fundada en Bos Aires en 1913. O seu primeiro presidente foi Afonso Veiga. Dedicouse a desenvolver actividades lúdicas e instrutivas como clases de música, canto, pintura ou lectura. Celebrou tamén actos conmemorativos, homenaxes e exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [ACG] Constituída en Asturias durante a Guerra Civil, nos últimos meses de 1936. Nun principio estaba conformada por un grupo de militantes anarquistas procedentes de diferentes puntos de Galicia (Santiago, Noia, A Coruña, Espasante, Cariño, Marín, Bouzas e Vigo), refuxiados en Asturias nos comezos da sublevación militar. O principal obxectivo desta asociación era o de agrupar e organizar os libertarios fuxidos de Galicia, chegando a reunir 600 afiliados nos primeiros meses da contenda. Mantiveron unha forte actividade antifascista na área asturiana non ocupada, levando a cabo unha ampla campaña de propaganda, dirixida, sobre todo, aos mariñeiros da flota pesqueira con base en Asturias, Euskadi e Cantabria. Neste sentido, tentaron constituír sucursais da agrupación en Santander e Bilbao, chegando a funcionar a de Euskadi, aínda que por pouco tempo. Por outra banda, a ACG realizou un importante labor de asistencia aos afiliados e evadidos, tentando cubrir as necesidades de alimentación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ó inicio da Guerra Civil Española, o número de refuxiados galegos en Asturias superaba os 7.000, destacando pola súa importancia os militantes e simpatizantes anarcosindicalistas. Este colectivo comezou a organizarse a comezos do inverno de 1936-1937, creando a Agrupación Confederal Galaica en Asturias coa intención de prestar asistencia a evadidos e promover a incorporación dos galegos residentes en Asturias a unidades militares controladas pola CNT. Na constitución da agrupación, participaron cadros moi coñecidos da CRG, como Alfonso Fandiño, de Santiago, Serafín Varela, de Lugo, Melquíades Lestón, de Porto do Son, ou Miguel Vázquez Valiño, de Noia. Andando o ano 1937, a Agrupación foi recoñecida con carácter informativo polo Comité Nacional da CNT cando xa contaba con cerca de 600 afiliados e unha delegación en Bilbao. Pouco antes da caída da fronte do Norte, o seu exemplo espallouse a Madrid, Valencia, Barcelona, Cartagena e Girona, onde entre 1937 e 1938 se artellaron as dúas Agrupacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de compañías e grupos de teatro creada en Vigo en 1978 co obxectivo de desenvolver proxectos que garantiran condicións de estabilidade na produción, distribución e exhibición teatral, así como reforzar a continuidade na organización da Mostra de Teatro Galego e das Xornadas de Teatro, de ámbito ibérico. Nela participaron agrupacións como A Farándula, Escoitade, Teatro Popular Keyzan, Máscara 17, Saudade, Teatro Popular Galego (despois Artello), Alén e Xiada, se ben cedo xurdiron diferencias entre elas e o movemento rematou por se disolver en 1980. Entre as iniciativas que desenvolveron cómpre salientar un proxecto de Teatro Estable Galego e unha proposta de Escola de Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral que principiou a súa andaina en 1926, ano no que presentou o espectáculo O menciñeiro, a partir do texto homónimo de Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida, coa dirección de Emilio Nogueira. Nos anos sucesivos presentaron novos espectáculos creados a partir de textos representativos da dramática da época escritos por autores como Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos, Avelino Rodríguez Elías, Herminia Fariña Cobián ou Armando Cotarelo Valledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización católica feminina fundada na cidade de Lugo o 19 de febreiro de 1932. A súa constitución respondeu á necesidade que o movemento tiña de estenderse por aqueles lugares nos que a súa influencia non era moi forte. Esta agrupación formou parte dunha etapa de fundación masiva de organizacións católico-femininas que, entre 1932 e 1933, se orixinou en toda Galicia. Aínda que dun carácter interclasista declarado fomentaron a afiliación do sector obreiro. A directiva estaba formada por mulleres pertencentes a familias dun nivel social e economicamente alto. A súa fundadora e presidenta foi Mercedes Sánchez Arrieta, unha personaxe fundamental para a comprensión do movemento católico galego da época. A Agrupación Femenina de Lugo abrangueu toda a provincia e artellouse nunha ampla rede de delegacións comarcais, municipais e parroquiais. Desenvolveu unha importante actividade, coa continua celebración de mitins e actos sociais e políticos. Esta grande actividade debeuse, en gran medida,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada na Coruña o 9 de abril de 1933, previa disolución, ese mesmo día, do subcomité coruñés da denominada Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano-Americanas y Cruzada de Mujeres Españolas, que se creara o 1 de xullo de 1932. Acollía a mulleres pertencentes á burguesía ilustrada coruñesa. Foi presidida por Elvira Bao de Varela, era secretaria Amparo López Jean, que sería socia das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, e presidenta da organización en 1934. Nos seus estatutos, aparecen como obxectivos: “Contribuír por todo medio lícito ao triunfo da paz e fraternidade humana, da xustiza social e da democracia, defender o réxime republicano, defender os dereitos femininos dese momento e traballar polos non recoñecidos aínda, impulsar a cultura, especialmente a feminina, practicar a beneficencia e a asistencia social, procurar lecer ás asociadas, etc”. A Agrupación declarou que non estaba afiliada a ningún partido político pero actuaría con tendencia francamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual editado pola Agrupación Fotográfica Compostelana. Incluía información sobre as propias exposicións e mostras de fotografía de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en Ribadavia o 22 de febreiro de 1967 por Víctor López Quijada, Hipólito Fernández González e Xoán A. Gómez Vázquez, coa intención de promover e divulgar a fotografía. Destaca o seu interese polos aspectos técnicos e artísticos e a formación de afeccionados, coa organización de cursos, conferencias, proxeccións e prácticas de laboratorio. Tamén prepara exposicións en Ribadavia, (especialmente a mostra Gentes y paisajes del Ribeiro de 1968), Ourense e outros lugares. En 1969, crean o I Salón da Fotografía Galega e en 1970 o Trofeo Galicia para premiar as mellores fotografías do Salón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Lugo en 1959 para a formación e promoción de fotógrafos. Entre as súas actividades sinalamos: cursiños de laboratorio fotográfico, exposicións monográficas, concursos, proxeccións e conferencias. Destaca a organización do concurso Folla do Carballo a nivel estatal e o patrocino do Salón Galaico-Portugués de Fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo creado en 1938 pola agrupación Galicia pro Centro Galego de Buenos Aires, na que se inclúen novas e informacións diversas da propia sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade formada por un grupo de guitarristas afeccionados e profesionais que, ao redor do profesor Antonio Uxío Mallo, se xuntaron para tocar e intercambiar coñecementos e partituras. A primeira xuntanza tivo lugar en xaneiro do 1977 en Vigo, á que asistiron 9 persoas, logo consideradas socios fundadores, e en xaneiro de 1978 solicitouse a inscrición da AGG como sociedade legal, aprobada a nivel galego polo Ministerio do Interior en novembro do mesmo ano. Organizouse nunha serie de centros locais (Pratteln en Suíza,Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela) e contou con socios non vinculados a centros locais (Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Negreira, Guláns, O Carballiño, Cangas e Tui) e socios correspondentes fóra de Galicia. O conxunto estaba dirixido por un centro coordinador elixido por votación en asemblea xeral anual; as xuntanzas trimestrais e as asembleas xerais do centro coordinador eran rotativas. Iniciou a formación dunha partituroteca e dunha biblioteca guitarrística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira socialista da vila de Viveiro. No ano 1904 contaba con 14 afiliados. Mantivo un gran labor propagandístico e organizou unha folga que mantivo paralizadas ás minas da Silvarosa e Choupín durante máis dun mes. As demandas que reclamaban ao sector patronal eran: aumento de salario, melloras nas condicións de traballo e seguridade na mina. Desapareceu á altura do 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO