"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
GALICIA
Xornalista. Escribiu no periódico decenal El Vencejo (1905-1906) e tamén o dirixiu. Despois colaborou no semanario El Aloya (1907-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Bilbao (1972), comezou a súa carreira profesional como analista de sistemas na firma viguesa Gispert SA (1973-1976). En 1979 accedeu ao consello de administración do grupo CUPIRE-PADESA, do que se converteu en director xeral, e no 2001 foi nomeado conselleiro-delegado. Baixo a súa dirección, o grupo valdeorrés, tradicionalmente dedicado en exclusiva á elaboración de lousa para a construción, iniciou un proceso de expansión comercial que o levou a ser o primeiro produtor mundial de pedras ornamentais, grazas á apertura e consolidación de novos mercados de exportación para a lousa e á súa introdución noutros sectores, como o graniteiro. Forma parte das xuntas directivas das principais asociacións profesionais do ramo, como a Asociación Gallega de Pizarristas, a Federación Nacional de Pizarra e a Federación Nacional de Piedra Natural, e presidiu a delegación española no grupo de traballo de cubertas de lousa do Comité Europeo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor ourensán. Foi autor dunha Historia civil y genealógica de Galicia (inédita) e, segundo M. Murguía, da falsificación, xunto co seu irmán, da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños. Traduciu as Xeórxicas de Virxilio (1686).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto. Licenciado en Canons e Leis pola Universidad de Salamanca, foi bolseiro do colexio de Fonseca antes de obter a cátedra de Clementinas (1586). Elixido membro do Consello de Indias, participou na elaboración das Leis de Indias. Foi autor, segundo M. Murguía, xunto co seu irmán, da falsificación da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando e da Curia Filípica, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciouse en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Coruña. Foi deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1837-1839 e 1840-1841 e presidente da Comisión Provincial de Instrución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Xurisprudencia e en Filosofía e Letras, e catedrático de Latín e Lingua castelá no Instituto de Santiago de Compostela. Publicou Gramática latina (1879), Ejercicios de tradución latina convenientemente dispuestos, que contienen [...] (1882) e Gramática castellana (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Comezou a traballar con formatos de 4,5 x 6, 6 x 9, 6,5 x 12 e 35 mm. Participou por vez primeira nun concurso fotográfico en 1929. Durante a Guerra Civil española tomou diferentes imaxes das frontes nas que estivo cunha cámara Retina. En 1946 participou activamente na fundación da Agrupación Fotográfica Galega, da que foi presidente (1954-1969) e na que dirixiu o seu boletín informativo. Foi o impulsor en Vigo de El Banco del Celuloide ou Cinemateca e, na década dos sesenta, un dos fundadores do Cine Club Vigo, do que tamén foi presidente. A partir de 1970 realizou unha serie onde incluíu ourivería relixiosa e diversos elementos etnográficos como hórreos e cruceiros; ademais especializouse en imaxes nocturnas de Santiago de Compostela e Vigo. Tivo un papel destacado na I Fotobienal de Vigo (1984). En 1996 celebrouse unha exposición monográfica sobre a súa obra. Recibiu o premio de honra no IV Concurso Rexional da Agrupación Fotográfica Galega (1953) por unha imaxe titulada “Esteiro”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e investigador. Licenciado en Filoloxía Románica, desde 1986 é profesor de lingüistica románica e occitana na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu artigos relacionados coas interferencias lingüísticas e o plurilingüismo medieval, estudios de literatura románica medieval, artigos de crítica textual e filoloxía humanística. Colaborou en diversos proxectos de investigación, como “Los animales en la lírica amorosa románica en la Edad Media” (1990-1992) ou “El vocabulario bélico en la lírica amorosa románica de la Edad Media” (1992-1994). Participou no Dicionário de Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993). É membro da Société de Linguistique Romane, da Association Internationale d’Études Occitanes e da Asociación Hispánica de Literatura Medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ourense e en 1975 ingresou na École Nationale Supérieur des Beaux Arts de París. Foi un dos membros do grupo Os Artistiñas cos que participou, entre outras, na mostra Sete artistas galegos (1965). En 1954 realizou a súa primeira exposición de debuxos no Liceo Recreo de Ourense. Nos seus principios abordou temas e referentes galegos (Bacallaos, 1964), pintou obxectos que o rodeaban, naturezas mortas e paisaxes. Dende os anos setenta, as súas obras enchéronse de personaxes, fundamentalmente mulleres. Na década dos oitenta realizou obras de intenso colorido como prolongación do seu interese polo cromatismo como forma de expresión, que levaban implícito un certo hieratismo que remite ao expresionimo galego tradicional, e comezou tamén a traballar en series, das que destacan, Walkirias, Cachondas de Paraguay, Jazz em Streckstrump (1987) e a serie das terrazas, iniciada a mediados dos oitenta. Nos anos noventa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Participou nos espectáculos Don Hamlet, príncipe de Dinamarca e Os vellos non deben de namorarse, presentado este último pola Asociación Teatral Iberoamericana na Coruña en 1959 e 1961. Continuou a súa andaina teatral na compañía Tespis, coa que actuou ata 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Clarinete da Banda Municipal de Santiago de Compostela e posteriormente o seu director (1921), escribiu os poemas sinfónicos Río Umia e El Pórtico de la Gloria e as zarzuelas La Virgen de Cristal e Ronsel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu a docencia e publicou a novela Loita (1927) na colección Lar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia da Arte, foi catedrático na Escola Universitaria de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2000 profesor de arte na facultade de Xeografía e Historia. As súas investigacións céntranse no estudo da pintura galega dos ss XVIII e XIX e da arquitectura galega contemporánea. Pertenceu ao equipo de investigación “A actividade artística dos mosteiros beneditinos galegos” (2000-2002) e dende 1977 ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi membro da comisión asesora do Parlamento de Galicia para a adquisición de obras de arte (1994-1996) e do consello de redación da revista Adaxe. Colaborou en Arte galega. Estado da cuestion (1990), Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (1995), Artistas galegos pintores (ata o romanticismo) (1999) e San Miguel dos Agros (2001). Escribiu Un Siglo de pintura gallega: 1750-1850 (1991) e, con X. M. López Vázquez, Gregorio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1940-1945), na Escola de Artes Plásticas e no Taller Libre de Arte de Caracas. Traballou como debuxante publicitario. A súa obra pictórica achegouse ao surrealismo. Cultivou tamén a escultura e a serigrafía. Realizou exposicións na Coruña, Vigo, Barcelona, Caracas e Múnic, e participou, entre outras mostras colectivas, na de Pontevedra con Centroamérica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de San Fernando de Madrid e foi mestre do Rei Carlos de Portugal. Cultivou a paisaxe, próxima ao realismo de C. de Haes, o retrato, baseado no debuxo e no que captaba a psicoloxía das personaxes, e a pintura de historia. Da súa obra, destacan María Pita, Defensa de Lugo, Confurco, Na eira e Mariña. A súa obra está presente, por exemplo, na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Graduada en artes aplicadas e oficios artísticos na especialidade de interiorismo, ampliou estudios en diversos cursos e talleres. Partiu da figuración para achegarse á abstracción. Utilizou técnicas mixtas como o gravado, a cerámica e o óleo na procura dunha ambigüedade tomada das formas da natureza con formas óseas e vexetais, das diferentes texturas ou das cores. Nas instalacións de Wood Blood (2001) analizou a intervención do home na natureza. Comezou a expoñer en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1988), Premio Penagos (Madrid, 1991-1992), Galicia Terra Única (1997), Salon d’Art Contemporain des Pays Celtes (Lorient, 2000) e na VII Mostra Unión Fenosa (2001). Formou parte, en diversas convocatorias, do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Autor Galego do Certame Internacional de Debuxo X. Pérez Villaamil (1990). A súa obra está presente,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Comezou os seus estudios musicais con Eulogio López Masid, que continuou en Santiago de Compostela, Barcelona e Murcia, e perfeccionou en Portugal, Inglaterra, Italia e Suíza. Foi bolseiro da Xove Orquestra de Galicia e profesor da Orquestra da Comunidade Autónoma de Galicia, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Ourense e A Coruña. Como fagotista, actuou coa Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia, Orquestra de Porto, Orquestra das Nacións e coa Orquestra da Radiotelevisión de Kiev. Director fundador da Masa Coral de Berres e director titular da Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia, dirixe, así mesmo, a Orquestra Sinfónica Reveriano Soutullo.
VER O DETALLE DO TERMO