"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Proceso de industrialización co conxunto de transformación económicas e sociais que comporta. O termo designou os cambios que introducira a industrialización na sociedade inglesa, que comezou na segunda metade do s XVIII, e desde onde se difundiu a outros estados europeos, ata as primeiras décadas do s XIX. Supuxo o cambio dunha sociedade rural a unha urbana e do traballo manual e doméstico ao emprego de máquinas e as fábricas. Baseouse en diversos factores. O crecemento demográfico produciuse grazas ao descenso da mortalidade, que provocou un rexuvenecemento na poboación. As innovacións da agricultura co emprego de máquinas e, entre outras, de técnicas da rotación de cultivos, produciron un aumento da produción que permitiu, por unha banda, o aumento demográfico e, por outra, que un excedente de poboación que non atopaba traballo no campo se transferise á industria. Empregáronse novas fontes de enerxía e materias primas. Inglaterra contaba con abundancia de algodón, ferro e carbón. Na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario que provocou o destronamento e execución de Carlos I de Inglaterra (1649) e o establecemento dun réxime novo, a Commonwealth, baixo a protección de O. Cromwell. Tamén se inclúe a etapa en que Cromwell gobernou ditatorialmente, ata a súa morte en 1658. A historiografía inglesa divídea en dous períodos: a guerra civil e a revolución puritana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acontecementos producidos en Inglaterra entre 1688 e 1689. Coñecida como Revolución Gloriosa, determinou a caída do rei católico Xaime II de Inglaterra e o ascenso ao trono do protestante Guillerme de Orange-Nassau (Guillerme III de Inglaterra) e da súa muller María II de Inglaterra, filla de Xaime II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa da historia de México que vai desde a revolta que provocou a caída de Porfirio Díaz (1910) ata a consolidación do movemento revolucionario coa presidencia de Venustiano Carranza (1914-1920). O triunfo da revolución representou a derrota dos partidarios do antigo réxime, a toma do poder por parte da burguesía e a posterior neutralización dos elementos revolucionarios máis radicais, os agraristas. Díaz dimitiu a consecuencia dunha serie de motíns populares iniciados a finais de 1910, e substituíuno o seu opositor Francisco Ignacio Madero (1911-1913), quen se tivo que enfrontar a un amplo movemento popular en Morelos, dirixido por Emiliano Zapata, que reclamaba a repartición dos grandes latifundios entre o campesiñado. Madero utilizou un xeneral da ditadura porfirista, Victoriano Huerta, para vencer a insurrección, pero este tomou o poder e tentou reinstaurar a ditadura militar conservadora. Mentres, no norte, o terratenente moderado Venustiano Carranza, estableceu o Plan de Guadalupe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso revolucionario que puxo fin á autocracia dos tsares e levou á instauración dun réxime socialista en Rusia. Levado a cabo durante 1917 diferéncianse dúas fases: a Revolución de Febreiro, que forzou a abdicación do Tsar Nicolao II, e a Revolución de Outubro, que deu o poder ao partido dos bolxeviques. O movemento revolucionario de 1905 amosou que Rusia era unha “polvoreira”, e a Primeira Guerra Mundial coas repetidas derrotas do exército ruso e a desfeita da economía, foi o detonante que a fixo estoupar. A finais de febreiro de 1917 a insurrección xeneralizouse nas principais cidades, onde xurdiron movementos revolucionarios e soviets, co que o goberno imperial tivo que dimitir. O comité executivo da Duma converteuse nun goberno provisional con predominio liberal, baixo a presidencia do príncipe G. E. L’vov. Nicolao II abdicou en favor do seu irmán o gran duque Miguel, quen non tentou reinar, e a monarquía quedou en suspenso. O goberno provisional preconizou a continuación da guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario que tivo lugar en Rusia en 1905, que comezou co Domingo Vermello. Entre finais de 1904 e principios de 1905, mentres as derrotas dos exércitos rusos a mans dos xaponeses minguaban a confianza no tsar, o éxito da folga dos traballadores do petróleo en Bakú fortaleceu o movemento obreiro. O domingo 22 de xaneiro (9 de xaneiro, segundo o calendario xuliano vixente en Rusia), unha gran manifestación pacífica tentou entregarlle ao Tsar Nicolao II un memorial onde se demandaban melloras nas condicións de vida, liberdades democráticas e a convocatoria dunha asemblea constituínte. A manifestación foi disolta con brutalidade e deseguido comezaron folgas en numerosos centros industriais, que evolucionaron en auténticos movementos revolucionarios. A inminencia dunha folga xeral forzou o Tsar Nicolao II a anunciar a convocatoria dunha Duma polo Manifesto de Outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de novembro de 1931 como voceiro da “Sociedad Obrera de Cultura”, entidade na que coexistían socialistas, comunistas e libertarios. Desde o mes de decembro o periódico só vai reflectir a posición dos comunistas pontevedreses, en competencia cos socialistas polo control da Federación Local de Trabajadores e a Federación Agraria Comarcal. Inicialmente participaron na redacción anarcosindicalistas como Desiderio Comesaña ou Francisco Iturralde, a partir do nº 4 albíscanse tras artigos apócrifos significados militantes obreiros e agrarios do PCE, como Manuel García Filgueira, Domingo Costas ou Manuel Gama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 17 de marzo de 1846. Cesou no número 3. Subtitulado “Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia”, funcionou como órgano de expresión deste organismo durante o pronunciamento de 1846. Dirixido por Antolín Faraldo e editado nos obradoiros da Viuda e Hijos de Compañel, tivo unha saída moi irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 8 de outubro de 1868. Subtitulado “Periódico liberal de Santiago”, foi fundado e dirixido por Bernardo Barreiro, quen tamén participou na redacción xunto a Miguel López. De corte federalista e editado nos obradoiros de Pato, foi o primeiro xornal republicano de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alterar profundamente ou excitar o estado de normalidade dalgunha cousa.

    2. Provocar un movemento revolucionario contra o poder establecido.

    3. Provocar un cambio extremo ou transformar radicalmente algunha cousa.

    4. Dotar de máis ou menos revolucións a un motor.

    5. Pórse en estado de excitación ou perder a calma, alterando a súa normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á revolución.

    2. Que constitúe, provoca ou forma parte dunha revolución.

    3. Que é novo e orixinal.

    4. Que ou quen é partidario ou participa nunha revolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de movementos revolucionarios que axitaron Europa entre febreiro de 1848 e o verán de 1849, que tiveron como substrato común a crise económica de 1846-1847, o rexeitamento dos réximes autoritarios e a exaltación do sentimento nacional, pero diferiron nos seus obxectivos. Mentres que en París e Viena se loitou principalmente pola implantación ou ampliación do constitucionalismo, en Italia, en Alemaña e na maior parte do Imperio Austríaco as revolucións pretenderon a constitución de estados nacionais rexidos por sistemas democráticos. Iniciáronse en Francia, coas revoltas de París dos días 22-24 de febreiro e derrocaron a monarquía de Luís Filipe I de Francia, formándose un goberno provisional que proclamou a Segunda República Francesa. En Italia os revolucionarios reivindicaron constitucións liberais, a expulsión dos austríacos e a reunificación da península. En Austria, o primeiro levantamento de Viena (13-15 de marzo) provocou a dimisión de K. Metternich e o outorgamento dunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución salina fisiolóxica que contén cloruros de sodio, de potasio e de calcio, e eventualmente doutros sales, que son os principais sales do líquido que baña normalmente as células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Licenciado en Filoloxía Románica polas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, é profesor na Universidade da Coruña, tradutor e colaborador en diversas publicacións, como La Voz de Galicia. É autor das antoloxías Invitación á narrativa (1983), onde ofrece unha visión da narrativa galega desde o s XIX ata a década de 1980; Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (1986), en que recolle o proceso de renovación poética da década de 1970; Horizontes poéticos (2002), onde inclúe entrevistas e unha antoloxía de diversos poetas; e Poetas galegos do século XX (2004). Escribiu tamén o estudo monográfico A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario. Foi xefe provincial de gandaría de Las Palmas (1967-70), director do Centro Nacional de Selección e Reprodución Animal de Galicia (1970-1985) e director xeral de produción agropecuaria e industrias agroalimentarias da Xunta de Galicia. Publicou Raza vacuna rubia gallega: Evolución, situación actual y perspectivas zootécnicas (1978) e Razas bovinas autóctonas de Galicia (1992). Foi nomeado Comendador de Número da Orden Civil do Mérito Agrícola (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Destacada feminista, foi unha das fundadoras da organización libertaria feminina e redactora e directora de Mujeres Libres (1936). En 1938 ocupou a secretaría do consello xeral de Solidariedade Internacional Antifascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia do Eixo (Santiago de Compostela) e desemboca na de Reis (Teo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Xallas que nace na parroquia de Olveira e desemboca na de Olveiroa, ambas as dúas no concello de Dumbría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular das Pequenas Antillas, situado ao S de Martinica e ao NL de San Vicente e as Granadinas (616 km2; 158.000 h [estim 2001]). A súa capital é Castries (17.803 h [2000]).
    Xeografía
    É unha illa volcánica e montañosa (monte Gimie, 950 m de altitude), con costas recortadas e cubertas de bosque. O dominio climático é tropical marítimo. A súa economía baséase no sector primario con cultivos de bananas, copra, manga, cacao e outras, complementados co gando ovino e cabrún. A actividade pesqueira é suficiente. A industria resíntese da falta de minerais, e as principais son as alimentarias, do papel, a téxtil e os produtos eléctricos. A illa goza dunha boa rede de estradas, o porto principal é Castries e o aeroporto internacional, Hewanorra. Importa, de EE UU, bens de consumo e maquinaria, e exporta, a Reino Unido, bananas e calzado. A balanza de servizos é favorable grazas ao turismo.
    Sociedade e goberno

    Diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO