"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada no centro urbano da cidade da Coruña. É un areal de 610 m de longo e 22 m de ancho, ventoso e de forte oleaxe. Obtivo en diversas ocasións o distintivo de Bandeira Azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio municipal de fútbol situado na Coruña e inaugurado o 28 de outubro de 1944, aínda que a inauguración oficial foi no encontro España-Portugal do 6 de maio de 1945. Proxectado polo arquitecto Santiago Rey Pedreira en 1939, é o escenario dos partidos que o Real Club Deportivo de La Coruña disputa como local. O terreo adquiriuno o concello por 300.000 pesetas e a construción do complexo deportivo para a práctica de fútbol, hóckey e atletismo, superou os cinco millóns de pesetas. Destaca polo monumentalismo ilustrado, cun deseño típico da arquitectura monumentalista alemá de entreguerras. Cunha capacidade para 34.600 espectadores, foi escenario de varios encontros internacionais da selección española e nas súas instalacións acolle tamén o museo do Real Club Deportivo da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadavia. Emprazada na Praza Maior, pertenceu aos condes de Ribadavia que se instalaron nela no s XVII. Conserva un patio na parte superior que comunica co castelo por medio dunha porta. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Sarmiento, os Castro e os Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cudeiro (Ourense). De planta irregular, semellante a un rectángulo con patio interior, ten planta baixa e un andar e cuberta a catro augas. Sobre a porta principal atópase a pedra de armas, que alude aos Deza e os Villamarín, rodeada de molduras e decorada con placas. A fachada principal ábrese ao Camiño Real. Ten unha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rosende (Sober). Ten planta en forma de L, con planta baixa e dous andares que se abren nunha das fachadas laterais cara ao xardín en dúas amplas balconadas. Está rodeado dun muro que pecha a propiedade na que se atopan varias construcións anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilanova dos Infantes (Celanova). Realizada en cachotaría, ten un balcón de madeira montado sobre catro canzorros e cuberto. Destacan os escudos de armas dos Arias, Taboada, Ulloa e Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quembre (Carral). Ten planta rectangular de grandes proporcións e cuberta a catro augas. Realizouse en cachotaría con cantaría nos vans, linteis e esquinais, e conta cunha galería de madeira ao nordés que se lle engadiu no s XX. Na fachada posterior atópase un escudo do s XVIII que alude aos Salazar e Alvarado. Conta cunha capela dedicada a san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sillobre (Fene). Realizada en cachotaría, ten planta rectangular e dous andares. A entrada principal ten un arco de medio punto e unha inscrición, posteriormente inscribiuse nela unha porta arquitrabada. Na á esquerda da vivenda consérvase un forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lavadores (Vigo). Data de finais do s XVII, ten planta en forma de U e leva un muro pechando os extremos dos corpos laterais, cun portón de entrada, cun escudo oval. Construído en cantaría, conta cun patio cunha escaleira de pedra que leva ao andar principal. Na fachada posterior destaca unha ampla solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subespazo vectorial do espazo vectorial de funcións numéricas (definidas nun conxunto e valoradas nos reais O) tal, que se f é do subespazo, o valor absoluto Y f Y, o ínfimo de f e 1, son do subespazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade maia de Guatemala que coñeceu o seu máximo esplendor durante os ss VII e VIII. Nela escaváronse templos, edificios administrativos, palacios, vivendas e tumbas que pertenceron a individuos nobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Liáns (Oleiros). Ten planta en forma de L con dúas alturas, e un patín polo que se accede desde o patio á planta superior. Destaca o balcón de ferro fundido erixido sobre ménsulas de granito. Conserva a capela, que se comunica co edificio principal por un pasadizo con balaustrada, e o portalón de pedra. No xardín atopáronse restos arqueolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cuíña (Ortigueira). Ten un corpo principal con forma paralelepípeda realizado con cachotaría e cuberto de lousa a catro augas, e conserva a capela e as antigas cortes dos cabalos. Rodéase dun muro con ornamentación nas pilastras da entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. En 1934 afiliouse ao Partido Comunista de España (PCE) e organizou a primeira célula do partido en Curtis, da que foi nomeada secretaria, e o Sindicato de Oficios Varios. Durante a Guerra Civil Española foi condenada a morte, pero conmutárolle a pena e foi posta en liberdade condicional en 1943. Regresou a Galiza, e colaborou novamente co PCE e coa guerrilla que estaba organizada nos montes. Emigrou a Bos Aires e reiniciou a súa militancia comunista, incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas participando na comisión feminina e na de cultura. Escribiu Testimonios de la Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo. A súa fundación está vinculada con Pedro González de Rivera a finais do s XVII. Ten planta en forma de U cos seus extremos laterais pechados por un muro e portalón de entrada que dá acceso ao patio. Destaca a solaina da fachada posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lagoa (Alfoz). Ten planta irregular e muros de cachotaría, cuberta de laxes. Conta con dúas alas de dúas alturas, ao igual que o corpo principal e ten unha capela acaroada a un dos corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome bretón de Rennes.

    VER O DETALLE DO TERMO