"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de escenificar.

    2. Proceso de creación dun espectáculo teatral. Comezouse a utilizar cando o director de escena asumiu un maior protagonismo nos procesos de creación teatral e converteu a dirección escénica nunha arte autónoma e independente, fronte a unha visión reducionista do espectáculo teatral que se baseaba no dominio da palabra como elemento central de significación e na que o rexedor, o primeiro actor ou o empresario, se limitaban a supervisar a elaboración dos decorados e do vestiario e establecían un xogo escénico elemental para acompañar o diálogo dos personaxes. Coa irrupción da figura do director de escena, e coas primeiras achegas de Xurxo II, Duke de Saxe-Meiningen, Konstantin Stanislavski, André Antoine, Adolphe Appia, Gordon Craig, Georg Fuchs, Otto Brahm ou Henry Irving, a realización teatral integrou novos elementos de significación como a música e a iluminación, apareceron novas correntes estéticas como o realismo e o simbolismo, desenvolvéronse novas teorías da interpretación e comezaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión de brillos de forma intermitente con distintas cores e intensidade variable.

    2. Produción de pequenas chispas luminosas por parte dun escintilador, orixinadas polos impactos de partículas de alta enerxía. A luz prodúcese por fluorescencia.

    3. Flutuación rápida no fluxo dunha radiofonte de pequeno diámetro aparente, situada nunha dirección que pasa polas proximidades do disco solar. Débese á presenza de inhomoxeneidades no gas ionizado que constitúe o vento solar, tal como as da baixa atmosfera terrestre producen a escintilación da luz das estrelas. Foi predita por V. L. Ginzburg no ano 1956 e vinte anos despois descubriuna A. Hewish.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás especies vexetais que viven na sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de determinar a hora pola sombra que proxectan os obxectos iluminados pola luz solar ou lunar.

    2. Arte de reproducir os obxectos en claroscuro. Utilízase sobre todo no debuxo arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á esciografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de escurecemento e endurecemento que sofre a cutícula dos insectos, grazas ao cal adquire dureza e resistencia mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura dura formada por un conxunto de hifas densamente entrelazadas, xeralmente envolta por unha cuberta protectora quitinizada. Aparece nalgunhas especies de fungos cando están sometidas a condicións adversas. Adoita ser rico en substancias de reserva e capaz de permanecer durante moito tempo en estado de vida latente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Conspirou co xeneral Caballero para depoñer o presidente Rivarola (1871) e dirixiu un movemento contra o presidente Jovellanos (1874). Foi presidente da República entre 1886 e 1890, e destacou no eido educativo coa promulgación da lei de ensino obrigatorio (1887) e a creación da Universidad Nacional (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que se encadra nas estruturas político-administrativas das distintas consellerías autonómicas de Educación, e que ofrece distintos módulos profesionais ou o Bacharelato de Artes, xunto a cursos breves sobre distintas artes e oficios artesanais. Naceron, sobre todo, durante o s XIX, a partir da Escola Obreira de La Montagne (Oise), fundada en 1780, transformada por Napoleón na primeira Escola Imperial de Artes e Oficios. Seguindo este exemplo, en 1824 creouse en Madrid o Real Conservatorio de Artes, que chegou a converterse en 1850 no Real Instituto Industrial, e en 1871 deu lugar á primeira escola oficial española de Artes e Oficios, que tomou como modelo as experiencias deste tipo existentes sobre todo en Rusia e en Francia. A partir de 1876 o goberno invitou as institucións locais e provinciais a crear estas escolas e nomeou como central a de Madrid (1886) e como de distrito a outras nove, unha delas a de Santiago de Compostela, potenciada pola Real Sociedad Económica de Amigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo da Administración galega, con sede en Santiago de Compostela. Creouse por Decreto da Xunta 163/1982, do 1 de decembro, como órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, por Lei 4/1987, do 27 de maio (modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), constituíuse en organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á consellería de Presidencia e Administración Pública, con personalidade xurídica propia e con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins, que, segundo o disposto na súa lei de creación, son: colaborar na realización das probas selectivas para o acceso á función pública e a promoción interna na Administración autonómica ou naqueloutras que llo encomenden por convenio, coa excepción das do persoal docente e sanitario; organizar e impartir cursos, seminarios ou calquera outra actividade de formación, selectivos ou de perfeccionamento, do persoal mencionado; realizar as probas e impartir os cursos selectivos descentralizados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta creada en 1855 polo Concello de Santiago, destinada á formación profesional dos hospicianos e a cubrir a demanda de material impreso do propio concello. Principiou o seu funcionamento en 1856, baixo a dirección de Juan Rodríguez Vielsa, grazas á axuda económica prestada polos irmáns e docentes Teodoro e Ramón Varela de la Iglesia. Chamada inicialmente Imprenta da Casa Hospicio, posteriormente denominouse Escola Tipográfica do Hospicio. Mantivo a súa actividade ata os primeiros anos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación en que se encontra un Estado en relación ao número de nenos en idade escolar e aos postos educativos de que dispón. Son moitos os factores que condicionan a demanda de educación e que repercuten directamente no proceso de escolarización. Así, o factor demográfico implica unha inmediata explosión escolar, aínda que esta depende moito do factor económico. Moitos países defenden que a educación é o mellor medio para consolidar e defender unha sociedade democrática. De aí que nos países máis adiantados a demanda social de educación medre constantemente porque as xeracións máis vellas tentan proporcionarlles ás máis novas unha formación superior á que eles tiveron coa idea de que a educación é un investimento primordial para o futuro. A taxa ou índice de escolarización determina a relación existente entre a poboación escolarizada e a escolarizable. Pode falarse logo de taxas ou índices altos, baixos ou deficientes. Unha escolarización deficiente prodúcese cando os alumnos están escolarizados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica española realizada en 1978. Foi dirixida por Luis G. Berlanga e interpretada por José Sazatornil, Luis Escobar, Antonio Ferrandis, José Luis López Vázquez e Rafael Alonso, entre outros. Trátase unha comedia que recrea a sociedade aristocrática da época final do franquismo. Destaca polos seus planos longos e a coidada delimitación dos personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escorificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Participou na Conspiración dos Numantinos, de carácter liberal, e exiliouse en 1824. Regresou a España en 1826. Entre 1847 e 1856 foi ministro da Gobernación, comisario real nas Filipinas e ministro plenipotenciario en Berlín. Cultivou a novela histórica á maneira de Walter Scott (El Conde de Candespina, 1832), lendas en verso (El bulto vestido de negro capuz, 1835) e dramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de escravizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de escriturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada na Coruña en 1903 por militantes do movemento rexionalista, como Galo Salinas Rodríguez ou Manuel Lugrís Freire, e por actores afeccionados, como Eduardo Sánchez Miño e Bernardo Bermúdez Jambrina. O seu primeiro espectáculo presentouse o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña. Foi a obra Filla!, sobre un texto homónimo de Galo Salinas e con dirección de Eduardo Sánchez Miño. Esa proposta ía acompañada de novas iniciativas que tentaban transformar esta escola nunha verdadeira compañía de repertorio, similar ás de Madrid e Barcelona. Entre os obxectivos que se propoñía o directorio da compañía estaba a formación de elencos, feito que constituíu unha das primeiras iniciativas orientadas á creación de institucións educativas de formación teatral, pois naquela época as escolas ou seccións de declamación pertencentes aos conservatorios eran as únicas encargadas da capacitación profesional de actores. En 1903, presentou A ponte, espectáculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista deportiva trimestral aparecida na Coruña en novembro de 1999 e editada por Canle de Comunicación SL. Dirixida por Juan Carlos Rodríguez Sánchez e distribuída por Editorial 9, inclúe información sobre bioloxía, arqueoloxía submarina, turismo náutico, pesca e fotografía submarina. Ademais, trata temas relacionados coa gastronomía e as rutas de ocio.

    VER O DETALLE DO TERMO