"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Presenta planta irregular e cuberta a catro augas. Destaca a solaina da fachada posterior sostida sobre pilastras e a escaleira de pedra do acceso principal. Conserva un patio e unha capela anexada ao muro que rodea o conxunto, que conta cun portalón alintelado e rematado en pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Alcabre (Vigo). Erixido en 1850, ten planta irregular con soto e unha altura. Posúe a máis importante colección de escudos heráldicos de Galicia. Foi reformado e, xunto cun edificio novo, constituíu un complexo hoteleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moraime (Muxía). Ten planta en forma de L con muros de cachotaría con cantaría nos ocos. No corpo máis curto ten unha escaleira exterior e patín cuberto. Conserva a pedra de armas na fachada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xornes (Ponteceso). Ten planta en forma de L con dúas alturas. Ten balcóns sobre canzorros as beiras da portada. Destaca a porta barroca con decoración de placas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Outes. Ten planta rectangular e presenta unha pedra de armas que alude aos Sotomayor, Mariño, Zúñiga e Lobera.
-
CAPITAIS
Capital del sheng de Hebei, China, na rexión Norte (1.068.439 h [2000]). É un centro agrícola de trigo e algodón situado na planicie do Hutuō He.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor xaponés. En 1893 fundou a revista Bungaku-kai, voceira do romanticismo xaponés. Escribiu o poemario Wakana-shū (Gromos novos, 1897) e a novela Hakai (Violación das ordes, 1906), coa que se converteu en abandeirado do movemento naturalista do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ostān de Fārs, Irán (1.053.025 h [1996]). Situada preto das ruínas de Persépolis, nunha chaira fértil onde se cultivan rosas e vides. Cunha industria diversificada, destaca a das alfombras. Núcleo central do Imperio Persa (s VII), a súa situación motivou ocupacións sucesivas: mongol (s XIII) e timúrida (finais do s XIV). Logo da florecente época safávida foi invadida polos afgáns e saqueada por Nādir Shāh (1744).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sigrás (Cambre). Ten planta en forma de L e realizouse en cantaría de granito e cachotaría recebada nos muros. Na fachada principal destaca un gran balcón de ferro forxado. Os brasóns aluden aos Queo, Ponte, Ribera, Parga, Luaces ou Montenegro.
-
PERSOEIRO
Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Secondo Tranquilli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico, do grupo das clorotriazinas, que actúa como herbicida e cuxo mecanismo de acción consiste en interferir a fotosíntese. Está autorizado sobre monocotiledóneas e dicotiledóneas anuais, en cultivos de millo en preemerxencia, en forraxe durante a parada invernal, en froiteiras e nalgunhas plantas hortícolas.
-
PERSOEIRO
Bibliógrafo. Catedrático emérito de Bibliografía da Universidad de Madrid, escribiu Bibliografía de la literatura hispánica (1950-1980) e Mil biografías de los Siglos de Oro. Índice bibliográfico (1985). En 1984 recibiu o Premio Internacional Nicolás Antonio de Bibliografía da Syracuse University, de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Grove. Ten planta en forma de L, con baixo e piso. Ten un balcón con balaustrada e solaina na fachada principal onde tamén se atopa un escudo do s XVIII que alude aos Correa. O acceso á planta alta realízase por unha escaleira lateral de pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sistallo (Cospeito). Proxectado a mediados do s XVIII por Clemente Fernandez Sarela, a obra fóralle encargada polo prior de San Xoán de Caaveiro. De estilo barroco, ten planta rectangular, dous pisos e cuberta de lousa a catro augas, sobre a que destacan as dúas chemineas de perpiaño. Sobre os muros da fachada sobresaen varias placas graníticas que molduran fiestras e portas. Sobre cada unha das tres portas de acceso da fachada principal hai un balcón e, sobre o central, sobresae o escudo de armas da familia. Na fachada O hai unha escaleira de pedra e o patín. Ten unha escaleira interior monumental con dobre balaustrada e construída integramente en granito. Conserva unha capela con retablo renacentista e un xardín cunha fonte de granito. O conxunto foi restaurado en 1973.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que declamaba ou cantaba as byliny.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pedrafita (Chantada). O edificio consta de tres corpos, o da torre, o intermedio -con porta de arco de medio punto- e o do corredor con escaleira de acceso á planta alta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Ten planta en forma de U que se desenvolve arredor dun patio. Destacan as dúas torres cadradas que, unidas por un corpo intermedio de menor altura, conforman a fachada principal. O conxunto conserva un hórreo e unha capela. Foi reformado durante a segunda metade do s XX.
-
-
axila.
-
-
Cada un dos espazos de forma máis ou menos triangular que conforma un arco ou círculo ao ser enmarcado ou inserido nun cadrado ou nun rectágulo.
-
Superficie de forma máis ou menos triangular que separa dous arcos.
-
Cada un dos catro triángulos curvilíneos situados entre os arcos torais, sobre os que descansa directamente o anel dunha cúpula.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sigrás (Cambre). Presenta un patio á entrada, ao fondo do que se alza o pazo. Realizouse con cantaría de granito e cachotaría e ten planta rectangular. Destaca a fachada cun balcón de ferro forxado. Na parte posterior ten un pequeno xardín cunha fonte e unha horta adicada a árbores froiteiras cun bosque de piñeiros. O conxunto completouse cunha igrexa e cunha zona de labradío que engloba o castro de Sigrás.