"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Epiderme da antera. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expatriar ou expatriarse.

    2. Tempo en que alguén está expatriado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espera, xeralmente atenta, curiosa ou tensa, de algo que interesa.

    2. Interese ou curiosidade que provoca a espera de algo que interesa e que se espera que aconteza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expectorar.

    2. Materia expectorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expedir.

      1. iaxe dun grupo de homes, naves, etc, cun fin militar, científico, comercial ou deportivo.

      2. Conxunto de persoas que realizan ou forman parte desa viaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonización e repoboación das terras da Patagonia e da banda oriental da Plata establecida por Carlos III. Tratábase dunha emigración controlada e dirixida polo goberno español que tivo como finalidade a colonización da Patagonia mediante o traslado de familias enteiras con membros aptos para os traballos agrícolas e artesanais. Os emigrantes procedían de Galicia, Asturias e León, e a súa selección (entre 400 e 500 persoas por expedición) correspondeu á Comisión de Expedición de Familias. A Facenda Real corría cos gastos previos ao embarque das familias. A primeira expedición partiu do porto da Coruña e a pretensión de crear dous establecementos en Bahía Sin Fondo e San Julián chocou coa oposición do vicerrei Vértiz. A derradeira expedición partiu en 1784.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de aventuras publicada en 1994, coa que Marilar Aleixandre acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil 1994 e o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria 1995, sendo a primeira vez que unha obra de literatura infantil e xuvenil levou este galardón. A acción sitúase no s XIX e nela cóntanse en primeira persoa as aventuras da narradora-protagonista, unha rapaza de doce anos chamada Emilia Goianes que escapa da casa e se agocha como polisón na goleta Resolución, para formar parte dunha expedición científica que ten como obxectivo realizar unha viaxe para explorar as terras do Pacífico e recoller mostras de plantas, animais e minerais. Cando o irmán de Emilia a descobre oculta no seu camarote, ambos deciden ocultar a súa identidade de muller baixo o disfrace dun rapaz ao que bautizan co nome de Marcos Goianes. Acompañan a protagonista da aventura un grupo de científicos, ademais do seu irmán, membro tamén da expedición. Intégranse na trama temas como as ideas feministas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expedición carlista contra Madrid (do 15 de maio a outubro de 1837), dirixida polo pretendente Carlos María Isidro. Saíu de Estella, atravesou Aragón, entrou en Catalunya e chegou ao Ebro a finais de xuño. Proseguiu cara a València e despois de atravesar Cuenca, chegou a Madrid o 12 de setembro. R. Cabrera e os outros dirixentes quixeron asaltar Madrid, pero o cuartel xeral ordenou a retirada. A expedición, perseguida por Espartero, que obtivo unha vitoria en Aranjuez o 19 de setembro, volveu directamente a Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen forma parte dunha expedición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transcrición dun crédito constitutivo da base dun contrato literal efectuada polo paterfamilias cedente no seu libro de contas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de experimentar.

    2. Método científico de investigación que se fundamenta na produción de experimentos e que ten como finalidade determinar se existe unha dependencia entre diversos factores, e cáles son as leis desta interdependencia. Así, trátase de medir, da maneira máis precisa posible, todos os parámetros dun fenómeno; en consecuencia, os aparatos de medir chegan a converterse en instrumentos indispensables para toda experimentación científica. Non obstante , é evidente que todos os parámetros non se poden medir nin observar simultaneamente, polo que son necesarios os experimentos que se denominan de control, nos que se manteñen todas as condicións iguais ás da experiencia principal, agás determinadas condicións ben definidas e consideradas como esenciais. Cando a confrontación dos feitos que se observan coas consecuencias da hipótese non poñen en evidencia algunha contradición, o estudio continúa mediante a experimentación. Esta experimentación pódese dividir en tres partes: o protocolo experimental,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expiar.

    2. Restauración, mediante unha acción humana, das relacións entre o home e a divindade, deterioradas polos pecados humanos. Nalgunhas relixións, as expiacións convertéronse en rituais periódicos institucionalizados. As prácticas expiatorias máis comúns son as purificacións rituais e, sobre todo, os sacrificios cruentos de homes ou animais. A esmola e as obras sociais teñen tamén un carácter expiatorio en determinados ambientes. Tamén a oración pode ter un contido expiatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de expirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de explanar.

    2. Acción de poñer plano un terreo por medios mecánicos, eliminando as súas irregularidades. Se se moven grandes cantidades de terra moi dura ou se o terreo é moi rochoso, empréganse explosivos e máquinas perforadoras; para o movemento e a preparación do terreo procédese á escavación, nivelación e escarificación. O acabado da superficie conséguese mediante máquinas aplanadoras e apisoadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento de planta de dimensións variables, que se sementa nun medio de cultivo estéril, provisto de todas as substancias minerais, elementos nutritivos e hormonas necesarias para o desenvolvemento da planta enteira ou dalgúns órganos particulares. Emprégase esta denominación nas modernas técnicas de multiplicación e saneamento de plantas por cultivo in vitro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de explicar ou explicarse.

    2. Cousa que fai comprensible algo.

    3. Xustificación que se dá como desculpa dunha actitude ou comportamento.

      1. Aquilo que dá lugar á comprensión de cómo ou por qué é algo. F. Bacon foi o primeiro en separar a explicación teleolóxica da explicación científica. Para I. Kant é o desenvolvemento das propiedades implícitas nunha noción ou concepto. Na filosofía da ciencia distínguense diversas concepcións. Para a corrente nemolóxico-dedutiva é o enunciado sobre un feito que se deduce do contraste con diversas ideas xerais; para os contextualistas é un proceso de comunicación polo que se fai intelixible unha cousa a outra persoa; e para os realistas é a exposición dos enunciados de tipo casual sobre os fenómenos.

      2. explicación teleolóxica

        Aquilo que produce comprensión ao dar a coñecer as cousas e as súas características, tendo en conta a contribución destas aos estados de ánimo, ao normal funcionamento e á consecución dos fins, das totalidades ou dos sistemas aos que pertencen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de explorar.

    2. Localización dun campo particular de datos nun arquivo, que se efectúa mediante a comparación de cada un dos campos cunha norma predeterminada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de explotar.

    2. Conxunto de instalacións e actividades aplicadas ao funcionamento dunha empresa agrícola ou, por extensión, industrial, ao longo de todo o proceso de produción e comercialización. Segundo o destino dos produtos obtidos, pode ser autárquica, se producen exclusivamente para consumo dos propietarios e dos traballadores dunha maneira directa, ou comercial, se se destina ao mercado e á obtención de beneficios. Segundo o vínculo dos traballadores á explotación e, concretamente ás terras, a explotación pode ser directa ou indirecta. Na directa, o traballador tamén é propietario das terras e, por tanto, da explotación. Cando o propietario e o traballo dunha explotación recaen en persoas diferentes, son indirectas, e nestes casos os traballadores vincúlanse ás terras en virtude duns determinados contratos, entre outros, arrendamentos e parcerías. Pode ter un carácter colectivo, en ocasións co Estado como propietario, como no caso do sovkhoz soviético,...

    3. Utilización de nenos para actividades laborais. A Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou en xuño de 1999 un convenio que prohibiu a escravitude infantil, a explotación sexual e o traballo perigoso, incluído o recrutamento forzoso de nenos para utilizalos en conflitos armados, aplicado aos menores de 18 anos. O convenio esixiu aos países membros a aplicación de medidas eficaces e de sancións penais para aqueles que o incumpriran. Segundo estimacións da OIT, só nos países en desenvolvemento traballan uns 250 millóns de nenos, dos que a metade están a xornada completa e o resto compaxina traballo e escolaridade. Os primeiros intentos de frear a explotación infantil proceden dos reformistas de principios do s XIX, que pretendían paliar os abusos aos nenos no traballo industrial, establecendo normas que limitasen a idade laboral e os horarios. A primeira lei relevante neste sentido ditouse en 1878; establecía a idade mínima para traballar aos 10 anos e limitaba a 12 horas a xornada...

    4. Análise do proceso no que a clase dominante se apropia, en cada etapa histórica, da diferenza que existe entre o valor dos bens no mercado e o valor medido polo traballo incorporado na súa produción. A existencia desta diferencia entre os valores mencionados é a base para a obtención dun excedente; a achega de K. Marx foi a demostración do feito de que este excedente non se distribúe entre a forza de traballo que a xera. No sistema capitalista recibe a denominación de plusvalía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exportar.

    2. Bens e servicios dun país que se exportan. Cando as transaccións se fan con mercadorías denomínase exportación visible, e invisible cando se tratan de servicios (seguros, xuros, fretes) por conta doutro país. A importancia que se lle concede ao mantemento dun saldo favorable na balanza comercial impulsou o establecemento de medidas por parte dos gobernos para favorecer a venda de mercadorías (desgravacións fiscais, créditos á exportación, subvencións).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de expoñer(se) ou expor(se).

      1. Explicación dun tema ou asunto por escrito ou de palabra.

      2. Escrito en que se pide ou se reclama algunha cousa, xeralmente presentado a unha autoridade.

      1. Manifestación pública organizada de produtos agrícolas, industriais, científicos ou artísticos para promover a produción, o comercio e a cultura, e, ao mesmo tempo, estimular o interese público. Poden ser rexionais, nacionais ou internacionais, e especializadas ou xerais. A decadencia das feiras europeas tradicionais debido ao desenvolvemento do comercio internacional, especialmente desde o s XVIII, levou á organización das exposicións internacionais. Estas foron creadas coa finalidade de mostrar o progreso na produción industrial e tiveron un interese comercial baseado na publicidade dos produtos expostos. Non obstante , non foron moi rendibles polo que foron substituídas, en parte, polas feiras de mostras. No s XIX desenvolvéronse tres tipos de exposición, as que pretendían promocionar produtos industriais dunha determinada rexión ou país, as que buscaban a conmemoración dalgún acontecemento histórico e as de carácter universal. No eido das exposicións rexionais organizadas en Galicia...

      2. Mostra de obras de arte. Pode ser periódica e extraordinaria. As periódicas comprenden todos os tipos de arte e teñen as súas orixes nos salóns franceses. En 1856, por iniciativa do ministerio de Fomento, organizouse a primeira Exposición Nacional de Bellas Artes, que tivo a súa orixe nas mostras organizadas pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. En 1882 trasladou a súa sede ao Museo de Ciencias Naturales e aos palacios Velázquez e de Cristal no Parque del Retiro. Acadaron un grande auxe no s XIX pero continuaron a celebrarse no s XX malia a aparición doutros canais de difusión da arte como as galerías. Mostraban as diferentes ramas da arte: pintura, gravado, escultura e arquitectura. O máximo galardón era a medalla de honra, ademais das medallas por seccións. Os premios non tiñan contía económica pero si a adquisición de obra por parte do Estado. Foron o medio de difusión da arte académica e oficial. No eido internacional cómpre destacar a celebración dende 1895 da Bienal...

      3. Conxunto de cousas expostas.

    2. Contacto existente entre unha persoa e unha mensaxe publicitaria, que ten como obxectivo a presentación pública de diferentes produtos para fomentar a súa venda, produción ou comercialización.

    3. Orientación dunha vertente respecto á incidencia dos raios solares ou á circulación dos ventos dominantes, que determinará a súa temperatura e humidade fronte á do contorno.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO