"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • PERSOEIRO

    Trompetista. Coñecido polo seu nome artístico Bix, introduciu novas ideas na música de jazz, e está considerado como o jazzman branco máis importante da súa época e o máis destacado representante do estilo Chicago. Tecnicamente está influído polos compositores modernos europeos, como Claude Debussy ou Maurice Ravel e el influíu, posteriormente, sobre outros trompetistas como Rex Stewart, e foi un dos precursores do estilo cool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a resolver por medio da guerra ou da violencia os conflitos internacionais, políticos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación profesional causada polo benzol. Pode producir unha aplasia da médula ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión artística da tradición oral vasca, que consiste nunha arte oratoria que se manifesta como unha expresión improvisada, versificada e cantada. Ten a súa orixe no mundo rural e pastoril, manifestado habitualmente nun contorno festivo que co tempo se converteu en espectáculo. Daquela, o bertsolari era o personaxe que comunicaba a vida cotiá do pobo en forma de crónicas que adoitaban repetirse como versos cantados, transmitidos de xeito oral de xeración a xeración. O bertsolari non era só un voceiro de noticias, comunicaba tamén unha mensaxe irónica e de carácter lúdico. Adoitaba improvisar os seus versos nas tabernas, sidrerías e festas, aludindo ás cousas sinxelas da vida cotiá, e incluía ocasionalmente a algún dos seus oíntes ou mesmo dialogaba fronte a fronte con outro bertsolari; establecíase así un diálogo ou reto no que ambos demostraban o seu talento para versificar improvisadamente, o seu dominio da técnica requerida para a versificación e o seu soporte, o canto. Os versos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación sexual dun ser humano cunha besta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso fonético de igualación entre os fonemas /b/ bilabial e /v/ labiodental que tivo a súa orixe na evolución anómala de determinados vocábulos latinos no seu paso ao romance. Algúns estudiosos soteñen que no período preliterario, o galego-portugués distinguía entre o fonema oclusivo bilabial /b/ procedente de B-, BR-, BL-, -P-, -PR-, -PL-, -MB- e -BB-; o fonema /β/ e v ou u procedentes de -B-, -RB-, -BR-, -LB-, V-, -V- e -V- posconsonántico; pero tamén conflúen cos resultados do fonema labiodental sonoro /v/ procedente de -F-, -FR-, absorbidos polo /β/. A confusión xa se rexistra no galego-portugués do s XIII e foi común a todo o norte da Península Ibérica (catalán, español e galego-portugués) na lingua medieval. Na actualidade, o portugués consolidou esta evolución anómala dalgúns termos fronte ao galego que opta pola desfonoloxización da antiga oposición e a unificación nun só fonema /b/ que si presenta unha dobre realización: fricativa (en posición intervocálica)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político no que o poder lexislativo se divide en dúas cámaras ou asembleas parlamentarias que xeralmente reciben o nome de cámara alta e cámara baixa, diferenciadas sobre todo pola forma de recrutamento dos seus membros (máis directa e representativa na cámara baixa). No s XIX este sistema tiña un talante conservador dado o carácter estamental da cámara alta, formada polos estratos superiores da sociedade. Perdeu este carácter cando os seus membros foron elixidos cun criterio territorial, en representación de estados, provincias ou otras subdivisións políticas. As atribucións de ambas cámaras varían en función do talante máis ou menos democrático da Constitución. O bicameralismo xurdiu independentemente en Gran Bretaña e nos EE UU. No modelo británico, que é o máis espallado, a cámara alta exerce unha función moderadora; no americano, a cámara alta representa os estados, mentres que a baixa representa o pobo. En España, o bicameralismo iniciouse co Estatuto Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de bilingüe.

    2. En xeral, o bilingüismo é o emprego de dúas linguas, e como tal se opón ao monolingüismo (emprego dunha soa lingua). Non obstante , o fenómeno do bilingüismo presenta dous aspectos ben diferentes: un individual e outro social. Como fenómeno social, o bilingüismo consiste na copresencia de dúas linguas no seo dun país, rexión, cidade ou grupo social. O bilingüismo non é un fenómeno da lingua, senón do seu uso; á Lingüística, en consecuencia, interésalle principalmente en función dos fenómenos de interferencia. A Psicoloxía e a Pedagoxía interésanse, pola contra, polas consecuencias do bilingüismo na formación do individuo. Modernamente, a Socioloxía ocúpase tamén do bilingüismo como elemento do conflito entre culturas diversas, o que contribuíu ao nacemento da Sociolingüística, de xeito que o bilingüismo individual é obxecto de estudo da Psicolingüística e o bilingüismo colectivo da Sociolingüística. No que atinxe ao primeiro, a cuestión que se presenta inicialmente é cál é o nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema monetario no que a unidade é definida baseándose en dous metais (xeralmente o ouro e a prata) que asumen conxuntamente a función de patrón monetario e que se caracteriza polo cuñamento libre, a paridade bimetálica e o poder ilimitado liberatorio (para pagar calquera tipo de débeda) de ambos metais. O bimetalismo comezou en Roma, a finais do s III a C e principios do II, e perdurou ata a fin do Imperio. A constante inflación fixo que a relación ouro-prata fose sendo reformada constantemente. Baixo Constantino o aureus pasou a denominarse solidus, e creouse como unidade monetaria o aureus solidus nummus ou solidus con moeda fraccionaria. Simultaneamente, había moedas de prata e cobre unidas ao soldo por unha relación legal. Despois de Carlomagno xa non se cuñou máis ouro. Entre os ss IX e XIII a moeda de prata, baixo a influencia do patrón-prata carolinxio, converteuse na unidade por excelencia, e o seu valor estaba en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que consiste en ordenar todas as características distintivas fonolóxicas, e lingüísticas en xeral, en grupos, que tenden a aumentar en progresión xeométrica, de oposicións entre dous membros correlativos. Foi introducido na Fonoloxía por Roman Jakobson para poder trasladar as oposicións privativas do lugar de articulación nos sistemas vocálicos ao dos sistemas consonánticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina psicolóxica debida a Adolf Meyer e ligada ás escolas de Jean Delay, Ernst Kretschmer, Konstantin Nicolaevič Monakov e Mourgue, entre outros. Inclúese dentro das teorías órgano-dinámicas segundo as que as enfermidades mentais se orixinan pola desorganización biopsíquica a distintos niveis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia ou doutrina que interpreta a realidade dende un punto de vista biolóxico, considerando os fenómenos físicos ou culturais como manifestacións ou formas da vida. O tema máis constante nas doutrinas bioloxistas é o da ánima do mundo, principio universal de vida e de unidade, que fai que os individuos singulares (dende a materia inorgánica ata o home) sexan considerados individualizacións diferentes da vida en distintos graos de diferenciación. Esta doutrina preséntase na maioría dos filósofos gregos, que entendían o mundo como un grande organismo vivo, e reaparece no Renacemento e no Romanticismo. As doutrinas bioloxistas modernas poñen a énfase na interpretación biolóxica dos feitos culturais, como por exemplo a moral, a relixión, a arte ou a ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dalgúns organismos de percibir os campos magnéticos naturais ou artificiais, como é o caso das pombas que empregan esta facultade para orientarse nos seus desprazamentos. As correntes eléctricas, que se manifestan en diversas partes do corpo, producen campos magnéticos que poden ser rexistrados en magnetoencefalogramas e magnetocardiogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación aos fenómenos físicos ou culturais de conceptos, métodos, modelos ou metáforas propios da Bioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de partidos baseado na existencia de dúas únicas organizacións ou, no caso de existir máis, na supremacía de dous partidos no panorama electoral. Son exemplos desta alternancia no poder os casos de Gran Bretaña (entre o Partido Conservador e Partido Laborista) ou España (entre forzas conservadoras e socialdemócratas), en Europa; Uruguay (Partido Blanco e Partido Colorado) e Argentina (Partido Radical e Partido Justicialista), en Hispanoamérica; ou o caso estadounidense onde está practicamente institucionalizada a alternancia entre o Partido Demócrata e o Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de bípede.

    2. Xeito de camiñar de forma erecta e sobre os dous pés propia das persoas ou dos animais que teñen ou andan a dúas patas. Como modo habitual de locomoción, o bipedismo é común entre as aves, igual que nalgúns xéneros de dinosauros; sen embargo, non adoita atoparse entre o resto dos vertebrados, aínda que os osos pardos, os cans dos prados e os suricatos son parcialmente bípedes, en particular cando inspeccionan unha paisaxe distante en busca dalgún perigo; así mesmo, o bipedismo parece que foi a adaptación orixinal da familia dos Homínidos -caracterizada por unha pelve de forma cóncava con ilión curto, fémures longos e rectos e pés planos (plantígrados) con dobre arco-, que se identifica e designa en diferentes xéneros. Os chimpancés e gorilas actuais poden manter a marcha erecta en distancias curtas, polo que se identifica un tipo de bipedismo particular de cada un deles. Do Oreopithecus, que é un xénero fósil do que se coñece o esqueleto completo, sábese que mantiña unha locomoción...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de dous prismas unidos formando un cubo.

    2. Instrumento constituído por dous prismas unidos pola base que se utiliza para estudiar os fenómenos de interferencia dos raios luminosos.

    VER O DETALLE DO TERMO