"XT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
-
Parte do círculo contida en 60°que se corresponde coa sexta parte.
-
Instrumento provisto dun limbo graduado e de dous espellos, un móbil e outro fixo, feito que permite medir a altura dun astro desde un barco ou desde un avión. O sextante mariño consta dun bastidor cun limbo graduado, na parte inferior, que alcanza un arco de 60° ou de 80°. A alidada xira ao redor dun eixe que pasa polo centro dunha circunferencia, que ten un limbo como arco, e leva no seu extremo un nonio que se despraza sobre a graduación do limbo. Perpendicularmente ao plano deste último hai dous espellos; un M, fixado na alidada e o outro, m, fixado no bastidor. Enfronte deste último espello e collida ao outro lado do bastidor, hai unha pequena lente, u. Unha variedade deste instrumento é o sextante de avión, dunha precisión moi inferior á do sextante mariño.
-
Antiga moeda de bronce correspondente á sexta parte dun enteiro, composta de doce unidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre León, Copa e Hidra femia. Contén 34 estrelas visibles a simple vista, a principal delas, á−Sextantis, ten unha magnitude visual de 4,5 e está situada a unha distancia de 270 anos luz.
-
-
Conxunto de seis persoas ou cousas.
-
-
Composición musical para seis instrumentos ou para seis voces.
-
Conxunto de músicos que interpretan unha peza musical para seis instrumentos ou voces.
-
-
Estrofa composta por seis versos de arte maior, polo xeral hendecasílabos, e rima consonante.
-
-
-
Aplícase á posición de dous astros distantes un do outro sesenta graos.
-
Sexto mes do ano no antigo calendario romano que coa reforma xuliana se lle chamou agosto en honor de Augusto.
-
-
-
Composición poética formada por seis estrofas de seis versos decasílabos e unha tornada de tres, onde os versos de cada estrofa rematan coas mesmas palabras, pero en orde diferente.
-
Cada unha das estrofas que forman esa composición.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo. Adepto ao neopitagorismo, fundou unha escola estoica. Posuía unha doutrina moral semellante á cristiá. Escribiu varios tratados en grego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que nunha serie ocupa o lugar número seis.
-
Aplícase a cada unha das seis partes iguais en que se divide un todo.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo e médico grego. Próximo ao escepticismo, a súa obra é unha valiosa fonte de información da filosofía antiga. Escribiu os seis libros Ðñòò ìá "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ çìáôé÷ïύò (Contra os matemáticos), en que fala dos gramáticos, retóricos, xeómetras, aritmétricos, astrólogos e músicos, e os cinco libros Ðñòò äïãìáôé÷ïύò (Contra os dogmáticos). En Ðñòò ëïãé÷ïύò (Contra os lóxicos), Ðñòò öõóé÷ïύò (Contra os físicos) e Ðñòò çèé÷ïύò (Contra os éticos) presenta unha crítica de diversos sistemas filosóficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. De nome Anne Gray Harvey, o seu temperamento depresivo e a obsesión pola morte levárona ao suicidio. A súa obra expresa a súa angustia existencial e achégase á poesía confesional de R. Lowell ou Silvia Plath. Destacan To Bedlam and Part Way Back (1960) e The Death Notebooks (1974). Obtivo o Premio Pulitzer de Poesía (1967) con Live or Die (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Multiplicar(se) por seis.
-
-
Que unha cousa equivale ou contén seis veces outra.
-
Cantidade que é seis veces maior ca outra.
-
-
GALICIA
Médico cirurxián e galeguista. Fundou o Instituto Policlínico La Rosaleda (1964), a Sociedad de Cirugía de Galicia (SOCIRGA, 1974) e a Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SOGACOT, 1980), da que foi o seu primeiro presidente e presidiu a Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT, 1982). Foi un dos fundadores da S D Compostela (1962), da que foi nomeado presidente de honra en 1985, conselleiro da editorial Galaxia (1954) e director xerente da editorial SEPT (1969). Participou no Partido Popular Galego (PPG) e en Realidade Galega (REGA). Foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego (1976), conselleiro do Instituto Galego de Información (1979), secretario do Consello da Cultura Galega (1983), patrón das fundacións Penzol (1988), Castelao (1989), Camilo José Cela (1990) e Alfredo Brañas (1994), membro do consello reitor do Centro Ramón Piñeiro (1995) e presidente do Patronato Rosalía de Castro (1970-2004) e da Fundación Otero Pedrayo (1979-2004). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para a extracción continua dun sólido mediante un disolvente quente. Consiste nun depósito de vidro, dotado dun sistema para o baleirado automático e un brazo lateral para a circulación dos vapores que proveñen dun matraz fervedor que se encontra na parte inferior do aparato, no seu interior colócase un cartucho de papel poroso que contén o sólido que se quere extraer, de tal xeito que o líquido que se condensa no refrixerante que está na parte superior, pinga nel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema teleinformático en que a información se transmite simultaneamente xunto cos programas televisivos ordinarios, mediante sinais codificados. En 1973 a BBC realizou en Inglaterra as primeiras probas de emisión experimental e en 1976 as emisións xa foron regulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en Baiona a partir de xuño de 1997. Editada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), subtitulouse “O correo do IGADI” e tivo periodicidade trimestral. En decembro de 2000 comezou unha segunda época baixo a dirección de Xulio Ríos e co subtítulo de “Revista de análise e estudios internacionais”. Dedicada á divulgación das tendencias internacionais, prestou especial atención á vertebración dun pensamento exterior propio de Galicia.
-
-
Que pode ser tecido ou que pode reducirse a fíos que poden ser tecidos.
-
Relativo ou pertencente aos tecidos.
-
Fibra ou materia que pode ser reducida a fíos ou ser tecida.
-
-
-
-
Contido dun escrito.
-
Conxunto de palabras dun escrito que constitúe a parte orixinal, en contraposición ás notas, aos comentarios ou á versión, que hai adxuntos.
-
Conxunto das palabras dun escrito en contraposición ás portadas, ás figuras ou aos índices.
-
Pasaxe citado dunha obra literaria.
-
Parte central dun diploma ou documento xurídico que expresa o feito documentado.
-
texto crítico
Texto restablecido para a crítica textual.
-
-
-
Sentenza da Biblia.
-
texto sagrado
A Biblia.
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao texto.
-
Que é exactamente igual ao texto.
-
-
Que é exactamente igual a aquilo que se dixo.
-
-
-
Disposición e orde en que se entrecruzan e combinan os fíos dun tecido.
-
-
Disposición das partes ou partículas que compoñen unha cousa.
-
Conxunto de propiedades físicas dun alimento que dependen da disposición e das características físico-químicas e biolóxicas das partículas que a integran.
-
Proporción das diversas fraccións dun solo. Mediante a análise granulométrica establécense a textura areosa, limosa e arxilosa.
-
Aspecto microscópico que se pode observar na superficie lisa dunha rocha homoxénea ou dun agregado mineral, e que se debe á disposición e unión dos cristais.
-
-
Estrutura dunha obra literaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que se aplica aos fíos sintéticos de fiado continuo para darlles un maior volume ou unha maior extensibilidade. Polo feito de seren fiados por extrusión, os fíos sintéticos teñen os fiamentos rectos e totalmente paralelos, e rízanse.