"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
-
Apelido procedente dun antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal de orixe xermánica Baltarius; este nome está composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius, forma derivada do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius.
-
Liñaxe orixinaria de Verín. As súas armas levan, sobre campo de azul, un baltar.
-
-
PERSOEIRO
Médico cirurxián. Foi director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1923-1926) e un dos pioneiros en realizar extirpacións en Galicia, como as de larinxe, hipófise e próstata, entre outras. Tamén deseñou algúns instrumentos cirúrxicos, entre os que salientan os seguintes: a pinza erina, aplicable nas operacións de cataratas para fixar o glóbulo ocular; un dispositivo para extraer corpos estraños do esófago; e un protector para o seo cavernoso, co que realizou unha hipofisectomía transnasal. En 1908, xunto con Manuel Varela Radío, fundou en Santiago de Compostela o primeiro sanatorio privado predominantemente cirúrxico de Galicia. Publicou artigos no Anuario Internacional de Medicina y Cirugía, na Revista de la Academia Médico-Quirúrgica Compostelana e na Revista General de Medicina y Cirugía; así mesmo, en 1923 formou parte da dirección científica da Revista Médica Gallega. No eido da literatura publicou Canto a la Ría de Arosa....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende o ano 1976 ata 1995, ano en que se presentou na candidatura á cidade de Ourense; así mesmo, é presidente da Deputación de Ourense dende 1990. Fundou o partido Centristas de Galicia, do que foi secretario xeral, que posteriormente se integrou no Partido Popular, onde ocupa o cargo de presidente provincial dende 1992; ademais, é membro da executiva rexional do PP e forma parte da comisión permanente do PP español e da súa Xunta Directiva Nacional. Entre os anos 1996 e 2000 foi senador pola circunscrición de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse nun taller de imaxinería, onde, na realización de imaxes e na restauración de retablos, coñeceu o traballo sobre madeira. Foi alumno de Antonio Faílde na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Interesouse polo tratamento de tipos da vida cotiá, sempre resoltos cunha técnica próxima á da talla en pedra que facía o artista medieval ou á propia imaxinería tradicional galega. Destaca a súa obra de produción de retablos e beléns, onde quedaron resumidas as súas propostas estéticas expresionistas, sempre sobre figuras de pequeno formato, representación dos tipos populares galegos.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa obra máis representativa é o Belén de Baltar ou Belén de Ourense exposto dun xeito permanente na Capela de San Cosme e San Damián ourensana. En 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense encargoulle... -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escola de Arquitectura de Madrid e na de Barcelona. Dende mediados dos anos sesenta asentouse en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional colaborando con destacados arquitectos como Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido. Compartiu o espírito de renovación dos arquitectos da súa xeración. Entre as súas obras destacan o Centro Médico Povisa (Vigo), a rehabilitación de San Caetano, os edificios de Freiremar, Galiciamar e Iberconsa, os centros da Terceira Idade do Carballiño e A Estrada, e o colexio Rosalía de Castro (Vigo). Foi vogal do Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e un dos fundadores do Colexio de Arquitectos de Galicia. Así mesmo, presidiu Sigalsa e foi vogal da Comisión Superior de Urbanismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico traumatólogo. Realizou o seu doutoramento en Italia, coa tese Considerazioni sulla sindrome de Munchmayer, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1973 traballou no Hospital Provincial de Santiago de Compostela, onde foi xefe clínico e xefe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Foi tamén director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1975-1988). Membro da Sociedad de Cirugía de Galicia, da Sociedad Española de Cirugía e doutras asociacións médicas internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico cirurxián. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o seu doutoramento na Universitat de València coa tese Influencias del sistema nérvico central sobre el aparato digestivo, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1976 ocupou o cargo de xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva no Hospital Provincial de Santiago de Compostela. Foi membro da Sociedad Española de Cirugía e da súa homóloga francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático na Escola Superior Universitaria de Arquitectura da Coruña, traballou en colaboración con José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña, cos que compartiu unha estética arquitectónica racionalista na que se mestura o respecto aos materiais autóctonos e a súa vocación de modernidade. Entre as súas obras salientan a Subestación de Fenosa, as Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, a Escola de Estomatoloxía, o Polideportivo do Colexio Peleteiro, o edificio do xulgado de Fontiñas en Santiago de Compostela e o pazo de Xustiza en Vigo. Tamén realizou obras de restauración e rehabilitación na cidade de Santiago de Compostela: claustro e instalacións do Museo do Pobo Galego no Convento de San Domingos de Bonaval, Pazo Xelmírez, biblioteca de San Martiño Pinario e Teatro Principal.
VER O DETALLE DO TERMO
Así... -
PERSOEIRO
Latinista. Profesor de Latín na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en lexicografía latina e etimoloxía, tanto galega como latina. É autor de Fauna itológica en latín (1975). Participou nas obras colectivas Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra: homaxe da Galicia Universal (1958), Humanitas: estudios en homenaxe ao Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998). Colaborador habitual das revistas Verba, Encrucillada, Museo de Pontevedra e Compostellanum. Foi delegado provincial da consellería de Cultura e Deportes do goberno de González Laxe (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Utilizou estruturas de ferro, tanto para facer un estilo historicista, reflectido na igrexa parisina de Saint-Augustin (1860-1867), como para crear edificios funcionais, por exemplo os Halles Centrales de París (1853-1858). Traballou na restauración das igrexas de Saint-Germain-des-Prés e Saint-Nicholas-du-Chordonnet.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome asirio Belshazzar que significa ‘que Bel (o deus Baal) protexa o rei’; na Vulgata aparece baixo a forma Baltassar. A lenda di que Baltasar é un dos tres Magos protagonistas da Adoración que máis tarde se transformaría en Rei, segundo narra o evanxelista Mateo. A partir do s IX aparecen os seus nomes no Liber Pontificalis de Ravenna, talvez recollendo unha tradición popular que os ordena e reparte xeograficamente; deste xeito, Baltasar acaba sendo o mago de raza negra que representa a África, namentres que Melchor e Gaspar simbolizarían a Asia e Europa, respectivamente. Hai outro Baltasar no Antigo Testamento, fillo e herdeiro de Nabucodonosor, a quen castigou Iavé coa perda e división do seu reino a mans dos medos e persas logo de profanar nunha orxía os vasos sagrados do templo de Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun dos tres Reis Magos de Oriente que, segundo relata o Evanxeo de san Mateo, acudiron a Belén de Xudea para renderlle homenaxe ao neno Xesús na súa condición de Rei dos xudeus. Un rei mouro aparece representado na iconografía con vestiduras e atributos propiamente orientais, portando un copón onde se contén o seu agasallo ao neonato: a mirra, interpretada como o destino do Cristo de morrer para a Redención dos homes. Non obstante , non aparece na arte cristiá ata as representacións baixomedievais, posto que a cor negra era considerada como a cor do demo, do inferno e da morte. Na simboloxía cristiá representa a figura do anticristo. Nun retablo do s XVI da Catedral de Viseu, o mago mouro aparece substituído por un xefe indio do Brasil como símbolo de América. A súa festa celébrase o 6 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Maria Perez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que remite ao nome de orixe xermánica latinizado Baltarius, composto polo xermánico *bal- ‘audaz, valente’ e -arius; esta terminación vén, á súa vez, do gótico harjis ‘exército’, que confluíu co latín -arius. Como apelido documéntase no s XII, aínda que o seu uso como prenome xa aparece rexistrado dous séculos antes. Na época medieval este apelido recibía, ás veces, o sufixo patronímico -ez ou calquera outra das súas variantes (-es, -iz, -is), e mesmo podía atestarse a forma feminina aplicada a mulleres; xa nas cantigas galego-portuguesas do s XIII aparece mencionada unha sonada soldadeira coñecida co nome de Maria Perez a Balteyra.
-
-
Moldura que cingue a voluta do capitel xónico polo centro da súa cara lateral.
-
Muro que nos anfiteatros e teatros clásicos separaba os asentos das diferentes clases sociais e no que se abrían os vomitorios.
-
Cada un dos diversos tipos de cintóns e bandas, como a correa da que pendía a espada que brandían os soldados romanos, que se usaban como insignia de oficial.
-
Unha das dobras da toga, a primeira que se forma, que vai dende o costado dereito ata o ombreiro esquerdo, da que nacía o sinus. O bálteo quedaba preso no seu lugar por medio do umbo.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo católico. As súas teses, fundamentalmente cristocéntricas, mostran unha forte influencia do idealismo alemán e da patrística grega. As súas obras principais son: Das Herz der Welt (A dor do mundo, 1945), Bernanos (1954), Die Gottesfrage des heutigen Menschen (O problema de Deus no home de hoxe, 1956), Skizzen zur Theologie (Ensaios de teoloxía, 1960-1961) e Herrlichkeit. Eine theologische Ästhetik (Magnificencia: unha estética teolóxica, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Balthazar Klossowski de Rolla.