"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Concello da comarca de Barbanza, situado no SO da provincia da Coruña, no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Lousame (comarca de Noia), ao S coa ría de Arousa, ao L con Dodro (comarca do Sar) e ao O con Boiro (comarca de Barbanza). Abrangue unha superficie de 58,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 11.554 h (2007), distribuída nas parroquias do Araño, Asados, Isorna, Leiro, Rianxo e Taragoña. A súa capital é a vila de Rianxo, situada a 42° 39’ 10’’ de latitude N e 8° 48’ 52’’ de lonxitude O, localizada a 104 km da capital provincial e 36 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Rianxo, situado no fondo da ría de Arousa, na súa marxe dereita, está nunha zona de transición entre a serra do Barbanza, o val de Quintáns e o esteiro do Ulla. O territorio encóntrase compartimentado en bloques elevados e afundidos cunha dirección SO-NL. As áreas elevadas están... -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de 1950. Editada pola “Sociedad Parroquias Unidas Del Ayuntamiento De Rianjo”, incluíu abundante información sobre as actividades culturais e sociais desenvolvidas por esta asociación de emigrantes, así como notas sobre a súa directiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro situado na ría de Arousa, no concello do mesmo nome. É un porto mexilloeiro e de pesca de baixura que serve de base a pequenas frotas artesanais. Ten un calado de 3 m, rampas, auga, combustible, talleres e efectos navais de tipo pesqueiro, grúa e iluminación. Conta con instalacións deportivas con capacidade para 83 embarcacións.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rianxo. Datada no s XV, ten trazas gótico-mariñeiras con planta rectangular e unha soa nave dividida en catro tramos por arcos faixóns apuntados. A capela maior é de planta cadrada e cóbrese con bóveda de cruzaría. No lado norte ten acaroada unha capela de menor dimensión, a sancristía sitúase detrás da cabeceira. Nos laterais da nave principal atópanse dúas capelas dos ss XVI-XVII. Na fachada principal destaca a portada do s XVI con arco de medio punto e un relevo de Xesús Cristo bendicindo entre dous anxos. Nun lateral sitúase a torre-campanario do s XVIII, de planta cadrada con tres tramos e rematada en cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ribadavia. Datado no s XIII, foi un dos primeiros conventos dominicanos establecidos en Galicia e funcionou como casa de estudos. Da construción orixinal case non se conserva nada. Sufriu numerosas reformas, un incendio no s XV e en 1854 derrubáronse as dúas ás do edificio contiguas á igrexa, que quedou illada. Tras a exclaustración do s XIX coñeceu varios usos, como hospital ou escola, e finalmente como asilo de anciáns. A igrexa, convertida en parroquial, conta con partes románicas, góticas e renacentistas, e erixiuse entre os ss XIII e XV. Ten planta basilical con tres naves divididas en cinco tramos separados por arcos faixóns apuntados, e cabeceira con tres ábsidas poligonais. Na ábsida principal ten gravado o escudo dos condes de Ribadavia, que patrocinaron a construción desta parte do edificio. Destaca a escultura dos capiteis, relacionados en estilo coa Claustra Nova da catedral de Ourense, nos que se representan motivos vexetais, temas profanos e relixiosos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Ribadavia. Está situado na beira esquerda do Avia. Fundado baixo a advocación de santo Antonio, foi noviciado e colexio de artes. As obras do templo iniciáronse en 1605 e non remataron ata 1639, cando se acabou o claustro, do que se cubriron os arcos un tempo despois. Tras a exclaustración pasou a mans de particulares ata que en 1915 unha parte da construción volveu aos franciscanos. A igrexa ten tres naves, todas elas abovedadas. No seu interior conserva un altar churrigueresco, ademais parte do cadeirado do coro oxival do s XVI que pode proceder da catedral de Ourense. No exterior destaca a torre barroca cun pequeno balcón.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Construída a finais do s XII en estilo románico, foi doada á orde de San Xoán de Xerusalén, establecida en Ribadavia desde esas mesmas datas. Ten unha soa nave rectangular, ábsida con bóveda de canón lixeiramente apuntada e cuberta de madeira a dúas augas. Na fachada destaca a fiestra de medio punto flanqueada por columnas que se abre sobre a porta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Pertenceu aos monxes de Santa María de Oseira, que recibiron a súa doazón por parte do Rei Fernando II en 1164 cando aínda estaba en construción. Reedificada no s XIII, no s XIV pasou a depender do bispado de Tui, ata que a pasou á diocese de Ourense. Ten unha soa nave con cuberta de madeira e o presbiterio cóbrese con bóveda renacentista. Da construción orixinal só se conserva a fachada, de estilo románico de transición, na que destaca o arco oxival con dúas arquivoltas apuntadas sustentadas por columnas acaroadas. Na parte superior ten un rosetón cunha celosía. O resto do edificio pertence a épocas posteriores, sobre todo do Renacemento. No adro atópase un cemiterio e consérvase un cruceiro barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Estivo baixo a advocación de san Xes e atopábase no recinto do castelo dos condes de Ribadavia ata que se trasladou ao barrio xudeu. No s XIV o bispado de Tui cedeulla ao mosteiro de San Salvador de Celanova e a partir de 1486 comezou a coñecerse co nome actual. De estilo barroco, ten unhas dimensións considerables e foi modificada no s XVIII cando se reconstruíu a capela maior, e en 1826, momento no que renovou a fachada e se construíu a cornixa e a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Realizada en estilo románico, tamén conta con elementos góticos, ten unha soa nave rectangular con cuberta de madeira, ábsida semicircular con bóveda de cruzaría e presbiterio de dous tramos. No exterior destacan os canzorros que se atopan por todo o muro e os capiteis figurativos. A fachada principal ten dous contrafortes e portada con tripla arquivolta de medio punto sobre tres pares de columnas de bo tamaño. Na parte dereita sitúase a torre-campanario do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, ingresou no corpo xurídico militar, foi auditor xeral do exército, fiscal do Consello Superior de Guerra e Mariña e gobernador civil de Huelva e Valladolid. Colaborador de diversos periódicos, foi autor da tradución Historias conmovedoras (1881) e escribiu, xunto a Fausto Manzaneque Montes, Comentarios a la ley de enjuiciamiento militar y formularios completos arreglados a la misma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao ribagorzano.
-
Subdialecto do catalán noroccidental que se estende desde o Val de Arán (onde fai fronteira co gascón) ata o S de Tamarit e desde a Noguera Ribagorçana ata a fronteira co aragonés.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.
-
PERSOEIRO
Pintor. De novo estableceuse en Madrid, onde recibiu a influencia do manierismo clasicista dos pintores italianos e casteláns activos en El Escorial, como Juan Fernández Navarrete o Mudo, Federico Zuccari e Pellegrino Tibaldi. Traballou para os conventos da corte, ata que se estableceu en València onde, protexido polo vicerrei Juan de Ribera, axiña se converteu en xefe da escola valenciana de pintura. O Retaule de Sant Jaume (1603-1604) con influencias do Mudo e de Lucca Cambiaso, e as táboas do colexio do Patriarca (1605-1611) próximas a Zucari, teñen aínda o xeito de El Escorial, aínda que mostran a súa personalidade. Semella que unha viaxe a Italia (1613-1615) provocou un cambio radical no seu estilo, que evolucionou cara a un naturalismo tenebrista e unha maior concreción escultórica das súas formas. Algúns tratadistas ven influencias de J. de Ribera na súa última etapa (1620-1628). Moitas das súas obras son difíciles de identificar xa que creou un taller...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao O de Santander, preto da costa (3.688 h [2001]). O núcleo do termo é Carriazo. Predomina a agricultura, a gandaría e as industrias alimentarias, especialmente as lácteas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado na marxe S do río Pontones ao SO de Santander (2.005 h [2001]). O núcleo do termo é Hoz de Anero
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olta dun río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría celebrada en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de xullo. Os ofrecidos, persoas enfermas que se ofrecen para curar a doenza, van nun ataúde ata o santuario, ao tempo que as campás tocan a morto. Diante da imaxe, o ofrecido sae do ataúde e reza e fai a súa ofrenda. Cos ataúdes fórmase unha procesión coa imaxe da santa, mentres que o ofrecido vai detrás da súa caixa. O rito vai acompañado por cancións que cantan os romeiros á santa arredor do adro ou cando volven para a casa.