"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Realizada en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave, abovedada con arcos faixóns, e unha ábsida, de tramo recto con cabeceira redonda e capiteis figurados. No interior destacan as pinturas murais que representan o Xuízo Final. A fachada, reformada no s XVIII, conserva a metade das xambas e do arco interior da portada orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Facundo de Ribas de Miño (Paradela). Era filial do mosteiro de Santa María de Castro de Rei. Conserva a igrexa, a área do convento e varias estruturas anexas. A igrexa pasou a ser parroquial. Na nave presenta restos románicos e no muro meridional destaca unha porta de arquivolta en aresta e columnas acobadeladas. O arco triunfal é de medio punto. Foi declarada BIC en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Vitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao). Segundo un privilexio de 941 do Rei Ramiro II, foi fundado polo abade Veremundo Páez. A igrexa converteuse en parroquial e conserva a integridade da obra románica agás a sancristía, anexada no lado sur do presbiterio, e a espadana. Datada no s XII, ten nave e ábsida rectangulares e na fachada principal destaca a porta con tres arquivoltas en arco de medio punto, ademais de tres pares de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais e tímpano liso. A porta do muro norte tamén presenta arco de medio punto e dúas arquivoltas, con capiteis decorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao). Pode tratarse do mosteiro de Santo Estevo en Vila Nazara que dependía de Samos. Pode datar do s X. Do antigo cenobio consérvase a igrexa, que se converteu en parroquial. Construída posiblemente a finais do s XII, consta de nave rectangular dividida en catro tramos, separados por arcos apuntados, cada un deles cunha fiestra con arco de medio punto; unha única ábsida formada por un tramo recto e outro semicircular separados por un arco faixón. A sancristía atópase no lado sur, pegada ao tramo recto da ábsida. O arco triunfal é de medio punto peraltado en aresta e apóiase en columnas pegadas. A fachada principal da igrexa divídese en dúas partes, a inferior coa porta principal flanqueada por dous arcos de medio punto cegos, e a superior presidida por un gran rosetón. A porta presenta catro arquivoltas abucinadas con decoración figurada e vexetal nalgúns capiteis e sete figuras de anciáns apocalípticos sobre unha das arquivoltas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Ribas de Sil. En 1151 documéntase a súa doazón a Velasco Pérez e a súa nai, Elvira Núñez, por parte de Afonso VII. Do antigo cenobio, restaurado en 1604, só queda parte dunha torre derruída situada detrás da igrexa, que lembra as loitas dos monxes contra os cabaleiros da orde militar de San Xoán na súa encomenda de Quiroga. O templo, hoxe parroquial, foi construído en estilo románico no s XII, pero sufriu numerosas reformas e da edificación orixinal só se conserva a ábsida e a porta norte, con arco de medio punto. Ten unha soa nave de planta rectangular e presenta numerosos elementos que foron considerados protorrománicos e visigodos, aínda que só forman parte da decoración, co que non se pode afirmar que existira un templo anterior no seu emprazamento. O ábsida cúbrese con bóveda de canón no tramo recto e con bóveda de forno na cabeceira semicircular. O arco triunfal apóiase en columnas entregadas. A porta lateral situada no adro, daba acceso ao claustro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en Castro Caldelas. Desde o s XII pertenceu a Montederramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Parada de Sil. Descoñécese con certeza a súa data de fundación pero documéntase a súa existencia desde o s IX. Recibiu doazóns e privilexios dos monarcas castelán-leoneses e dos papas. As súas posesións estendéronse por Lugo e Ourense, na ribeira do Sil, aínda que cando se incorporou á Congregación de Valladolid (1499) xa case fora abandonado polos monxes, e no s XVI pasou a depender de Santo Estevo de Ribas de Sil. Consérvase unha parte das antigas dependencias, o claustro e a igrexa. O claustro ten forma de L e sitúase ao lado norte e leste da igrexa. Divídese en tres tramos reforzados con contrafortes e na planta baixa destacan os arcos de medio punto sobre columnas. Neste lado norte presenta unha torre acaroada coa base aberta mediante tres arcos de medio punto asentados sobre columnas pegadas ao muro e rematados por capiteis profusamente decorados. As demais dependencias do mosteiro abríanse a este claustro. A igrexa foi construída en estilo románico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro masculino situado en Sacardebois (Parada de Sil). Fundouno no s X o abade Froila segundo consta nunha inscrición do Tumbo Nuevo de Santa María de Montederramo de 1648.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). A primeira proba documental da súa existencia é un documento de 921 do Rei Ordoño II no que se autoriza ao abade Franquila a reconstrución do mosteiro de Santo Estevo, pero puido exisir nos ss VI e VII. O Rei Afonso IX defendeuno fronte aos intereses de varios nobres e o mosteiro chegou a ter xurisdición sobre un extenso territorio. Incorporouse á Congregación de Valladolid en 1499 e no s XVI tivo entre os seus priorados a Santa Cristina de Ribas de Sil e San Vicente de Pombeiro, e acadou unha grande importancia económica ata a exclaustración de 1835. Acometeuse unha restauración do conxunto e en 2004 inaugurouse nas súas dependencias un Parador Nacional de Turismo. Realizado en estilo románico, ten elementos arquitectónicos que van desde o gótico e o renacentista ata o neoclásico. Das distintas dependencias que se conservan destacan os tres claustros. O Procesional ou dos Bispos, recibe este nome en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista. Asentado na Coruña, foi membro fundador do Colectivo Nacional de Diseño e Investigación Arrancadilla e en 1986 dirixiu e promoveu o Primeiro Encontro Europeo de Ceramistas en Galicia. Recibiu, entre outros, o Premio Cádiz de Escultura en 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi cóengo do Seminario de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, onde foi nomeado bispo auxiliar en 1922. Escribiu diversos sermóns e cartas pastorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ribatejo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ribatejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés da literatura. Logo de formarse no King’s College de Londres, en 1953 realizou unha tese de doutoramento sobre Bécquer. Profesor en diversas universidades británicas, especializouse en B. Pérez Galdós e publicou, entre outras obras, Niebla y soledad: aspectos de Unamuno y Machado (1971), History and Fition in Galdós’s Narratives (1993) e Conflits and conciliations: the evolution of Galdós’s Fortuna y Jacinta (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Teilán (Bóveda). Ten planta rectangular dividida en tres partes con engadidos posteriores. A obra orixinal é do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia). Foi fundado por Afonso Romariquiz e a súa dona Gutina como mosteiro dúplice e familiar entre finais do s IX e principios do X. No s XI pasou a depender de San Salvador de Celanova ata que no s XIII o Rei Afonso VIII llo cedeu ao mestre Lourenzo. Desde mediados do s XIII ata o XVI foi priorado de Celanova e tivo numerosas posesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ribeira. Construída entre 1861 e 1864 segundo un proxecto de Faustino Domínguez Domínguez, realizouse en cachotaría, agás a fachada, que se fixo en cantaría, e aproveitáronse elementos dun templo anterior. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A nave principal, de gran tamaño, cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e as capelas laterais con bóveda de aresta. No exterior destaca un ciborio octogonal e a fachada de corte clasicista dividida en tres rúas. Na central está a portada principal alintelada que dá acceso ao templo, e as rúas laterais son simétricas e teñen dúas fornelas. A fachada divídese horizontalmente mediante unha cornixa e remata nun frontón triangular. As dúas torres-campanario incrústanse na nave e rematan en dous templiños coas campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 ribeirego.

    2. ribeirense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVII, conserva elementos de épocas anteriores e sufriu importantes reformas. Consta de dúas naves de planta rectangular, unha delas engadida no s XVIII, presbiterio e sancristía. No interior destaca un retablo barroco que cobre o testeiro e outro lateral de finais do s XVIII. Na fachada destaca un ollo de boi no frontispicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Lisboa (1943), traballou sobre as terras portuguesas, diversas illas do Atlántico e diferentes rexións tropicais africanas e brasileiras. Publicou Portugal, o Mediterrâneo e o Atlântico (1945) e La Zone intertropicale humide (1973), en colaboración con S. Daveau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bande. Ten planta rectangular con presbiterio elevado. No interior destaca o retablo maior, que conta con relevos onde se representan escenas haxiográficas de san Pedro. Na fachada, a porta ten un arco de medio punto e un ollo de boi no frontispicio. A espadana ten un corpo de arcos que remata nun frontón triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO