"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Saltador. Coñecido por Greg Louganis, está considerado o mellor saltador da historia. Gañou a medalla de ouro en trampolín e en plataforma nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984) e nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi cinco veces campión do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr pobablemente portugués. Non esta documentado historicamente pero, a xulgar pola cantigas satíricas que escribiu e por outras que lle dedicaron, relacionouse con trobadores e outros xograres activos no terceiro cuarto do s XIII. Estivo vinculado ás cortes de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal e, durante algún tempo, estivo ao servizo de Johan Garcia de Guilhade. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amor, sete de amigo, unha de escarnio, tres tenzóns en que é o primeiro interlocutor e cinco en que responde aos ataques satíricos ou xocosos doutros poetas. Así, trobadores como Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Johan Garcia de Guilhade en cantigas de escarnio e maldicir ridiculizan as súas facultades versificatorias, acusacións das que se defende enaltecendo o seu propio talento á hora de compor cantigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Lugo a partir do 20 de xuño de 1922 ata 1924. De periodicidade quincenal, apareceu baixo o subtítulo “Boletín de la Federación Católico-Agraria de Lugo” e distribuíuse pola diocese de Lugo. Dirixida por Xulio Pérez de Guerra, foi un boletín de tendencia clerical que incluíu información da federación e noticias agrarias. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Voz de la Verdad, en Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento dominicano situado en Lugo. Fundado no derradeiro terzo do s XIII, aínda que a construción da igrexa se iniciou en 1303. En 1840 instaláronse as Agostiñas. A igrexa é gótica de planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas. A nave ten cinco tramos e reformouse no s XVII. Destaca a cúpula peraltada da sancristía. En 1642 construíuse o claustro en estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • eleiro de pouca tonelaxe, de dous ou tres paos. A popa calaba moito máis ca a proa e dedicábase ao tráfico comercial do canal da Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e dramaturgo. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do s XX. En 1885 fundou en La Habana A gaita gallega, o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. En 1916 participou na Irmandade da Fala da Coruña, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e foi cofundador e presidente (1934-1935) da Real Academia Galega e do sindicato Solidaridad Gallega. Como membro do consello executivo do Partido Galeguista, formou parte da comisión redactora dos estatutos da organización e do anteproxecto do Estatuto de Autonomía (1932). Participou tamén na posta en marcha da Escuela Regional Gallega de Declamación, a primeira compañía teatral en lingua galega, coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Da súa produción destacan Soidades (1894), Noitebras (1901), Versos de loita (1919), Ardencias (1927) e As Mariñas de Sada (1928). Como dramaturgo é autor de dramas rurais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor surrealista, ilustrador e escritor, fillo de Manuel Lugrís Freire. Na súa formación resultou especialmente importante a figura da súa nai, Concepción González Varela, pianista, quen o introduciu no mundo da música, moi presente na súa pintura (Sinfonía en mar maior, 1971; Gaiteiro, 1972). O seu nome e os seus antecedentes pitóricos débellos ao seu tío, Urbano González Varela, e o escritor Francisco Tettamancy Gastón representou para el unha grande amizade e a influencia dentro do mundo literario. Na década de 1930, a cabalo entre Santiago de Compostela e Madrid, comenzou a súa andaina como debuxante e pintor de decorados, colaborando no teatro de títeres das Misións Pedagóxicas. Na capital española fixo grandes amizades (Rafael Dieste, Lorca ou Alberti) e frecuentou o Museo del Prado. Na década de 1940 trasladouse a Vigo, onde traballou case exclusivamente durante ese período (Berbés, 1943) e onde comenzou a despuntar plenamente como artista. Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Vinculado aos ambientes culturais de Santiago de Compostela e influído por Ramón Piñeiro, integrouse no Partido Socialista Galego (PSG) trala súa fundación, como coordinador do grupo galeguista universitario. Defensor dunha solución federal para Galicia, colaborou no xornal La Noche, xunto con Borobó e outros destacados galeguistas. Traballou na sección española da BBC en Londres (1957-1962) e logo en Radio Nacional de España como correspondente nesa mesma cidade. Tradutor especializado da ONU, exerceu como correspondente da Axencia EFE en Madrid e Rio de Janeiro. Relator e colaborador de publicacións na emigración, foi director para América Latina e España da axencia Forum World Features. Da súa produción destacan Vicente Risco na cultura galega (1963), Problemas do noso tempo e O anti-intelectualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Urbano Lugrís González. Realizou estudios de náutica e reflectiu nas súas obras o seu interese polo mar. A súa obra partiu do surrealismo para desembocar nun realismo minucioso caracterizado polo grafismo e polo coidado do debuxo. Creou un mundo imaxinario e fantástico, con obxectos reducidos a símbolos ou inexistentes. A súa obra está presente en diversas coleccións galegas e destaca Interior de galería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Višegrad 1326 - Nagyszombat 1328) Rei de Hungría (1342-1382) e de Polonia (Luís I, 1370-1382), fillo do Rei Carlos Roberto. Favoreceu a nobreza e preocupouse polo desenvolvemento económico das cidades. Aliouse con Casimiro III de Polonia para derrotar os lituanos (1351), os serbios (1353) e os venecianos, aos que conquistou Dalmacia (1357).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría e de Bohemia (1516-1526), fillo de Ladislau VI Jagellón. Durante o seu reinado propagouse o protestantismo. Derrotado polos turcos na Batalla de Mohács, morreu na retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1643-1715), fillo de Luís XIII e de Ana de Austria. O seu reinado comezou baixo a rexencia da súa nai e o goberno de G. R. Mazzarino, caracterizado polas revoltas internas, como a da Fronda (1648-1653), e a Paz de Westfalia (1648). Casou coa infanta María Tareixa de Austria en cumprimento do acordado na Paz dos Pireneos coa monarquía hispánica (1659). O seu goberno comezou en 1661 e levou á práctica as formas de goberno propias da monarquía absoluta. Defendeu unha política de corte imperialista en Europa, e reformou o sistema tributario, fomentou a prosperidade do comercio e da industria e favoreceu a creación dunha mariña potente, coa colaboración de ministros como Colbert. Ocupou os territorios de Austria na fronteira flamenga (1667) durante a Guerra da Devolución. A formación da Triple Alianza da Haia detivo a expansión francesa e obrigouno a aceptar o Tratado de Aquisgrán (1668). Emprendeu unha política violenta no Mediterráneo, con ataques contra o N de África e Xénova,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de reactor nuclear refrixerado con auga e moderado por medio de grafito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Regra que permite calcular límites de funcións no caso de indeterminacións do tipo 0/0/<. segundo="" esta="" regra="" o="" l="" do="" cociente="" de="" d="" funci="" igual="" ao="" dos="" seus="" derivados="" ou="" sexa:="">

    FORMULA

    Se o cociente entre as primeiras derivadas continúa sendo indeterminado, aplícase a regra tomando as segundas derivadas, e así sucesivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao territorio de etnia macedonia baixo xurisdición grega.

    2. Natural ou habitante do territorio macedonio baixo xurisdición grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica para a obtención de imaxes fotográficas dunhas dimensións moi superiores ás do orixinal mediante un obxectivo corrente. Xeralmente colócase unha barra de extensión entre a cámara e o obxectivo, pero tamén se pode utilizar unha cámara grande cun obxectivo de foco moi curto.

    2. Imaxe fotográfica obtida por medio da macrofotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica metalográfica de observación de superficies naturais, pulidas ou de fractura, con moi pouco ou sen aumento, a miúdo despois de tratalas con reactivos químicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á macrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Granito que presenta unha estrutura granular grosa, de gran superior aos 5 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pradorramisquedo (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO