"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Persoa que colecciona. Ex: É un experto coleccionista de moedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. A súa estancia en Roma, cidade na que desempeñou importantes cargos na curia entre 1498 e 1527, foi dunha intensa actividade filolóxica, centrada no estudo das linguas e literaturas romances. Participou activamente nas disputas suscitadas arredor da “questione della lingua”, para propugnar unha “lingua comune” que se erixise como modelo para os grandes autores do Trecento, Petrarca en particular, e que tivese en conta tamén as variedades dialectais italianas. Posuía unha rica biblioteca da que formaban parte códices gregos, latinos, provenzais, franceses, italianos e galego-portugueses, moitos deles depositados na Biblioteca Vaticana. En moitas desas obras, Colocci escribiu notas lingüísticas e literarias de moi diverso tipo co fin probable de confeccionar algún tratado que nunca chegou a ver a luz e do que constituirían intentos iniciais o vocabulario provenzal-italiano, integrado nos folios 222-269 do Vat. Lat. 4817 ou o Vat. Lat. 3217, no que Colocci e outro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de confeccionar algo a partir de diferentes elementos combinados.

      1. Fabricación de pezas de vestir feitas en serie, con medidas estudiadas e tomadas previamente sobre manequíns.

      2. Roupa que non está feita a medida.

      3. Tenda onde se venden pezas de vestir feitas a medida ou taller onde se fabrican.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de confeccionar.

    2. Que se elaborou sen medidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen confecciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elaborar ou preparar algo, especialmente o que está constituído por varios elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se dedica á fabricación ou á venda de pezas de confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Castrato soprano italiano. Caracterizado por unha voz aguda, dende 1730 interpretou papeis operísticos de Händel, Hasse e Leo. Realizou numerosas actuacións en Londres, Lisboa e Madrid, e en diversas cidades italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de contraer ou contraerse.

      2. Diminución das dimensións transversais dun corpo sometido a un esforzo de deformación por tracción.

      3. Fase de flutuación económica caracterizada pola redución ou diminución dos prezos, lucros, produción, emprego, consumo e investimentos.

      4. contracción cardíaca

        Movemento das fibras musculares do corpo que fan que se contraia e que impulse o sangue cara ás diferentes portas do corazón. O impulso sanguíneo no tubo cardíaco embrionario efectúase a partir dos movementos peristálticos que se propagan regularmente a partir do seo venoso. Mentres progresa o desenvolvemento, diferéncianse os aneis musculares seo-atrial, atrio-ventricular e ventrículo-bulbar, dos que saen unha parte das fibras miocárdicas. Nos peixes, anfibios e réptiles non hai un sistema especializado condutor da contracción cardíaca. Só nos mamíferos hai unha separación real entre os músculos contractores e as fibras neuromusculares condutoras que constitúen o tecido nodal.

      5. contracción muscular

        Propiedade que teñen as fibras musculares de diminuír a lonxitude nunha das súas dimensións e aumentala nas outras. Pódense contraer mediante excitacións mecánicas, térmicas, químicas e eléctricas, pero, en condicións fisiolóxicas normais, o músculo excítase exclusivamente mediante o impulso nervioso. Existe unha contracción isométrica, cando o músculo debe vencer unha resistencia tan grande que non lle permite acurtarse, e unha contracción isotónica, cando o músculo pode acurtarse e realizar un traballo. O músculo estriado en repouso recibe normalmente estímulos nerviosos que o manteñen nun certo grao de contracción ou ton muscular. Gracias ao ATP, que actúa sobre a actomiosina das fibras musculares, e ao glicóxeno muscular, a enerxía química transfórmase en enerxía mecánica. A contracción muscular realízase tanto en condicións aeróbicas como anaeróbicas; neste último caso, o glicóxeno desdóbrase e fórmanse ácido pirúvico e ácido láctico.

      6. contracción uterina

        Contracción das fibras musculares do útero. Aparecen no transcurso da xestación, do parto e do puerperio. Mentres dura o embarazo son febles e indoloras. As que aparecen durante o parto teñen como obxectivo impulsar o feto e son involuntarias, intermitentes, rítmicas, totais, dolorosas e progresivas na súa duración e intensidade. Durante a contracción, o útero endurécese e o seu corpo vólvese cilíndrico. Logo da expulsión do feto aparecen contraccións que orixinan o desprendemento da placenta e a formación do globo uterino. Nos primeiros días do puerperio tamén se producen contraccións dolorosas e intermitentes do útero. A intensidade da contracción uterina caracterízase sempre por unha fase ascendente, unha culminación e unha fase descendente.

      1. Redución dun elemento lingüístico, a miúdo en combinación con outro elemento. Por exemplo, o ditongo latino [oe] deu lugar á vogal galega [e] (lat POENA > pena). En galego pódense citar, entre outras, as contraccións ó (a prep + o art) e co (con prep + o art); en catalán, l’home (le art + home subst); en castelán, del (de prep + el art); en inglés, I’m (I

      2. Palabra que resulta desta redución.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retroacción negativa que consiste en tomar unha fracción do sinal de saída dun amplificador e enviala á entrada, de xeito que chegue en oposición de fase co sinal de entrada. Diminúe a ganancia do amplificador, pero introduce unha serie de vantaxes: mellora a curva de resposta, reduce a distorsión, aumenta a estabilidade, etc. Emprégase a miúdo nos amplificadores de alta fidelidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de illamento de cepas mutantes que consiste en provocar a morte das células que expresan o fenotipo parental, polo que aumenta a fracción de células mutantes presentes na poboación sobrevivente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento que se produce nun fluído polo movemento do conxunto das súas moléculas. Aplícase esta denominación, especialmente, á convección da calor, que é o transporte de calor duns puntos a outros dentro dun fluído. Basicamente, distínguense dous tipos de convección: a convección natural ou libre, na que o movemento do fluído está causado exclusivamente pola acción da gravidade sobre os gradientes de densidade orixinados polos gradientes de temperatura existentes, que rompen o equilibrio hidrostático, e a convección forzada, na que o movemento do fluído mantense por accións externas (ventilación, axitación, bombeo, etc). As leis de transmisión da calor por convección son complexas, debido ao gran número de variables que interveñen, como a temperatura, a viscosidade, a densidade, a condutividade térmica, a calor específica e a natureza do recipiente; sen embargo, nunha primeira aproximación, pódese expresar...

    2. Proceso consistente na produción dunha corrente eléctrica por medio do transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico, como pode ser o arrastre mecánico das partículas electrizadas mediante unha correa (sistema empregado no xerador de Van der Graaf).

    3. Movemento vertical das masas de aire na atmosfera debido ao diferente grao de quecemento das capas de aire próximas ao solo. Cómpre non confundilos coas correntes de subsidencia, pois estas presentan un movemento exclusivamente descendente.

    4. Teoría que explica a xénese do campo magnético terrestre baseándose na existencia de lentos movementos de convección no interior da Terra, orixinados polas diferencias de temperatura das rochas radioactivas. Estas correntes son, en realidade, responsables dunha pequena parte do magnetismo terrestre. As correntes de convección producen unha certa expansión dos fondos oceánicos ao ascender baixo as dorsais centrooceánicas e ao descender baixo os arcos insulares e as montañas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dunha olefina e dunha hidroxilamina por pirólise dun óxido de amina. É unha reacción de eliminación cis que transcorre a temperatura máis baixa ca a análoga da pirólise dos hidróxidos de tetralquilamonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra en prosa escrita por Giovanni Boccacio en lingua vulgar, a mediados do s XIV, nunha data imprecisa que oscila entre os anos 1354, 1355 e 1365. No tocante ao título, tampouco existe un acordo sobre a súa etimoloxía e o seu significado. As hipóteses fundamentais apuntan, por unha banda, a unha voz de orixe árabe que significa ‘azoute’ ou ‘castigo’ e, pola outra, a un derivado pexorativo do italiano corbo (corvo), símbolo do amor funesto ou da muller que o inspira. O texto responde aos ideais morais do cristianismo eclesiástico medieval, que rexurdira en Florencia a finais do s XIV, combinando a alegoría coa sátira dentro da forma global dun exemplum. Un narrador en primeira persoa expón o seu caso como exemplo da bondade divina, que o salvou do suicidio levado polo desamor e que lle enviou un soño adoutrinador para liberalo da súa paixón fatal e devolvelo ao camiño da gracia. O soño entronca coa tradición da viaxe polo outro mundo como camiño cara á verdade purificadora e, en particular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de América do Sur que forma a parte occidental da cordilleira dos Andes. Distínguense catro sectores, o colombiano, que se inicia na fosa de Atrato, o ecuatoriano, o peruano e o boliviano. Está formada por rochas metamórficas recubertas por materiais volcánicos. De N a S as maiores elevacións son Nevado Sajama (6.542 m) e Nevado Toroni (5.985 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de corrixir.

      1. Cambio resultante de corrixir un texto.

      2. Proposta dun especialista para mellorar un texto antigo corrompido.

      3. corrección de estilo

        Corrección feita sobre o orixinal dun texto para evitar repeticións innecesarias, darlle forma literaria, etc.

      4. corrección de probas

        Corrección feita xeralmente polo autor ou un corrector sobre probas de imprenta (galeradas e compaxinadas) mediante chamadas á marxe con signos convencionais.

      5. corrección tipográfica

        Corrección que consiste en substituír as letras (na composición á man ou no monotipo) ou as raias (no linotipo).

    2. Calidade de correcto.

    3. Cifra variable que, sumada alxebricamente á altura observada do Sol, á hora do cronómetro ou ao rumbo, serve para calcular exactamente a situación do barco.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva á corrección, especialmente castigando ou exercendo unha acción educadora.

    2. Establecemento penitenciario dedicado xeralmente á readaptación social dos menores e de persoas que, sen ser delincuentes, presentan unha conduta antisocial. Nos países con sistemas penais avanzados, tende a ser de réxime aberto ou mesmo a desaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que defende un sistema penitenciario e penal que pretende a corrección e a readaptación social do delincuente a través da educación en establecementos especializados.

    2. Escola xurídico-penal liderada por Roeder. En España desenvolveuse no s XIX a través de Concepción Arenal.

    VER O DETALLE DO TERMO