"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • GALICIA

    Cantante. Estudiou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a cantar moi nova atraída polas máis diversas expresións musicais populares. Manifestou unha forte inclinación cara á poesía galega, que divulgou a través das súas composicións (letras e músicas propias, poesía popular, cancioneiro galego-portugués e poesía contemporánea). En 1985 acadou o primeiro premio do Festival de Bergantiños e en 1986 editou o seu primeiro disco, Foliada de Marzo, coa produción artística do grupo Na Lúa, ao que se integrou un ano despois e co que gravou A Estrela de Maio (1987) e Ondas do mar de Vigo (Premio Galego da Crítica, 1989). En 1991 abandonou Na Lúa para retomar a súa traxectoria como solista e gravou Entre cidades. Representou a TVG en Nuremberg nun festival de televisións autonómicas europeas, dirixiu e conduciu o programa Babia en Radio Ecca Cultural (1991-1994) e colaborou en diversas revistas especializadas e xornais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula litúrxica primitiva de uso xudeu e cristián que expresa unha loanza e glorificación de Deus (ou da Santísima Trindade). No s IV a fórmula de Gloria Patri converteuse no versículo final de toda a salmodia. Himnos como Gloria in excelsis e o Te Deum tamén foron considerados doxolóxicos. OBS: A primeira grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que, na súa concepción clásica, designa a arte de compoñer ou escribir obras dramáticas, a partir do coñecemento e do dominio dunha serie de principios e técnicas específicas. Considérase que a primeira dramaturxia de Occidente foi a Poética de Aristóteles. A partir da publicación da obra de G. E. Lessing, Hamburgische Dramaturgie (A dramaturxia de Hamburgo, 1768), comezou a diferenciarse entre o Dramatiker, ou escritor de textos dramáticos, e o Dramaturg, que se adoita traducir como dramaturxista, unha especie de mediador entre o texto e o espectáculo que traballa ao servizo do director de escena e que prepara os textos para a súa realización escénica. A dramaturxia aparece definida como unha especie de preescritura escénica integrada por unha serie de formulacións teóricas, por un conxunto de estratexias, aplicacións metodolóxicas e técnicas, e por un numeroso grupo de prácticas, que teñen como obxectivo deseñar un espectáculo virtual definindo todos os...

    2. Conxunto de traballos encamiñados a converter un texto, dramático ou non, en espectáculo teatral.

    3. Materia ensinada nas escolas de arte dramática que pretende dar unha visión unitaria do feito teatral desde o punto de vista teórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio de Janeiro, na baía de Guanabara (715.089 h [1996]). As súas principais actividades económicas son o comercio e a industria, especialmente a metalurxia, a mecánica, o sector téxtil, as refinerías de petróleo e as pequenas fábricas de mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica sobre a orixe e a finalidade da Igrexa. Como disciplina específica non apareceu ata a Baixa Idade Media. Anteriormente, os pais da Igrexa concibírana a partir das imaxes bíblicas, distinguíndoa como elemento do proxecto trinitario de salvación da humanidade e establecendo os aspectos básicos da súa organización e estrutura, aínda que de forma ambigua e dispar. No II Concilio de Nicea (687) xa se concibía a Igrexa como corpo universal. O cisma coa Igrexa oriental e a reforma gregoriana potenciou a potestade e a infabilidade do papa, aspectos sobre os que versaron os primeiros tratados da doutrina eclesiolóxica (s XIV). No s XVI a Reforma cuestionou a organización e estrutura xérarquica da Igrexa, e puxo en dúbida o papel intermediario do papa. Preguntáronse se o verdadeiro proxecto de Xesús, cando fundou a Igrexa, predeterminaba unha estrutura xerarquizada e dependente. A Contrarreforma e posteriormente os postulados do concilio Vaticano I (1870) insistiron na concepción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que se encarga do estudo da fisioloxía dos organismos no seu ambiente natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que trata das relacións entre os organismos e o seu ambiente pasado, presente e futuro. Esas relacións inclúen as respostas ecofisiolóxicas dos individuos, a estrutura e dinámica das poboacións, a organización biolóxica das comunidades, e o fluxo de enerxía e materiais nos ecosistemas a diferentes escalas dende a local á global. Aínda que as relacións entre os seres vivos e o medio xa foran tratadas por autores clásicos como Teofrasto, Aristóteles e Plinio, e tamén polos grandes naturalistas dos ss XIX e XX como o conde de Buffon, Carl von Linneo, Charles Darwin e Alfred R. Wallace, non foi ata 1869 que Ernst Haeckel creou o termo ecoloxía que definiu como “o conxunto de coñecementos referentes á economía da natureza, a investigación de todas as relacións do animal tanto no seu medio inorgánico como orgánico, incluíndo sobre todo a súa relación amigable ou hostil con aqueles animais e plantas cos que se relaciona directa ou indirectamente. A ecoloxía pode...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición automática dos movementos dunha conduta percibida, xa sexa xestual (ecomimia) ou ben do resto do corpo (ecocinesia). Implica respostas motoras de carácter compulsivo e, ás veces, relaciónase con alteracións dos programas complexos de actividade localizados nos lóbulos frontais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da ecoloxía que estudia as consecuencias ecolóxicas da polución dos medios naturais por substancias tóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia o solo. Emprega rudimentos da xeomorfoloxía, da física, da química, da mineraloxía, da bioloxía e da climatoloxía e, á súa vez, é unha disciplina auxiliar destas e da agronomía. Foi precisamente o interese agronómico o que favoreceu o desenvolvemento da edafoloxía, imprescindible para optimizar os rendementos das actividades agropecuarias. O nacemento da edafoloxía como ciencia autónoma adoita situarse en 1883, cando Vasilij Vasil’evič Dokuchaev defendeu a súa tese de doutoramento, O chernozem ruso, na Universidade de San Petersburgo. Dokuchaev e os seus discípulos desenvolveron os conceptos fundamentais da edafoloxía que levaron á primeira clasificación sistemática dos solos, publicada en 1938 por Baldwin, Kellog e Thorp. Entre 1970 e 1981 as Nacións Unidas, a través da FAO e da UNESCO, elaboraron o Mapa dos Solos do Mundo, no que se recoñecían 28 grupos de solos, divididos en subgrupos. Paralelamente, en 1975 o Natural Resources Conservation Service (servicio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar a efixie de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pola súa elevada categoría ou méritos sae do ordinario ou normal, especialmente referido a persoas da nobreza.

    2. Aplícase a aquilo que sobresae polas súas características e calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos fenómenos eléctricos nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da fisioloxía que estudia as propiedades e a actividade eléctrica das células, dos tecidos e dos órganos, e a súa relación coas funcións fisiolóxicas do organismo. Investiga os fenómenos eléctricos da membrana celular, as respostas aos estímulos eléctricos, o efecto do campo eléctrico sobre grupos de células e a actividade eléctrica do corazón, do cerebro, dos músculos e dos nervios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da física que trata dos fenómenos eléctricos, magnéticos e electromagnéticos e da relación con outros fenómenos.

    2. Aplicación da electricidade para o diagnóstico e o tratamento de enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos procedementos metalúrxicos que empregan enerxía eléctrica, tanto por acción térmica coma electrolítica, para a extracción, a elaboración, a afinación e os tratamentos térmicos especiais dos metais e das súas aliaxes. En siderurxia, empréganse estes procedementos para a obtención de ferroaliaxes, de aceiros especiais ou normais, e para a fabricación de fundición. Os sistemas de transformación de enerxía eléctrica en térmica fundaméntanse na indución, na acción dun arco eléctrico que se fai saltar entre uns electrodos ou na resistencia eléctrica que presenta o material ao paso dunha corrente eléctrica. Os procedementos electrolíticos empréganse na afinación de metais en bruto ou para a obtención de metais por precipitación de solucións dos seus sales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de aplicacións da electricidade e da radioloxía na diagnose e no tratamento médico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas e procesos siderúrxicos nos que se emprega a corrente eléctrica como fonte de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subxénero lírico que se caracteriza tematicamente pola expresión de dor contida e pola resignación melancólica do eu. O motivo por excelencia é o lamento pola morte dun ser querido, aínda que pode presentar certas variantes, como a tristeza por unha catástrofe pública ou por un fracaso amoroso. Na literatura grega antiga o termo aludía a unha estrutura métrica formada por dísticos na que alternaban versos hexámetros e pentámetros. Polo xeral, tiña un carácter docto e trascendente con múltiples referencias mitolóxicas e eruditas, como nas composicións amorosas de Calímaco e Filetas. En Roma, Catulo, Propercio, Tibulo ou Ovidio recolleron a tradición e cultivaron sobre todo a vertente amorosa, pero cun ton máis intimista. Nas literaturas románicas mantívose a súa temática pero, fronte ás manifestacións clásicas, perdeu o esquema métrico fixo. Destaca o poema elexíaco Coplas a la muerte de don Rodrigo Manrique (1476), de Jorge Manrique. A partir do Renacemento inspirouse nas fontes clásicas,...

    VER O DETALLE DO TERMO