"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Composto empregado en medicina en forma de diclorhidrato como narcótico, analxésico e sedante. Crea hábito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das amidas substituídas no nitróxeno por un grupo fenilo, de fórmula xeral RCONHC6 H5. Pódense obter por reacción dun cloruro de ácido con anilina e empréganse como derivados característicos para identificar e determinar a composición dos ácidos carboxílicos. Desígnanse coma as amidas non substituídas, empregando a terminación -anilida, en lugar de -amida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amina primaria, a máis simple das aromáticas. Líquido oleaxinoso, incoloro e de cheiro característico, de carácter básico feble, que se ennegrece por efecto do aire e da luz. Antigamente preparábase a partir do anil, de onde provén o seu nome. Actualmente obtense principalmente da redución catalítica do nitrobenceno con hidróxeno, da amonólise do clorobenceno con amoníaco acuoso a presión, e da amonólise do fenol por paso dunha mestura de fenol e amoníaco sobre alumina a 450-480°C e a presión. Está presente en pequenas cantidades no alcatrán de hulla e obtense en grandes toneladas por síntese. A anilina é tóxica por inhalación, inxestión ou absorción cutánea e pode dar lugar a intoxicacións graves (anilismo). As propiedades químicas da anilina son fundamentalmente as das aminas primarias e as dos compostos aromáticos. Pola acción dos oxidantes dá, por orde de oxidación crecente, azobenceno, nitrobenceno, quinona e negro de anilina. En tanto que composto aromático é susceptible...

    2. Designación xenérica elíptica dos colorantes sintéticos derivados da anilina.

    3. Composto obtido a partir de anilina e ácido clorhídrico. Emprégase na síntese de colorantes e para a tintura e o estampado ao negro de anilina.

    4. Dise da pel que, eliminado o pelo ou a la, estivo adobada, tinguida e acabada polo costado da flor, de xeito que conserve perfectamente o debuxo ou grao natural da mesma pel. O cualificativo de ‘anilina’ exclúe o uso de toda clase de pigmento ou recubrimento opaco que tape a superficie natural da pel. O nome provén dos colorantes chamados de anilina que son o elemento máis importante da tintura e o acabado destas peles.

    5. flexografía.

    6. Temperatura á que unha gasolina é miscible cun volume igual de anilina. Utilízase para calcular o contido de substancias aromáticas dos hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catión C6H5H3+ formado pola adición dun protón á anilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación por anilina que ocasiona metahemoglobinemia, que pode ser aguda ou crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘gradilla ou marco de ferro para facer a tella do país e o ladrillo cando non se fai á máquina’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ás iminas substituídas no nitróxeno por un grupo fenilo, de fórmula xeral C6 H5 N = CRR’. Obtéñense pola reacción da anilina cun aldehido ou cunha cetona.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte moral e emocional do home, en contraposición á parte intelectiva.

      2. A ánima considerada como entidade separada do corpo despois da morte.

    1. Ánima que padece no Purgatorio e que se aparece entre os vivos.

    2. peto de ánimas.

    3. Toque de campá que invita á oración polos defuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Prado, concello de Muíños, de 753 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos primeiros sistemas de animación en tres dimensións en tempo real. Desenvolvido por Csuri e ampliado en 1977 por Hackarton, convértese desde aquela en Ánima II, primeiro gran sistema de animación integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista nada en febreiro de 1991 e promovida por Edicións Positivas de Santiago. Rematou a súa edición no inverno de 1992. O seu director foi Xelís de Toro e o subdirector, Francisco Macías. O deseño gráfico era de Fausto C. Isorna. A fotografía da portada foi obra de Manuel Vilariño e na contraportada aparecía un debuxo de Álvaro de la Vega. Incluía estudios sobre Cunqueiro e Fole, entrevistas a Antón Reixa e Os Diplomáticos, reportaxes culturais, páxinas de cómic, fotografías de Pero Lobo, Tino Viz e Vari Caramés, teatro, con entrevistas aos grupos Chévere, Moucho Clerc e Matarile, e crítica musical. Xunto a isto, traballos literarios de Manuel Guede, Camilo Franco, Manuel Outeiriño e R. Caride Ogando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser animado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de animar ou animarse.

    2. Calidade de animado.

    3. Acción destinada a crear e desenvolver actividades cunha finalidade educativa ou recreativa.

      1. Procedemento polo que se consegue que determinados debuxos, ilustracións, fotografías ou elementos presentes nestas xeren o efecto óptico de movemento en medios audiovisuais. As técnicas empregadas para lograr este efecto teñen en común que se basean nun universo de proporcións reducidas e non reproducen ningún elemento “real”. Así mesmo, na rodaxe empréganse técnicas de filmación por imaxe e, mediante diversos trucos, prodúcese a impresión de relevo e movemento. Comprende o debuxo animado, os monecos, títeres, collages, obxectos en movemento, gravados móbiles, sombras e outras composicións plásticas abstractas.

      2. animación cíclica

        Técnica do filme de animación que permite a economía de debuxos por repetición dun movemento.

      3. animación directa

        Técnica que se realiza directamente sobre o soporte, sen filmación.

      4. animación en continuidade

        Técnica que permite realizar un rexistro en vídeo de forma continua, alternativa á gravación de imaxe tras imaxe que se implementou en cinematografía, de tal xeito que o resultado da gravación se pode ver instantaneamente e corrixir se resulta necesario. Tamén se chama animación en vídeo.

      5. animación GIF

        Procedemento que se realiza empregando arquivos informáticos do tipo GIF e que se utiliza especialmente na Internet.

      6. animación limitada

        Procedemento introducido pola United Produtions of America despois de 1948 que consiste en dar movemento só ás partes substanciais do cadro e que, ademais de aforrar traballo e rebaixar o custo, permite achegar ao cine debuxos animados de estilos pouco habituais.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de animar.

    2. Dotado de alma.

    3. Relacionado co proceso de animación cinematográfica ou teatral.

    4. Termo empregado para indicar o esmalte dos ollos dos animais, cando é diferente do corpo, e o das chamas dunha bomba.

    5. Xénero que, en determinadas linguas africanas, índicas e americanas, se lles atribúe aos seres dotados de movemento en oposición aos que, por natura, son estáticos (xénero inanimado).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que anima.

    2. Persoa encargada de crear e desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural, deportiva ou recreativa dentro dun grupo de rapaces ou adultos.

    3. Profesional que planifica, organiza e desenvolve todo tipo de actividades recreativas, co fin de entreter os clientes do hotel. Traballa ás ordes do xefe de administración, do director do aloxamento ou do propio director xeral. Normalmente non forma parte do cadro do hotel, senón que se contrata como autónomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición desfavorable contra algo ou alguén.

    2. Crítica adversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser vivo eucariótico, pluricelular e heterótrofo por inxestión. Adoitan ter un aparato locomotor e un plexo ou sistema nervioso intimamente relacionado coa capacidade de movemento e cos órganos dos sentidos ou relación. Este sistema integra os estímulos procedentes do exterior e o control que el mesmo exerce sobre o resto do organismo, co que quedan establecidas relacións de causa-efecto, posibilitadas respostas reflexas e retidas experiencias vividas ( etoloxía, psicoloxía). Os animais presentan unha gran complexidade de tecidos, órganos, aparatos e sistemas e as súas células son moi diferentes en cada caso. Neles é bastante corrente a reprodución sexual. Tamén denominados metazoos, presentan un grao de organización máis complexa fronte aos protozoos (coñecidos tradicionalmente como “animais unicelulares”). Poden ser diploblásticos ou triploblásticos segundo se constitúan a partir de dúas follas embrionarias ou tres. Os primeiros (poríferos,...

      2. reino animal

        Un dos dous reinos, xunto co vexetal, nos que se clasificou os seres vivos dende Aristóteles ata o s XIX. Esta división foi substituída na actualidade por unha clasificación en cinco reinos distintos (animal, planta, protista, moneras e fungos). Os protozoos, aínda que pertencen ao reino protista, estúdianse tradicionalmente pola zooloxía ao compartiren características comúns cos animais.

    1. En oposición a home, calquera dos outros animais.

    2. Relativo ou pertencente aos animais, procedente dos animais.

    3. Que se comporta de maneira groseira, ruda, intratable ou que actúa con pouco raciocinio.

    4. Que se comporta de maneira agresiva facendo un uso irracional da súa forza.

      1. animal irracional

        Denominación empregada para referirnos a calquera animal non humano. Foi Aristóteles, no s IV a C, quen nas súas obras biolóxicas (Das partes dos animais, Da xeración dos animais, Sobre a alma, etc) estableceu por primeira vez unha división das especies baseaba nas capacidades psíquicas dos animais, reservándose para o Home a posesión da alma e, polo tanto, a súa superioridade na “Scala Naturae”. Esta primeira división entre animal racional e animal irracional, que se estableceu baixo presupostos extracientíficos, influíu no Dereito e noutros eidos filosóficos (Ética e Moral) e científicos (Etoloxía e Psicoloxía). O animal ten, xuridicamente, a consideración de cousa e nalgúns aspectos é obxecto de regulación específica. Na actualidade, unha corrente filosófica rexeita esta consideración xurídica e esixe o recoñecemento dos dereitos dos animais; quizais a campaña mundial máis coñecida que están a realizar é o Proxecto Gran Simio, na procura do recoñecemento...

      2. animal racional

        Denominación aristotélica que se vén empregando para referirse á especie humana, en contraposición a animal irracional.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou dito de alguén que actúa con necidade ou bestialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tese proposta por Antonie van Leeuwenhoek (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identificaba o espermatozoide co xerme e reducía o papel do óvulo a unha simple función de acollemento e alimentación do espermatozoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do animalculismo.

    VER O DETALLE DO TERMO