"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado na Laracha. Documentado no s X, en 1500 o Papa Alexandre VI anexouno ao de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, convertida en parroquial. Ten planta basilical de tres naves, dividida en catro tramos e cuberta con bóveda de canón, e tres ábsidas poligonais. A ábsida central é pentagonal ao exterior e está cuberta cunha bóveda de abano; accédese a ela por un arco apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. O testeiro e as ábsidas pertencen a unha construción do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras caracterízanse por unhas estruturas simples e polo uso frecuente de estruturas de fondo nas cúpulas. Realizou diversas ampliacións do Bank of England (1792-1808), da Art Gallery de Dulwich e igrexa de Marylabone. Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que soa.

    2. Aplícase á consoante producida pola vibración das cordas vocais e por unha breve interrupción da corrente de ar aspirado, que presenta un grao de abertura próximo ao das vogais, polo que nalgunhas linguas pode funcionar como centro de sílaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Catedrático de Literatura Española na University of Columbia, da súa obra lírica destacan Eco en el vacío (1950) e Sombra apasionada (1951), ademais dos seus estudos El epíteto en la poesía española (1956) e Novela española de nuestro tiempo (1970). Recibiu o Premio Nacional de Literatura Emilia Pardo Bazán (1979) e é doutor honoris causa (1989) pola Universidad de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema.

    2. Calidade do poder político dun estado ou dun organismo que non está sometido a ningún poder. Segundo a antiga concepción teocrática a soberanía residía en Deus, que a recibían os gobernantes por delegación. Jean Bodin expresou a formulación clásica en que se fundamentou o concepto de monarquía absoluta, segundo o que o monarca tiña o poder supremo sobre todos os súbditos e tiña como única limitación as leis de Deus e da natureza. J. J. Rousseau formulou a idea da soberanía popular, que reside no pobo, que é posta en práctica polos gobernantes e que implica a existencia do sufraxio universal. E. J. Sieyès afirmou que a soberanía residía na nación, considerándoa como unha entidade real, diferenciada dos individuos que a integran, e representada por un parlamento elixido por sufraxio censatario.

    3. Poder político que reside no pobo e que exercen por medio dos seus órganos constitucionais máis representativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten a autoridade suprema ou soberanía dentro dun estado.

    2. Aplícase ao estado ou ao organismo cun goberno que non está sometido ao control doutro goberno ou doutro organismo.

    3. Que está por riba dos demais.

    4. Moi grande.

    5. Moeda de ouro inglesa emitida en 1489 por Enrique VII, dun peso de 15,55 gramos e dun valor de vinte xilíns. Con variacións de peso e valor, foi utilizada ata 1663, data en que foi substituída pola guinea. Entre 1816 e 1971 pasou a ser novamente a unidade monetaria do novo sistema de patrón ouro, coñecida como libra esterlina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado na Porta (Sobrado). Fundado no s X, tivo carácter familiar ata que en 1142 se incorporou á orde do Císter. A súa fundación foi confirmada polo Papa Uxío III en 1147. Nas primeiras décadas do s XIII viviu momentos de óptima riqueza que lle era proporcionada pola produción de viño, trigo e sal, e polos privilexios concedidos por Fernando II e Afonso IX. Cara a finais de s XIII comezou a súa decadencia, que se fixo manifesta no s XIV e da que non se recuperou ata a época dos Reis Católicos. A consolidación das súas edificacións e a construción dalgunhas novas a partir de entón, como a sancristía renacentista (1569-1572) -obra de Juan de Herrera- de planta cadrada e cúpula esférica, convertérono, durante os ss XVII e XVIII, no mosteiro cisterciense máis poderoso de Galicia. En 1673 construíuse, cunha impoñente cúpula, a capela do Rosario que, atribuída a Domingo de Andrade, se converteu nun claro manifesto do Barroco, tanto no que respecta á decoración coma á iluminación. Desa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Pobra de Trives. Trátase dun edificio románico de comezos do s XII que pertenceu ao antigo mosteiro homónimo. Ten nave única con cuberta a dúas augas e ábsida semicircular precedida dun tramo recto. Realizado en cantaría, presenta varios contrafortes no exterior. Destaca a súa portada principal, precedida por un pórtico do s XIV e, no interior, os capiteis e os cimacios decorados dos dous pares de columnas que sosteñen o arco triunfal, así como a imposta axadrezada que marca o arranque de varios vans ao longo de toda a nave e da ábsida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Sobrado (A Pobra de Trives). Tratouse dun mosteiro de monxas beneditinas moi ligado ao de Ferreira de Pantón, que desde 1175 se vinculou á orde do Císter e desde 1504 se uniu ao de San Paio de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e historiador da arte. Foi presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela e fundador da Asociación de Amigos da Arte de Ortigueira. Despois dunha primeira etapa figurativa, centrouse na representación de paisaxes e ambientes caracterizados polo tratamento impresionista e a desestruturación. A luz representa o papel protagonista nas súas obras e o seu efecto sobre as cores, -fundamentalmente verdes, azuis, violetas e brancos, que incrementan a súa intensidade cara aos extremos- conseguiu dar aos seus cadros unha aparencia de irrealidade, especialmente nas representacións de ceos e de masas de auga. Destacan, entre outros, Palleiros de Ouro (1980) e Mar-silencio (2002). Recibiu o Primeiro Premio nos XI Certame Xuvenil de Arte da Coruña (1969) e no II Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Santiago de Compostela (1970), así como a Medalla de Ouro do IV Salón de Arte da Coruña (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Martiño de Fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Ten planta en forma de U que se desenvolve arredor dun patio. Destacan as dúas torres cadradas que, unidas por un corpo intermedio de menor altura, conforman a fachada principal. O conxunto conserva un hórreo e unha capela. Foi reformado durante a segunda metade do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. De estilo románico, foi construída durante o s XII e pertenceu a un antigo mosteiro homónimo que desde o s XV se transformou en pazo. O templo ten planta rectangular de nave única e ábsida semicircular, unida ao presbiterio. Destaca a fachada principal con dous contrafortes; sobre a portada, que enmarca o tímpano liso con varias arquivoltas, destacan dous corpos abertos cunha fiestra -que dá ao coro- enmarcada por unha triploa arquivolta, un rosetón na parte superior e unha torre campanario no lateral. Exteriormente decorouse todo o contorno con pequenos aleróns sostidos por ménsulas e canzorros. Tamén destaca a decoración zoomórfica e vexetal dos capiteis e os motivos axadrezados das columnas da portada principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que destaca ou ocupa un lugar privilexiado pola súa calidade ou superioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobra.

    2. Cousa que sobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está por riba da natureza humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso beneditino. Coñecido como o Padre Sobreira, en 1761 tomou o hábito no convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara) e tres anos máis tarde regresou a Galicia para estudar artes no convento de Ribas de Sil. En 1767 trasladouse ao convento de San Vicente (Salamanca), onde estudou teoloxía. Foi ordenado presbítero (1770) no convento de Santa María de Montserrat de Madrid. Despois da súa estancia en varios conventos e de estar en 1785 en Madrid dedicado a ordenar papeis de Martín Sarmiento, en 1789 volveu a Galicia. Primeiro estivo no convento de San Martiño Pinario (Santiago) e logo (1793) en Ribas de Sil, ata que en 1798 foi trasladado como abade ao convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara). Redactou diversos escritos, sobre todo lingüísticos e de interese lexicográfico (Idea de un dicionario de la lengua gallega), e outros sobre temas diversos (Historia general botánica de Galicia). Pensado Tomé realizou o estudo crítico dalgunhas das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO