"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Locutor e publicista. Foi responsable de deportes de La Voz de Galicia na edición de Santiago de Compostela, redactor xefe de Radio Minuto e xefe do departamento de Publicidade de Cadena Minuto en Galicia. Desde 1992 responsabilizouse da sección de publicidade da Cadena SER en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo ruso. Participou na Revolución rusa e foi membro da asemblea constituínte. Oposto ao réxime soviético, marchou a EE UU e naturalizouse estadounidense. Das súas obras destacan Social and Cultural Mobility (1927-1941), Contemporary Sociological Theories (1928), Social and Cultural Dynamics (1937-1941), Man and Society in Calamity (1942) e Modern Historical and Social Philosophies (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estimenta talar, abotoada de arriba a abaixo, que levan os clérigos. Normalmente negra, nalgúns dignatarios é vermella ou morada e a do papa é branca. Nas súas orixes (s XIII-XIV) era usada indistintamente por homes e mulleres baixo o manto. Sisto V prescribiuna para o clericato e Pío IX fíxoa obrigatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial creada por Olegario Sotelo Blanco en 1980. Cun catálogo de máis de 1.000 títulos, mantivo sempre unha liña independente e comprometida coa cultura galega. Nos seus comezos dedicouse a un labor de recuperación cultural mediante a edición de facsímiles e libros de conversas con persoeiros, ademais de iniciar unha liña de apoio a xéneros como a poesía, o teatro e a narrativa a través das coleccións “Leliadoura” (onde escribiron autores como Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, X. Rábade Paredes e Xavier Seoane), “A Biblioteca do Arlequín” (con M. A. Fernán-Vello, E. Blanco Amor, M. Núñez Singala) e “Medusa” (X. L. Méndez Ferrín, R. Carvalho Calero, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Pilar Buela e Teresa Moure). Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e a súa sede en Santiago de Compostela. Desde 1990 publica, ademais, a revista trimestral A Trabe de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, escritor e xornalista. Instalado en Barcelona desde 1963, foi correspondente nesta cidade de La Región e colaborou con numerosas publicacións galegas e catalás. Promotor da editorial Sotelo Blanco Edicións (1981), así como das publicacións Concellos 12 (1990) e A Trabe de Ouro (1990), fundou e dirixiu a emisora Radio Amistad (1985). En 1993 creou a Editorial Ronsel, coa que deu a coñecer en lingua española diversas obras de autores galegos e portugueses. Nese mesmo ano creou a Fundación Sotelo Blanco e o Museo de Antropoloxía, e co tempo, proxecta un centro de estudos sobre a emigración galega. Publicou Galicia, pueblo emigrante. Por qué? (1978), Castro Caldelas y su comarca (1981), Conversas con Xaime Quessada (1990), A emigración galega en Catalunya (1991), Antropoloxía cultural da Terra de Caldelas (1992), traballo etnográfico capital na súa obra; e Os afiadores. A industria ambulante (1994). En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Axudou a P. Morillo no desembarco na illa Margarita, polo que foi ascendido a tenente e recibiu a cruz da Marina de Diadema Real. Ascendido a capitán (1836) e brigadier (1840), Maria Cristina das Dúas Sicilias designouno ministro de Marina, Comercio, Gobernación de Ultramar, aínda que dimitiu coa expulsión do rexente do país. Derrocado Espartero (1843), volveu ocupar cargos de responsabilidade como a capitanía xeneral de Cádiz, Ferrol e Cartagena, e foi vicepresidente da Junta de Almirantazgo e senador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (166-175), sucesor do Papa Aniceto. Loitou contra o montanismo e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Coñecido como Antonio Soto, a comezos do s XX instalouse na Patagonia, onde iniciou a súa actividade sindical en Sociedad Obrera. Promoveu unha folga xeral no Gran Hotel do porto de Río Gallegos, co fin de mellorar as condicións de vida dos obreiros, pero a sublevación foi atallada polo exército. Fuxiu a Chile e instalouse en Punta Arenas, onde fundou o Centro Republicano Español, o Centro Gallego e unha filial de Cruz Vermella Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, escritor e relixioso franciscano. Formado cos mestres Koechlin, Bertelin e Palau, en Tetuán fundou e dirixiu a Coral Polifónica Hispano Arábiga. Das súas composicións destacan Misa de Requiem (Ego Sum), Miserere, Cantares de amanecer e Cantigas Galaicas, con textos de Rosalía de Castro. Publicou Origen de la música marroquí (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xornalista e mestre. Emigrou ao rematar o bacharelato á Arxentina e ao seu regreso traballou como mestre, presidiu (1935) a ATEO e participou na actividade sindical da FETE. En 1931 ingresou no PCE, feito que o levou durante a Guerra Civil Española a fuxir cara a Portugal e Francia. Regresou a España, uniuse ao bando republicano e creou Solidariedade Galega Antifeixista, da que foi secretario xeral. Colaborador de diversas publicacións, como El Eco, El Soviet e Escuela del Trabajo, en 1938 foi director da revista Nueva Galicia. Fundador de Alianza Nazonal Galega, do Padroado da Cultura Galega de México e da revista Loita, participou na creación da Unión do Pobo Galego (1964), do Partido Galego do Proletariado (1976), de Galicia Ceibe e, con D. Gurriarán, A. Souto e C. Velo, da revista Vieiros. Mantivo diversos contactos co grupo Brais Pinto nalgunha das súas visitas a España. Destaca a súa obra póstuma Castelao, a U.P.G e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Militou no PSdeG-PSOE (1978-1998), partido ao que axudou a fundar na clandestinidade e ao que representou como alcalde de Vigo entre 1979 e 1991. En 1998 fundou un novo partido, Progresistas Vigueses (Progresistas Galegos) que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Democracia Progresista Galega. Pertenceu á comisión xestora e á dirección da Federación Española de Municipios y Provincias, e foi vicepresidente dunha das catro comisións do Consello de Europa, como representante dos concellos, provincias, nacionalidades e rexións de España. Tamén exerceu como consultor de empresas e especialista en mercadotecnia e dirección comercial. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval e a distinción de presidente de honra do Real Club Celta, así como a Insignia de Ouro e Brillantes do Club.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor. Formado co impresor Pujol en Lugo, estableceu os seus obradoiros tipográficos na cidade lucense en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1859), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El boletín del Clero (1861) ou El Gallego (1867). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de M. Murguía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Educador. En 1988 creou e presidiu a Asociación de Educadores en el Tiempo Libre para la Prevención de la Marginación Infantil y Juvenil (ASETIL). Desenvolve o seu labor humanitario de educador de rúa en Vigo, e potencia este modelo de intervención en medio aberto coa xuventude. Dirixiu durante varios anos os programas Una esperanza en marcha e Documentación Social en Radio ECCA. Publicou Madres contra la droga (1998) e, en colaboración, Reflexiones de un educador en la calle (1996), e coordinou Metodología del educador de calle (1997) e Manual del educador de calle (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Gonzalo Soto Canalejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador estremeño. Foi membro da expedición de Arias Dávila a Darién (1516) e participou na conquista de Nicaragua con Hernández de Córdoba. Uniuse a Francisco Pizarro na conquista de Perú, onde se enriqueceu, e acompañou a Diego de Almagro na súa expedición de 1534. Gobernador de La Habana (1537) e adiantado de Florida, preparou unha poderosa expedición e penetrou no continente (1539-1541) ata a beira do río Mississippi. A expedición foi un fracaso e morreu de febre pouco despois de comezar a retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Ordenouse no convento de San Esteban de Salamanca, do que foi prior, como tamén dos conventos de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e de San Pedro Mártir, en Toledo. Cualificador do Consejo Supremo de la Inquisición, Filipe III nomeouno confesor do príncipe herdeiro e dos infantes Carlos e Fernando. Máis tarde tamén o foi de Filipe IV, a súa muller e os seus fillos. Estes monarcas outorgáronlle os cargos de comisario xeral da Cruzada, inquisidor xeral de España, abade das colexiatas de Santander e Alcalá la Real, e conselleiro de Estado e de Guerra do arcebispo de Damasco. Interveu para que Filipe IV devolvera a Galicia o voto en Cortes. Publicou Expurgatorium librorum novum (1640) e un Editum, en que resumiu as leis e as constitucións dos pontífices sobre o Santo Oficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico. Foi profesor en París e catedrático de Farmacoloxía da facultade de Medicina. Fixo numerosas investigacións sobre química farmacéutica, o que lle permitiu obter o cloroformo. Escribiu un Tratado de farmacia teórica e práctica (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés, duque de Dalmacia. Tomou parte en case todas as campañas de Napoleón I Bonaparte, pero distinguiuse nas da Península Ibérica, onde foi nomeado xefe de Andalucía (1810), despois de tomar Sevilla (1809). Pasou a Portugal, pero foi derrotado na Batalla de la Albuera (1811). Finalmente foi nomeado xefe das tropas francesas na Península (1813) e, aínda que apoiou a Napoleón durante os Cen Días, aceptou a restauración borbónica e recoñeceu a Luís XVIII de Francia como monarca. Foi ministro de Guerra (1830-1832), presidente do consello de ministros (1832, 1839, 1840-1847) e mariscal xeneral de Francia (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO